Cando peor pintaba a cousa veu a santa paciencia a darme azos e conquerin pasiño a pasiño porme de novo en ruta...
Así chegan estas datas de Maio mes de flores e de Medias Maratones en Galiza. Onte tiven a sorte de participar na Festa do Deporte da parroquia de Ferreirúa. Fixonos un día magnifico; cecais algo caluroso mais non abafante que se levou ben gracias a boa compaña das persoas e das árbores coa súa sombra.
Desta volta fomos os rapaces da casa sós ainda que alí se xuntou, outravolta, a gran familia de CORRER en Galicia e non houbo soidade nen tempos mortos.
Tamén tiven a sorte de atopar a moitos vellos amigos da terra do Deza.
A organización rendiu un cumprido homenaxe a Julian Bernal e puxo, coma sempre o entusiasmo e o sorriso que son a súa "marca de identidade"; por elo cada ano conta con mais participantes.
Daniel correu moi ben a multitudinaria carreira de cativos, esforzouse ó máximo. Logo tocoulle esforzarse mais no que menos lle gusta que é a paciencia.
A min foime magnificamente; a carreira de 9300 mts a fixen en pouco menos de 37' (e até o Km 6 ia en 23' a 3'50") polo que coido que podo escomenzar a "traballar" ainda que con suavidade e precaución. Logo cumprín a miña promesa de ir até un dos 3 "avituallamentos enxebres" e tomar un grolo de viño e unhas galletas -mágoa de chourizo- mentres completaba outra volta ó circuito. Un día redondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario