30 dic. 2008

Despedida patagónica

Hoxe saín correr outra hora rodeando a bahía redonda do lago argentino pola costanera... foi unha gozada ver unha enorme bandada de cisnes de colo negro, cauquenes e outras aves erger o voo cando estiven perto deles no cabo final do paseo.

A actividade de 2008 remata cun balanzo moi satisfactorio pois puiden facer os Aquilianos e fixen unha Mellor Marca Persoal e, sobre todo, puiden adestrar sen grandes atrancos todo o tempo...

Agora escomenza 2009 co traballo de recuperarme desta viaxe que é un tipo de vida que non resulta moi propio para a actividade física e os meus pulmons estanno a notar.

28 dic. 2008

El Calafate, Natureza a pé de pista.

Hoxe chegamos a El Calafate ó pé do Lago Argentino e aproveitei o prolongado do día para ir correr pola avenida costanera bordeando o lago; apenas 40' chegaron para ver unha chea de especies de aves; Flamencos patagonicos, Cisnes de pescozo negro, Cauquenes, "Patos" etc... eiquí tamén sopra o vento, pero é mais cálido que en Ushaia e tolérase ben.




Aínda penso botar outra antes de que o ano remate.

23 dic. 2008

Correndo noutro cabo do mundo...



Bueno, non eran tan fieros os cans como os pintaban nen o vento foi tanto hoxe como para me quitar de ir correr; fixen 1 hora pola praia do hotel e a avenida que vai ó aeroporto.



Comentar que correndo me decatei de que o realmente extraordinario sería correr nesas dúas horas de lusquefusque a que queda reducida a noite nesta latitude austral por estas datas vite?.

Agora embarco para 4 días así que non creo que poda facer nada.

21 dic. 2008

Mala fortuna e "as máquinas non son amigas"

Polo canto dun peso non vos estou a contar como participei nunha carreira na 'outra fin do mundo'... Tiven ben mala sorte pois chegamos a Ushuaia ás 6 da mañan e a proba foi ás 11 e vin o cartel ás 12:45 cando andabamos pola cidade percurando un lugar para xantar... levaronme os demos.



Mais o peor é que non podo sair correr, polo menos nos arredores do hotel... hai "perros bravos" e grandes e prefiro non correr a que me mordan, si vas andando aínda nin che ladran o cal non sei si é bó ou malo.

Así que pola tarde (moi longa tarde pois nesta latitude o sol está a sair antes das 5 e ponse dempois das 10) estiven no ximnasio na cinta , pero só 30' que collín un mareo tremendo e logo outros 10' na elíptica... pero o tema é que hai que relaxarse.

Sego teimar en sair correr... xa veremos.

18 dic. 2008

16 dic. 2008

Derradeira rodaxe?

Recuperando fixen 50' co pensamento posto en cousas como que menos mal que me pasou o principio de gripe que tiña onte, ou o Tsunami de mesta e fría néboa que se me botou en riba segundo arriquei e a estrana sensación de que podía ser a derradeira rodaxe de 2008... mais eu penso que non; que vou facer un 'stage' ó hemisferio sul. Mágoa que por 1 hora non puiden estrear as rodas de 2009...

15 dic. 2008

Tentando recuperar

Natación 1100 + 4 x 25

Pasei con cefalea todo o día; non sei si do que sufrin correndo ou conducindo de volta.

14 dic. 2008

Ventos de troco ó redor da ría



Pois fun ó final ata Neda con mais temor á viaxe de volta que ó tempo na propia carreira. Chegamos non sin dificulatades e vou polo dorsal estreando o chandal do meu novo clube (para 2009) o ADAS de O Barco.
Saudo alí a Pedro Nimo que me conta que correu o día anterior en Mos e que este 'sabor Neda' non lle parece o mais doado para facer marca na Adolfo Ros. Saúdo a outros foreiros de Correr en Galicia e vou coa tropa para que almorcen; logo xa voltamos ó coche e me decido a quencer non moi convencido de facer unha boa carreira. Hai un grande nivel: ó dito Pedro Nimo engadimos a Lolo Penas e Elías Dominguez por citar ós mais coñecidos así que a carreira ía sair 'lanzada'.

Fago o ritual quecer-estirar-vestirme e me vou para a saída; mais foreiros a saudar todos coa impresión de que o imos flipar un pouco co vento e a auga que se promete.

Saída; sin creermo moito vou a un ritmo forte as dúas voltas urbans, logo tento pillar un grupo cun ritmo soportable.



Descolgome do grupo de Chus que vai moi forte e me pego ó de Manuel Oliver (que pronto voltará ós seus postos habituais) e fago con eles o cruce da ponte das pías. Paguei o esforzo atravesando o barrio de Caranza mais como era sin vento non sufrin demasiado. Km.10 (40'03") alcanzanme uns compañeiros do foro e me alentan para que os siga mais non podo teño que adaptarme ó que dou. Do 10 ó 15 "perdo" 2' non conquiro mante-lo ritmo de ningúen que me adianta e me limito a beber e a agradecer os aplausos do valente público. Por alí coñezo a Yonatan26 e me pego a eles un tempo ata a cola da ría; mais a costa da entrada en Neda me deixa sen folgos e me plantexo que me sobra roupa...



km 20 (1h22') vexo que podo facer a marca prevista malía todo así que tento apretar porén que me adianten 7 ou 8 corredores mais.



Xusto á entrada da recta de meta me colle outro compañeiro do foro co que fago a chegada 1h26'38".



Non estivo mal porque era o previsto mais ¿que sería sen esa mala meteoroloxía e as malas sensacions que tiven dende o km. 6? bueno, só hai un xeito de respostar...Seguir correndo.

Agradecer as fotos á xente de Correr en Galicia.

13 dic. 2008

Por si mañan non vou a Neda... Natación 1000 + 4 x25

11 dic. 2008

Carreira contínua 50' sen apretar demasiado. O tempo non promete nada bó para o domingo mais o traballo xa está feito. Iso si; corrin con ledicia.

9 dic. 2008

Carreira contínua 45' nun atardecer bermello... mágoa de día para o Domingo.

7 dic. 2008

Corre que arroia

Fumos de finde a Valdeorras e só tiña que ir rodar mais como queira que encherme de lama me gusta moito estiven 45' dando voltas polo parque de A Raña.

6 dic. 2008

Pasarse ou quedarse corto

Saín correr neste día de invernía como aquel de hai 3 anos coa mente posta no vindeiro domingo; fixen o circuito habitual con algunha prolongación para tentar chegar á hora e 10' mais nin por esas: 1h06' de porta a porta.

5 dic. 2008

Natación 750 mts 14'

Ximnasio 50' MMSS e MMII

3 dic. 2008

Natación 500 + 10 x 50 + 4 de tabla só pernas.

2 dic. 2008

Decidindo rodeado dun manto branco

A neve rodeaba ó Bierzo, o aire frio sopraba con forza, Venus, Xúpiter e a Lúa observaban por riba do 100 da cidade... Saín rodar 1h e fixen trocos e comprobei que as camisetas de snowboard do lidl son moi, moi boas e que hai que intentar facer unha despedida como se merece ó ano 2008; así as cousas: Voltaremos a rodea-la ría si non pasa nada extrano.