30 abr 2009

É o que hai; só queda sufrir

Derradeira saída antes do Domingo. Malas sensacions, lentitude... bueno, a ver que nos pasa...

CC 1h15'.

29 abr 2009

Menos é mais

Carreira contínua 45'

Tiña que ir, non quedaba outra que a esta hora; logo un longo día ó volante.

Fixen ben.

27 abr 2009

Natación; 1000 + 7x50.

Non teño pulos nin tempo para face-lo "Plano Colomo"(vía Furacán) mais coido que é unha bóa guía si alguén lle ensina a un a facelo; dempois de todo, si puiden aprender a facer series correndo (con 15 anos de atraso mais aprendín e mellorei) Por qué non aprender na natación?.

26 abr 2009

Aproveitando

Fumos de viaxe co aquel de que o mozo competía e aproveitei para ir correr un longo en Medina de Rioseco(quillo) pola marxe do río; o terreo algo irregular nalgún punto fixo que o menisco me 'avisara' nun par de ocasions mais completei 1h25' sen problema.

25 abr 2009

Limpando...

Onte debín ter algo de asma e deshidratación... hoxe topeime canso á primeira hora, logo foime pasando e iso que subin varias veces as escadas no choio; iso pode indicar que co aire acondicionado me topo mellor, ergo: a alerxia aféctame sin que me decate por mor da capacidade pulmonar extra que me dá o deporte.

Fun nadar para ver como ia da respiración 1000 mts; e efectivamente algo me custou ter ritmo. É o que hai, e gracias que podo seguir facendo isto.

23 abr 2009

Loquia

Malia non ter pensado participar por mor dunha viaxe atopeime na casa ás 10:30 dicindo ¿e que fago hoxe?; entón lembreime da marcha-carreira de Toral de los vados e para alá me fun.

Non me saiu moi ben porque non descansara e onte á noite non me reservei e saiume ben porque corrín cando contaba con non facelo.

11,2 km. 47'

A quen topei como un tiro foi ó Maky que vai collendo ese tremendo ritmo de cara ó triatlón. Agradecer á organización que me permitise participar e felicitar ós mozos do I.E.S. Astorga pola carreira que fixeron...sobor de todo ó raparigo de 13a que correu diante miña que ten unha planta moi prometedora para isto do fondo.

Foto da proba:

22 abr 2009

Un erro cometeo calquera

Hoxe non tocaba, mais apeteceume; o día estaba magnífico para a bici así que saín. 44 Km en 1h34' paseimo un chisco mal mais prestoume.

21 abr 2009

Clean Running

Foi o amigo Pedro Nimo á maratón de Viena e ollando na páxina vin esta iniciativa e gustei dela; mágoa que se centre no tema da dopaxe e non aborde outros como o que facemos co lixo que xeramos durante as carreiras....

Introducción:

Los humanos empezaron a andar hace millones de años. Correr evolucionó durante la historia del desarrollo humano y las primeras carreras datan de los juegos olímpicos de la grecia clasica. Las carreras competitivas en los tiempos modernos se realizan en su mayor parte en pista o campo. Correr ha experimentado un renacimiento como actividad desde 1980. Un gran número de corredores -desde el poseedor del record mundial hasta el "jogger" más lento- incrementa cada año la participación en los maratones en el mundo, como los de Nueva York, Berlin, Londres, Chicago, Boston...
Austria también disfruta de un incremento en su número de corredores debido en parte a la exitosa maratón de Viena.

Correr une a la sociedad y reduce las diferencias culturales al participar a personas de diferentes razas, naciones y religiones juntas. La marton de Viena y otras carreras del calendario nacional e internacional son un testigo de convivencia pacífica de corredores con diferentes origenes. Decenas de miles de personas se unen en un gran esfuerzo para alcanzar metas personales sin tener que recurrir a la violencia, el racismo o la discriminación.

Correr tiene también un importante papel en la sociedad actual para la salud. Desafortunadamente todos los desarrollos negativos de los humanos y sus socieades se muestran en muchos eventos deportivos. Pero la mayoría de los participantes en la Maraton de Viena y en otras carreras del calendario nacional e internacional rechazan los comportamientos desconsiderados, el fraude, el doping y el abuso de drogas.

