29 feb. 2012

Poñendome a Ordes

Pois si, vou ó cross ese a ver que tal..

Natación 150+750+(2x200)+250

27 feb. 2012

Neste día de Abril...

Bueno pois hoxe algo mais de tempo pero menos velocidade ainda que debo dicir que nin me decatei delo; disfrutei da tarde correndo arremangado.

12,24Km 57'

26 feb. 2012

E veu a prima... veira?

Non sei xa levaba 2 días sentindo... calor? e dixen: "haberá que sacar a aqua a dar un voltio".

Así que aló nos fumos polo soliño; como non confiaba moito na calor pois fun enfundado ata os pelos e sudei como un lexionario do deserto...

38 km en 1h24'

25 feb. 2012

Haberá que ir trocando de pao na auga

Hoxe outra vez 150 + 1100 sen tempo para mais pero con gañas de mellorar... así que haberá que pensar en facer cousas diferentes para tentar mellorar.

24 feb. 2012

Encantado de coñecelo

Estou asombrado, tanto que xa me gustaría coñecer ó tipo que saiu hoxe co meu trebello porque o que son eu non me creo que hoxe co canso que estou fixera 8 km en 37' pero Sporty Pal di que sí e terei que creelo.

23 feb. 2012

Cicatrizando II matutino

Non son as mellores condicions para valorar nada, pero polo menos cumprin.

9.5 km 45'

22 feb. 2012

Cicatrizando I

Ben podería contar certas actividades do entroido como adestramentos... pero bueno.

Natación 150 + 1100

15 feb. 2012

Melloría supérflua no fin da pausa

Hoxe non estivo tan mal como antonte; fixen os mesmos 12.8 km en 59'30"... agora xa imos de cabeza ó entroido; levarei a roupa de correr por aquilo de "desintoxicar" pero xa se sabe que como moito 40' a menos de menos.

14 feb. 2012

Mais agua ca nunca

Este inverno levo mais auga que outros anos porque as pernas non son as que eran...

150 + 1100

13 feb. 2012

Ainda sen saber... disfrutando do paupérrimo

Bueno, non sei si esta será a derradeira semana de "stand by" para logo preparar ¿? non sei o qué.

13 km en 1h 01' Non foi gran cousa, xa o sei, pero as sensacions foron boas malia a levar un cocido no estómago.

11 feb. 2012

10 feb. 2012

Mellora posible

Pois animeime a saír contra todo pronóstico e non me foi moi mal.

12 km 54'

9 feb. 2012

Outra de serea e foca...

Hoxe tocoume outro privilexio ir coa miña serea a nadar... eu facendo moito escándalo e ela deslizandose gracil pola auga...

150 + 1400 + 200

8 feb. 2012

Lúa xiadeira

Si o outono ten a súa "harvest moon" o inverno terá a súa "frizzer moon" non si? pois a min tocoume nesta madrugada de cara ó choio... unha lúa chea preciosa nun ceo totalmente despexado... corrín por estrada de prata entre campos brilantes de xiada.

Sensacions ben, tempo mal.

9.5 km 44'

7 feb. 2012

Plano sen plan

Pois ahí sigo, chapoteando ou reptando polas rúas... hoxe tocou outro pouco de auga.

150 + 1100

6 feb. 2012

A longa ruta cara a Marzo

Hoxe algo mellor, o SportyPal funcionou e eu sentinme mellor en todo aínda que a media foi pauperrima pero eso é normal.

10.5 km 49'

5 feb. 2012

Amodando rabeoso

Bueno hoxe saín moi a modo e rabioso. A modo porque está claro que algo pasa na miña coxa dereita e porque estou en forma submarina (por baixo do nivel mínimo) e rabeoso porque ó final o temporal quedou en nada... e puiden ter ido a Lalín. Pero ó feito, peito e agora hai que esperar a que pase o entroido antes de tomar ningúnha cousa en serio.

os 8 km de sempre en 38'30"

4 feb. 2012

Entre icebergs

En medio dunha oleada de frio ártico fun nadar...

150+350+1100

1 feb. 2012