29 dic. 2009

15,5 km en 1h09'

Boas sensacions malia a meteoroloxía.

Os medios e o atletismo

Vaites¡¡¡ a verdade é que esta afección nosa sae pouco nos medios vese que é un "recurso" para cando os peidos dos futbolistas cheiran mal.

Hoxe mentras voltaba do traballo escoitei nunha emisora local un...debate?,disputa?,dialectica? non sei como cualificalo todo por mor de terse cobrado na San Silvestre Berciana...
Seica houbo algunhas voces que protestaron por ese cobro e ata houbo chamamentos á non participación...eu non os lin e non lle houbera feito caso pois quería ir co meu amigo pequeno. Si é certo que houbo menos participación e que houbo xente coñecida da "movida atletica" local que pasou por alí mais non participou pero de ahí a falar de boicot e telo moi creido.
O que vexo esaxerado é adicar 20' de programa de radio a esta carallada e logo NON FALAR DO ATLETISMO EN TODO O ANO e ternos aturando peidos atravesados de futbolistas profesionais.

No que respecta ó cobro de taxas... dicir que se trata dunha arma disuasoria contra o insano costume de botarse coma lobos a todo o que é gratis (propio da xente que pasou necesidade e non ten nada mellor que rascar) pois pode ser, porque aproveitados os hai en todas partes. Comparar este pago para esta proba co que se paga para outras...terreo peligroso; habería que comparar tamén as probas en si e o que se ofrece por elas a quen paga; por exemplo: Había algunha istalación deportiva da cidade na que os foraneos se puidesen duchar? eu non o sei (non o precisaba) pero si sei que cando vas correr fora e pagas esa é unha cousa que das por suposta.

O concello colaborou no que era principal i é que a policia municipal estivo atenta á nosa seguridade como corredores ata o punto de ter incidentes con conductores que non querían respecta-la limitación de circular. Outra cousa é que os cartos asingados ós clubes polas escolas deportivas non dean para moito e que a obrigatoria organización de probas sexa unha "sangría" para os clubes...

Bueno, que non me gustou que se falara tanto desta nimiedade e que cando hai outros eventos nin se mencionen porque hai 22 tios que cobran por elo dandolle patadas a un balón.

Eu prefiro a Pepa Fernandez de "No es un día cualquiera" que se lembra da xente que vai correr os domingos pola mañan (polo menos o día da media Adolfo Ros se lembrou de 4 carreiras na peninsula).

27 dic. 2009

San Silvestre Sprint

Facía mooooito frio de dios para correr unha carreira longa...

Fumos o amigo pequeno e mais eu a participar na San Silvestre de Ponferrada porque na casa sempre presta ir cos amigos.

Foi unha proba agradable malía a neve,auganeve augaxiada que nos caiu. A carreira pequena a fixen 3 veces... e logo fixen os 3,6 km da proba grande en 13'30" o cal non está mal para levar 'todo eso' no bandullo.

25 dic. 2009

Para "facer sitio" saín trotar...emocioneime e fixen os 11km en 45' de menos a mais.

Antes de meter deixen sair...

Saín a rodar suave; estaba algo mareado non sei si de sono ou qué. 11 Km. 50' mais que nada por "facer sitio" á cea.

23 dic. 2009

Roteiro cara ó choio 40' cara a outra xornada de 'encerro'.

22 dic. 2009

Natación 100 + 1500

Pausa e resumo 2009

Vai un ano tiven que facer unha 'pausa' de Nadal por mor dunha fermosa viaxe... Nos 20 días aqueles fixen 3 sesions.

Desta vez xa levo 1 semana co pistón baixado... que si as aceras están impracticables polo xeo e de noite non podo ir por outra parte, que si vou ó Cinema a ver como comenza unha nova època na arte cinematográfica, que si recados...vamos, o normal.

De agora a fin de ano só teño en vista a San Silvestre 'movil' do bierzo... e para Xaneiro pois non sei.

2009 Deixame un sabor agridoce neste plano a verdade é que hasta a semana da Pedestre non tiven gratas sensacions correndo, logo viñeron os 10X800 por baixo de 3' e a mala sorte da lesión a 3 días da Maratón...penso que fixen ben parando porque non houbera podido face-la subida a Dragonte, a media da volta á ría en  menos de 1:30 ou correr en Lugo a menos de 4'/km si teimo en rematar...

Quédome co adestramento en Taüll, A miña estrea na Lauro Olmo, A nocturna de reis en Lugo con todos aqueles rapaciños correndo e o día do corzo.

Do malo... nin lembrase, dos erros... correxilos, do futuro...traballalo.

20 dic. 2009

Correndo por riba da historia a menos de 4'

Por fin voltei correr a Lugo Monumental que xa ian 4 anos sen ter este privilexio.

Pasei mais medo que frio no camiño; -9º marcaba o termómetro do coche no brilante asfalto subindo a Piedrafita, logo desapareceu a neve e xa non tiven mais atrancos.
A cousa foi diferente en Lugo, tras atopar un aparcamento moi bó me fun polo dorsal. O paseo pola cidade foi o peor no que a frio se refire. Recollo o dorsal, e volto ó lugar de aparcamento directo a unha cafetería para non fenecer co frio.

Tras 1 hora decídome a chamar ós colegas e quedo con eles no centro, os acompaño ó coche e de alí a quencer na compaña de mundi. Ás 11:30 quedo no sitio da foto do foro; por sorte é ó sol, malía que apareceu algunha xente por alí non houbo 'cuorum' e faltando 15' me fun cara ó coche para remata-los preparativos. O quencemento fixome efecto e decidín correr en sisas cos manguitos. Volto á saida e me coloco no caixón que me indican... alí espero ata que toca sair.

Saímos con velocidade pero teño mala sorte e non podo avanzar (e mira que había caixon de saída), saio do atasco e avanzo... 1º km a 3'40"...sooo me digo, "que reventas" pero sigo coa xente que topei ata o 2; logo baixo o pistón porque o terreo era en costa. Teño frío nas mans e as tapo cos manguitos, quedo sin referencias e só podo seguir ós que me adiantan. Paso o 5 en 19'20" o que é un bó tempo para min e tento manter ese ritmo por baixo de 4' que xa me chega dabondo.

Na baixada cara á entrada da muralla relaxo porque quero facer esa volta 'a fume de carozo'... iniciase a costa, paso a porta de Santiago, curvo cara a rampa, pita a alfombra... "corredores¡¡¡ 2000 anos de historia vos contemplan¡¡¡" e saco o que me queda. Vou moi ben, paso o 8 en 29'50" e me poño a botar contas "podo baixarlle á marca do 2005" e me valeiro pola terra da muralla... saimo, baixando levo medo de esbarar e hai unha fila de xente que non podo pasar... xa na porta lateral da catedral paso e apreto, hai xeo pero non me estorba, entro na praza a tope, derradeira curva, acelero e miro o crono...37'...38'...!!!por qué pouco¡¡¡ 38'11" (38'04" real) 3'54" de media.

Paso como unha chispa pola recollida de agasallos, saudo a varios coñecidos e vou pitando para o coche a estirar, cambiar de kamiseta, taparme e hala, ó coche cun sorriso na mente.

Para min, para o meu nivel, foi unha boa carreira...facía 1 ano que non corria unha proba por baixo de 4'/km así que Que mais podo pedir?

18 dic. 2009

Solpor rosa, roteiro xeado.

Comíanme as gañas e tiña moito que deixar atrás así que saín...45' nalguns tramos xogandoma co xeo, noutros cos coches...pero disfrutei do solpor,

16 dic. 2009

Natación 100 + 1500 mentras fora nevaba e nevaba...e logo ese estruendoso silencio da neve.

15 dic. 2009

Me cisco no menisco

Bueno, onte debín ir nadar mais non o fixen porque o mediodía compricouse e xa tiña eu medo porque pola mañan o menisco da esquerda quería molestrarme ó subir as escadas e decidín adicarlle a tarde a remata-lo arranque dun proxecto.

Hoxe pola mañan seguía 'mordendo' menisco pero menos e boteime a correr... 11km a 4:05, non estivo mal porque o atardecer estivo precioso e as pernas non me molestaron.

13 dic. 2009

Volta á ría de Ferrol 2009

Había que ir e fun. Un pouco porque tocaba sair de finde e outro porque hai que ir metendo puntiños e kilómetros nas pernas me decidin a ir a esta media á que tanto cariño lle teño malia que cada vez me sae peor...

Chego cedo e aparco, recollo o dorsal e tomo un café; ó sair xa hai ambiente e escomenzo a saudar a moitísiomos foreiros de CenG. Vou ó coche a poñer o dorsal na Kanminseta e deixa-las cousas preparadas e volto cara ó pavillón para ver o tema da foto. No inicio do quecemento un pequeno chuvasco desata os peores augurios pois o frio incrementado co vento do nordeste podería ser 'mortal' si lle engadimos auga. Deixo ós colegas do quencemento e volto ó coche para remata-la preparación. Como xa estaba quentiño non tiven problema por quita-la roupa; se cadra debín deixarme unha camiseta 'de tirar' ata a saída pois era visto que teríamos retraso: a falta de 10' estaban entregando dorsais... Na espera mais colegas e prediccions; eu, que apostara a 1:36 mantiña esa intención porque o que quería era proba-la perna e adestrar con calma.

Saimos, nas voltas polo barrio de San Vicente me deixo ir moi tranquilo, busco unha posición cómoda nun grupo no que poda cruza-la ponte sen sufrir moito co vento. Alí vou con varios compañeiros sen agobiarme polos ritmos, só 'taparme' e respirar. Xa en Ferrol deixome cair pois non quero apretar estando tan lonxe da meta, un ritmo suave e ver pasar km era o que precisaba; na costa do centro de Ferrol vexo un par de caras coñecidas e tento non despegarme sen que elo signifique un esforzo. Fixen ben, nada mais virar cara a carretera de castilla a cousa púxose rexa, subín os manguitos e apreteime detrás da xente que me adiantara. Km 10 o crono marca !!!40'10"¡¡¡ eu sei que non vou a ese ritmo nin de broma, pero faime ilusión e non me corto en colle-la espalda de outra xente que me adianta...así vou saltando de grupo en grupo ata que no km 15 (1h02') xa estou cos que serían os compañeiros definitivos.

Vistos os tempos de paso esfórzome en non perder comba coa xente coa que vou, as costas de Neda non por coñecidas teñen menos pendente, mais como viramos e temos o vento na espalda lévanse mellor. Vou xa contento, a perna resposta e..... !pandada na perna dereita¡¡ cousa rara, porque sentínna claramente pero non me afectou nada mais correndo (nin en frio) eso me 'tranquilizou' e me mantiven cos compañeiros, tirando para sequir avanzando. Tra-lo paso pola autoestrada xa esquecín o incidente e sigo apretandome, non teño referencias mais penso que vou ben e seguimos adiantando xente. Chegamos á marca do km 20 (1h23') penso que podo mellora-la marca de MM deste ano e apreto con todo o que teño porque sei que xa só queda costa abaixo... vexo o cruce do centro de Fene e sigo apretando... non acabamos de torcer cara a dereita mais teimo en seguir apretando... enfilamos cara ás Pias outra vez, e alí está o cruce... que longo este derradeiro Km... vou sufrindo, mais disfrutando, a zancada estirada e a vista posta na xente que vai diante; derradeira curva, xa non poderei adiantar mais... miro o crono de meta 1h29'... apreto todo o que podo para baixar da hora e media, miro de esguello atrás porque a xente anima moito... ven a moza do grupo co que corrín dende o 12... volto a vista cara o crono e.... 1h 29' 47" (CCN dí que 1h29'50") quedo moi contento mais por como foron as cousas que polo tempo acadado.

RESUMEN: Hai que seguir con coidado pero xa se pode ergue-la vista.

10 dic. 2009

Rodaxe; 1h03' (14 km segundo o Strands). Algo canso nalguns intres, a perna ben.

9 dic. 2009

Natación 100 + 1200. Non sei si pola xente que había ou por min, pero non o disfrutei como estoutros días.

8 dic. 2009

Tremendo

Tra-lo adestramento de antonte e a viaxe 'flash' a terras do Deza o xemelgo voltou a porse tenso... paseando hoxe nin fú nin fá e, xa na casa dixen "ou rompe ou racha" e para alá que me fun. 35' de carreira contínua a ritmo normal... sen problemas, que *****llo pasará nesa perna?

6 dic. 2009

Coa mente en Lisboa...

Fixen a ruta habitual das viñas 1h6' entre o orballo e a lama coa mente na maraton de Lisboa, menuda torrada si tiveron este tempo.
Natación 100 + 1000 + 4 x 100 + 125. Boas sensacions.

1 dic. 2009

Rodaxe cara ó choio...9,4 km. todo en orde.

30 nov. 2009

Choplofff

Pois fun nadar por facer algo... 1000 mts.

Polo de agora non teño sorte coas fotos de onte en Dragonte (vaites¡¡ un rimado)

29 nov. 2009

Subida a Dragonte 2009

O DRAGÓN HABITA NA NEVE

Outra volta fun a Villafranca del Bierzo acudindo á chamada de M. Basurko para disfrutar dunha dura proba ós meus xemelgos: A subida a Dragonte.
Como queira que fun probar como ia pois non levaba tensión ningunha e paseino ben dentro do que a dureza da proba permite.

Cando aparquei chovía e ia unha friaxe tremenda e arriba víase ben que había neve e non pouca.

Moitísima xente na saída, cun emotivo acto no que o anfitrión deste ano Cristobal Halffter e a súa dona, a pianista Marita Caro nos agasallou a todos, especialmente a Julián Bernal. Fumos 'neutralizados' pola famosa "calle del agua" chea de pazos e casas nobres ata detrás da Colegiata onde se nos deu a saída auténtica.

Acomodeime de seguida a un ritmo soportable e fun esperarndo as sensacions que as rampas me despertasen nas pernas.

Adiantoume xente coñecida que fun saudando de bó humor porque vin que non tiña problemas e que a ascensión non tiña a dificultade do ano pasado malia que nevara algo e o vento metía o frio no corpo.

33'23" tempo oficial; posto 73 na clasificación xeral e, por mor da non acumulación de premios, 6º veterano.

Baixei correndo tamén sen molestias e os estiramentos foron moi agradecidos; a ver como discurre a semana.

EDICIÓN 1/12/2009

Estou moi contento; non sei desde donde cronometraron nas dúas carreiras, pero este ano só perdín 4 segundos...

26 nov. 2009

Motivación e problemas

Bueno; o circuito 2008 remata con, coido moito éxito. 368 inscritos que acudimos a 93 carreiras e fixemos 3461 puntuacions significando un 9% dos participantes das mesmas.

Para tod@s el@s a mais sinceira noraboa e ¡¡¡VEÑA CIRCUITO 09/10!!! xa levamos 416 inscritos e, nas 6 probas xa disputadas, estamos no 11% de participantes de media; para min, mais motivación e, claro, mais responsabilidade.

Malia todo, estes temas non están exentos de disgustos e frustracions. Eu recoñezo que unha festa non se pode facer sempre a gusto de todos e que por moi Orange que se queira ser... pois sempre hai algunha podre.

Pero seguirei teimando, que tanta xente correndo non pode estar trabucada...ou si?

25 nov. 2009

Outra de proba.

Outra carreiriña de kan... 45' e, como din no Brazil, "Tudo bem".

22 nov. 2009

Probando, trotando...

ó final non puiden resistirme e saín a rodar; 8 kilómetros coido que suave, sen problemas. Moi sobrado no cardiopulmonar, as pernas abondo tiveron con soporta-lo meu medo.

Estamos nelo.

21 nov. 2009

Despistado

Natación 100 + 1400

Pensaba que o Dragonte era mañán... bueno, a ver si así podo ir mais tranquilo, que isto aínda quere da-la vara nas costas abaixo.

20 nov. 2009

Bicicleta estática 30' hai que facer...paciencia...

17 nov. 2009

Natación: 100 + 1000 + 4 x 100

Bici estática: 2 x 14'

15 nov. 2009

A miña curiosa lesión...

Con mañan (que estou 'invitado' a pasa-lo día no curro) farei 4 días consecutivos sen facer NADA.

Coido que, dende o cruceiro pola canle de Beagle vai para 1 ano non pasaba tanto tempo de "Paciente impaciente".

O curioso é que o músculo só está 'activo' baixando escaleiras co pé de puntillas...iso é perigoso porque non teño idea da verdadeira evolución da mancadela.

Coido que o vindeiro domingo vou a "desafia-lo dragón" así, en seco...

11 nov. 2009

Natación: 100 + 1000 + 5 x 100

Agradecer e seguir

Bueno, xa estou de volta... aínda quedamos, como tiñamos programado, 3 días en Porto coñecendo a cidade en profundidade e disfrutando do mellor bálsamo para este tipo de feridas.

Agradezo tódolos comentarios recibidos. Eu penso que fixen o correcto, tiña que poñerme nesa liña de saída e tiña que sair coa vista posta no que preparara; o resto pois foi así como o contei.

A maratón está ben organizada e o circuito, si non vai vento, é favorable. Conta pendente.

9 nov. 2009

Cronica dun abandono anunciado

As cousas son como son e non como queremos que sexan. Sain con animo e
esperanza e ata o 6 ia todo ben, ali notei o 1 pinchazo; ata o 10 fun
esquivando...pero dende o 13 xa non podia apoiar...e no 15 abandonei
tras 1h6'. Algunha tiña que ser a 1.

7 nov. 2009

ALEA JACTA EST

Preparados, Prontos, Porto.





Bueno, hai que deixarse de chorar e de sufrir e ir a dalo todo.

Onte andiven toda a mañan comprobando que a "tensión" seguía ahí. Pero non deixei de andar e de subir e baixar... Fixeronme outro Kinesotape e viñen para casa.

Pola tarde merquei uns deses calcetins de compresión que suxeitan os músculos e melloran a microcirculación...son cantosos de carallo; pero si Paula corre con eles...xa se me fan pasables.

6 nov. 2009

Susto, disgusto e agonía.

Dende o Martes estou algo acatarrado; xa o debía estar o Luns por iso non tiven gañas de ir adestrar (ademaís de que faría o 3º día seguido e iso non o fago nin cando estou en 'período de carga'); pero a miña compañeira que me coñece mellor que ningúen me sentenciou: "Tí o que tés é que estás acojonado".

O Mércores fun correr para tentar despexa-lo catarro esquecendo o DEMOSTRADO sobre as lesions musculares e as infeccions... Trotei uns 4 km a 4'15" e me topei moito mais despexado do que pensaba así que decidín seguir con plan e facer 5 series de 1000; fixen a 1ª en 3'58" sen forzar pero na 2ª...

Sentín un picadelo de nada no xemelgo esquerdo...aínda cheguei ós 550 mts (2'25"), pero alí os nervios e a prudencia me fixeron parar. Notaba certa tensión e un mínimo pinchazo nas cicatrices das roturas anteriores e me viñen abaixo.

Voltei á casa coa testa gacha e pasei así ese día.. o xoves pola mañan fun ó curro e só notaba a tensión na perna, pero pensei con razón que iso así non aturaba unha maratón; se aínda fosen 10 km... bueno, subin e baixei escaleiras coa sensación extrana de pasar de ter as mellores opcions de baixar das 3h que podería desexar a ter as maiores opcions de vivi-lo meu primeiro abandono nunha maratón...

Decidinme a ir ós fisios; por sorte tiña un coñecido que me explorou e a cousa foi moitísimo mellor do que pensaba pois a mandadela é mínima e cedeu algo cunha presión. Púxome un Kinesotape e me dixo que probase a andar con él. A sensación desapareceu (Ou só estaba no meu caletre?) e pasei unha mellor tarde e fun nadar; do catarro, vou mellor malía a estar seco como unha pasa (cousa que tamén é propicia ás lesions musculares).

Hoxe volto a facer outro, a ver si teño sorte e me atura até a Maratón, tamén pensei nos calcetins eses que protexen os xemelgos...a ver

5 nov. 2009

3 nov. 2009

Natación 100 + 1000

Renqueante polos mocos. Estou moi cabreado e triste por terme acatarrado agora.

1 nov. 2009

Envexando NYC

Saín ás 18h envexando un pouco ós que foron a NYC como FIUR e Gus (2h55' e 2h43') e doído pola derrota da 'miña' Paula; que se lle vai facer, a Maratón é o que ten.

8 Km. 34' sen forzar.

31 oct. 2009

Gracias polas sensacions...

Derradeiro longo: 1h 37' boas sensacions e moitos nervios...queda nadamais que a costa abaixo...

30 oct. 2009

29 oct. 2009

PODO

Ou eso dí Yasso...

Series "valdeorresas"; por mor dun problema mecánico fun adestrar ata as instalacions da 'simbiose' entre un concello que sabe o que quere e un clube que sabe o que precisa...

Sería a lonxanía dos problemas do traballo, sería ver a rapazallada adestrando, sería o tartán que ten o mesmo tempo que o do estadio "Colomán Trabado" mais non semellan nin parecidos, sería o día magnífico...o que fora. Saironme as series que quería e sin matarme.

Rodaxe 10'
Series (0,8 km, 00:02:50, 03:32 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:51, 03:33 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:49, 03:31 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:53, 03:36 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:54, 03:37 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Rodaxe 15'

Agora a "carga da proba" recae sobor de min...xa a sentín denantes de arrincar na derradeira serie e iso que, como dixen, fun 'sobrado' en todas; mais me puxen nervioso só de pensar 'si esta sae, PODO'...e saiu.

I CAN...de palleiro.

Quedan rodaxes medias, un longo e 4 miles que farei, coido, o martes...

27 oct. 2009

SENSACIONS, benditos os que corren no teu nome...

Esta foi unha boa sesión, non polos ritmos (coido, que non calculei a distancia) pero si pola impresión que me causou a rodaxe...1h 18' e como unha rosa... subín a costa da Avda do Bierzo con 'gañas de mais'...houbera seguido mais rato e iso sin avituallamento, sen xente animando, sen compañeir@s de rodaxe...

Teño medo de estar así de ben a falta de menos de 15 días, normamente os 'puntos de forma' non se manteñen tanto tempo... pero é o que hai.

Seguramente non acade as 3 horas, pero si corro coa sensación desta sesión chegarei á meta co 1º obxectivo cuberto: DISFRUTAR.

26 oct. 2009

25 oct. 2009

Onde ata as pedras animan.

Tras o adestramento de onte acudín a participar na XXXII Carreira Pedestre Popular "Camiño de Santiago" empuxado polos recordos de tantas participacions anteriores e da ocasión de atopar a tantos amigos.

A tarde e a noite do sábado arroiou en Lalín e pensei en leva-la canoa para participar. Fumos cedo e aparquei perto do pavillón da Santa Isabel. Subimos, collín o dorsal e xa lle vimos a cara á magnífica mañan que se estaba a mostrar. Damos un paseo pola zona vella e vexo co cartel de 1 Km meta... voltamos ó Obradoiro, e xa escomenzo a atopar xente, imos cara ó sitio da kedada de CenG e a entrega dos premios do circuito.

O ambiente é magnífico e a xente está moi animada porque o día presenta boa cara. Quenzo de ida e volta ó coche polo chip e facemos as fotos de rigor, as conversas son interesantes e non sinto moitas gañas de estirar ou de quencer mais, troto outros 5' e vou para o mogollón. Atopar a unha persoa nun grupo de 5000 é sorte. Topei a Tombrio e a Jorge que estaban moi intrigados por como ia se-la proba. E Bubela (que non o vía dende 2007) estivo a platicar comigo sobre a próxima maraton que se van meter no corpo.

Saída, estou a uns 40 mts do arco e tardo 44" en pasar andando por alí. Arrinco suave, esquivando e sendo esquivado por xente e tomando con calma a costa de Xoan XXIII. Xa arriba podo comenzar a correr, iso sí, esquivando xente que había moita.
Avda de Lugo aínda non adianto tanto como me adiantan pero vou animado, sintome ben. Torcemos cara ó camiño francés e collo como referencia a uns triatletas que van falando e que levan un ritmo de 4', voume estirando; cando chego á prota do camiño coido que debo facer un esforzo e manter ese ritmo.

Na praza da Rosa xa vexo que vou de menos a mais e que podo ir apretando, paso medo na baixada pero de seguida comprobo que non hai danos e sigo con alegría. Entramos no campus e bebo e me boto algo de auga polos brazos, a noto fría e me decato da tremenda calor e da sudada que levo.
Paso de control, comenza a subida e vou ben, a 5 km de meta levo 28' mais queda o mais difícil: VITE.

Baixo a costa do galo outra vez con medo pero tamén con ánimo pois penso, por vez primeira que podo chegar en menos de 50'. Galeras, adianto xente e vou sen medo incluso chego a dicir "señoras e señores con vostedes: a costa de vite" e tento apretar, adianto a outros compañeiros do foro e sego con moito ánimo. Pasando por donde o Burgo das nacions a nostalxia me fai ter visións de tempos pretéritos.

Escomenza o duro, vou a tren; adiantando xente ata que me pasa Nela a da coleta e me pego os seus talons algo fora de punto pero animado. Chego arriba feliz, e vexo o cartel de 3 km meta fago as miñas contas e penso 'si apreto, chego'.

Alongo a zancada, ergo a vista e alí vexo a praza de San Roque e a entrada da zona vella. Decido bota-lo resto, vou a tope e animado. Vexo a Esther Pedrosa e penso en chegar á súa altua, por diante de Historia topo a mundi e lle animo para chegar antes de 50', sego apretando e avanzando. Toural, moita xente animando; decido non soltar, da-lo todo, rebentar. A rúa do vilar é como correr unha serie cáseque non alento. Chego ás vallas e ás curvas ergo a vista, Fonseca brila co sol sinto novos folgos e me boto cara adiante. Derradeira curva, só miro o cronómetro da meta, 49'.... e volto a apretarme... 28". Dou choutos, feliz por ter baixado dos 50' e polas sensacions.

Párame un periodista, seica me quere facer unha entrevista pero antes deben rematar de entrevistar a...Oscar Pereiro (que me adiantou a 3 km de meta). Falo sobre o tema do peche da alameda, collo aire e vou cara o tema dos agasallos.

En fin, 49'28" na pedestre. aínda teño oportunidade.

23 oct. 2009

REMATANDO

Bueno, a cousa está a rematar. O resultado con non ser óptimo é esperanzador e anima pois se cumpren algunhas das previsions 'internas' que tiñamos.

O Circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" aportoulle ás persoas que fan deporte de xeito moderado e por diversión unha escusa para participar en probas por tódala xeografía do pais galego fomentando tamén o contacto social das persoas enroladas na iniciativa e o coñecemetno de novos lugares.

Felicitar ás persoas que van ser premiadas o Domingo no incomparable marco da saída da Pedestre compostelán (a proba senlleira do atletismo popular galego) tanto as persoas que gañan o trimestre como as que triunfan na clasificación absoluta, ás parellas e ás equipas.

Pola miña banda só dicir que seguirei adicandolle unha parte do meu tempo porque cada vez que me poño nunha liña de saída (sempre menos veces das que desexo) atopo que o esforciño que fago ten a enorme recompensa de darlle a moita xente a ocasión de facer unha actividade lúdica, sana e barata.

SEGUIMOS.

22 oct. 2009

Rodaxe curta; os compromisos mandan, cáseque afogan. 8 Km. 34'40". Sen atrancos

21 oct. 2009

A "tarde de ouro"

Fun facer o 1º Yasso de 10.

Tiña medo e a meteo non acompañaba. E cheguei ó estadio...a primeira serie non foi boa e xa pensei que todo se iría ó garete...e apareceu José Manuel Calvo; TOMBRIO para os que o coñecemos e me dixo "te voy a acompañar" e me foi moi ben, sin tirar de min, só con telo ó lado xa me valeu...mágoa de dúas derradeiras en solitario.

Quecemento 12'

Series (0,8 km, 00:03:01, 03:46 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:59, 03:43 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:57, 03:41 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:04, 03:50 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)

Volta a casa 15' calado até os osos e con sangue nos pezons mais moi contento.

18 oct. 2009

Test en La Bañeza, resultado incognito

Bueno; pois fun á capital das legumes a correr a media maraton-test que mandan 'as escrituras'.

Mañan fria e eu con medo... quecemento light pensando mais no frio que no corpo. Xusto ata 5' antes da saída non me 'entono'...poño a kanmiseta e para alá vou.

Selanme o dorsal na zona de saída, saúdo a uns e outros e arricamos; vou con algo de prisa e buscando o sol, medindo o esforzo e as sensacions.
O circuito é moi bó, está ben sinalizado e ben avituallado; como é polo campo pois os ánimos se reducen ó paso polas poboacions porén son de agradecer. Como sempre nestas últimas probas arrinquei con moito brio e o paguei, no km 4 aínda ia por baixo de 4'/km mais, pasei o km 10 en 40'43" e dende alí ata o 15 debin estar sobre 4'20" ou así. Logo pasoume como tantas veces, que decidin correr o meu ritmo sen preocuparme de grupos ou de costas e conquerín mellores sensacions non só nos pulmons senon tamén nas pernas e, singularmente, no xeonllo esquerdo que deixou de xogar comigo.
Pasei o 15 en 1h 02' 40" e a meta cheguei en 1h 28' 40" o que dá unha media pauperrima de 4'15" e unha media total de 4'13".

Así as cousas quedan 3 semanas para 'cargar' kilómetros e 2 sesions Yasso de 10 series... vexo ben o de rematar mais o da marca coido que é complicado.

EDICIÓN 19/10/2009

A verdade é que son unha persoa positiva... non me rindo malia as probas... o "predictor de carreira" de Strands dí que debera ter feito 1:26 na media e mira ti... pero tamén é certo que o plano de adestramento para maraton < 3h de runners dí que si pasas a media entre 1:28 e 1:29 podes facer 3h e eu pasaría nese tempo e con brios, isto é atopeime animado.

A seguir.

16 oct. 2009

Con sentidiño baixo as estrelas

Bueno, hoxe tocaba rodaxe nocturna cara ó choio... saín con medo e fun collendo valor co paso dos kilómetros; de feito, pasei o 5 en 22' mais cheguei ó 9,5 nos 40' as estrelas iluminaronme o camiño e cheguei sin mais percances.

15 oct. 2009

PRECAUCION

Por precaución só fun nadar...

100 + 1000 + 4 x 100

14 oct. 2009

Alarma e patetismo

Só faltan 3 semanas e media para a cita...e onte no ximnasio escomencei a ter unha molestia no menisco do xeonllo esquerdo...

Malía todo hoxe fun facer o 'plan Yasso' en malas condicions por varios motivos que coñezo como me afectan mais que non me escusan.

quencemento 15'
9 x 800: 2'54",3'00",3'05",3'04",3'01",3'02",3'02",3'05" e 3'09"...patético.
estiramentos e volta para a casa.

O único positivo é que, porén o que digan os tempos, as 4 derradeiras series deixoume de molesta-lo xeonllo. Logo, de paseo coa moza, algo me quixo amolar. Nin caso lle fixen.

13 oct. 2009

mix day

Natación 1200 mts 30'

Ximnasio 40'

Seica levo poucos kilómetros semanais de carga... o caso é que así aseguro o meu obxectivo que non é só rematar o día 8 senon que o 9 vou sair trotar ó "parque da cidade" e logo vou seguir facendo cousas...

12 oct. 2009

Resarcimento

Bueno, hoxe a mañan pintaba marabillosa no Bierzo e topeime con ánimos e saín face-lo longo que non fixen onte.




Topeime ben; 1 h 40'. Pola tarde roteiro de sendeirismo O Barco-Entoma-O Barco.

11 oct. 2009

Onde foron as boas sensacions?

A de hoxe en Coruña foi a historia do doado que é que estraga-lo traballo dunha semana.
Pero non vou escusarme; non me saiu a carreira e punto.

Tampouco me importa moito; a verdade é que o que me ten fastidiado é que non fixen a prolongación que quería facer (30' trotando) por causas profesionais e bueno; haberá que face-la sesión longa o luns.

Moi bó ambiente na saída; cheguei coa xente do clube e xa empecei a saudar a xente do foro encabazados polo CAR Santiago. Acudo con Baoes á foto do foro e alí volta a saudarnos e tal. 18º de temperatura e cunha altísima humidade.

