31 may. 2020

Maio desconfinado

O 8 de maio din negativo na PCR xusto a tempo para coller a fraca... sen sair dos límites do concello de Ponferrada.

Conquerin pedalear 403 km no mes.

Malía que non ten ningunha importancia estou contento de ter mellorado o tempo dalgun tramo dos que fago mais habitualmente como a subida da N-VI cara a ponte "do xofre"... certo é que tiven duas "lebres" mais ninguén da pedales por min.


1 may. 2020

Abril roubado.

O SARS-CoV-2 roubounos Abril e ainda menos mal... a vida ten trocado moito mais seguimos.

Non hai pois actividade física que engadir ó que viñamos facendo mais facemos outras cousas; por exemplo fago o "método Tabata" unha vez ó día e 2 ou 3 tablas de 5' de "rutina express".

Ogalla nos vexamos ó "outro lado" pronto...  e que non nos rouben mais Abril...