21 sept 2013

Fago exercicio ou deporte?

Son as cousas do paso do tempo e da propia natureza un perde o que nunca tivo "capacidade competitiva" e gaña en conciencia do que precisa...

A actividade física como ferramenta de saúde non implica "per sé" facer deporte senon exercicio... pero Hai diferencia? A diferencia está na pertenza a unha organización (clube), en ter unha ficha (e un seguro), en participar en probas????

Penso que non, que a diferencia está, como en moitas cousas na ACTITUDE... un deportista sempre quere gañar (na xeral, na categoría, no paso diante da casa...). No exercicio o que conta é o que es quen de facer a cada intre porque non é tanto a idade como outras cousas o que marcan o que podes ou non facer en cada ocasión... Mentras que no deporte conta o que fas un día (a proba) no exercicio conta un contínuo, unha tendencia...

Cando moita xente fala dos problemas que teñen "por facer deporte" eu lles resposto que o que teñen que facer é exercicio e deixa-lo deporte para os que poden... pero haivos moita xente que só existe por ser mais que outros, por gañar inda que sexa "en broma"... e non digo que sermos competitivos sexa negativo; o negativo ven de ser competitivo ata o extremo de non ser quen de saber onde está o propio límite.

7 sept 2013

Repetín en Petín

Hoxe tocou voltar a participar na dura media maratón de Petín, desta volta ó non ser campionato galego eramos ben menos (71 chegamos desta frente ós 164 do 2010) pero eso non lle quitou o nivelazo humano que ten a organización e o agradable de correr polas terras de valdeorras.

A meteoroloxía foi moi favorable pois ós 25º vianse suavizados en gran medida pola brisa do nordeste que no segundo tramo nos deu de fronte.

A min persoalmente saiume unha proba expectacular e totalmente inversa á de vai 3 anos... si daquela me reservei ó principio e logo fun en boa compaña na segunda parte desta collín unha grupeta boa ó principio e fun nesa compaña ata o km 10 (44'21") no que baixei o ritmo para comer unha barriña e xa fixen o resto da proba só... afrontando as costas... para rematar en 1h 38' 19" só 1' mais que daquela e no posto 31 1:38:21 polo SportyPal.

A organización foi outra volta impecable; só se me ocurre que deberan abri-los contenedores do percorrido para non vernos obrigados a bota-lo lixo ó chan... que non podemos enlixa-lo entorno polo que disfrutamos correndo.


1 sept 2013