DECLARACION:

Nosotros los firmantes de este manifiesto, declaramos:

*Correr significa entusiasmo, libertad y diversión, relajación y salud, la competencia y la amistad, la reducción del estrés y dirigir la propia vida, la alegría y la felicidad. Sólo unos pocos de nosotros consideramos correr como la ocupación.

*El simple hecho de participar es un motivo de alegría.

*Apreciamos los logros de cada quien si importar su éxito o fracaso su puesto o resultado.

*Conocemos la dificultad de retomar un estilo de vida activo despues de una enfermedad prolongada o un accidente.

*Sabemos que todo el mundo puede sentirse orgullos@ de si mismo después de correr cierta distancia o después de participar en una carrera sin importar la distancia o el puesto.

*Confiamos que nuestras cualidades naturales y en un duro entrenamiento nos den suficiente fuerza física y mental para estar seguros durante la carrera y los entrenamientos, apoyados por nuestra familia, amigos y espectadores a lo largo del recorrido.

*Rechazamos las prácticas de dopaje, uso de drogas, atajos etc. para mejorar nuestos resultados oficiales en las carreras.

*No compartimos el hecho de que un pequeño grupo de atletas y sus apoyos rebajen la calidad y experiencia de un evento organizado para otros participantes por su conducta antideportiva. Los atletas que se comportan de modo temerario deberían tener vedado lla participación en cualquier carrera ahora y en el futuro.

*También rechazamos aceptar la afirmación de que una mayoría de corredores aficionados usan drogas para mejorar su rendimiento los días de competición.

A partir de ahora yo KANDPALLEIRO estoy comprometido a:

*Prometer que no tomaré ninguna sustancia prohibida para mejorar mi rendimiento físico. También promento que sólo tomaré medicamentos prescritos por un médico y que vigilaré la compatibilidad con la lista de sustancias prohibidad por mi propio bien.

*Los atletas competitivos que firman esta declaración también prometemos que:
No tenemos intención de usar sustancias prohibidas. Podríamos ser recluidos por romper las leyes anti-dopaje, estoy de acuerdo con devolver todos los subsidios, salarios, premios en metálico y pagos recibidos de los patrocinadores en los 3 años anteriores cuando me lo soliciten mis proveedores.
Los controles anti-doping estritos e inteligentes son importantes. Pero no significan que todos los atletas esten usando sustancias prohibidas. Existen muchos ejemplos de logros deportivos sin el uso de sustancias. Aquí esta la belleza de correr; aficionados y profesionales compitiendo juntos al mismo tiempo en la misma distancia con el mismo objetivo. Solo correr proporciona este tipo de oportunidades.

Atardecer de primaveira

Rodaxe 1h15' nunha tarde de primaveira que semella vida de outra galaxia.

20 abr 2009

Verme

Bicicleta; roteiro básico, 46,5 km. 1h37'.

Subindo Pieiros vin un verme que cruzaba a estrada...ia a todo o que daba o pobre, mais, semellábame que non avanzaba. Así debo andar eu; vou a todo o que podo, mais visto dende fora serei coma un verme.

Rivadavia, Viena e outras herbas

Onte tocoume unha actividade que eu non considero deporte, mais ben ocio: Conducir. Unha tournee polo país para visitar amigos e parentes cos ouvidos abertos ó que se facía en dous sitios que non figuraban no listin das novas: Rivadavia e Viena.

No campionato de 10000 en ruta houbo moito galguerío; sobor de todo dos senior (que non tiñan campionato) e do primeiro escalón dos veteranos. O meu mister cumpriu dabondo e demostrou que lle queda moito nesto. Eu fixen ben en dar preferencia ó cativo porque de ir a algures hoxe tería que ter ido a Corrubedo.

En Viena o amigo Pedro Nimo fixo unha grande marca na súa estrea na maratón aínda que para él tamén semella quedar marxe de mellora o asunto é que acadou a mínima para acudir a Berlín polo que a ocasión está servida.

