Mostrando entradas con la etiqueta Circuitadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Circuitadas. Mostrar todas las entradas

27 ago 2013

Omnipresencia vs competitividade

O modo no que contactamos uns cos outros e polo tanto nos influimos está a mudar a velocidade de vertixe e trae mais de un quebradeiro de cachola á xente que vive de facer chegar mensaxes "convincentes" ás poboacións, case sempre xente da publicidade (tamén lle chaman márketing pero coido que ven se-lo mesmo) pero tamén a xente que traballa para as institucions como pode se-lo caso das autoridades e institucions sanitarias.

Fai uns anos coa inestimable e inesquecible boa vontade do seu administrador na web correr en Galicia participei na posta en marcha dunha iniciativa que tentaba fomenta-la actividade física entre a xente "tirando" da idea da competitividade pero mais a nivel de "número de participacions" que do resultado das probas en sí; naceu así o "Circuito Correr en Galicia" que en 2006 só tivo 43 participantes que puntuaran pero cun gañador "de altura".

O sistema de participación e puntuación era moi artesanal e nas sucesivas edicions nos vimos na obriga de pedirlle ó crecente número de participantes que enviaran eles os seus resultados e de restrinxi-las probas "puntuables" a un catálogo coñecido si ben con cada edición se ampliaba pois o circuito tiña tirón na participación nas probas incluidas... mais o principal problema veu da propia natureza humana e de como nos educan... así chegou un intre no que se tivo que restrinxir tamén o número máximo de probas que un participante podía enviar pois nos decatamos que si ben a maioría da xente participaba "con xeito" escomenzaba a cundir unha 'hiperparticipación' que podia ser tan nociva como o sedentarismo que tentabamos combatir.

Pero comentaba ó principio a tecnoloxía que nos permitiu montar aquelo seguiu o seu camiño e semella que xa non é necesario comparti-lo mesmo espazo para "interactuar" con outros ainda no plano do exercicio físico... a facilidade para rexistar e publica-los datos de cada actividade xuntase coas plataformas de web social ou socializada e fan que cada un de nós poda facer as súas actividades no lugar e horario que mais lle conveñan e 'compartilas' e comparalas coas de outr@s. Así nace @clubdelpaseo unha interesante inciativa que mercede a esta nova omnipresencia suma diversas actividades en rankings pero fai algo mais pois retroalimenta inmediatamente cada participación tanto comunicando o troco de posición no ranking como a regularidade na actividade.

E penso que esto último é a dirección correcta; non se pode tratar de facer mais e mais kilómetros do que sexa senon de facelo de xeito regular e constante... esto claro si estamos a falar do fomento da actividade física como hábito de vida san.

10 jul 2013

O final do final

Os protagonistas; os que corren
O final, non podía ser de outro xeito, houbo unha referencia ó que pasou... Que non gustase pareceme ben, que se diga que por elo cáseque se suspende a competición "a falta de mes e medio" soame esaxerado dado que o problema era o meu "protagonismo" e ansia de figurar (comentario editado no foro de xestión)...

En fin, ogallá ese proxecto non remate ainda que os trocos plantexados non van todos na dirección que me gustaría pois o tema da inscripción xa se falou outras tempadas e, para min, resulta contradictorio coa base fundamental da idea.

O único que me manca é que tiña ilusión por facer un estudio de investigación entre os participantes das diversas tempadas para sabermos si a participación no circuito trocara DE VERDADE os seus hábitos de vida e para tratar de medir (via datos de saúde) a repercusión deses trocos... o deseño era complicado pero non imposible dado o empregro de IANUS e outras ferramentas que monitorizan a dispensación de fármacos e os días de baixa laboral e os seus motivos... en fin, para o contenedor de ideas "crioxeneixadas"...

Que porqué escribo aquí esto?, porque aquí non se vai vir a rebatir nin a editar...

Que teñades feliz veran e, se cadra, nos vemos nas carreiras.

23 ago 2012

Auga en solitario e outras preocupacions

Hoxe malia que o día estaba nebuloso fun nadar e atopei que a piscina era toda para min...

