31 ago. 2008

Triatlon 2008

Un ano mais acudín á miña cita coa proba combinada; nesta ocasión cadroume de ir ó triatlon que o concello de vilagarcía de arousa ó traveso da Fundación Deportes Vilagarcía fixo nos arredores do peirao de vilaxoán.

Unha proba popular e gratuita organizada só cos medios propios do concello arousán cun percorrido que, seica, foi parte do campionato galego o ano anterior.

A natación fíxose na pequena praia veciña ó porto; mais como queira que a data da proba se retrasou 20 días o que ia ser con 'chea' foi con 'seca' e así había puntos do percorrido da natación nos que houbo que erguerse e botar uns pasos porque nadar resultaba incomodo... Eu nesto, como de costume: Acelereime ó principio, perdín a respiración e logo me desorientei (ainda que moito menos que as outras veces) para acabar saindo da auga na cola do grupo tras 13' para algo que non debía pasar moito dos 600 mts.

Saida da auga










Na transición decidin non poñer os calcetins e saín ó tramo ciclista con ánimo pois puxera 'os cornos' e facía 16 anos que non os usaba nunha proba.



Bici

Non me saiu mal e, malía que fun dobrado polos 7 ou 8 primeiros conquerín adinatar a 2 ou 3 persoas nos 18,5 Km que me levaron uns 35'.
As catro voltas na bici me deixaron mais animado que de costume e fixen a segunda transición co ánimo de facer un tramo a pé "a tope".

Non sei cal era a distancia exacta do sector de carreira; ós 5 km. non chegaba porque aínda que tiven boa sensación correndo e incluso lle mantiven o ritmo algún dos primeiros que me doblara o certo é que 18'34" é un tempo demasiado bó para min.



















Total que fixen a proba en 1 hora e 5' e 34". Coido que foi a mellor desta nova xeira e quedei con gañas de participar en outra para o ano que ven tal é así que entrei na meta "de costas" para deixar claro quen son.

29 ago. 2008

Matutino: Rodaxe forte 50'. Boa sensación

A sesión vespertina fastidiouma a trona... pensaba facer unhas series na piscina; é igual, xa non había moito que mellorar no aspecto natatorio.

A ver si non se torce nada e podo face-lo triatlon de vilaxoan

28 ago. 2008

Natación (pisc 50 mts). 500 + 400 + 400 + 2 x 50

Tiven moi boa sensación nadando e coido que fixen uns 7' ou algo menos cada 400.

26 ago. 2008

Outro coctel.

Calquer cousa en demasía nótase.

Natación(pisc 50 mts): 400 mts + 750 mts (15')

De seguido; Carreira contínua 15' + 5 trocos de 1 km: 4'10",4'11",4'02",4'12",4'10" recuperando ó trote.

Enrabieime polos tempos tan malos que fixen, mais coido que son os normais tendo en conta o de onte.

25 ago. 2008

Triatlon peregrino

Hoxe doume por ahí. Tra-lo descanso por precaución de onte boteime a por todo.

Matutino: Carreira contínua 40' (uns 10 km. ata o traballo).

Vespertino: dende as 18:00 ás 20:25'

Bicicleta. Roteiro básico 45 km. 1h 27' sentinme moi ben, de feito fixen os primeiros 30 km. en 57' e os 40 Km. en 1h15'. De feito, a "serie" a fixen en 9'45" como si fose co manillar de tri...

Acto seguido bebín un trebello deses e me botei a nadar...

Natación (pisc. 50 mts): 1500 mts. 34'. Non estivo mal e alegroume moito rematar porque tiven calambres nas pernas dende os 900 mts. mais fun quen de facelo.

O de "peregrino" ven porque a orde das probas é como lle cadra e porque a carreira a pé e parte do roteiro da bici discurren polo camiño de sanitago.

23 ago. 2008

Rodaxe 50'. Teño unha extrana sensación nas pernas, van e non molestan mais non é a sensación de comodidade que quería para rodar.

22 ago. 2008

Confuso

Ó mediodía fixen 500 mts de natación con pull-boy.

Xa a tardiña fixen...

5 x 400 rec. 50". 1'21",1'22", ¡¡¡1'20" (42 cent)!!!, 1'24" e 1'24".

5 trocos 400-200: 1'25",1'30",1'28",1'32" e 1'32"

3x400 rec. 50". 1'26", 1'30", 1'33".

6 rectas na herba do campo de tiro con arco e 3 tandas de escaleiras.

Non sei si o evidente progreso na primeira tanda se debeu ás sesions de ximnasio ou qué e si a tremenda caida posterior se debeu a que levo moita carga nestes días...

21 ago. 2008

Variado

Mediodía: fumos xantar á piscina e fixen 800 mts. antes.

Logo, como se cubriu, saín dar unha volta coa bici... 44 km. 1h 30'.

20 ago. 2008

Caracol, col, col...

