Bueno; aló foi. Non partiu, aguantou o meu menisco aínda que os nocello sufriron dabondo: dúas torceduras no dereito e unha no esquerdo.
Subín á mesma hora do ano pasado e xa topei moitos coches polo que deducín que este ano ia ser mais difícil todo. Collín o dorsal, voltei ó coche e erguín a cabeza cara ó magnífico espectáculo do "valle del silencio" recibindo o sol da mañan
Topei xa a moitos coñecidos, xente que tamén viña ata este recuncho a pasar unha mañan de deporte no medio da mais fermosa natureza. Fixen o ritual de cremas e roupas e baixei cara á zona de saida para facer un quencemento moi lixeiro; alí foi o único momento que vín ó MAKY de fronte...
Bueno, a verdade é que estaba nervioso; tiña temor a ver como me fose aturar a perna o esforzo. Por sorte souben saca-lo medo de enriba falando coa xente de probas pasadas e futuras...outros, como FIUR estaban tan distraidos que cáseque non poden quita-la roupa antes da saida....
Saímos puntuais, eu colocarame atrás para non estorbar á xente que tiña mellores posibilidades. Fun tomando ritmo e confianza no primeiro tramo...
Tomado o camiño do alto do carballal fixen a subida andando mais que nada pensando no que viría...
Xa no alto, tras tomar alento, boteime con precaución pola perigosa baixada cara a Montes e, unha vez cruzado o regato, xa me decidín a correr sen restriccions; a "tumba aberta"
Tras, tomar auga no avituallamento seguín con forza pola senda dos monxes e o acueducto da ferreiría aproveitando algún tramo con mellor firme para tomar un xel e mais auga.
Pola estrada ata o cruce de Manzanedo recuperei mantendo o paso por un grupo que levaba diante.
Fun subindo cara a Manzanedo pola fermosa pista, ancha e con sombra e conquerin coller un ritmo sostido e sostible co que avancei bastante. En Manzanedo houbo un troco de ruta e a subida prolongouse un chisco...
Novo avituallamento (ben organizado pola rapazallada local) e seguimos subindo a golpe de rampas pola carballeira...
A pista ancha deixou paso a un sendeiro con raices, pedras e buratos algo traizoeiros que me levaron ó chan.
Pouca cousa para o que puido ser. Camiñei un pouco, logo trotei e por fin voltei a correr con medo a novas torceduras de nocello ou caidas.
Xa ia algo canso, non daba erguido ben os pes do chan mais seguin alentado pola posibilidade de facer un tempo inferior ó pensado.
Escoitaba os coches da estrada perto e entre o coidado e o canzanzo a ansidade me daba pulos para correr. Cheguei á estrada, estaba moi canso para correr mais aínda tiña marxe para facer a proba en 2h así que fun trotando, pasiño a pasiño...adiantamos a un correlega que me chamou polo alcume vín o arco de meta aló arriba e apretei os puños... Meta 2h 1' (polo meu crono) posto 35 de 191.
En resumo estou contento porque non me manquei e porque tiven un rendemento moi superior ó que os adestramentos deixan ver...será o traballo. Os compañeiros moi ben; Maky 4º malía non estar no seu terreo, FIUR sigue camiño da recuperación aínda que pense que esta proba lle perxudicou mais que lle beneficiou, Capelo fixo unha boa clasificación e Ignacio sacou os galons de todo o traballo que leva enriba e fixo un tempazo.
CLASIFICACIÓN
1 comentario:
BUENA CRÓNICA SALVA, YO AL FINAL TUVE UN PEQUEÑO ESGUINCE, EN EL TOBILLO DERECHO Y LLEVO SIN CORRER DESDE EL DOMINGO, HABER SI EL VIERNES PUEDO EMPEZAR, ESO ME DIJO LA FISIO, ESO SI, NO HE CORRIDO PERO HE SALIDO EN BICI , EL MARTES 40 KM. Y AHORA VOY A SALIR OTRO RATITO.
EL LUNES TE VÍ CON LA BICI POR FUENTESNUEVAS ESQUIVANDO A LA CIRCULACIÓN.
UN SALUDO
NOS VEMOS
Publicar un comentario