Tras facer 20' de quecemento co Cecebre e con outra xente fago unhas rectas e vou cambiarme ó coche. A saída xa ten o seu aquel; algo estreita para tanta xente e non consigo colocarme no lugar desexado. Paso o 1º kilómetro esquivando xente sen pensar en ritmos ou gaitas. Cando podo mirar ó meu redor vexo a Rubén e vou con él un anaco; no km 3 vou en ritmos de 3'50" pero as pernas non queren, subo a costa aínda adiantando xente e tal pero xa arriba penso 'este non é o día; onde foron as boas sensacions?' e sinto o peso da Kan-miseta. Na baixada deixome ir porque non vou nada ben e non quero ter problemas. No km 5 xa vou en ritmos de 4'05" e medio abafado... decido quita-la kanmiseta; sinto que respiro mellor e tento coller algo mais de ritmo. Á altura de Riazor unha pequena costa me permite remontar un pouco e volto a ergue-la cabeza, pero as pernas non van e debo serenarme a seguir o paso que me deixan sen facer caso dos compañeiros que me adiantan.
Control, baixadiña e xa o derradeiro tramo. Tento estirarme e correr mais erguido, quita-la kammiseta foi boa decisión, polo menos sudo só cara fora... xa nos cantons tento aturalle o paso a Nacho e recupero algo de ritmo, incluso consigo facer un cambio... meta 40'49".

329 de 1649. Fago a cola pola bebida, a camiseta (moi chula) e os agasallos e decido sair trotar. Pero cada oficio ten as súas débedas e este meu tamén así que ata ahi cheguei.

Para o ano habera que voltar a resarcirse.

10 oct. 2009

O ascenso mais longo...

CHEGOU O MOMENTO.

Tras 19 anos (20 en Maio) o Obra conquire o que unha estafa lle impediu... lembro ben aquelo, tanto como que eu; breoganista sempre, tiña ansias porque ascenderan para ter outra escusa para ir a compostela.

Cantas outras inxustizas da burocracia deportiva quedarán no camiño; eis o mérito deste ascenso diferido... a perserverancia na percura da xustiza.

A disfrutar.

9 oct. 2009

Sigo rodando

Bueno; ainda que Strands diga o contrario hoxe foi unha 'rodaxe rápida' de verdade; termos contradictorios entre sí malía que a media fose algo mediocre. O tema é que tras o de onte non saín a apretar ó principio pero funme animando e fixen unha progresión. ah, 33' (8 km)

8 oct. 2009

Cando as sensacions acompañan....

Hoxe tiña medo antes de saír a adestrar, mais en canto me puxen a quencer todo pasou...

Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:54, 03:37 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)

Foi unha xornada curiosa; e productiva e leveime a alegría de ver a FIUR correndo outra vez; seguro que pronto volta a dalo todo no asfalto.

7 oct. 2009

Natación: 100 + 1200 + 8 x 50

Ximnasio: 45' completo.

6 oct. 2009

Renovando alegrías

Rodaxe Feliz.

42' con sensacions positivas tanto nas pernas como no ritmo e na resistencia; esto é outra cousa.

5 oct. 2009

Seguimos inasequibles ó desalento

Natación: 100 de quencemento + 1000 (+/- 20') + 2 x 100

Ximnasio 45' completo.

4 oct. 2009

Pero que verde estou...

Bueno, hoxe tocou longo semanal. Para min a rodaxe longa é un adestramento a ritmo aproximado de competición de entre 1h30' e 2h; saín a face-lo percorrido que fixera hai 3 anos como derradeiro longo antes de Donosti.

O caso é que saín suave e logo de 5' notaba moitos pinchazos nos xemelgos mais fun incrementando algo o ritmo ata o final da pista das viñas costoume avanzar, logo collín confianza e xusto alí atopei a Jorge, Rober e Quini que viñan de San Lorenzo...pregunteilles se ian para longo e o ritmo que levaban e si farían trocos; acopleime e fumos falando cara a Villar de los Barrios, cando chegamos alí paran a beber e logo seguimos pola estrada, Quini fai unha aceleración que chega xa ata o cruce da iglesia de Campo e alí para...eu que seguin o ritmo como puiden e logo afroxei decidín seguir con paso forte e voltar para casa dando a volta polo aerodromo...bueno, que 1h32' pero con sensacions estranas nos xemelgos e con sensación de pouco ritmo. Non sei, Yasso dirá o que queira pero a min non me saen as contas.

2 oct. 2009

Rodaxe pre-guardia...50'; paseino mal por primeira vez, non me topaba con forza e as pernas non iban. Recupereime ó final e cheguei xa con algo de ritmo, o resto do día ben; subindo e baixando escadas como se nada.

1 oct. 2009

Es3ado e Pardamazado mais ahi ahí

O de Yasso está a resultar ser divertido; un xeito de me forzar nas series... hoxe cheguei moi canso tras un día moito es3 e 30' de rodaxe dende o choio... e me puxen a elo: A ver si notades en cuales series tiven a sorte de contar con 'sparring'...

  • Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:08, 03:55 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:50, 03:32 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:53, 03:36 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:01, 03:46 min/km)
Voltando xa para casa noteime mellor... 

30 sept. 2009

Stress onde estés ti non hai nada bó.

Estes días vou comprobar canto impacta o stress no rendemento deportivo.

Polo de agora só me quita tempo de adestrar.

Natación: 100 + 800

Ximnasio: 30' tren inferior e superior

29 sept. 2009

Deixando as mañiotas atrás

Outra rodaxe matutina; de menos a mais tentado acabar coas mañiotas... está claro que hai certas probas incompatibles coa preparación dun maratón.

28 sept. 2009

Reconciliación con sabor a vendima e pementos

Doíanme as pernas malía ó trote de onte e de manterme activo todo o día no choio. Sobre carga de xemelgos e algunhas mañiotas dicíanme que non debía ir ó ximnasio... e vin un tractor da vendima.

Collín a miña loira e aló nos fumos, Camponaraya, Cacabelos, Sorribas, Villaverde... todo cheiraba a vendima e a pementos a asarse... 37 km. 1h 20' foi bó para estar verde e mellor para reatoparme con ela.

27 sept. 2009

Rodaxe descompresiva cara ó choio...43' tiven algún momento de flaqueza mais coido que non hai 'danos colaterais' así que: A seguir.

26 sept. 2009

A Pardamaza non vai calquera.

Pois aló me fun a facer o longo desta semana así de monte con xente varia e amigos.

Moi bó ambiente na saída, só faltaba FIUR que nos ten preocupados a todos... Bueno, uns 50 corredores saímos con 26º de temperatura a facer este percurso...



Así que saimos suaves; cáse semellaba que sen gañas. Eu quería facer unha rodaxe longa e con algo de ritmo así que me puxen ó meu paso dende o principio e iso que o "xefe" Chus daba ordes dende atrás; Tombrio arrincou xa no km 1 pero ata a chegada a Librán a carreira era algo 'Viscontiniana; Tombrio adiante (como a 800 mts) logo un grupeto de 4 e por atrás os 'galgos'. De seguida saltaron Chus e Gus e logo o resto, foronme pasando na tremenda costa que hai nada mais sair de Limbrán; eu tamén fun incrementando o ritmo un pouco para non perder comba e sacarlle rendemento ó adestramento, o sol mancaba e facía de agradecer o gorro e as sombras de carballos e castiñeiros. Coa costa algo mais suavizada me integro con alguns coñecidos e imos ahí a 50 mts de Maky e Capelo que voltou a facer unha magnífica carreira.



Na derradeira rampa chegan por detrás 'Romario' e Rober que traian gañas de xogar e viñan facendo trocos, paran onde nós, ofrecenos auga e imos xuntos ata o mirador. Alí me pasa factura a costa e non podo seguir ó resto que xa se lanza 'a tumba aberta' na primeira baixada...e menos mal que non o fixen, fun ó meu paso (coido que bó) e pasei a Maky que tivo un problema gástrico que lle fixo pasar un mal trago. Chegando a Pardamaza crúzome con Gus que xa vai diante e logo con Chus -abafado de calor- e vexo o que quería dicir co de 'un pequeño paseo por el pueblo' (de ahí a diferencia entre o meu perfil e os 22 km oficiais da proba) unha tremenda rampa me levou entre uns castiñeiros preciosos ata o extremo do pobo; logo baixada PELIGROSISIMA polas pistas de terra ata voltar a enlazar coa carretera. O tramo ate o mirador aínda fun aturando cun compañeiro pois era un falso chan...



Dende alí toda a baixada fun como puden co meu medo e o meu paso curto e me foron adiantando alguns entre eles Jorge que se ve que por fin está en forma. Xa en Librán de volta tentei retoma-lo ritmo mais tremíanme as pernas... A calor fíxoseme algo forte e vinme medio apaxarado; chego ó rio, cruzo a ponte e vexo a tremenda costa final... tomo ritmo (menos mal que era á sombra) e vou respirando, síntome mellor e miro o crono, ollo cara atrás; aló ó fondo ven un cunha camiseta laranxa... apreto o que podo. Meta: 1h 40'.



Non estivo mal, como 'longo' semanal mais terei que esperar a ver como me senta.

Resultados colgados en TriBeerzo (posto 15 de 53) e

24 sept. 2009

A esperaza é verde como a herba...

Tiña medo das series de hoxe; moita calor e moita actividade previa; sorte que me acompañou a miña lebre particular que sufriu mais voltou contento a casa.

Quecemento 20'
6 x 800 rec 2'45". 2'48", 2'51",2'54",3'00",3'02",2'56".
6 rectas sobre herba 80 mts.
Rodaxe de volta 30'

Mira que si Yasso ten razón... ando ahi, ahi...

23 sept. 2009

Natación: 100 + 550 + 4 x 100 + 125

Ximnasio: 45' Tren superior e inferior; lumbares e abdominais.

22 sept. 2009

21 sept. 2009

Piscina: 100 + 500 (9')+ 4 x 100
Ximnasio: 45'

20 sept. 2009

Rodaxe de..."descompresión" 37' a 4'03"...Definitivamente o do Strands non me cadra.

19 sept. 2009

Longo; 3 voltas no parque do pontiñas en Lalín. O ritmo que me calcula o Strands non me cadra coa sensación... se cadra sumei mal; 25'23", 25'20" e 26'23". E 20' de ida e de volta.

17 sept. 2009

Rodaxe matutina 41' cara ó choio. Mais sube e baixa de escadas; rematei a mañan algo canso... Polo menos teño algunha boa nova. O 26 correrei 22 Km Toreno-Pardamaza-Toreno.

16 sept. 2009

Mellor temperatura, peor tempo

E dixen "Ala, a por outras series de 800s"

Quecemento: 12'

5 x 800: 2'59",3'00",3'04",2'59" e 3'05". Rec de 2'50".

6 x 90mts rectas progresivas.

21' de rodaxe de volta. Cheguei valeiro...a mañan tivera moitas 'series'...