18 abr 2009

Viñas, frutais e un corzo

Hoxe saín 'a longo' e fixen 1h15' que para o meu xeonllo está ben. A fortuna sorriume e tiven unha mañan ben chula e xusto no alto un exemplar novo de corzo cruzou o meu camiño. A tarde foinos peor... Dani competiu en León mais podería ter ido a Siberia que frio non lle faltou e auga, moita auga. Non lle saiu nada ben a cousa e aínda menos mal si non se arrefriou.

17 abr 2009

Os premios

No eido da motivación de tanto que se fala e se escrebe só unha cousa é PLENAMENTE certa: Cada quen se motiva a sí mesmo polo que non existen 'mecanismos' de motivación senon 'ferramentas'.

Ó noso circuito é unha ferramenta de motivación para que a xente se anime a participar en mais probas, a partillar experiencias e a ir 'mais alá' no deporte. Por elo senta ben ter patrocinio e premios e hai que saber recoñecelos.

Así pois; noraboa ó sufridor do asfalto e a seguir participando. E ó noso primeiro patrocinador outra volta moitísimas gracias.

15 abr 2009

Natación 1000 + 8x50

"traballando"

Bueno, iniciei o 'traballo' con mal rendemento aínda que non podo descartar que o circuito estivese mal medido porque non teño marcas, corrín de memoria.

Fixen 5 cambios de 1km no parque do temple tras 20' de quencemento e logo outros 20' de trote suave ata a casa.

4'08",4'09",4'09",4'06" e 4'10"... no medio de cada cambio 400 mts suaves progresivos.

12 abr 2009

Rodaxe tentando ir collendo fondo...1h10'. O menisco non está a gusto coas pedras mais atura.

10 abr 2009

Rodaxe 1h.

Logo da boa impresión de onte as punzadas do menisco do xeonllo esquerdo non me arredan, si parte partiu e mentras pois tentar fortalece-los cuadriceps coa bici.

9 abr 2009

Resurección en Cacabelos

Moi boas lembranzas me deixa a carreira desta vila tanto os outros anos que algo preparara coma este que só fixen rodaxe. Foi unha ledicia atopar a tanta e tanta xente coñecida, amigos xa, 'correlegas' cos que compartillo tantos momentos de adestramento e probas. Foi unha sorte a mañan tan esplendorosa que nos cadrou en sorte e o fermosísimo circuito que desta volta diseñou Chus Alonso, chan e sen moitas reviravoltas o que fixo moito mais levadeiro o feito de correr.

Non me saiu mal, non. Espoleado polo mal que me vira o Martes no Barco e pola emoción de voltar a correr fixen unha boa carreira para o nivel de adestramento que levo. 38'34" polo meu crono para os (coido) 9 km. longos da carreira...o mais satisfactorio saber que dende o 3 ata meta mantiven o kan-ritmo de 4'/km gracias a un correlega que levaba GPS e deso si me fiaba... nin preguntei o posto, o que importa é que o pasei ben e que non me manquei ainda que os xemelgos, mais o esquerdo, tensaronseme algo no remate i é o que ten participar con xente que sempre un se 'pica' inda que sexa un pouco e fai un esforzo.

Haberá que pensar cal vai se-la seguinte.

Edición 15/4

Agradecer a Maky a clasificación (47 de 164 38'32") e o detalle da foto no seu blogue.

7 abr 2009

Leña ó vello

Nesta ocasión saín rodar coa xente do ADAS, segue a ser unha ledicia ver rapaces e xente nova facendo atletismo.

Na rodaxe fun ben ata o final que, coma sempre nos grupos, se acelerou o ritmo e eu me quedei... tiña que ser. De tódolos xeitos estou contento e o xoves, se non se torce, estarei en Cacabelos.

5 abr 2009

Rodaxe valdeorresa

Xa facía ben tempo que non rodaba por Valdeorras...

1h. de voltas na Raña

4 abr 2009

Natación 1000 + 10 x 50mts.

Despedida da piscina por unha semana...

2 abr 2009

Anti stress

Agora si que fago "deporte antiestrés". Carreira contínua, 1h5' variando perfil e percorrido.

1 abr 2009

Carreira contínua: 50' 23 voltas no estadio... Outra chea de sensacions confusas.