31 ago. 2010

Triatlon virtual o día do pelo solto

Rematei o tri "virtual" esta mañan con 9,5 km en 45'

E pola tarde fun despedi-la piscina de 50 mts no que eu chamo o día do pelo solto...porque ó ir 'tododios' sen gorro pois...iso.

Natación: 50+1200

Este ano saqueille rendemento ó bono familiar...32 km de natación así en bruto; pero supoño que debera probar a ir ó embalse ou ó lago de Carucedo.

30 ago. 2010

Volta ós 30 e mais

Bueno, xa iba sendo horas que coa "auga" puidese voltar a facer unha ruta a 30 de media ainda que fose unha chan...40.4 km en 1h 19'.



Para 'celebralo' logo fun e metinme 50+1000 de natación.

29 ago. 2010

Estrea, recuperación e plan de puntos

Bueno, estou moi enfadado co que me pasou na carreira e, sobor de todo, co que pasou dempois que me impediu ir ó mini tri de Cambados... Hoxe nada mais cheguei da fin de semana botei man da camiseta que deron na II ruta sacra e saín ver o que podía correr cos 28º que había...

10.8 km en 50' (4'36") Non estivo mal; mais que nada polos ritmos das zonas que decín 'controlar' porque ia doado...

Así pois inicio o circuito correr en Galicia de carreiras populares 2010/2011 neste novo rol de 'aínda mais lento' e coa teima de mante-la primeira división na individual e axudar á miña equipa (LOS ÚLTIMOS DE FILIPINAS) a quedar entre os 10 mellores da primeira división. Para elo debo facer moitos puntos antes da pausa do "mais lonxe posible" o que implica: Correr o día 5 en Petín, o día 8 a millaencina (esta non puntúa, mais mola correr en casa), o día 11 o minitrail do fluvial, o 19 o cross de Penedos do lobo, o 26 ·····, o 3 de Outubro (si as guardias o permiten) ···· O que mais me pesa é que non vou correr a milla de O Barco o único ano que non me cadra coa carreira de penedos porque teño que traballar...

27 ago. 2010

II ruta sacra de Cacabelos

A proba: unha andaina-carreira polas ermidas e igrexas do concello de Cacabelos organizada por Chus Alonso e coa axuda do concello e a D.O. bierzo. 15 km cun perfil cheo de tachuelas ata o km 10.

Ambiente: moi bó malía non haber unha grandísima participación (difusión escasa) da xente habitual do bierzo botamos de menos a algún(ha) mancado ou de viaxe.



Eu: Pois eu estaba moi animado pensando en trotar con xente e tal, bebín pola tarde e antes da proba porque sentía calor e quencimos o xusto. Saimos a un ritmo soportable e falando con Basurko da súa preparación para as probas que vai facer, subimos Pieiros xuntos e no tramo cara a San Clemente xa se acelerou a cousa e me fun deixando caer pero por cuestión de ritmo natural... na costa de San clemente aínda me sentín normal e subín con bó ritmo...xa na baixada cara a Villabuena non me vin fino e a camiseta me agobiaba así que a quitei, dinme conta que ía mal cando me tiveron que avisar do desvío cara á capela de Villabuena e na subida non era quen de seguir ritmo ningún.

O resto é a historia dunha páxara como un templo, o que aínda me sorprende son os ritmos que saen no Sportypal pois saíndo de Quilós hai tramos que marcan 4:30 e non me semella a mín que fose a ese ritmo...custoume moito chegar pero sabía que si paraba ia precisar asistencia así que seguin o mais amodo que puiden.

Pasei unha noite toledana cunha diarrea espectacular mais propia dunha gastroenterite que de unha deshidratación... pero coido que vou ir a Cambados ó triatlón.

26 ago. 2010

Afacendonos

Como unha parella que se decide a convivir así "auga" mais eu andamos...organizándonos e tal.

Hoxe igual que antonte e iso que había moito aire do oeste; na subida do Novo sentinme algo mais enteiro pero os datos non son significativos.

25 ago. 2010

24 ago. 2010

Vaia se hai diferencia¡

Hoxe estreei a "auga"... a miña nova bici.

Saín pensando que si tería que parar a facer axustes, que si non me ia afacer ó cambio, que si ós desenrolos novos, patatín, patatán...

Para non me enganar collin o mesmo roteiro do fatídico día...


40.5 km en 1h e 22' (29km/h) e iso que na subida do Novo xa sentín o curto de forma que estou... de tódolos xeitos debería seguir adestrando cunha bici mais pesada de cando en vez non si?