15 sept. 2009

Doble sesión

Natación: 150 + 900

Ximnasio: 40' principalmente tren superior.

14 sept. 2009

13 sept. 2009

1609 emocions...

Bueno; chegou o día de correr a carreira con mais espectadores por metro de percorrido de Galicia carreira que conxuga perfectamente promoción e espectáculo, participación popular e de elite a Milla Urbana de O Barco.

Incluida no calendario da federación española de atletismo e co mellor cartel que unha proba deste tipo tivo en Galicia nestes anos malía a recoñecidas ausencias xa sómentes contempla-la proba absoluta merecía o desprazamento ate Valdeorras mais para vos informar de todo o bó e malo ó redor desto tendes a prensa e o foro polo que eu voume a centrar na miña participación.

Tras tentar non encherme moito no xantar familiar e descansar sen apoltronarme me presentei ás 18:20 na zona de saida coa decepción de non levar comigo ó cativo que non quixo participar. Inscribinme e coloquei o dorsal na kanmiseta e xa andiven a falar con uns e con outros sobre o día perfecto que tiñamos para correr e a cantidade de xente que participaba na carreira de veterans e populares femeninos...
Fago o quecemento polo novo paseo do río que é unha gozada vou só pensando en demasiadas cousas e tentando esquecer a carreira en sí. Estiramentos e uns progresivos xa na zona de saída mentras corren os populares masculinos e entramos na cámara de chamadas... saúdo a unha chea de xente entre eles a moitos compañeiros do clube e da zona do bierzo; camiño da saída saudo a Reyes Estevez que xa está co traxe de batalla...

Cólocome ben na saida...miro cara adiante ó punto no que o circuito 'desaparece' nun zig-zag e véxome metido alí... saimos, tropezan brazos e corpos, deixo que o amigo Capelo vaia adiante mais apurándolle para chegar ben postos o dito zig-zag; pasamos sen mais atrancos; bou ben situado no 4º lugar e nos achegamos á primeira curva pechada, neso un home grande como un armario me adianta por dentro e teño que da-la curva algo escorado empuxado polos seus 'remos'. Arrincada 2 volto a colocarme en cabeza cos dous de A Gandara (Monforte) e Capelo; vou cómodo respirando ben e sen tropezos. Contra curva, facémola en ringleira o ritmo podía ser maior, mais faltan aínda dúas voltas e media así que manteñome tranquilo detrás deles pensando xa '¿que fago eu aqui?'.2º Paso por meta e nova viraxe pechada, esta volta coloqueime ben e arrinco no mesmo sitio; os compañeiros de A Gandara non fan mais que ollar cara a nós e cara atrás; xa pasada a costa da casa da cultura lles digo "Estamos de broma?" O ritmo segue a ser soportable mais xa sudo e neso caio en conta de que "Tombrio" aínda non me pasara. 2º contra curva; Xa vexo a Tombrio vir como unha exhalación, tropezamos e ponse ó meu lado buscando un paso entre Capelo e os de Monforte; dígolle "déixate de bromas e dalle caña" e volta a arrincar, pola dereita pásame o home grande...3º paso e 3º curva pechada, agarrome a barandilla e arrinco; xa non son quen de coller ós de cabeza e alcánzanme 2 mais de A gandara; decido apretar o que dou a ver si os despego algo. Derredeira contra curva; vou pasado de voltas e sei que xa non teño cambio, pásame como unha ráfaga de vento un home vestido de verde (logo souben que gañou a carreira) ó que nin tento seguir... aguanto un pouco, os dobrados estorban ó home grande que semella algo parado mais menos que eu... os dous de A Gándara voltan a collerme e me pasan, fago un derreiro esforzo mais non consigo velocidade e voume quedando deles...meta; crono meu 5'31" (a organización colgou 5'30") bó para o traballo feito nestas semanas. Posto 9º na carreira e 5º da categoría.

1" non é unha diferencia significativa e mais tratándose de cronometraxe manual, pero si me fixo ilusión que corrin a carreira en cabeza e coa pouca cabeza que son capaz de ter; mágoa de capacidade de troco na derradeira recta...é o que hai e ben contento que estou: non estou mancado e vai "otra pal zurrón".

Logo fixen 30' de rodaxe por aquelo de compensar pois tocaba un día de longo pero os compromisos son os compromisos...

11 sept. 2009

800

15' de quecemento

4 x 800: 2'58", 3'01", 2'59" e 3'04" rec de aprox 3'

5 rectas de 90mts

20' de recuperación.

Bueno, segundo o método de Bart Yasso aínda tería posibilidades de atacar a "maldición das 3h". Xa tería coña...

Propoñendome obxetivos

Bueno, hoxe foi un día importánte. Acabei de tomar unha serie de decisions en conxunto que me alegran moito. "Participar como escusa para adestrar" é a miña sinatura e non por casualidade; non me gusta ter a vida absolutamente programada mais si que recoñezo que hai que ter unha meta por acadar para que o traballo cobre senso.

Así que a conxunción de casualiades deu como resultado que o día do meu 42 cumpreanos se celebra a Maraton de Porto e qué mellor celebración para 42 anos que 42 kilometros?

Por outra banda seica teño plano... leendo as notas dun vello coñecido atopei o método Yasso e coido que é moi interesante e nada estresante: 1 día de series de 800 semanal, 1 día de longo semanal e o resto (2 ou 3) 8 ou 9 kilómetros a un ritmo 15" superior ó que se acada para un 10000.

Así que voume deixar de laiarme pola mala sorte que teño co das carreiras e centrarme nas ocasions que cristalizan.

10 sept. 2009

9 sept. 2009

INDECISION

Saín sen saber que ia facer quería rodar 40', mais así a semana quedaba en pouco, quería facer trocos de 1000, mais pensei que estaba 'tierno' para ese esforzo; ó final Rodaxe fago unha rodaxe que vou alongando e incrementando o ritmo.

Roteiro das viñas 1h06'.

8 sept. 2009

Millaencina 2009


Bueno, ó final cheguei con tempo mais que de sobra... ata de quencer e enfriar 3 veces.



Participei na proba popular xunto cunha boa cantidade de xente; os compañeiros do ADAS e...Sergio Gallardo que non está completamente recuperado da súa mancadela; algún día vos escribirei algunha das conversas que teño a sorte de compartir con esta grandísima fortuna do atletismo do bierzo.



A milla?; home, o circuito é moi vistoso e a data escollida, un luxo... que hai que pagar... corremos con 30º e con 1 hora de retraso. Tiven algún problema na saída porque como non coñecía a xente e colequeime en 3ª fila e xusto ata a contra recta non puiden adiantar ós da segunda fila, logo fun ó meu ritmo tentando incrementa-lo paso e flipando cos ánimos d@s compañeir@s do choio (é a primeira vez que me animan polo nome sin ser os fillos) na derradeira recta me adianta un rapaz e incremento o ritmo ata pasalo e a falta de 150 metros sacouse un cambio maxistral e deixoume clavadiño... 5'22" polo meu crono, eu non penso que fosen os 1609mts dunha milla nin os 1600mts que nos dixeron na saída... o que me importa; participei, non estou mancado e rendín todo o que puiden así que: A seguir.

Ah, esquecía comentar: ¿Porque non poñe-la carreira DIRECTAMENTE para despois do desfile?...

FOTOS DE BIERZO DIGITAL.

7 sept. 2009

Rodaxe matutina habitual cara ó choio... 41' baixo a lúa.

6 sept. 2009

Unha volta mais a "ruta das viñas"... 1h 10'

QUE NOS PASA AMOR?

Non vos decatariades, mais vai xa para dous meses e medio que non saio coa miña loira....


19 anos vai que a merquei e tanto tempo pasado con ela; os disgustos que levei pensando que se partía e non voltaríamos a rodar xuntos... non sei si ten que ver con este baixo rendimento que arrastro dende hai 6 meses e ó que xa me vou adaptando como prezo do novo nivel de actividade e stress mais é que nin vexo a ocasión nin me apetece sair... e iso é moi, moi grave. Gústame sair na bici e NUNCA me escondera dela deste xeito, non me importaba ir derradeiro ou primeiro eu sempre disfrutaba de cada pedalada e cada curva... nin siquera miro con envexa ós outros ciclistas, non xiro para ollar que cuadro ou que troco monta unha bici que pasa...

Seica tódalas parellas pasan crises mais non pensei que neste tipo de parella se dera esa circunstancia.

5 sept. 2009

Ximnasio

1 hora variada... nada que o de Strands tampouco sirve moi ben para reflectir o que se fai.

4 sept. 2009

3 sept. 2009

Natación 100 + 1100 a ritmo +200 recuperando

2 sept. 2009

Adaptación.

Si teño algunha cualidade é a adaptación. Hoxe tiñamos varios recados e non puiden ir ó ximnasio e a nadar como tocaba así que saín co 'traxe de luces' posto e, nada mais rematar o derradeiro asunto, me botei a unha rodaxe de recuperación de 42' pola herba do parque da Rosaleda.

1 sept. 2009

Outra de trocos

Quecemento; 15'

Trocos de 400/200

1'17" ,1'29",1'27",1'30",1'32";1'24",1'30",1'29" e 1'31"

Rodaxe de volta 15'.

Quedo mosqueado... o primeiro troco foi unha pasada; os outros foron paupérrimos ben é certo que non os fixen como si fosen series senon coma trocos de ritmo.

31 ago. 2009

30 ago. 2009

Maside; resaca entre Carballos

Bueno, outra volta o "valor engadido" de Correr en galicia... que fas unha viaxe a fin de semana? pois miras de ir correr con outra xente unha carreira... Eu fun á festa da Istoria e acordei de mirar no calendario; alí topei o remedio perfecto para un día de troula: Unha carreira de menos de 10 km. a 20' en coche do lugar no que estaba. Non o dubidei e apunteime.

O domingo pola mañan acordei ás 9 o que non está nada mal téndome deitado ás 2 tras 3 borracheiras; unha de viño, outra de LK e outra de cervexa.

Moi bó ambiente na zona de saída; moitos foreiros que nos fumos presentando e falando 'circuitadas' e cousas das vindeiras carreiras nas que desexamos participar. Varios compañeiros do ADAS e xente que xa coñecía o circuito e que falaba ben da paisaxe pola que discurría a proba.

Saimos con algo de retraso tras ver ós rapaces facer o seu esforzo, superamos a obra de nova autovía e, tras unha primeira costa afrontamos o primeiro tramo de sendeiro por medio de unha carballeira, curvas e raices fannos pasar algo de perigo e hai que ir algo mais lento o que non excusa que a media era a propia do estado de resaca no que me atopaba.
Entre o kilómetro 3 e 4 teño un pouco de baixón e me adianta Furacán e me alcanza un dos meus coñecidos do clube de veterans do pabillón; na costa arriba do km 4 volto a atopar algo de ritmo e xa non me sinto mal ate meta aínda que o ritmo sigue a ser bastante mediocre; a calor apreta e os tramos pola obra da autovía son un braseiro aínda así chego ó km 7 con folgos e aguanto o ritmo do amigo do pabillón e nos achegamos algo a furacán. Na derreira costa vou ben, mais non abondo para alcanzar a furacán así que espero ó compañeiro e entramos xuntos 36'44" en 8,5 km.

