28 ene. 2008

27 ene. 2008

CC: 1 h. Deixando sitio ó cocido polo parque do pontiñas en boa compaña.

26 ene. 2008

Natación: 1000 mts. Co meu mister ó lado

25 ene. 2008

"rodaxe" 1h10' a diferencia principal coa CC é que na rodaxe non penso... no ritmo senon "noutras lerias".

20 ene. 2008

A "corrida" de Viana

Bueno, pois alá fomos a darlle sabor a unha fin de seman moi fermosa.

Chegamos con tempo dabondo para andar buscando praza polas ruelas da parte vella, o ir polo dorsal xa fun atopando xente de CenG e tanteando o magnífico ambiente plenamente xustificado pola espléndida meteoroloxía e a celebración do campionato de estrada de Portugal.
Quecemento pola avenida da carreira, cámara en man facendo fotos turísticas e percurando sitio para xantar mais tarde. Volta á liña de saida, poño a kanmiseta e "mira outros de correr en galicia" saio como unha chispa tras deles e remato o quecemento cun pequeno grupo da grande familia.
Imos á percura da saida... algo mal organizada pois a xente da mini-maratona se meteu polo medio dos da carreira principal e a rúa era estreita para a participación que había; soa o disparo de saida, a carreira que non vai, pasan uns segundos alí parados e logo imos andando aínda uns metros... O pasar pola saida poño o crono en marcha hai motos na rúa e o público prolonga o embudo das gradas e os valados ainda uns metros mais. Ó entrar na Praza da Galiza por fin boto a correr iso sí, pola beira rua e esquivando postes, sinais e xente... Ata ben chegado o 1º Km. non noto que estou nunha carreira; logo vou tentando non me lanzar e axusta-la pegada. Viramos baixo a vella ponte e xa noto os efectos do sol, vou falando cun galego que me saudou; estou moi contento de correr sen nengunha molestia e me sinto moi comodo así que apreto, atopo un compañeiro do foro, e imos esquivando xente e avanzando posicions. Cabo do mar viramos, aire de fronte non moi forte e que a min me refresca. Sego con gañas, axustando a pegada e tentando achegarme ás espaldas que levo diante, bebo que estou a sudar coma si fose verán. Entre o 8 e o 10 afrouxo un pouco mais logo me decato de que vou ben e que todo o circuito é prácticamente chan así que me zurro outro pouco. No 11 atopo a outro compañeiro que vai algo afundido, ofrezolle as costas para se cubrir do vento mais non pode e mándame seguir... Vexo un par de grupos ó alcance e tiro coa gaña de saberen onde é que está o meu límite... No Km. 14 teño que voltar a afrouxar porque as pernas avisa de cansancio. Vexo a costa do circuito e me reservo, xa na baixada tiro con gañas e chego a meta asi... 1.01:47 (1:01 polo meu)


Que nos gustou e que voltaremos.

Engado as marabillosas fotos de Lentoperosejuro porque é bó ter lembranzas de cando se pode disfrutar.

18 ene. 2008

A primeira á vista.

CC: 45'... Ningunha mancadura, abandoado polas mañiotas, coa mente alegre, coa emoción do descoñecido, co fervello por estaren nunha liña de saida novamente.

HAVEMOS DE IR A VIANA.

Plano

Hala, unha declaración de intencions: Como se pode ver na bitácora estou collendo fondo coa sana intención de enchelo de LK a principios de Febreiro... Logo terei caseque dous meses para voltar a me facer ilusions e pode que non perda de todo o tempo en Londres a semana branca, dempois... xa o pensarei á volta.

16 ene. 2008

Havemos de ir a Viana...

CC: 1h10' E cantando...
Se o meu sangue náo me engana
como engana a fantasia
havemos de ir a Viana
ó meu amor de algum dia
ó meu amor de algum dia
havemos de ir a Viana
se o meu sangue não me engana
havemos de ir a Viana

11 ene. 2008

10 ene. 2008

Nat: 1250 + 4X100 -pullboy-

A orixe dos meus problemas?

Estas son as suelas das 'rodas' do 2007; unhas NB 1070.


Vese ben unha diferencia moi grande na área de desgaste entre a zapatilla dereita e a esquerda...

Mais só na parte dianteira, que na traseira pouca diferencia hai...

Supoño que ten que ver coa intervención do menisco da esquerda e os posteriores sustos; debo correr facendo bastante menos forza coa esquerda que coa dereita e, claro, ista dixo: "¡¡¡Xa abonda!!!" e partiu...

Así as cousas vou ter que aprender a correr outra vez....

Eu tentareino porque; si puiden facer unha maraton en 3:05 correndo con 1,6 "pernas" ¿que marca farei coas dúas?.

9 ene. 2008

CC 1 h. durante uns 3 Qm tiven a sensación de correr...

6 ene. 2008

Bici 30 Qm. 1 Hora e as cubertas dixeron 'basta' así que terei que mercar novas.

1 ene. 2008

Bitácora

Bueno, neste 2008 vou tentar que este blogue retome a función de bitácora para a que foron deseñados e vou tentar apunta-los adestramentos como fan os compañeiros de Correr en Galicia no foro.

A ver que dure