Series de "acoplamento" co manillar. 5,5 Km. x 6

9'59",9'42",9'55",9'44",10',9'47".

19 ago. 2008

Natación (piscina 50 mts) 800 + 10 x 100

¿Tristura, Decepción?... Londres 2012

Ás 3:50' sonou o despertador, evacuei e puxen a tele...(55 pulsacions por minuto) Os chovinistas e triunfalistas comentarios do locutor non conquerían retirar a miña atención do que estaba a acontecer (90 pulsacions por minuto). Javier Gomez Noya e Ivan Raña cumplian as espectativas e ian no grupo de cabeza sen aparentes apuros. A bicicleta non foi o sector dos 'ataques tolos' e o control do grupo foi doado (100 pulsacions por minuto). Escomenza o sector de carreira; Javier sae en cabeza e pronto pon o ritmo do grupo mais iso, un grupo...(110 pulsacions por minuto). Na segunda volta Ivan Raña fai un ataque de longo e colle uns metros de distancia, semella 'táctica' para que logo Javier o enganche deixando ó resto atrás (125 pulsacions por minuto) mais é o grupo ó completo o que acaba por capturar a Iván e un mal presentimento me asalta...(120 pulsacions por minuto) Escomenza a derradeira volta, Javier leva a man ó constado; mantén a cabeza do grupo mais semella moi compacto, non unha ringleira como se formaría si houbera un ritmo 'de ataque' dos que Javier sabe por (130 pulsacions por minuto). A falla de un kilómetro ata o narrador se decata de que a cousa non vai ben... A falla de 400 metros hai un ataque que xa pon en claro que Javier non vai poder gañar, o seu rostro é un rictus de ¿molestia, rabia? (135 pulsacions por minuto)... hai un intre no que semella que pode quedar terceiro mais o sprint dos rivais é verdadeiramente poderoso e Javier acaba por ceder e, o nunca visto, nada mais pasar a liña (xusto cos dous pes diante dela) para e dóbrase colléndose as coxas e tentando tomar alento; aínda tarda un anaco en poder da-la noraboa ós rivais, está destrozado físicamente e vexo claro que algo pasou que mermou a súa capacidade. Iván conseguiu aguantar o quinto e, incluso, recurtou diferencia con Javier no tramo final co seu mellor sprint.

Pode que o resultado decepcione á xente do COE, ou á casa real, que seica mide moito os "seus esforzos". A min pareceume óptimo; vin a dous deportistas que xa teñen demostrado dabondo a súa valía participar coa máxima concentración i esforzo nunha proba única, unha ocasión cuatrienal que se brinda de entrar por unha porta dourada nos renglons dunha historia, a deportiva, que se escribe coas victorias e os sinsabores mais tamén coa entrega total e o compromiso.

Lamento mais o resultado de Ivan pois presupoño que será a derradeira ocasión para el nuns xogos de olimpiada ainda que no circuito profesional aínda ten moito, moitísimo que dicir.
A Javier augúrolle mais oportunidades para que o seu nome entre nese libro das victorias olímpicas como xa está no do circuito profesional onde ten certificado con sobresainte a súa valía como atleta; a súa valía como persona a coñecemos, por fortuna tódoslos días e sabemos que sairá desta como saiu de complots e outras herbas que se puxeron no seu camiño.

18 ago. 2008

Aproveitando ó limite

Mediodía: Insolación Famenta a pé. 40' A costa da ponte nova é dura, mais con 30º e 35' de carreira faise aínda mais.

Tarde: Derradeira sesión no ximnasio 50'.

17 ago. 2008

Logo de sufrir coas semis do milqui e a final de 3000 obstáculos fun nadar...

Natación: (pisc 50 mts) 800 + 3 x 400 (rec 50 a braza)

16 ago. 2008

Rodaxe 1h 05'

Logo vin co cativo a flipante final dos 100 mts. un intre para a historia (desexo que non se arruine como o de seul).

Os chorons

Son unha equipa de atletismo popular que participan en moitas carreiras e agora teñen un competidor: O COE que se adica a iren "chorando" protestas por tal ou cal 'chapa' que non se acada... A este paso escomenzarase a falar co 'complot chinés' para que "HESPAÑA" non acade nos Xogos da XXIX Olimpiada o éxito que 'lle corresponde'.

A min onte emocionoume Lidia a de Camponaraya lembrándose da súa xente tras faceren un gran levantamento que non foi válido...¿complot?, non; dous pasos co peso sin erguer de todo... pero ela fixo unha competición ó tope das súas posibilidades e non mira cara atrás, mira cara adiante.

15 ago. 2008

Natación: piscina 50 mts. 1500 en 30' + 3 x 50.

14 ago. 2008

Matutino: Volta ó curro correndo 40' progresivo; ben.

