30 jun. 2012

Auga antes de chuvia

Amenazaba chover e fomos nadar...

150 + 50 + 1000 + 100 + (7x100 rec 25) Como sempre nas series funme atopando mellor cantas mais facía.

29 jun. 2012

A carreira do cangrexo

Esa foi a miña hoxe saín a facer trocos e tardei mais que si fixera o adestramento normal...

11 km 49'

Por problemas de axenda non puiden nin ir hoxe a Carracedelo á ruta de la fruta nin poderei ir mañan a compostela ó CorreSan para darlle unha despedida como se merece ó circuito.

27 jun. 2012

Contra a calor... madrugar

Hay que ir facendo ainda que sexa pola fresca.

9.5 km 45' Mirando a comparación co pasado venres a única explicación a atopo nun pequeno tramo en torno ós kms 3- 4 no que debín "ir pensando"... en fin, que aproveitei o día.

26 jun. 2012

Auga no deserto

Hoxe vese perfectamente no aire a mancha de terra do sahara... e a calor... fun nadar a cuberto.

50 (un erro) + 1450 (un exceso).

25 jun. 2012

Caldo ou auga?

A cousa da calor pinta mal para min... e escollín auga antes de rematar feito caldo.

150 + 1200

24 jun. 2012

Sendas do sil 2012

Derradeiro esforzo na pasarela do Sil
Foto cortesía de Xosé M Álvarez
Achegueime a Valdeorras a disfrutar dunha mañan fabulosa na compaña de un bó feixe de xente disposta a facer bó o esforzo dunha organización moi voluntariosa pero algo inexperta nunha proba cun percorrido ben imaxinado e moi fermoso.

A proba foi unha gozada para mín pois pensei estar moito peor pero non sei si sería pola compaña ou pola configuración do terreo sain ben contento de alí.

Foron 20.5 km en 1h 35' para o sporty pal (25 de 84 chegados segundo a clasificación oficial)

23 jun. 2012

Un cuarto de auga

Como mañan vou gozar das beiras do sil hoxe só fixen un pouco de auga...

150 + 1200

22 jun. 2012

A mañanciña mais curta

Hoxe tocaba ir cedo... foi moi agradable e por riba sin eu propormo saiu moito mellor do que esperaba.

9.5 km 43'57"

21 jun. 2012

Nadando no solpor

Non tiña claro canto debía nadar hoxe pero deixeime ir... e polo meno disfruteino.

150+1450

20 jun. 2012

Peor para mellorar

Hoxe saín tratar de facer uns trocos entre a choiva animicamente mellorei e as pernas non me mancaron, só molestaron mais fixen os peores tempos nesa ruta..

11 km 50'

19 jun. 2012

Aplacado por auga

Ás veces é moi doado ver que o deporte é un "remedio" para o stress da vida urbana común e para a acumulación de conflitos non resolubles doadamente.

150 + 1550

17 jun. 2012

Confiado recoñecendo o terreo entre a nostalxia e a envexa

Hoxe correse a MARATÓN así con maiúsculas para min: Toral de los vados. Pero non estou para tanto e menos dempois de sair (un pouco) onte. Conformome coa lembranza.

En troques de ir a amarrar uns puntiños a Lugo deume por sair a recoñece-lo terreo da Media do domingo que vén (Sendas do sil) que é moi chan e ten moita sombra pero que haberá que ter coidado co estreito do camiño.

15.6 km 1h 16' Hoxe o ritmo era o de menos o que me preocupa é a diferenza no track....

16 jun. 2012

Cando hai corrente...

Hoxe semellaba que nadaba a favor da corrente e aproveitei.

150 + 1600

14 jun. 2012

Pequeno charco cecais

Hoxe nadei pensando no verán; dadas as datas de viaxe e a meteoroloxía prevista non paga a pena ningún bono de natación... haberá que ir algún pequeno charco cercano si apreta a calor.

150 + 1100

13 jun. 2012

REinVENTAnDOme

Pois eso, cousas de axenda e reventado polo cansanzo e a calor...

13 km en 1h 3'

12 jun. 2012

11 jun. 2012

Boa onda

Hoxe tiña gañas e rabia que botar fora... E iso que me sei afortunado, pero non me gustan nada as desgracias alleas.

150 + 1500

10 jun. 2012

Trotada de domingo

Hoxe había que ir rodar un rato... disfruteino malia que un vello coñecido que me crucei me lembrou os kilos que levo gañados...

17,6 km 1h22'

8 jun. 2012

Cando o deporte cumpre

Facer deporte por rendemento económico é tremendamente duro e reservados xente con condicions e adestramento. Para o resto o deporte é unha vía de escape e de mellora ou mantemento do estado de saúde e si un pode Facenlo disfrutando mellor que mellor como foi o caso de hoxe... Natación 150+1250

7 jun. 2012

5 jun. 2012

Probando trocos

Semellaba que estaba mellor de ánimo e que non ia tanta calor así que tentei probar cuns trocos a ver si reventaba xa o xeonllo esquerdo ou qué...

11 km 49' Os trocos non me sairon moi aló... e vexo que os ritmos non foron sostidos Qué se pode esperar tras tanto tempo sen traballar ren?

4 jun. 2012

Refresco na auga

A calor esta é moi fastidiada polos tremendos trocos de temperatura... o sábado non pasamos de 23º e hoxe voltamos ós 30...

150 + 1250

3 jun. 2012

Recuperando o alento no ánimo

Tiña que sair a disfrutar porque o de onte non foi para nada o que eu quero cando vou correr... e conseguínno.

13.5 km en 1h 3'

2 jun. 2012

Collendo páxaron en Ferreira de pantón

Pois como era a proba que mais perto tiña aló me fun a Ferreira de Pantón a ver si saia deste marasmo no que está o meu corpo...

Moi bó ambiente e boa organización. Carreira sube-baixa cun tramo de senda e outros superficie de empedrada. Saín demasiado apurado porque non conseguin arraca-lo crono no disparo... e logo xa non fun quen de tranquilizarme... e rebentei como unha castaña logo só fun pensando en rematar, respirando e tentando non estorbar.

Tal é así que debe se-la primeira proba na que acabo da mitade cara atrás.

93 de 163 chegados 6.2 km en 27'46" (4'29")

A ver mañan cómo me atopo para seguir adestrando...