28 ago. 2009

Trocos

Hoxe pola mañán corrín cara a outro día de peche mais desta volta facendo trocos; quencemento 5' + 10' forte + 3' rec + 10' forte + 3' rec+ 10' forte + 5' suave.

27 ago. 2009

Natación; piscina 50 mts.

Quencemento 150 mts
1050 mts 20'

26 ago. 2009

Doblete canso

Rodaxe longa polo roteiro das viñas 1h03' en progresión, ben; boas sensacions.

Pola tarde sentinme canso mais fun nadar:

Quencemento 150 + 500 (10') + 5 x 100 (entre 2'02" e 2'05" cronometraxe manual)

Prestoume a natación.

25 ago. 2009

Traballando...

Bueno, o de Strands definitivamente non reflicte unha sesión medianamente complexa.

15' de quencemento.

10 x 400 / 200 (trocos de serie / rodaxe suave) Os 400 entre 1'30" e 1'44" mais a medición évos así daquela maneira.

2 x 1000 (3'52" e 4'04") Dous tramos diferentes...

13' de rodaxe.

24 ago. 2009

Acatar e calar.

Bueno, hoxe día de reposo...forzado. No día de peche quedei moi doido polo xeito no que rematou o 1500 Femenino; deille moitas voltas ó vídeo e supoño que non vale de nada revolver nelo mais...


Foto 1 Hai sitio; a Etíope tenta forzar ás rivais a que se abran...


Foto 2 Cando nota a Natalia a Etíope corrixe cara adentro...


Foto 3 Natalia fai un intento de esquivar á Etíope que sigue meténdose cara adentro decatándose do erro cometido.


Foto 4 O hombreiro de Natalia tropeza co da etíope.

E aquí fago unha pausa, Natalia vai mais rápido e é mais grande o que en calquer libro de física se pode constatar como maior empuxe.


Foto 5 O impulso de Natalia e o maior empuxe dela fan que a etiope saia despedida...


Foto 6 Natalia bracea para evitar perde-lo equilibrio


Foto 7 Burka cae...despedida polo impulso de Natalia; froito dun mal cálculo do espazo co que tentaba forzar ás rivais a correr por fora.

FOTOS TOMADAS DO VÍDEO DE RTVE.

Repasando a miña memoria lembrei...



No minuto 3'16" Fermín adianta por dentro, no mesmo punto da carreira que Natalia...só que o seu rival ACEPTA que se trabucou e non volta a pecharse. E non me veñades con lerias de que estaba comprado.

22 ago. 2009

Calor, Desorientación, más calor y sorpresa.

Bueno, pues allá fui a participar en esta movida que organizan en el club náutico de Ponferrada por aquello de correr en casa y hacer 'deporte combinado' que me gusta tanto.

Mucho calor, participación de claro color local con alguna excepción y buen ambiente. Tras las explicaciones de rigor tomamos la salida, primero los que hacíamos la prueba completa y luego los relevistas.

La carrera a pié tenía dos dificultades principales; la primera el tremendo calor (>30º y sol) y la segunda un bello repecho de unos 90 mts como la carrera era por vueltas (3 en cada fase) pues no era plan hacerse 'pupa' en la primera de cambio. Resisto bien en mi sitio y a mi ritmo y bebo desde el primer momento consciente de que en esas condiciones la hidratación es clave. Terminé a mi ritmo tan solo sobrepasado por GUS Silván que salió como relevista.



En esta foto; Basurko acabando el primer sector a pié.

Me echo al agua y, en seguida, confirmo mi impresión de que no iba a ser fácil orientarse...de hecho, creo que el agua hacía 'curvas'... además, nadar tras correr aunque sea a mi ritmillo requiere una adaptación. Después de la primera boya estuve varios minutos haciendo eses pues no veía las otras referencias, bueno, que vale de escusas. Nadé de pena y en ningún momento tuve sensación de ir cómodo.

Salgo del agua a toda prisa y sin mirar atrás, me calzo los tenis sin calcetines y al nuevo tramo a pié. Salgo con algo de brío, pero se me acaba en el primer repecho, que casi me obliga a parar; ya sigo a un ritmo algo soportable y, para que os hagáis una idea del calor, desde la 1º vuelta voy sudando nuevamente. Tras hacer el repecho de marras por 6ª vez hago el último esfuerzo con la idea puesta en el crono.

Llego a meta. 22 de....30? Miro el tiempo que apunta Pinilla: 1h05'33"...quedo sorprendido, de hecho pregunto si han descontado los parones o si han empezado a cronometrar en la segunda salida...que no que es así. Quedo encantado, es el tiempo que había calculado y que, dada la pésima natación, no esperaba conseguir.

Para mayor sorpresa, me corresponde un premio como segundo veterano de la categoría individual. Cosas veredes amigos....

Fotos cortesía de Target40

21 ago. 2009

¿MapMyrun ou Strands?

Bueno, xa levo un bó tempo con Strands como para poder facer esta comparación.

Apunteime en Strands porque tiña un deseño atractivo e prometía unha interactividade maior co Twitter e o Facebook que o Mapmyrun e con tantas contas e aplicacions o que se quere é que o que escribas nun sitio figure na túa rede social e tal...

Ten Strands outro valor que aprezo moito: a cantidade de atletas de alto nivel do estado que figuran na súa nómina de seareiros froito, sen dúbida, dun deseño empresarial ben estudado. Malía que só algún deles nos fai o honor de poñernos a flipar cos seus adestramentos diarios, fotos das probas e comentarios como é o caso de Javier Gomez Noya...outros, conectanse para respostar ós comentarios dos seareiros como Lolo Penas.

O certo é que, polo de agora, o Strands só conecta co Twitter mentras que o Mapmyrun conecta co Facebook de xeito parcial pois non amosa os adestramentos mais sí os roteiros que vou engadindo.

Ben, como xa sinalei, a interface de Strands é mais atractiva porque está mais currada a nivel gráfico (outra nota de 'deseño empresarial') cunha chea de opcions para cada pestana de referencia: Exercicio, Xantar, Multimedia e Notas. Podes apuntar adestramentos de moitos tipos (bicicleta, natación, correr, pista, sendeirismo, andar, ximnasio...) e permite importar datos de Garmin ou Nike+ pero aínda falla no tema de reflexar sesions complexas como series e trocos (e as correspondentes recuperacions) que hai que facer en forma de notas. A aplicación dos mapas depende tamén como mapmyrun de google maps pero con mais detalle. O que presenta problemas é a integración dos mapas cos adestramentos, mais pode que se trate de falla de práctica. A pestana "estadistica" ten o seu aquel si consigues introducir os datos completamente (é dicir, km e tempo de adestramento).A pestana de Eventos ten o seu interese por ter integrado unha función de 'proximidade' que selecciona os eventos próximos ó lugar que elixas como domicilio.

Mapmyrun está mais orientado ó iphone (tamén ten para blackberry, mais de pago), para o que ofrece unha chea de aplicacions pero ten compatibilidade tamén co Garmín e Nike+, incluso co Polar HM. A posibilidade de exportar o calendario de adestramentos como RSS abre a porta a engadilo como 'widget' nun blogue ou en redes sociais malia que a min non me funcione. Os planos de adestramento son "de pago" (créditos) e hai outras moitas funcions 'capadas'. Gústanme mais os perfis das rutas por ter cores segundo a pendente ainda que non vinculen cada punto do perfil coa localización do mapa como fai Strands.

Ahhh, esqueciao, Strands ten interfaz en castelán...eso e a cantidade de eventos locais e de atletas peninsulares dalle unha boa base mais aínda ten marxe de mellora.

Emoción

Hoxe emocioneime pola mañan a temperatura era ideal e as pernas respotaron DPM así que fixen 1h10' con moi boas sensacions.

20 ago. 2009

19 ago. 2009

18 ago. 2009

Nin pouco nin moito

Natación 550 mts. progresando, ben.

Carreira: 2,5 km de quencemento + 6 x 1000 (3'59",3'58",4'00,4'01",3'57" e 3'57") + volta ó trote.

17 ago. 2009

Marta, a incombustible



Ahí a tendes, coa súa cinta na man festexando... unha grande carreira. O atletismo ten isto de cal e area no mesmo intre. Lolo abandou unha proba infernal non apta para 'humanos' mais o seu tamén é de outra xeira.
Natación 100 + 650 + 5 x 100. Ben, boas sensacions. O que mais mola é cando no derradeiro cuarto de hora son o único que queda na auga...

16 ago. 2009

Deus voando no olimpia stadium



Lonxe estaba eu de saber cando fixen esa foto no pebetero do olimpia stadium de Berlín que nese mesmo lugar un home se ia a achegar ós poderes etéreos do creador (si o hai).

Vinno dende a saída, na que Tyson tiña tantas esperanzas, na que nin un centímetro cedeu. Ós 15 mts. xa estaba claro quen mandaba e, desta sen afrouxar, si que ollou dúas veces cara á banda dereita antes de facer entrada fixandose no crono... 9"58.

Eu penso que dúas centésimas aínda llas arrincaba si correse mirando só cara adiante...claro que iso iria contra a filosofía de 'felicidade' que tanto os beneficia. En fin, deus voando sobre o olimpia stadium.


Doble inesperado.

Pola mañan fixen 35' polo parque do Pontiñas, os primeiros 10' ó xeito e logo apretando o que puden.

Como voltamos cedo e facía calor fumos á piscina e metinme a nadar... primeiro fun á modo pero logo collín ritmo e cheguei ós 1000 mts. sen problema.

15 ago. 2009

CC no parque do Pontiñas (Lalín) 1h10'. Ben, sen grandes atrancos.

11 ago. 2009

Natación 100 + 650.

Malamente vou correr se non adestro, pero é que as cousas xurden e hai que saber vivir.

10 ago. 2009

Strands e Natación

Buenos, ando a probar Strands... semella algo mais útil que MapmyRun, o Java está mellor montado e tal aínda que non conquiro que furrule co Facebook mais sí co Twitter. Os mapas seguen a ser mellores os da outra aplicación.

Natación (piscina 50 mts) 2 tandas.

200 + 650 a ritmo

100 + 2 x 500 + 3 x 50

Topeime moi ben.

9 ago. 2009

CC 50' de volta... ben de sensacions malía que a molestia do pé esquerdo voltou con forza.

8 ago. 2009

7 ago. 2009

Natación (piscina 50 mts) 500 + 2 x 400 + 3 x 100

5 ago. 2009

Troco

CC 45'.

Xa notei na auga que non ia tan ben; sempre me pasa ó voltar das vacacions. Correndo hoxe non me topei ó 100%, mais o peor foi pola tarde.