50 + 1650

Estou preocupado porque non teño claro que esta tempada levemos adiante o circuito de carreiras populares malia a que hai unha chea de xente que si atopa nel o estímulo san que queremos que sexa... pero as pequenas trifulcas repetidas durante anos fan mella no ánimo e desgastan.

En fin, aínda falta unha semana para escomenzar, hai marxe.

2 ago 2012

Estatisticas circuiteiras 2011-2012

Teño intención de comenta-las estatísticas do circuito

No que respecta ó número de participantes chegados á meta eiquí tendes os datos.


Como se pode ver a maioría das probas incluídas no circuito tiveron entre100 e 500 participantes e a maioría dos resultados enviouse para as probas entre 250 e 500 particpantes ainda que o nº de participantes do circuito foi mais significativo canta menos participación había na proba; dende o meu punto de vista esto fala do potencial do circuito para levar a xente a participar en probas pequenas por todo o país.

No que respecta ó polémico aspecto da distancia das probas estes son os datos:






Como se pode ver unha clara maioría das probas se situou entre os 6 e os 11 kilómetros tramo no que se situa tamén o maior número de resultados enviados, sobor de todo no tramo de 9 a 11 kilómetros
Hai que destaca-lo 'pico' de envíos para as probas de distancias superiores á MediaMaraton que, ó meu entender, fala de que un deportista popular que adestra con continuidade sempre tenta facer unha proba destas distancias como reto ou obxectivo
Os datos tamén reflicten que a porcentaxe de "circuiteiros" respecto ó total de participantes ten o seu pico nas distancias de 16 a 21 kilómetros que pode ter que ver cunha menor participación xeral nesas distancias que xa requiren unha preparación, pero tamén pode ter parte de explicación na competitividade introducida polo circuito e o seu sistema de puntuación.

En canto ós meses nos que se correron as probas estes son os datos:



O efecto do inverno é ben claro e tamén o das "grandes" probas do calendario do país (por número de participantes) e vese que os "circuiteiros" somos mais de Septembro (por significación sobre o total de chegados) e de Outubro (por % de resultados enviados).

Outro aspecto polémico é o do número de probas puntuadas polos participantes; eiquí tendes os gráficos que son básicamente como os da pasada tempada; só 20 (2.55%)  circuiteiros chegaron ó límite das 40 probas sendo a representación gráfica unha declinación cáseque lineal.


1 jul 2012

3000 puntos, boas vibracions e algun atrancos

Un resumo do circuito "correr en Galicia" 2011 - 2012

Onte desenvolveronse as 3 derradeiras probas puntuables para esta edición do circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" e coido que por unha vez vou facer balanzo e a mollarme de xeito persoal neste espazo.

Foron 151 probas dispoñibles e ben puideron ser unhas cantas mais de non mediar malos entendidos ou simple descoñecemento e debo destacar que viñamos de 125 probas na edición 2010-2011 e das 79 de 2009 - 2010 (que empezou en Novembro) polo que a mellora é sustancial na cantidade.

Tamén nos inscritos medrou a participación pois dende os 473 da tempada 2009-2010, e os 619 da 2010-2011 saltamos ós 784 nesta xeira.

Pero para as estatísticas haberá o seu espazo e intre; eu agora quero agradecer tódalas boas vibracions que me trasmitiu tanta e tanta xente nas probas nas que participei... a retroalimentación positiva é o que anima a seguir pero as críticas constructivas son as que permiten mellorar e neste aspecto hai que destacar que algunhas medidas tomadas non acabaron de gustar porque as solucions propostas para evitar 'picardías' falseou en certa medida a visión certa da clasificación en cada intre.

Logo está o tema de sempre de si o fomento da participación en probas populares se convirte en "hiperparticipación" e si somos ou non responsables ou cómplices de conductas tan pouco sans como o sedentarismo que tratamos de remediar... e o tema de si "é ou non é" correr facer un trail... ou si unha proba de mais de 42 km é contraproducente... Tantas e tantas precisions como persoas pois todos vemos o mundo polos nosos ollos.

Pero mantemo-la esencia: Participación aberta tanto a todo tipo de proba como de corredor, Motivación para tod@s con clasificacions variadas, escoita activa dos usuarios e varios e variados canles de comunicación.