Vespertino: Ximnasio 50'

13 ago. 2008

Remate das vacacions

Matutino: Ximnasio 1 h. Teño mañiotas que non me deixan estirarme mais coido que lle vou botar proveito.

Vespertino: Intervalos 400 mts - 200mts en pista

1'27",1'33",1'34",1'35" e 1'34"
Rec. 2'
1'29",1'31",1'33",1'34" e 1'32"
Rec. 3'
1'26",1'33", e 1'31".

6 rectas na herba da zona de tiro con arco (90 mts).

As series non foron tan boas como as de Xullo (1 e 2) mais aquelas eran "en parado" e istas foron 'seguidas'

12 ago. 2008

Sacando os cornos

Matutino: Ximnasio 1h. Sego aprendendo para o inverno...

Vespertino: Saquei os cornos mais non ó sol. Facía 15 anos que non lle puña o manillar de triatlón á bici. Fixen 4 series de 5,5 km. entre a rotonda de Camponaraya e a saída de Carracedelo da vella nacional VI; logo pinchei e xa voltei para a casa.

Rexistroas por si acaso volto a esta clase de traballo

11':20", 10'10", 10'49", 9':50". A diferencia entre as de ida e as de volta debeuse ó vento.

11 ago. 2008

Matutino: Decidín facer uso do vale de ximnasio que deron na martón de Toral i estiven alí unha hora facendo tonificación xeral; mañan doeranme zonas do corpo que xa tiña esquecidas...

Vespertino: Natación (pisc 50 mts) é unha sorte que o día estivera nublado; a piscina valeira só para min. 800 mts seguidos + 10 x 50 mts.

10 ago. 2008

Volta de Camba

Outra volta aproveitei a fermosa mañan para facer unha 'etapa'. Lalín, A Golada, Rodeiro, Lalín. 1h45'.

Destacar que a estrada de A Golada a Rodeiro está reformada i é unha gozada para andar na bici.

8 ago. 2008

Volta do Candán

Bicicleta; aproveitando esta visita ó Deza fixen un 'remake' dunha desas etapas que tan pouca cousa poden semellar agora mais, !!!como prestaban¡¡¡. Lalín, Botos, Vilatuxe, Laro, Alto do Candán, Acibeiro, Filloi, Silleda, Lalín. Levoume 2h8'

No mapa vos indico un punto peligroso sobre o Km. 25 pois un can grande está ceibo e bótase ós vehículos.

7 ago. 2008

Carreira Continua 1h03’. Aproveitei certas marcas no parque do Pontiñas para faceren uns discretos trocos de ritmo curtos dende os 40’

6 ago. 2008

Carreira Continua con pulsímetro 1h08’. Estivo moi ben porque fun quen de manter un bo ritmo a partires dos 40’.

5 ago. 2008

Natación (pisc. 50 mt.) 1000 "natación obstáculos" + 500 contínuos + 6 x 50 (rec 50).

4 ago. 2008

Reencontro co inferno

Matutino: Carreira contínua 13 Km. dempois dunha semana non sabía como me iría e quedei ben contento.

Vespertino: Pensaba ir nadar, mais un compromiso da rapaza nos levava a un 'charco' non apto para nadar e decidín botarme á estrada. 39º e vento do oeste; o bierzo era como un forno i eu fíxenme lentamente... ó final unha hora e cuarto a unha media de 29 km/h e gracias.

3 ago. 2008

Despedida

Non foi esta semán un "stage" como outros anos e a proba é que hoxe non fixen un TRI como tiña que ser.

Bicicleta: Queiruga, Xuño, San Pedro de Muro, Espiñeirido, Cruce da barca, Cruce do hospital, Mirador de valle inclan (a metade de camiño do alto da curota), cruce do hospital, Queiruga.

Non fun correr na praia porque non quería ir a outra que non fose O Vilar e coller o coche e buscar aparcadoiro (domingo de Agosto con bó tempo) amoloume...

A natación á tarde estaba imposible pois o Norte descargou na praia de Queiruga con forza.

Foi, malia todo, unha semana moi boa.

2 ago. 2008

Hoxe abusei un pouco de confianza e o meu corpo fíxomo pagar.

Bicicleta: Queiruga, cruce do hospital, cruce da curota, Poboa, Boiro, Alto de Iroite, Moimenta, Noia, Queiruga. Á metade da subida a Iroíte me deu unha paxara impoñente que xa me acompañou ata a casa. Levoume 3h.



Natación: 2000m. Praias de cabío e lombiña ida e volta.

1 ago. 2008

Bicicleta: Volta á Barbanza; Queiruga, Noia, Boiro (polo alto de Moimenta), Ribeira, cruce da barca, Queiruga 1h25’. A mañá acompañoume e gustei da ruta.

Natación: 2000 m. Praia de Coroso ida e volta.

O triatlón de Vilagarcía de mañá trasladárono cara ó fin de mes; a ver si hai sorte...