1 ago. 2009

Mesma rota mais con un pouco mais de percorrido...55'.

30 jul. 2009

Altura

Sain esta mañan a facer un "adestramento de altura" (1500-1700 mts) 45'...con algunhas costas ben duras.



Pola tarde 7h de caminata de alta montaña (ata os 2500mts) coa mochila e tal...

28 jul. 2009

Despedida da costa Azul. 50' CC ata a alfombra vermella de Cannes.

27 jul. 2009

50' CC en Cannes. Natación 500 mts en St. Tropez (a ver quen dá mais)... a verdade é que foi unha mágoa non traer a bici; a estrada da costa estaba plagada de ciclistas e había un para de subidas guapas.

26 jul. 2009

800 mts de natación en St Laurent-du-Var (Niza)

25 jul. 2009

natación 1600 mts en Miomo. ás 7:30h a auga estaba boísima, transparente e calma foi unha gozosa despedida do mar Tirreno.

24 jul. 2009

1h5’ con 6 trocos. Natación 1500 mts. en Miomo.

22 jul. 2009

21 jul. 2009

1000 mts de natación no Lido de Marana (Córcega)

20 jul. 2009

17 jul. 2009

14 jul. 2009

50' en Zubiri (Navarra) antes de adentrarnos en terras da doce Francia.

13 jul. 2009

Encierro en Pamplona. 20 mts en 'segunda fila' da rúa estafeta boa oportunidade de 'cheirar corno'.

11 jul. 2009

Volta, provisional, ó fogar

Rodaxe 45'. Evidentemente baixei moito o volume e o ritmo porque non estiven a adestrar en segredo nin deixei de apuntar ningún adestramento nestes días, simplemente o curso que fun facer era moi intenso e, a diferencia do de 2007, nesta ocasión os desprazamentos e visitias na capital non me permitiron adestrar mais. O que me chama a atención é que, no canto de engordar, perdín 3 kg.

Agora ven o 'malo' das vacacions...xa se sabe que para correr fai falla pouca cousa, pero 3 días en cada sitio e ter que conducir moitos kilómetros non son as mellores circunstáncias.

7 jul. 2009

Outra volta Alcorcón

45' de rodaxe matinal... aínda menos mal que pola mañan non vai moita calor...

5 jul. 2009

Matutino: CC 40' polo parque de Lalín pensando con envexa na xente que estaba a correr en Leiro.

Vespertino: Natación 1000 + 2 x 100 (piscina 50 mts.)

3 jul. 2009

Non me rindo

Natación: 400 + 4 x 200. (piscina 50 mts).

E pola tarde... Ponferrada - O Barco en bici. 1h 50' está lonxe de ser o meu mellor tempo pero non me queixo neste estado de 'non-forma' e co vento que había... cheguei e non derreado así que, a seguir.

2 jul. 2009

Sen folgos

Matutino: Bicicleta 2h 58 km. non atopei ritmo en ningún intre... as pernas non van.

Vespertino: Natación 750 + 6 x 50 (pisc 25 mts) mellor, polo menos non se trata de algo sistémico, igual é só un problema de dieta ou de actividade.

1 jul. 2009

VACACIONS: Natación 1000 mts (piscina de 50 mts) + Ximnasio 1h.

30 jun. 2009

Tras unha guardia 'andarina' e unha mañan de 'series de escadas' aínda tiven azos de ir ó ximnasio 1 hora...porque fun coa miña musa. Caseque me desfago en sudor.

29 jun. 2009

Matutino pre-guardia... 39' tentei facer trocos para proba-las pernas e o xeonllo, sentinme ben. É moi estrano estar sen obxetivos que afrontar, só a pasa-lo tempo...

27 jun. 2009

Chapa paupérrima

Acudir a un campionato de pista era unha das débedas que tiña con esto do correr...si ir de espectador co rapaz xa me gustara, agora ir eu a correr me emocionou. Lamento non ter participado mais e, sobre todo, mellor.

Facer 10 km. en 42' está lonxe de ser a miña mellor marca e non teño escusa en que fose a primeira vez que facía mais de 1 km cos cravos....acadar 'chapa' así non me sabe ben, pero chegar é o que conta.

26 jun. 2009

Matutino 40' suave, ben. A ver si a guardia me respeta e podo competir mañan en condicions (5.000 e 10.000).

25 jun. 2009

Rodada Alcorconita

Bueno, non sabia ben que facer; onte o xemelgo estivo todo o día tirante tanto cando estiven sentado pola mañan como pola tarde pateando o centro da capital, e o xeonllo mandoume dúas puntadas e un retorcimento; así que esta mañan estaba nun sen vivir...ó final fun e fixen unha rodaxe de 40' polo parque do cemiterio de Alcorcón e, de paso, probei o sitio para a primeira semana de xullo. Fun incrementando a velocidade e rematei ben e con boa sensación.

23 jun. 2009

Rodaxe matutina 45'. As pernas respostaron tanto na rodaxe como logo na dura mañan do traballo (cada vez cobra mais forza a idea de que isto tamén conta).

De todolos xeitos o que mais me perxudica é ter que conducir ata Madrid e volta...

22 jun. 2009

Secueliñas...

Natación: quencemento + 400 + 5 x 200 + 100

A auga clorada é boa para sandar as feridas da pel e a natación permite que o xemelgo esquerdo traballe sen sobrecargarse...acabarei facendo unha artroscopia aínda que non rompa o xeonllo esquerdo? Pois non sei, a estes ritmos semella que atura mais o incómodo que é non poder TRABALLAR en serio...

21 jun. 2009

A torrada de A Coruña

E fun aló para 'facer bulto' en nome do clube e tal que preparación xa se ve que pouca hai...

O mellor: A foto e o encontro.


Non aparquei ben e fixen o pre-quencemento polo parking, logo xa saín precipitadamente e así nin botei vaselina dabondo nin puxen ben os esparadrapos... cáseque non estirei.

Bastante mais xente na saída que nas beirarúas, bó rollo e gañas. Saida ancha e longa propia para non perder tempo, circuito chan si pero a metade del feo como un raio e sen apenas sombra. Avituallamentos "suficiente" en producto (auga) e "insuperable" en esforzo (o d@s voluntari@s).





As primeiras dúas voltas fun ben, obsesionado coa dobraxe (vese que nos cruces vou ollando para a outra beira)

cheguei ó km 14 en 58' (foto inferior) e me sentin mais relaxado...



non vin a Lolo Penas ata o 15.

Fun con Ruben ata o 16 e xa ia moi reventado...



Logo xa me deixei ir...



fixen 1h28'52" si tivera a escusa de estar adestrando velocidade colaría mais non, simplemente é o que hai e gracias.

Duchas en Riazor, levoume algo dar con elas. Volta para casa sen comer que non daban mais ca unha especie de cocido enlatado que me deu gañas de devolver...No bierzo 34º e "o do soplete" pegando con forza; lembreime da xente da maraton de Toral...bueno. a ver que pasa.

20 jun. 2009

Natación: 650 mts en piscina de 50... para relaxar, por fin unha boa sensación.

19 jun. 2009

CC 40' só para trotar... aínda non recuperei ben da deshidratación do día anterior; vai ser mellor que me adique a reposar si non quero deixar de correr un tempo.

O que sí sei é que os compañeiros que van vir á Maratón de Toral que lles agarda un pouco de calor (de 17º a 25º) e nada de vento. Animo campeons.

18 jun. 2009

Empeorando o malo

Preciso do deporte física i emocionalmente e, ás veces, perxudico o meu rendemento por isa necesidade. Foi o caso de hoxe; tras 31 horas de 'series de escaleras' e outras tensions descansei unha hora en casa e, ás 19:00 saín na bici no medio do bochorno... A mente a liberei e traballou arreo, o corpo é outra cousa: Castigueime, fixen 1h32' para 44 Km. e cheguei á casa deshidratado... agora xa está mais seguro que esto o pago o domingo.

17 jun. 2009

Matutino 50' pre-guardia. Ben, a mañan estaba moi fresca e bonita.

16 jun. 2009

Erro de cálculo

Antes de sair vinna gastada mais calculei...mal. Saín na bici e cando levaba 22' (12 km) a cuberta xa dixo basta e pinchei.

Natación: 800.

14 jun. 2009

Rodaxe: Parque do Pontiñas, Lalín.

1h. Nin ben nin mal senon tódolo contrario...

E polo mediodía e á tarde "facendo series" co boi en Allariz...

13 jun. 2009

Natación: Piscina de Lalín.

200 quencemento + 400 + 4 x 250 +4 x 50

11 jun. 2009

Bicicleta; circuito básico 1h 35' (na 1ª hora 30,8 km.) bueno, é o que hai e non me queixo.

10 jun. 2009

Tarde para todo

Bueno, aínda que sei que é tarde quero tentar facer algun traballo específico...

quencemento 15' + 3 x 2000 (8'10"+8'+8'08") + ... ahí foi onde o cocido do xantar dixo "basta" e pediu sair; voltei trotando e moi tocado anímicamente.

9 jun. 2009

Rodando baixo a chuvia

Bueno, hoxe tocaba recuperar un pouco así que fixen 55' baixo a persistente chuvia...molleime como non me pasaba dende o cross de A rúa...
Natación: quencemento 200 + 500 + 3 x 250.

7 jun. 2009

Arroutada no Olmo

Bueno, pois a vin a tiro e lanceime... Fumos á carreira "Gran Fondo Lauro Olmo" en Pontedeume.

Unha proba dura, con repeitos fortes e trazado 'galego' tiven sorte de non cebarme moito na saída, logo baixei un pouco ata que me colleron Nacho-R e Vizoso e fumos moi ben, cómodos e animándonos ata chegar á vila. Os derradeiros 3 km. cada quen como puido... eu 40º en 1h17'50" (4'15").

Proba gratuita mais ben organizada con moitos avituallamentos. Hoxe a meteo non favoreceu que hobuese xente animando...

Sensacions: Diversas, ben de fondo, mal de ritmo en chan; é o que hai.

Vídeos...Gracias a SIAM e á xente da asociación do Olmo.

Na parte 1 véseme nos minutos +/-3 e +/-8 (xa con Vizoso e Nacho)


Neste segundo vese a Roberto que espera a Basurko xusto no remate da costa no barrio de Olmo (minuto 3':45")

6 jun. 2009

Natación: Quencemento 200 + 400 + 4 x 200 + 2 x 100

4 jun. 2009

Pola fresca

Aproveitando o que refrescou tra-la trona fun dar unha volta clásica sen facer nada específico nin forzar mantiven os tempos de sempre. 1h.

2 jun. 2009

Mentanlismo

Saín na bici polo roteiro de Arganza; prestoulle mais a miña mente que ás miñas pernas ou ó sistema cardiopulmonar. 1h56' (na cima 1h16').

30 may. 2009

Bici: Roteiro das Médulas e Carucedo.

Non o pasei moi ben pero o fixen.

29 may. 2009

Matutino 50' CC disfruteinos, a mañan estaba fresca e cheas de cantos de paxaros.