Agora uns días mais de recibir resultados (ata mediados de Agosto) e para as mesmas datas definición final da tempada que ven e apertura de inscripcions para escomenzar novamente en Septembro.

10 sept 2011

Collendo o camiño menos doado

En Novembro fará 6 anos que escomenzamos a dar forma a un xogo, un divertimento entre atletas populares para teren un motivo extra que impulsase unha maior participación nas carreiras populares de aqueles que participaban ocasionalmente nunha proba pero nos que non chegaba a "prender" o costume de facer eses minutos semanais de exercicio moderado que os estudos demostran que PROLONGAN A VIDA.

En todo este tempo ten habido toda clase de conversas e disencións tanto entre o amplo grupo de participantes mais ou menos asiduos como entre os que nalgún intre formamos parte do grupo de colaboradores voluntarios altruistas que doan parte do seu tempo para que houbese esta obra colaborativa, auténtico 2.0 en estado puro.

Esta edición se caracterizou por certa escasez no traballo previo supoño que froito dos trocos no grupo de traballo e das datas elexidas para a 'parada biolóxica', na única enquisa que fixemos públicamente só un 20% dos participantes contestou e a decisión final (a duración do circuito en 10 meses) tomouse co voto de menos do 10% dos inscritos... xa sei que votar nunha democracia non pode ser obrigatorio, pero desanimar desanima cando ves os interminables debates que se forman respecto al calquer tema.

Menos son aínda os participantes que correron en mais de 40 probas (2.58% dos 617 inscritos na tempada) e o efecto de limitar a ese o número de resultados a enviar sería NULO na clasificación, pero está a ter unha tremenda repercusión no foro e na convivencia interna do grupo en xeral. Porqué? porqué? porqué? Porqué se fai? porqué así? porqué sen consultar?

En 2010 fixeramos unha enquisa na que participaron só 75 persoas e se acatou a decisión de 40 (aquela tempada o total de inscritos foi de 473) e o incremento da competitividade conseguida mercede á competición por equipos engadido a o efecto multiplicador na taxa de puntos que tiñan algunhas probas de montaña/monte provocou situacions nas que alguns participantes se viron facendo esforzos físicos e familiares que pouco teñen que ver coa participación deportiva "popular"... mais ben ó contrario. E, non sin adicar moito tempo da discutir fundamentos, argumentos e fórmulas, tomouse a decisión de probar esta tempada a limita-lo número de probas individuais a 40 por tempada cunha serie de condicionantes dirixidos a que a clasificación en cada intre reflicta o estado real da mesma.

É posible facelo mellor, manter un proceso de toma de decisions mais transparente pero que faga claro a necesidade simultánea de participar de xeito responsable nesa toma de decisions colectiva, é posible fomenta-la participación da ampla maioría (50%) que non chega a 1 proba por mes sen que elo signifique que aboquemos á xente a facer cousas que, de non ser polo circuito, non farían...

Como penso que todo iso é posible escollo o roteiro menos doado de seguir poñendo 10' diarios do meu tempo á disposición da xente de Correr en Galicia, de acepta-las críticas e argumentar as respostas a todo o que os compañeiros queran argumentar.

EDICIÓN 15/9

O pasado 11/9 un compañeiro do foro escribiu esto:
···realmente a mi lo que me hace ilusión de este circuito es tener la seguridad de que el día X que pueda correr una carrera popular en Galicia a lo largo del año, haya una certeza de casi el 100% de que me dará X puntos para el circuito y quieras que no a todos nos hace ilusión ver el resultado a nuestro esfuerzo en un estúpido numerito (sí somos así de simples Mr. Green )···
···tengo que reconocer que una de las razones que durante el año corra más carreras que por ejemplo hace 3 años ha sido el circuito y sus puntitos···
Para min non hai nada mais satisfactorio que esto sirva para iso; aumentar razoablemente a participación da xente nas carreiras populares.

15 jul 2011

Resumo do Circuito 2010-2011

Aló foron os 10 meses de competición circuiteira desta tempada; 125 probas incluidas e apenas 3 ou 4 das probas celebradas en Galicia non entraron por motivos mais ben das respectivas organización pois unha das principais pegas que tivemos esta quenda foi a inclusión "in extremis" de varias carreiras o que, non sen razón, alterou os ánimos de aqueles que planifican moito a súa participación nas diversas probas.

