31 mar. 2008

30 mar. 2008

Rodaxe por Valdeorras 1h. Mañán por fin, natación. Onte vin a renovada web de Correr en Galicia. O susto valeu a pena, pois as novas funcionalidades e a nova imaxe son sensacionais, agora a enchelo de contido.

28 mar. 2008

Fartlek

Hoxe fixen uns cambios 15' de quencemento +15'+5'+15' e tiven que parar porque ó ires tan cedo os servicios estaban pechados. Onte vin a tenda do maraton na city e pasei moito noxo de non poder facela... A ver si algún día.

Por certo; Correrase pola esquerda ¿non?.

26 mar. 2008

Series descoñecidas...

Bueno, unhas series "sui generis". Percurei unha zona ampla na parte dos xardins de Kensington e, sen axuda de google nen rabos de gaita calculei unhas series de 'ida e volta' (agora sei que eran 1100 mts). Fixen 6 para non quedar moi mallado que o resto do día había que andar "turisteando" i é moi duro tamén.

4'37", 4'36", 4'38", 4'40", 4'37" e 4'35"...

Foi un pouco (supoño) como ter un encontro cun(ha) descoñecida... interesente pola emoción mais non polo resultado.

25 mar. 2008

Primeira rodaxe en Hyde Park; ó final non seguin o roteiro que marcara nen o que me indicaban de 5 km. simplemente rodei 3 voltas completas ó grande parque londinense aproveitando sempre que podía os carreiros pola herba e con coidado da moita xente que vai na bicicleta ós seus traballos... ¿canto? ah, 1h 20'. Para ir sen almorzar, sen auga e co frio que vai estivo ben. xa sei onde vou facer series...

23 mar. 2008

Rodaxe 45'. O próximo adestramento, o martes "at London hyde park".

21 mar. 2008

Longo de primaveira

Desoindo os consellos que me deron onte no longo quencemento da carreira de Cacabelos fun hoxe a facer un longo polos viñedos de San Lorenzo e Salas de los Barrios. 1h45'



Fixen mal, mais o medo ó que poda vir o domingo e a grata sensación de onte me enganaron...

20 mar. 2008

O Froito

Corrín os 10 Km. de Cacabelos como un "adestramento serio" e síntome satisfeito. 38'16" é un resultado que mellora a miña espectativa e mais aínda tendo en conta que o derradeiro Km. o fixen en 3'40".

Mágoa que a confusión de alguns dos compañeiros do grupo de diante lles fixera perderse, a verdade é que a sinalización dos numerosos cruces era complicada e as persoas que estaban nalgún deles non tiñan ningunha información sobre a proba.

O resto moi ben, boa 'bolsa do corredor' con camiseta e viño, pavillón para ducharse e percorrido chan e asfaltado. Fleky e Yosi repetion a aventura mais un cun tremendo catarro e outro víctima da desorientación non acadaron os resultados dos que son capaces.

ESTA MENSAXE TENME MOI TRISTE E PREOCUPADO.

18 mar. 2008

Regularidade, orgullo e inquedanza

Outras 10 de 1000
3'55",3'50",3'50",3'55",3'50",3'55",3'53",3'57",3'59",4' Moito mais regulares e sen escoitar nen unha vez o "bip-bip" do pulsómetro (ou seña sen sobrepasar 170 puls/').

O mellor ver como Dani participaba nas carreiras na pista con alegría.

O peor, o foro de CenG está "caido"; espero que seña un problema temporal, mañá chamarei ó 'xefe' a ver si precisa axuda.

16 mar. 2008

Rodaxe longa: 2h. 4 voltas ó parque do Pontiñas.

14 mar. 2008

Dez de Mil

Qué mágoa de experiencia.

10' de quencemento + 10x1000 3'48",3'53",4',3'48",3'53",3'56",3'57",3'59",4'e 4'

Calor (20º), noto moita diferencia polo simple feito de que algúen corra ou non polo circuito cando fago a serie. O único malo: o cheiro a gasóleo da cortacésped

13 mar. 2008

Prexuizos e mais

Matutino: rodaxe 43'

Vespertino; decateime que as piscinas van estar pechadas 15 dias e decidin facer un reto. 1000 mts. 18'. Agora estou moi cabreado porque sei o que vou perder nestes días...

12 mar. 2008

Natación 1500 + 5x50 48",47",49",51",48". Foi un día dises que case costa entrar na auga e logo, co tempo, fun collendo gusto e tal e me animei a cronometra-las series.

11 mar. 2008

Fartlek 10' quencemento + 15'+4'+15'+4'+15'+5'+15' e 10' de trote.

Primeiro non ia tan ben como a derradeira semana; uns 50 mts menos por quenda, logo xa fun ben e me atopei con gañas así que voltei ata a casa trotando pola costa da ponte nova.

10 mar. 2008

Natación e mais

natación 1000 + 10 x 100

A mala nova é a renuncia de 'Grebe' a participaren na maraton olimpica; a min todo este tipo de novas inesperadas no deporte e no atletismo en particular danme medo polo que teñen de 'sospeitosas'; ademais, si tan mal lle vai ¿porqué si correrá os 10000?.

O artigo fai un pequeno repaso ás condicions de Beijing durante os xogos (30º, 60% de humidade, contaminación) e das estratexias que se estan a tomar para palialo; entre elas destaca pola enorme carga de entrega e método a de Javier Gomez Noya.
natación 1000 + 10 x 100

A mala nova é a renuncia de 'Grebe' a participaren na olimpiada; a min

6 mar. 2008

10' quencemento. Farlek 15'+5'+15'+4'+15'.

5 mar. 2008

Matutino: Rodaxe 40'

Vespertino: nat. 1300 mts + 5 x 100

4 mar. 2008

Non todo vai ser bó

10' de quencemento + 8 x 1000 rec 1'40"

4'00",3'47",3'52",3'53",3'54",3'44",3'58",3'58".

Non sei si foi que acurtei a recuperación ou o vento que ia ou a dixestión do fígado encebolado... o certo é que non rulaba tan ben como nas outras series. Aínda así non me queixo porque penso que é mais importante traballar e que psicoloxicamente axuda moito ser capaz de ir facendo as series así (mal) e sair na seguinte, e na seguinte... a serie a 3'44" debeuse a que cadrei con dous atletas que ian "rodando" e me fixeron de lebres.

3 mar. 2008

Traballo

Matutina: CRI ó traballo 44'

Vespertina: Natación. 1000 mts. + 6 x 100

1 mar. 2008

CC 1h 10' co mister el levoume 'co gancho' i eu fíxenlle ampliar algo mais.