28 feb 2011

Natación 100 + 1000

E unha longa conversa co grande Basurko.

26 feb 2011

Facendo molinillo

Por fin hoxe tocou bici.

1ª saída de 2011 co que correspondía empregar desenrolos baixos e mover moito as pernas.

40 km en 1h 33'.
Natación 100 +1100

24 feb 2011

O premio de Sevilla

Esta semana estou a disfrutar do premio da maratón de Sevilla.

Si onte as sensacions foron boas e de velocidade, hoxe fixen 50' a menor ritmo pero con tan boas ou mellores sensacions debido a que fun pola herba do parque da torre e ó soliño da tarde. Nin levei SportyPal nin crono... só rodar e disfrutar.

Queda aínda mais dunha semana para a "pausa entroideira" e non teño gañas de programar ningunha preparación.

23 feb 2011

Boas sensacions e 10' de disgusto

Hoxe o SportyPal deume un disgusto... estiven 10' cabreado... fixen a volta "normal" de Campo con boísimas sensacions, diría que sentín o arrinque da primaveira mais...(8km) en 28'... ou eso penso, porque fun sin crono.

Home, normalmente o que falla é a traza do GPS pero a medida do tempo a toma ben así que si a cousa foi como dí pois foron a 3'40" ou menos... en fin, que me sentín ben e que non me manquei. Haberá que ir mirando onde apañar mais puntiños, non si?

20 feb 2011

Lugo baixo a auga

CCnós Parque Paradai... correndo baixo a auga a 4'10" (17'40" os 4,2 km encostados i embarrados) non estivo mal. Cáseque tardei mais na ducha que na carreira.

19 feb 2011

Comparación Odiosa... ou non?

Sportypal e googledocs combinados permiten compara-los ritmos por km en probas de distancia similar nun sinxelo gráfico...

En Vermello os ritmos por km da maraton de Toral 2010; en Azul os de Sevilla de vai unha semana.



Quedo mais que contento polo ritmo ata o km 16, razoablemente contento do feito ata o 20, inquieto pola molestia sufrida e orgulloso de aturar con ela ata o 36 e feliz de ter aguantado ou mellorado o ritmo dende ahí ata meta.

Esta foto é dese final no que me sentín cheo de alegría...

18 feb 2011

Improving myself

coa tarde que estaba... boteime a correr.

Moi ben 9.5 km en 44' sen molestias nen cansanzo.

Si podo irei a Lugo o domingo... os puntiños mandan.

16 feb 2011

Dureza meteorolóxica

Hoxe había que bota-lo resto; ou recuperar ou rachar...

8 km 44' sensacions mellores do que esperaba e o día pasou sen maiores atrancos.

15 feb 2011

Bellavista anti lactatos

Cumprindo a teoría hoxe tocaba unha rodaxe lixeira; que me ia dicir que a maior molladura do que vai de ano a pillaría en Sevilla...

25' de rodaxe lixeira por Bellavista que me virán ben para pasa-lo resto do día na viaxe de volta.

13 feb 2011

Sevilla 2011 ou o exame de sufrimento

Pois si; desta tocou sufrir mais do habitual incluso para ser unha Maraton.

Amañeceu coa impresión dun bó día no meteorolóxico e, a verdade, é que non teño queixa nese aspecto porque o frio que tiven o puiden enfrontar ben cos manguitos e era mais producto do desgaste que do clima.

Almorcei ben, pero sen excesos e dirixinme ó estadio. A verdade é que a organización é moi boa; eu só lle atopo 2 pegas: A falta de obrigatoriedade nos caixons de saida e as escasas duchas. Como positivo salientar ós voluntarios que non só ofrecían o produto que lles correspondese senon que tamén ofrecían azos e consellos.

Aínda tiven tempo de desfacer un erro co chip (quería correr co meu e non co da organización) e entrega-la bolsa na consigna. Trotar 10' e ir cara á saída. O ambiente da pista era xa moi bó e había disfraces de tódolos xeitos. Non me quixen colocar moi adiante para non verme impulsado a correr de mais pola xente que me adiantase. Tardei en pasar baixo o arco 45" e logo aínda fixemos dúas paradas en puntos estreitos do tunel; ata o km 5 non foi doado correr esquivando grupos e xente.

Tiña a obriga de intentar cumpri-lo obxectivo malía a semana de parón así que en canto puiden puxen o ritmo 4'15" ou menos ata acadar uns tempos de paso axeitados e logo baixei ós 4'20". Tomaba auga en tódolos controis e laranxa e isotonica nos que os había porque esquecera as miñas barriñas en Ponfe. A perna non molestaba e a xente animaba arreo así que fún cómodo a 1º hora (13,5 km) logo decidín pegarme a un grupete e tentar manterme nel ata a media pero xa dende o 18 escomenzaron as molestias que si ben non me impedían correr si que se foron incrementando ata ser dolorosas. No km 20 deixei ir ó grupo e me centrei en seguir a un ritmo que fixese soportable a sensasción; pasei a media en 1h35' (o peor tempo que lembro) e pensei que tería que abandoar... pero seguín.

