31 may 2015

O resumo de Maio no San Xoan

A miña vida é bastante sinxela mais porén nada aburrida e tal é o caso que para facer algunhas cousas novas teño que deixar outras... xa deixei de compartir cada adestramento polo blog porque non tiña sentido visto que (cumprindo co tópico) os podo compartir nas redes sociais de xeito automático e agora cáseque non teño tempo nin de face-lo resumo mensual; de feito si non fose por Club del paseo non o faría porque é un pouco pesado recabar os subtotais... e para seren sinceiro prefiro saír a facer algo que sentarme a escribi-lo feito no mes.

Maio non foi malo en vista dos días que tiven que ir fora (de feito levei a roupa de correr e voltei a correr en Valladolid -3 días- e me estrenei en Murcia) e as cousas nas que me vou metendo. As molestias da edade mais eu chegamos a un acordo: Eu non me paso e elas me deixan ir facendo.

Natación: 20,6 km
Correteo: 71,5 km
Bicicleta: 164,54 km