 RESULTADOS EN CIFRAS:

En primeiro lugar dicir que unha "meiga" pasou pola táboa e non consigo identifica-la proba que me falta... por provincias as probas e o nº de resultados enviados tiveron esta distribución.



A seguinte táboa fala claramente de como os participantes do circuito son xa xente que corre con hábito pois existe un claro incremento da % de participantes circuiteiros nas probas de mais de 12 kilómetros


Na seguinte gráfica pódese ver, entroques, que aínda así a maioría das participacions se fixeron en probas de 10 kilómetros (na táboa pódese ver que o 66% dos resultados enviados corresponden a probas de entre 9 e 11 kilómetros)


E ven agora o intre de botar unha ollada a outro tema que resulta un foco de discusión nas últimas edicions do circuito; a "sobre participación" os seguintes gráficos mostran o nº de participantes por carreiras deixando ben claro que si o problema existe se limita a un 2.6% do total de inscritos (os que fixeron maís de 50 probas na tempada).


Con estes datos e a votación do ano pasado pode que o mais lóxico sexa incluir no intre da inscripción para a tempada que ven dunha "claúsula de exención de responsabilidade" de cara ás posibles consecuencias que unha participación desmedida poda ter no físico e no económico...(opinión particular dun servidor que quede claro).

Por último o tema da estacionalidade... Vese neste derradeiro gráfico como as probas teñen un "pico" claro en Septembro-Outubro e en Maio (e iso coas notabilisimas ausencias deste ano como Betanzos e Lauro Olmo) pero destaca o incremento da procentaxe de participantes nas probas de inverno o que volta a falar de constancia, de hábito saudable si ben é certo que esto non se pode facer extensivo ós 600 inscritos tamén o é que hai un abondoso grupo (un 33%) do total que ten "metido nas veas o 'vicio' de correr" e iso si que é, penso, o obxectivo de todo esto, polo menos por elo eu lle adico algo do meu moi escaso tempo...




14 jul 2011

Adianto das vacacions

Bueno, hoxe o meu sóleo esquerdo decidiu que tomara vacacions... tras 35' de carreira renqueante rachou así que me uno ó clube dos lesionados (con beauvais y Xabi) adicareime a comentar os resultados do circuito... escomenzo por vos poñer o "cadro de honra" desta tempada.


27 ene 2011

Datos e datos

Como tiven 2 días de repouso estiven a darlle voltas ó tema dos datos... nestes 3 anos de Circuito correr en Galicia a participación se vai incrementando como traslucen os datos das visitas ás web que amablemente o administrador de correr en galicia creou para o proxecto. No meu papel individual vexo que este ano a progresión me axudará a mante-la primeira división; veño facendo unha media de 200 pts por proba e si as lesions me respetan me quedarán 8 carreiras para os vindeiros meses.

Agora a recuperarme da inactividade e disfruta-lo reto da maratón de Sevilla.

3 sept 2010

Arrinca o circuito 2010/2011 con forza i eu con estes....

Tempos.

Ando como unha alma en pena... e será estres? non vos sei, dende o venres non vou e punto; mais o domingo acudirei a polos primeiros puntiños do circuito que acaba de abri-la súa inscripción.

Hoxe 8 km 37'55" (4'44")

29 ago 2010

Estrea, recuperación e plan de puntos

Bueno, estou moi enfadado co que me pasou na carreira e, sobor de todo, co que pasou dempois que me impediu ir ó mini tri de Cambados... Hoxe nada mais cheguei da fin de semana botei man da camiseta que deron na II ruta sacra e saín ver o que podía correr cos 28º que había...

10.8 km en 50' (4'36") Non estivo mal; mais que nada polos ritmos das zonas que decín 'controlar' porque ia doado...

Así pois inicio o circuito correr en Galicia de carreiras populares 2010/2011 neste novo rol de 'aínda mais lento' e coa teima de mante-la primeira división na individual e axudar á miña equipa (LOS ÚLTIMOS DE FILIPINAS) a quedar entre os 10 mellores da primeira división. Para elo debo facer moitos puntos antes da pausa do "mais lonxe posible" o que implica: Correr o día 5 en Petín, o día 8 a millaencina (esta non puntúa, mais mola correr en casa), o día 11 o minitrail do fluvial, o 19 o cross de Penedos do lobo, o 26 ·····, o 3 de Outubro (si as guardias o permiten) ···· O que mais me pesa é que non vou correr a milla de O Barco o único ano que non me cadra coa carreira de penedos porque teño que traballar...

18 may 2010

Lento contento

Hoxe fixen un adestramento curto malía non saber si mañan vou a adestrar ou a viaxar...

8,5 km en 36'37" (4'18"). O Mellor, a falta de sensacions moi molestas nos xemelgos. O peor, que o menisco esquerdo volta a 'avisar'.

O certo é que si sigo adestrando podo mante-la esperanza de quedar en primeira con menos de 2000 puntos; esperanzas que pasan pola dupla Betanzos-Toral. Outra cousa será a vindeira tempada que me semella a min que a primeira se vai a poñer en 2500 puntos como mínimo.

Por certo, ata o luns si buscaba "liga atletica del bierzo" en google o primeiro resultado era... A miña entrada¡¡¡ hoxe xa sae a páxina do concello, menos mal.

30 abr 2010

Un quinto

A quinta parte... xa é unha parte significativa dunha mostra eso seino por outra das miñas afeccions.

O certo é que o circuito ten un éxito que eu cualificaría xa sen medo de ARROIADOR porque si os datos non me enganan a media de participantes do circuito nas probas incluidas no mesmo é eso... a quinta parte. E iso malia ás probas de grande arrastre como a Vig-Bay, A san martiño, A pedestre...e que nas probas do circuito Corre con Nós non temos tanta aceptación o que, na miña opinión, demostra que un circuito como este ten senso como "complemento" a un circuito local-comarcal de fomento da actividade deportiva.

Quero agradecer a TOD@S por esta experiencia tan gratificante e en especial ó admin. de Correr en Galicia que con tanta xenerosidade ten ofrecido os seus recursos de todo tipo para que esta teima siga.

Non debo rematar sin decir que de eiquí ó final aínda queda moito que correr (eu non perdo a esperanza de manterme en primeira) e tamén que hai moito traballo para mellorar eses aspectos que xeran insatisfacción entre os nosos participantes, organizadores e partrocinadores.

27 abr 2010

Distancia circuital

O feito de que a proba da III tebaida berciana fose a única proba puntuable do circuito correr en Galicia desta fin de semana ven de ser o detoante dunha serie de conversas nas que mais aló de pedir que non puntúen probas "de fora" da "galicia políticamente correcta" se está a aducir unha e outra vez ó tema da distancia do desprazamento...

Hai afeccions que brindan a oportunidade de facer viaxes a sitios que a cada quen lle poden resultar mais ou menos interesantes, pero de ahí a sentirse na obriga de viaxar... O ideal sería que houbera 3 ou 4 probas puntuables cada fin de semana e con diversidade de emprazamentos e distancias, pero non pode ser sempre así e nesta ocasión malia ó esforzo do Admin non se conqueriu que a proba de Fisterra entrase no circuito...pero a pregunta é; e si fose á inversa? Si Fisterra puntuase e fose a única proba da fin de semana?... as distancias por ahí se andan.

Abriuse o "trebón de ideas" para que a xente vaia facendo suxerencias cara a vindeira tempada.

Ah, agradecer ó admin o gadget coa clasificación.

14 mar 2010

A lentitude como remedio

Hoxe a decepción puido mais que a lóxica e a rabia mais que a precaución e me botei a correr como queixa porque os que gozan deso que coido privilexio o despilfarran en conductas propias de mafiosos ou fariseos.

Fixen os 8 km da ruta corta de campo en 35:48 (4:28) e ainda así a perna estivo dandome 'toques' de aviso.

26 nov 2009

Motivación e problemas

Bueno; o circuito 2008 remata con, coido moito éxito. 368 inscritos que acudimos a 93 carreiras e fixemos 3461 puntuacions significando un 9% dos participantes das mesmas.

