28 nov 2006

Crónica dunha ocasión frustrada

Bueno, semella que me queixo e pode que así sexa; mais teño que escomenzar dicindo que, deportivamente cumprín un 85% dos meus obxectivos e que o 15% restante se debe a que teño rematado cunha nova rotura de fibras no sóleo dereito que me terá apartado do correr até...

Saimos o venres ás catro a nos enfrontar a unha viaxe moi complicada con forte vento do sul e moita choiva até León; logo o vento seguiu mais xa non chovía. Buscamo-lo hotel e baixamos a cear e a dar unha volta pola zona vella.
O sábado pola mañan collín o coche e baixei ata Ondarreta para facer un trote pequeno, atopei un grupo dunhas 20 persoas de Donostiarrak que facían o mesmo e alí me acoplei... foron moi amables dándome ánimos e pistas para face-la maraton sen complexos.

Logo fomos até Anoeta a recolle-lo dorsal. Supoño que a feira do corredor será mais espectacular en outras citas mais a min esta resultoume interesante. Fixen un estudio da pisada...
A organización derrocha amabilidade coa que suple certa falta de medios, son todos entusiastas do atletismo. Un deles nos dedicou 10' para darnos toda clase de indicacions: Onde aparcar, baixar cara ó estadio, onde ve-la proba, entrada ó estadio, o qué facer dempois etc. etc. volteilles a expresa-lo meu agradecemento pola súa atención.
Resto do día de paseo pola cidade, con evidente dificultade á hora de comer-cear algo de pasta de tal xeito que acabamos comendo de tapas nun restaurante fusión e para cear teria sido mais doado ir a un chinés que ó que fomos. Ás 23h á cama.

O domingo espertei como sempre e me preparei no baño, almorcei moi ben: 3 pezas de froita, zumo e un café con leite cunha tostada de "pan tumaca". Collemo-lo coche e fomos a aparcar a Illumbe, alí botei o radiosalil e comprobei que todo estivese en orde. baixamos cara á saida...

Eran ainda as 8:00, notábase xa o ambiente da carreira mais o tráfico estaba sen cortar, vin a marca do Qm. 41 i escomencei a te-lo "subidón". Marchamos de paseo cara adiante para evitar ver nada mais. Nun pequeno parque perto da saida mais non á vista rematei a preparación botando vaselina en todas esas zoas de roce que coñecemos tan ben, quencín 15' e ás 8:50 me puxen a "Kan-miseta"...



Ó final corrín sen manguitos porque, como lle dixen a un compañeiro que se achegou a nos pedir vaselina: "hoxe non hai excusa, é un día perfecto" e abofé que si o foi. No intre de sair 12º e un día despexado con escaso vento do sul.

Non me coloquei na saida como de costume, preferín adaptarme ó que a organización pretendía de que cada un nos colocásemos segundo ás nosas espectativas... e me coloquei un pouco por diante do "lebrel" das 3:00:00. Tardei 30" en pasar polas alfombras da saida e tiven problemas para avanzar até o qm. 3-4. No remate da volta pequena xa atopara un grupeto de xente que ia para as 3 horas mais que non era tanta como para imposibilita-lo avituallamento. No 1º control (qm 9,6) pasei en 40:30 (4':13") co que confirmei a sensación de 'contención' que tiña, podia ir mais rápido, pero preferín quedar co grupo pois semellaba xente con experiencia.1h:07':38" no 2º (qm. 15,9) fomos mais lentos nese parcial (4':18") co que a media axustouse ó previsto...
mais eu me sentía ben e non quería andar xusto ó final así que arrinquei por "soledades" e tirei un pouco. No 3º control na media maraton pasei en 1h:29':07" cun parcial moi bó de 4':07" e unha media esperanzadora de 4':13". Ia concentrado en non lanzarme i en beber e tomar algo do xel que levaba. Mais, no qm. 24 o sono estivo a piques de irse ó garete pois sentín unha pancada no sóleo dereito; dende ese intre xa non voltei a estira-la zancada e, se chega a ser mais perto do estadio seguramente non tería rematado... Seguín porque podía manter certo ritmo. No qm. 27,9 ia en 1h:58':47" ainda no teórico tempo das 3 horas mais eu xa sabía que VSQN e só pensei en beber e buscar un pasiño soportable acomodando a pisada para que o sóleo non me mancase. O parcial ata o qm 34,2 o dí todo (4':41") mais como fun consciente de que tiña superado o "muro" e iso me animou mentalmente que non no físico; pasei, xa con toda a perna bastante dolorida e algo canso, o qm 39,5 en 2h:52':24" (parcial de 4':32" e media total 4:21) e fixen as 3 horas no qm. 41 (parcial 5:00).
Cheguei en 3:05:32 (media 4:26 derradeiro parcial 4:37) porque xa se sabe que a mente tamén corre.

Non podo seguir polo de agora, buscarei fotos (en especial unha que me fixeron na meta) mais non quero deixar de facer explicito o meu agradecemento a toda a xente que estaba nas rúas animando, ós voluntarios dos postos de aviatuallamento, á xente que fixo a proba en bicicleta e que me animou cando peor e mais solo estaba e á miña compañeira por adicarlle unha mañan da súa vida a esta tolemia miña. A todos: ESKERRIK ASKO.

No hay comentarios: