31 may. 2011

Mais kilometros, mellores sensacions.

Hoxe fixen 15 km na comitiva de Basurco dende Carucedeo ó cruce de Dehesas en Ponferrada sen maiores atrancos...

30 may. 2011

Matutino primaveral

9.5 km 42'55"

Malía a alerxia boas sensacions... correr con campions é o que ten, algo se pega.

29 may. 2011

Aprendendo dun humano sobrehumano

Hoxe o meu campión me agasallou cando dixo que quería ir trotar co campión Basurco na súa 4º maratón contra a incineración de residuos industriais no bierzo e aló fumos os dous dende Arborbuena ata Sorribas... Foi moi agradable e disfrutouno moito.

28 may. 2011

Natación solitaria

Góstame o fuchibol porque a xente se pon tan tola con él que certos espazos pasan a ser cáseque privados... como a piscina hoxe que quedou para mín só.

100 + 1100 mts.

27 may. 2011

Acompañand a un xigante

Hoxe fixen uns cantos kilómetros acompañando ó xigante Basurco no seu empeño por evita-la incineración de residuos no Bierzo. Fumos de Camponaraya a Toral de los vados (dando unha volta pola vila) en 1h e 30' +/- sen atrancos de ningúnha clase.

25 may. 2011

Carreira anti canas

Tras un día "canoso" 8 km en 37' para elimina-las toxinas do estrés.

23 may. 2011

A estrea dos patucos

Hoxe saín a estrea-las zapas novas (NB 756) pensando na continuidade dunha das zagas mais fructíferas do atletismo berciano que hoxe coñeceu a un novo membro.

Coa calor e a falta de forma pois costoume e fixen 11km en 50'. É o que hai.

21 may. 2011

17 may. 2011

Outra de rodaxe antiestres

Hala 50' sen mancarse só para osixenar e deixa-lo corpo morno para a viaxe... mañan o durísimo deporte de "Madrileñar" así sin mais.

16 may. 2011

Natación 100 + 1000 Valeume mais pola relaxación que polo exercicio.

15 may. 2011

Manantial Matinal

Cando sabes que che agarda unha tarefa ardua... hai que ir relaxado; e a min correr é do que mais me relaxa.

Matutino cara ó choio 9.5 km 42'40"

14 may. 2011

Competir no cando de adestrar

Bueno, hoxe cadroulle ben e acudín a Vilalba a competir nunha proba curta pero intensa na que houbo unha preocupante escasa participación e iso que sendo puntuable estabamos unha chea de xente do circuito...

Non me saiu mal pero sufrín 5.5 km en 22'08" (4'02"/km) 31 dos 80 participantes o mellor, a compaña dos correlegas.

Agora haberá que ir programando algunha sesión de trocos ou así, polo pronto mañan toca ir pola fresca ó choio...

13 may. 2011

12 may. 2011

Natación: 100 + 1100

Moito mellores sensacions que os días precedentes... Serían as gafas da miña compañeira que non se veia nada? sería o estres?

11 may. 2011

Por si non se recupera a entrada orixinal:

Rodaxiño curto; 8 km en 37'

10 may. 2011

9 may. 2011

Natación "rapidita" que estiven liado 100 + 1000

8 may. 2011

Collendo rutina

Outros 42' en Peñafiel o positivo é ir collendo rutina aínda que as articulacions xa se voltan a resentir.

7 may. 2011

Fiel en Peñafiel

Gustame corretear para activarme pola mañan... xa vai un tempo que sei que si inicio o día cunha carreiriña vou a aproveitar mellor o día.

Hoxe, en Peñafiel, non foi menos. Fixen 40' sen agobiarme de ritmos nen roteiros; simplemente tirei por unha estrada 20' e din volta. Sinxelo mais efectivo.

5 may. 2011

Entre picores e neve de chopo

Hoxe tocoume corretear pola tardiña... 55' sen SportyPal o importante foron as boas sensacions.

3 may. 2011

Outra de tolemia

Outra volta o GPS toleou; dí que fixen 7km pero en realidade fixen os mesmos 11 que antonte pero en 47'46" así que moito mellor pero o mais satisfactorio son as sensacions.

1 may. 2011

Dúas seguidas

A certas edades facer cousas "dúas veces sen..." o deixa a un moi ufano.

Para min, que onte e hoxe foron os 101 km en Ponfe poder facer onte 9 e hoxe 11 resulta un escaso premio, pero de pasos se fan os camiños e de zancadas as maratons.

11 km en 49'