31 dic 2011

Rematando o ano con ilusión

Hoxe tiven a sorte de comparti-lo remate de 2011 coa xente de TROTADAS e outras compañas vidas dende lonxe... nin a distancia nin o tempo importa, importa a ilusión e os proxectos para o ano que, en nada se inicia.

Foto por cortesia de Trotadas de Valdeorras

30 dic 2011

A penúltima

Non me gusta dicir que unha ocasión é a derradeira...

Hoxe foi a penúltima sesión de 2011... non foi mal ano neste aspecto aínda que a lesión de Marzo a fun arrastrando ata ben entrado Outubro pero hei de recoñecelo, fun eu quen o buscou por non descansar tra-la maratón.

Kilometros rexistrados no SportyPal de carreira a pé no 2011

Hoxe suaviño 1h 6' 14.5 km con boa media e sorpresas agradables no camiño.

27 dic 2011

Auga apresurada...

Sego coa "aterraxe controlada" hoxe 150 + 1000 de auga... de menos a mais sen forzar concentrado en respirar e poder ver entre as bágoas.

26 dic 2011

Entre a cintillada

Madrugada dun frío día de néboa... Tª -4Cº ... o xeo que frota fantasmalmente e se deposita en cada folla, rama e obxeto da vía pública forma como unha película de luz en cada borde... hai unha claridade desacougante e o trazo de luz do frontal faime incómodo ve-lo camiño... a cintillada (seica así se chama por eiquí á néboa xeada) évos un espectáculo si non se está a pasar frio.

A min tocoume hoxe pasala correndo camiño do curro... 9.5 km en 44' non foi bó tempo pero sentinme ben e, que carafio, non estou a preparar nada así que é só por non perde-la forma.

25 dic 2011

Facendo sitio e disfrutando

Hoxe saín trotar apenas media hora pola alameda compostelá na compaña do meu sobriño maior... foi unha gozada, en Compostela ia un día radiante e eu sentínme moi feliz de ir alí a correr tan ben acompañado. Non activei o SportyPal pois era un día de vacacions e só saimos a facerlle sitio ó xantar tras unha cea opipara.

23 dic 2011

Auga de inverno

Entrou o solsticio de inverno e sego facendo a "parada ordenada" sen atrancos...

150 + 1100

21 dic 2011

Aterraxe suave

Cando as vacas engordaban nos andamios das obras había quen falabamos de preparar unha aterraxe suave da economía... aquelo non saiu ben, pero eu sego aplicando o mesmo principio así que estes días ata finais de xaneiro toca ir calmando e alixeirando; face-lo xusto para non porse como unha bola.

Hoxe 11.7 km en 55' Dempois de todo teño a sorte de facelo así porque me peta e non porque unha lesión me obrigue.

19 dic 2011

18 dic 2011

Rachando a muralla de néboa

Bueno, outra Lugo Monumental para o bote este ano co troco de circuito e o tema do xeonllo este que fai de galego (non sei si vai ou ven) non sabía como ía a saír a cousa pero non me queixo nada; só fun 2" mais lento por km que a pasada edición.

Fixen un quencemento lixeiro e logo fun rematalo na zona de saída, como me tocou caixón laranxa quixen aproveitalo e metinme pronto pero non me fixo falta camiseta de tirar pois malía á néboa o frio non era tanto como pensara. Saín algo atolondrado porque o mobil tardou en coller-la saída pero non perdín o tempo; pasei a marca do 1º km en 3'48" (cousa que non fago dende vai 1 ano polo menos) eso animoume a seguir apretandome o que puidese e fun tirando sen desesperar sempre por baixo dos 4'/km ata a marca do km 6 (23' 58") logo tentei conservarme para a muralla e non me saiu mal pois é o único verdadeiramente comparable coas pasadas edicions e saiume en 2" mais (9'50" este ano e 9'48" o pasado) e iso que ó principio me notei moi canso.

O posto foi bó (30 mellor que o ano pasado) supoño que niso se notou que había outras 3 probas moi boas ( MM Adolfo-Ros, Boiro e San Cibrao) e non me manquei polo que esta tempada remato o 1º tercio do circuito cáseque cos mesmos puntos que a pasada edición e tamén coas mesmas esperanzas de permanencia.

O sportypal vale para mira-los ritmos de carreira (salvo nas curvas pechadas) o tempo oficial foi de 39'57"

15 dic 2011

Decidindo

Hoxe rodaxe sereo sen prisas probando a pisada e ese xeonllo que tanto me porcula.

13.6 km en 1h 3'  Apretando ó final sobre o cemento da zona do estadio; algunha pisada na herba me mancou pero penso que nada grave; o domingo Lugo a polos 45' e uns puntiños que virán ben para tenta-la permanencia.

12 dic 2011

Auga branca

Hoxe á hora que chega a marea branca a Ponfe vou nadar...

150 + 1000 o xeonllo aínda quere molestar algo... tereime que pensar o de correr mañan.

11 dic 2011

Desenferruxamento

Chego da xira da fin de semana cunha apreixón no peito... na alma que me asolaga... teño que botar a correr.

12 km 55' ó principio o xeonllo aínda quixo xogar, logo pasoulle e fun ben, relaxeime e sen apretarme saiume un adestramento normal no físico e moi necesario no mental.

9 dic 2011

Nadando entre os recados

Sempre digo que esta teima de adestrar consegue que saque unha capacidade de adaptación que non tiña así que cáseque calquer circunstancia me serve para aproveitar. Hoxe os recados desta tarde de "Rodriguez" foronme bárbaros para facer unha boa sesión de piscina.

150+1000+ 4 x 100

8 dic 2011

Cortando a neboa

Pois as cousas hai que tomalas coma veñen... Non me mancou nada correndo nin estirando pero antonte algo me fixen no xeonllo esquerdo que me molesta bastante sobor de todo ó porme en pé. Por riba onte non puiden ir nadar porque tiña un compromiso cinematografico familiar pero hoxe desquiteime; collín a roupa de abrigo do Lidl (qué boa é) e me botei á estrada entre unha mesta néboa.

40 km en 1h 24'  o que non está mal para levar 1 mes sen dar pedal.

6 dic 2011

Rodaxe desconcertada

Hoxe o Sporty pal toleou de todo..

Fixen 1h 21' 30" pero no sei si me podo fiar dos 17.8 km seguro que foron menos; o que importa, as sensacions, boas malia ó frío.

5 dic 2011

Agua fría solitaria

Que cousa mais boa o futbol¡¡¡

Toda a piscina para min

150 + 1300

4 dic 2011

Matutino estrano

Hoxe sigo coa sensación de non sei ben qué hei facer i é que así non vou a gusto moito tempo... pero é o que hai.
De feito a primeira parte do camiño fun pensando en cousas e cun ritmo baixo.

9.5 km 43'50"

3 dic 2011

Atenazado

Estou atenazado polas dúbidas e non acabo de saber qué programa vou seguir...

Hoxe nadei o que onte non puiden por boas razons.

100 + 1300

Teño que definir si vou intentar en serio a permanencia en 1ª do circuito porque ata o de agora non mo plantexara pero en vista de que fun a 4 no canto de 2 probas e que non me levo mancado... todo pode ser. E si así é teño que definir si vou a Ferrol ou a Lugo e, sobor de todo, si a 10ª maraton a vou facer en Coruña o 15/4 porque o de Barcelona xa está descartado (en 2012 no 13 xa se verá) e París semella pechado xa.

En fin, mañan estou "invitado" e a seman que ven vai ser rariña o xoves decidirei si Lugo ou Ferrol e logo xa se verá.

1 dic 2011

Nadando contra min

Hoxe non me apetecía nada... mais fun; a verdade é que estou mais orgulloso de querer que do facer.

100 + 1000