A miña mente buscou entretementos matemáticos ou lóxicos e deixei de ver á xente que me adiantaba ou á pouca que eu adiantaba. Recibín ánimo dende as beiraruas e dende as bicicletas; pero non me voltei a deixar levar por elo. Co paso imposto mantiña a sensación en "molestia" e vin a posibilidade de, cando menos, chegar. As 2 horas me pillaron no km 26 coa mente xa decidida a rematar. No 28.8 parei a mexar con medo de non ser capaz de voltar a correr; cando me vín novamente en carreira souben que desta non fallaba.

A longa avenida da palmeira non me afectou porque sabía que só era cuestión de concentración positiva darlle fin; cruzamo-lo rio cara a Triana e por alí me adiantan Picapiedra e Pedro Caro tentando animarme, pero eu sabía que tiña que manter ese paso para chegar. No km 36 escoito palmas; imos polo centro do barrio, perto das capelas insignia da semana santa e lembro a sensación dos pasos e a visión dos costaleros baixo a imaxe. Boto contas; si aguanto chego en menos de 3h30' o ritmo das palmas e as lembranzas deben solta-la adernalina que me queda e penso que subo o ritmo lixeiramente; empezo a topar con xente que me adiantara e que toprezou co "muro" eu deso vou ben, sobrado; a molestia pasa a "mancadela" sen me impedir seguir. No 38 cruzamos novamente o rio, xa por derradeira vez; podo ver o estadio e hai moita xente animando, xa non teño medo de non rematar e sei que debo manter ese ritmo para chegar nun tempo... pasable.

No 39 vexo a camiseta de Pedro Caro... vai andando, empezo a berralle para que trote e veña comigo, pero aínda está descolocado; penso en parar, pero teño medo de non poder voltar a arrincar. Sigo. Cáseque no km 40 me adianta un tipo que fixo a maratón EN CHANCLAS... e non son quen de seguilo porque en canto quero subi-lo ritmo sinto que se me destrozan as pernas. Volto o meu paso e xa está. Na baixada cara ó estadio paso medo de caer, está oscuro e as pernas non respostan na baixada; unha vez no tartán apreto para tentar que esta non sexa a de peor tempo e... 3h26'52" oficial e 3h25'35" tempo neto.

O gráfico do SportyPal deixa ben claras as incidencias. Vídeo da chegada en Corriendo voy...

Outra para o saco.

12 feb 2011

En capela

Os 20' de trote de onte foron...Sufrimento; a perna non perde rendemento, pero a sensación de "mordedura" contínua me fixo entristecer moito.

Agora estou xa en Sevilla, no hotel; na viaxe paramos un par de veces e non notei nada estrano na coxa pero hoxe non trotei porque non atopei o momento oportuno. O que sexa será.

10 feb 2011

A "nejra"

Pois si que teño "a nejra" coas probas de fora... outra volta na derradeira semana e volta a estar mancado.

O martes após de estirar e ducharme me puxen a facer unha reparación doméstica agachado diante da lavaroupa. O mércores tiña unha molestia parva na cara interna do muslo que foi crecendo co día; hoxe a molestia era xa unha sensación de contractura... Desesperado preguntei e me dixeron dun fisio bastante bó que emprega 'técnicas de choque' e para a aló que me fun.

Agullas, correntes, electrobisturí "light", electromagnetismo... a ver como vai; mañan debo ir trotar "2 series de 8'".

Non queda outra que ir e ver que acontece.

8 feb 2011

Os segundos da dixestión

Fixen o mesmo roteiro que o sábado pero as sensacións foron mais ben malas; moi agobiado todo o rato e con sensación de falta de forza... sería de xantar ás 16 e sair ás 17:30

14.96 km en 1h08' (apenas 45" mais).

5 feb 2011

Todo en orde

Outro adestramento menos e xusto unha semana para a maratón.

Hoxe 15km 1h 7' (4'29") moi contento coas sensacions e sobor de todo cara ó final da sesión que me quedou o corpo pedindo mais...

Experimentando con gráfico...



Este é o gráfico resultante do rexistro de km semanais dende que decidín correr a maraton de Sevilla... directamente dende google docs.

Desta púxeno nunha entrada; pero para vindeiras ocasions ireino poñendo nun lateral; como os documentos de google os podo editar dende cáseque calquer sitio (e ata co mobil si me poño) pois sería moi doado ter unha fiestra 'en tempo real' dos adestramentos diarios.

3 feb 2011

Mellora contínua contra barreiras

Hoxe só fallou o SportyPal. Rodaxiña con trocos ó redor da pista (6 voltas de quecemento e 6 trocos 3 e 3) con bós ritmos (4'16", 4'18", 4'18", 4'20", 4'25" e 4'22"). Sen molestias musculares e con menos agobio respiratorio.