23 ago. 2010

Constancia e boas novas

Natación 50+100+1000+4x200 rec 50 (4'16",4'14",4'20" e 4'24") Moi boas sensacions malia que os tempos foron así de malos tendo en conta que as series foron tras 1100 mts.

A boa nova foi que hoxe me confirmaron a recepción da bici nova que estrearei mañan se non xorde inconvinte.

22 ago. 2010

Rabeando

Aínda non sei como me puido pasar, pero así foi. Despisteime e perdín a oportunidade de participar na carreira do diaño de Artes. Á hora da proba eu andaba tan pichi pola praia vendo a unha formación de golfiños que pasaba moi perto da costa e pensando que estaba un bó día para correr...

Xa de volta na casa saín correr 48' e teño que anotar que si ben en reposo o tema do pé dereito é doloroso, correrndo non me afecta.

21 ago. 2010

Travesía do Carme dos pincheiros

Hoxe acudín a esta travesía co ánimo de facer algo mais de esforzo que nadar ó meu ritmo e non me perder..a auga estaba moi boa e había participantes dabondo como para pensar que non precisaría mirar moito para as boias como orienteación.

Na saída deixeime nun costado para non ser arroiado pola tropa de tritóns habituais destas xeiras, fun collendo ritmo e mirando para os nadadores que me pasaban pola esquerda ata que xa vin a 1ª boia perto, no troco de dirección cadrou que levaba dous nadadores perto na liña de avance e que xusto diante estaba o remolcador que facía ben de referencia así que decidín apretarme e por primeira vez neste tipo de probas achegueime a quen iba diante miña, viramos a derradeira boia e xa cara á rampa da meta adiantei a eses e a outros 3 nadadores tentando sempre apretarme no ritmo e na respiración e empregando ós nadadores de adiante como referencia.

24' non é bó tempo si realmente foron 1000 metros, pero non me sentín canso nin me desorientei o que me deixa moi satisfeito.

20 ago. 2010

Fun, sun & surf e fascite plantar.

Onte (19) foi un día de repouso activo facendo algo de bodyboard na praia das furnas e paseando pola area.

Hoxe a tónica era a mesma mais na praia do Vilar...e non puiden resistirme así que coa marea baixa e o atardecer corrin os 8 km da praia descalzo...o resultado será mañan unha dor de pé tremendo pois esta fascite sufre moito co andar descalzo. Terei que ver de porlle remedio cando volte da viaxe de outubro; mentras...aguantar.

18 ago. 2010

Completo

Bueno, hoxe un pouco de todo.

Pola fresca; 11 km en 49'

Logo camiñada Ponferrada-Villafranca coa tropa facendo parada en Cacabelos a xantar.

Pola tarde; Natación 50+100+1000+100

Non sei como respostarán as miñas articulacions; curiosamente nadando sentinme moi ben.

16 ago. 2010

De nada vale rabear cando non se ladrou a tempo

Outra dobraxe.

Hoxe fun comproba-la diferencia entre a auga do pantano e a da piscina...esta SI que está fria, ademais comprobei como o cloro cura as feridas dos pezons.

50+400+4x200

Rabeo bastante porque onte non me esforcei moito que se diga...puiden facer ata 2' menos, pero xa non vale de nada lamentarse; por certo que buscando crónicas ou fotos atopei fotos do duatlon do ano pasado.

Estreando zapas e medindo novas alternativas

Aproveitei uns recados para facer "camiño de volta" sen prisas e proba-las novas adidas Hawk



11.7 km 55' e iso que tiven que parar por mor dun camiño cortado (por auga¡¡¡).

Descubrín porqué emprego esparadrapos nos pezons unha vez mais.

15 ago. 2010

A travesia do naútico

Bueno, tocaba nadar e tiña gañas de probar o pantano...a verdade é que paga a pena pola xente e porque a auga está pero que moi boa; supoño que ir nadar aló tódolos días é unha cuestión de costume aínda que a min me metería medo que me deran un golpe cunha lancha.

Desta só me perdín un pouco e fixen a proba (1100 mts) en 22' o que ven sendo o meu tempo habitual.

14 ago. 2010

Cross de Torre e circuitada.

Bueno, hoxe é unha data importante. Remata o circuito Correr en Galicia de carreiras populares 2009/2010 e estanse a toma-las decisions finais de cara ó circuito 2010/2011.