28 may. 2009

Natación. Quencemento 200 estilos. 400 + 200 + 250 + 200 + 250 + 2x50

27 may. 2009

Bicicleta 50 km 1h43' (na 1ª hora fixen 31,6) unha tarde preciosa para sair na bici.

25 may. 2009

23 may. 2009

A corrida de despedida

Para facer sitio antes dunha enchenta non hai mellor que unha trotada e de non poder ser a "ruta de la mencia", pois mellor correr co mozo que vai casar. 50´ polos soutos que rodean Lalin; gracias.

22 may. 2009

21 may. 2009

Minidobraxe e wii

Matutino CC 40´. Vespertino natacion 900 mts.
Teño que escribir as entradas coa wii porque o pc o teño ocupado recuperando un DVD... cousas de rapaces

A emoción estivo en Ordes.

Hoxe antes de sair correndo para o traballo (literalmente falando) me puxen a validar resultados do circuito e quedei impresionado pola participación de "circuiteiros" na proba de Ordes e o seu nivel de competición. Na primeira folla de 40 chegados 10 ou mais son participantes do circuito... éxito ou competitividade? pois iso queda á opinión de cada un, eu estou contento.

Cada cousa ten o seu paso e este debe ser o paso necesario para que o circuito se extenda...

20 may. 2009

Bicicleta 1h32' o circuito habitual... e cereixas; ¿que mais se pode pedir?

Moi leeeento...ou non.

Quencemento: 20'

Series por fora 5 x 1000: 3'58",4'01",4'02",4'01",4'02".

Logo probei os clavos na pista... e fixen outro 1000 sen me matar só por proba-la sensación de correr con clavos: 3'51".

O mais duro foron os 100 e os 60 que botei co Dani...

18 may. 2009

Natación: quencemento 200 + 450 + 2x200 + 2x250

17 may. 2009

Camiño de volta

Voltei para a casa...55' moitos peregrinos con incógnita no ollar e o Maky (facendo series ?). Eu?; ben para o que pensaba... mágoa de tantas probas no país pero hoxe era un día mais importante que todo iso.

16 may. 2009

15 may. 2009

Natación:
Quencemento 200 + 400 + 450 + 500 + 4 x 50 + 100 'hipoxicos'.

13 may. 2009

Natación: Quencemento 200 + 400 (8') + 4x200.

12 may. 2009

Na variedade está o gusto ou Un circuito con variantes.

O bó das pequenas ideas é que se manteñan vivas por sí soas e que sexa o debate aberto o que as vai conformando no tempo.

O circuito CenG tivo uns 'perpetradores' intelectuais e ten quen lle proporciona soporte físico e traballo diario mais non quere iso dicir que se trate de unha especie de dictadura como, pola contra, a existencia de debate non quere dicir que poda pasar calquer cousa neste intre ou no futuro inmediato.

O bó que teñen as bases de datos é que permiten múltiples combinacions si se ten un bó deseño... As propostas que se están a debatir sobre a limitación de número de carreiras son unha mostra do variado espectro de persoas que por unhas ou outras causas facemos esto de correr.

Eu desexo que o resultado do debete sexa un circuito con aínda mais participantes e mais participación nas probas de xeito que carreiras como a de O Corgo na que cáseque un tercio dos participantes puntuaron para o circuito sexan, no futuro, algo habitual.

Sei que pronto estaremos a falar de clasificacions por tipo de proba ou cousas similares; o que sexa para animar á xente a participar, de xeito responsable, no deporte popular por exelencia que é o de correr. Hai moitas variedades, dende as TROTADAS ata as ligas con amplos medios a nosa é unha oportunidade mais, unha escusa para ir un sábado ou un domingo cos amigos ou a familia a coñecer sitios e a sacarlle algo de proveito ós intres de esforzo que se fan durante a semana.
Matutino; 45' o xeonllo esquerdo volta a dar unhas pancadas...mais nada serio.

11 may. 2009

Natación 1250 mts. As pernas sufriron mais esta mañan que onte... esas escaleiras...

10 may. 2009

Ferreirua. Sufrimento e peor marca

Outra volta acudín á Ferreirua coa intención de face-la media maraton por aquelo de participar (e os puntos, claro).

Cheguei cedo e fun vendo chegar ó resto dos amigos do circuito, encabezados polo CAR Santiago que estreaba 'nome de guerra' i equipación...



Tra-la kedada o quencemento xa mostrou como sería a proba.

Retrasaron algo a saida respecto a 2005 pero o caso é que alí estabamos tod@s logo de ver as preciosas carreiras dos cativos.



Decidín correr coa cámara porque non tiña dúbida de que non me afectaría para o resultado. E saín alegre facendo fotos e animando á peña.



Ata o km 5 conquerin ir a 4'/km pola fermosa paisaxe cos paxaros a cantar e tal.



A partid e ahí adiantame varios amigos...







A costa fíxose longa e a baixada non me axudou a recuperar; a visión do "avituallamento enxebre" me trouxo lembranzas de outro ano no que parei por alí...



cara ó km 14 ia co xusto, xusto pero mentalmente forte pensando que "é o que toca" e seguín ó meu...



A moto de auga pasoume en mal momento e non precisei do seu servizo


Mai os que si traballaron foron os da organización, que grande traballo de todos; incluidos os mais cativos.


Rematando a 2ª volta adiantame Jeffxavi e vou con él na terceira subida ó couto...



Cáseque na cima escoito que vou de 65 e digome "si o tema vai por postos haberá que facer un esforciño" e vou co que teño que non é moito ata a meta e chego, segundo a clasificación de 62 en 1h32'08".

9 may. 2009

Competición

Bueno; tocou no Hispanico tarde de calor e insolación.

Na lonxitude non sairon as cousas ben, só dous saltos; nun quedou una man atrás e no segundo saltou lonxe da tabla.

Nos 60 mts. fixo unha boa carreira mais a marca non foi abondo (9,7) pero él quedou contento e iso é o que conta. Vendo o vídeo nótase que non saiu de todo ben e ahí estivo a clave.

Natación 1000 mts. relaxantes.

8 may. 2009

Primeira matutina

A necesidade fai o órgano; CC 40' cara ó traballo. A mañan foron outras "series de escaleras" e xa non quixen facer ren pola tarde.

7 may. 2009

Tomando medida do sufrimento

Fun á pista por acompañar ó rapaz na estrea dos clavos.

Quencemento: 4 voltas
CC: 45'
2 x 1000 (3'55" e 4'02"), 60 mts contra o rival mais despiadado...custoume gañarlle¡¡¡

O Domingo vou sufrir cos amigos de Ferreirua.

6 may. 2009

Quen dixo descanso?

Non tiña intención e non entraba no plano mais PRECISABAO

Natación: quencemento 200 mts estilos + 4x200 crol (rec 25mts) + 200 hipoxicos.

5 may. 2009

Pronostico para o domingo: Sufrimento

Natación 1000 + 200 mts 'hipoxicos'.

Non me consuela que ata o gañador do domingo teña as pernas destrozadas pola mañiotas... Gus gañou tan rápido que non tivera tempo nin de felicitalo.

4 may. 2009

Chopos, vento e a maldita pedra

Bueno, para desmañotiza-los cuadriceps saín na bici. "Nevaba" dos chopos e o vento facía incómodo pedalear; aínda así fixen 30 km na primeira hora e seguía a bó ritmo ata que topei coa pedra...pinchei e os 3 derradeiros kilómetros foron unha aprendizaxe de o que non facer cunha bici.

3 may. 2009

As cabras son para o monte, os Kans para donde poden

Bueno; aló foi. Non partiu, aguantou o meu menisco aínda que os nocello sufriron dabondo: dúas torceduras no dereito e unha no esquerdo.

Subín á mesma hora do ano pasado e xa topei moitos coches polo que deducín que este ano ia ser mais difícil todo. Collín o dorsal, voltei ó coche e erguín a cabeza cara ó magnífico espectáculo do "valle del silencio" recibindo o sol da mañan



Topei xa a moitos coñecidos, xente que tamén viña ata este recuncho a pasar unha mañan de deporte no medio da mais fermosa natureza. Fixen o ritual de cremas e roupas e baixei cara á zona de saida para facer un quencemento moi lixeiro; alí foi o único momento que vín ó MAKY de fronte...



Bueno, a verdade é que estaba nervioso; tiña temor a ver como me fose aturar a perna o esforzo. Por sorte souben saca-lo medo de enriba falando coa xente de probas pasadas e futuras...outros, como FIUR estaban tan distraidos que cáseque non poden quita-la roupa antes da saida....

Saímos puntuais, eu colocarame atrás para non estorbar á xente que tiña mellores posibilidades. Fun tomando ritmo e confianza no primeiro tramo...



Tomado o camiño do alto do carballal fixen a subida andando mais que nada pensando no que viría...





Xa no alto, tras tomar alento, boteime con precaución pola perigosa baixada cara a Montes e, unha vez cruzado o regato, xa me decidín a correr sen restriccions; a "tumba aberta"



Tras, tomar auga no avituallamento seguín con forza pola senda dos monxes e o acueducto da ferreiría aproveitando algún tramo con mellor firme para tomar un xel e mais auga.

Pola estrada ata o cruce de Manzanedo recuperei mantendo o paso por un grupo que levaba diante.

Fun subindo cara a Manzanedo pola fermosa pista, ancha e con sombra e conquerin coller un ritmo sostido e sostible co que avancei bastante. En Manzanedo houbo un troco de ruta e a subida prolongouse un chisco...



Novo avituallamento (ben organizado pola rapazallada local) e seguimos subindo a golpe de rampas pola carballeira...



A pista ancha deixou paso a un sendeiro con raices, pedras e buratos algo traizoeiros que me levaron ó chan.



Pouca cousa para o que puido ser. Camiñei un pouco, logo trotei e por fin voltei a correr con medo a novas torceduras de nocello ou caidas.

Xa ia algo canso, non daba erguido ben os pes do chan mais seguin alentado pola posibilidade de facer un tempo inferior ó pensado.

Escoitaba os coches da estrada perto e entre o coidado e o canzanzo a ansidade me daba pulos para correr. Cheguei á estrada, estaba moi canso para correr mais aínda tiña marxe para facer a proba en 2h así que fun trotando, pasiño a pasiño...adiantamos a un correlega que me chamou polo alcume vín o arco de meta aló arriba e apretei os puños... Meta 2h 1' (polo meu crono) posto 35 de 191.

En resumo estou contento porque non me manquei e porque tiven un rendemento moi superior ó que os adestramentos deixan ver...será o traballo. Os compañeiros moi ben; Maky 4º malía non estar no seu terreo, FIUR sigue camiño da recuperación aínda que pense que esta proba lle perxudicou mais que lle beneficiou, Capelo fixo unha boa clasificación e Ignacio sacou os galons de todo o traballo que leva enriba e fixo un tempazo.


CLASIFICACIÓN