Para tod@s el@s a mais sinceira noraboa e ¡¡¡VEÑA CIRCUITO 09/10!!! xa levamos 416 inscritos e, nas 6 probas xa disputadas, estamos no 11% de participantes de media; para min, mais motivación e, claro, mais responsabilidade.

Malia todo, estes temas non están exentos de disgustos e frustracions. Eu recoñezo que unha festa non se pode facer sempre a gusto de todos e que por moi Orange que se queira ser... pois sempre hai algunha podre.

Pero seguirei teimando, que tanta xente correndo non pode estar trabucada...ou si?

23 oct 2009

REMATANDO

Bueno, a cousa está a rematar. O resultado con non ser óptimo é esperanzador e anima pois se cumpren algunhas das previsions 'internas' que tiñamos.

O Circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" aportoulle ás persoas que fan deporte de xeito moderado e por diversión unha escusa para participar en probas por tódala xeografía do pais galego fomentando tamén o contacto social das persoas enroladas na iniciativa e o coñecemetno de novos lugares.

Felicitar ás persoas que van ser premiadas o Domingo no incomparable marco da saída da Pedestre compostelán (a proba senlleira do atletismo popular galego) tanto as persoas que gañan o trimestre como as que triunfan na clasificación absoluta, ás parellas e ás equipas.

Pola miña banda só dicir que seguirei adicandolle unha parte do meu tempo porque cada vez que me poño nunha liña de saída (sempre menos veces das que desexo) atopo que o esforciño que fago ten a enorme recompensa de darlle a moita xente a ocasión de facer unha actividade lúdica, sana e barata.

SEGUIMOS.

21 may 2009

A emoción estivo en Ordes.

Hoxe antes de sair correndo para o traballo (literalmente falando) me puxen a validar resultados do circuito e quedei impresionado pola participación de "circuiteiros" na proba de Ordes e o seu nivel de competición. Na primeira folla de 40 chegados 10 ou mais son participantes do circuito... éxito ou competitividade? pois iso queda á opinión de cada un, eu estou contento.

Cada cousa ten o seu paso e este debe ser o paso necesario para que o circuito se extenda...

12 may 2009

Na variedade está o gusto ou Un circuito con variantes.

O bó das pequenas ideas é que se manteñan vivas por sí soas e que sexa o debate aberto o que as vai conformando no tempo.

O circuito CenG tivo uns 'perpetradores' intelectuais e ten quen lle proporciona soporte físico e traballo diario mais non quere iso dicir que se trate de unha especie de dictadura como, pola contra, a existencia de debate non quere dicir que poda pasar calquer cousa neste intre ou no futuro inmediato.

O bó que teñen as bases de datos é que permiten múltiples combinacions si se ten un bó deseño... As propostas que se están a debatir sobre a limitación de número de carreiras son unha mostra do variado espectro de persoas que por unhas ou outras causas facemos esto de correr.

Eu desexo que o resultado do debete sexa un circuito con aínda mais participantes e mais participación nas probas de xeito que carreiras como a de O Corgo na que cáseque un tercio dos participantes puntuaron para o circuito sexan, no futuro, algo habitual.

Sei que pronto estaremos a falar de clasificacions por tipo de proba ou cousas similares; o que sexa para animar á xente a participar, de xeito responsable, no deporte popular por exelencia que é o de correr. Hai moitas variedades, dende as TROTADAS ata as ligas con amplos medios a nosa é unha oportunidade mais, unha escusa para ir un sábado ou un domingo cos amigos ou a familia a coñecer sitios e a sacarlle algo de proveito ós intres de esforzo que se fan durante a semana.

17 abr 2009

Os premios

No eido da motivación de tanto que se fala e se escrebe só unha cousa é PLENAMENTE certa: Cada quen se motiva a sí mesmo polo que non existen 'mecanismos' de motivación senon 'ferramentas'.

Ó noso circuito é unha ferramenta de motivación para que a xente se anime a participar en mais probas, a partillar experiencias e a ir 'mais alá' no deporte. Por elo senta ben ter patrocinio e premios e hai que saber recoñecelos.

Así pois; noraboa ó sufridor do asfalto e a seguir participando. E ó noso primeiro patrocinador outra volta moitísimas gracias.