Eu pola miña banda fun correr a Torre del bierzo o "Cross de Gus" e non me podo queixar pois facer unha carreira con ese perfil a 4'32" non entraba nas miñas posibilidades hai ben pouco. 11 km en 49'54"



Moita mais xente da que eu previn e moita xente "rápida"; carreira vistosa para o espectador polo doble paso pola vila e dura para o corredor polas rampas que encerra. Eu fun ben ata o km 8 no que a derradeira subida (ou o derradeiro suministro de auga) me doblou e perdín comba coa xente coa que ia; e ainda facendo a baixada a fume de carozo xa non puiden contactar. Quedei de 43 dun total de 114

Carreira recomendable, ben sinalizada e con avituallamentos dabondo, inscripción simbólica e boas pezas para os coleccionistas.

O CIRCUITO DA DEPUTACIÓN

Estes días lin na prensa e no blogue da xente da media maraton de León que a deputación provincial vai promover un circuito de carreiras populares cun calendario unificado...as condicions ofrecen poucas dúbidas e o anuncio do circuito e das probas a incluir seica se vai producir con antelación dabondo.

13 ago. 2010

12 ago. 2010

Terceira dobraxe

Pola mañan corrin...8.30 km en 38' peores sensacions que rendemento...de feito seguín sudando 20' mais.



Pola tarde Natación 50+100+1600 (32') non collín ritmo porque pensei no de mañan e no cross do sábado.

10 ago. 2010

Segunda Dobraxe

Pola mañan fun correndo ó choio, facendo algo de Farlek...

O Sportypal comeulle a batería ó mobil perto da chegada, no grafico a pantalla completa vense ben os trocos; a media está mal calculada polo coñecido fenómeno do xiro de 180º que impide ós GPS facer ben os cálculos.

11.700 mts en 55'



Pola tarde Natación: 50+100+6x200 (rec 50). Boas sensacions.

9 ago. 2010

Refrescando

Natación 20+700+8 voltas seguidas á piscina de 50 (+/-120 cada volta) nada que ver co mar de onte nin por axitación nin por flotabilidade...

8 ago. 2010

A ruta do pontiñas

O amanecer no deza foi fresco, non fixen unha gran media, pero adestrei que é o que suma.

14.2 km 1h08'

6 ago. 2010

Ben de fondo mal de forma

Hoxe era inexcusable ir correr, porque mañan non sei si poderei e con 34º e cansado de durmir mal pois as cousas só teñen unha saída:

11 km 52'

5 ago. 2010

Mais natacion

Dado que non sei ben que vou facer esta finde penso que é mellor sermos conservador e tentar correr o sábado mais o domingo pola fresca da mañan así que hoxe..auga.

50+1000+200+100

4 ago. 2010

Trampeando a bici

Como non quero que a pequena mellora (20" por km) acadada se vaia ó traste e penso que se debeu en boa medida o mellor tono dos cuadriceps gracias a unha maior frecuencia de saídas na bici (que non porque os percorridos fosen longos ou duros) decidin sair na bici que teño "urbana" ainda que sexa unha estampa algo ridicula.

Hoxe só fixen 45'; iso si, movendo desenrolo grande todo o tempo. Será o que me quede ata o 23 de Agosto, eso e rezar para que se cumpra o prazo de entrega.

3 ago. 2010

Dobraxe e complicacions no Kanlendario

Hoxe dobrei: Natación 50+100+4x250 Sentinme moi ben e estou rabeoso por non ter bici.

Teño que facer malabares de aquí a Outubro para poder cumplir os caprichos que me propoño; ir a un triatlón está complicado pois ó de Allariz o 21 VSQN que non terei bici ata o 23 e o de Cambados semella a única opción...Antes irei ó cross de Torre o 14 e rezarei para ir á carreira de O diaño en Artes (ribeira) o 22.

Para logo queda o tema da media maraton de Petín (o 5 de Septembro) que me temo que vai cadrar coa milla da encina en Ponferrada pero que ten prioridade por ser unha actividade "de clube"; e a Maraton de Penedos do lobo (o 19 de Septembro) que vai cadrar ou cos milla de O Barco ou coas festas de Lalín pero que xa non quero que pase mais tempo sen "mete-la no saco"...quédanme na 'reserva' a media de Vigo -nautico- o (26 de Septembro) ou a Maraton de Ourense (o 3 de Outubro).

Vaites, si un Kandpalleiro coma min ten estes problemas cales non serán as cábalas de gacelos como Lolo Penas?

Matinal de verán

Aproveitando a fresca fun nun trote cara ó choio cos peregrinos e os paxaros.

12 km 56'



Con moita mellor media que vai 1 mes...

1 ago. 2010

Natación

Refrescándome na piscina de verán. 50+1500+9x50

Non puiden compaxinar o tema familiar con ir a animar a Basurco porque non se pode estar en misa e repicando.