31 oct 2020

Minimos en outubro.

 Non me podo queixar dado o contexto e as circunstancias persoais e meteorolóxicas acadei os mínimos que tiña na cachola...

Chapoterar 20,4 km

Pedalear 199,9 km

1 oct 2020

Septembro 2020 cumplido

 Non estará ben visto que neste ano un diga que ten acadado os obxectivos mais... eso é o que pasou.


Pedaleo: 512,1 km

Chapoteo: 21,3 km

1 sept 2020

O mellor mes ciclista

 Este agosto presentabase como unha oportunidade pois as circunstancias apuntaban a ter moitas ocasions para sair coa fraca... malía que finalmente non as aproveitei todas e que houbo uns días de mal tempo cumrpin coa espectativa tanto cuantitativa como cualitativamente pois os 806 km do mes incluen algunhas cotas que malía a súa modestia obxectiva constituen hitos no plano persoal.



O Chapoteo viuse afectado por tanta actividade de pedais e porque a infraestructura resulta algo complicada así que quedeime nos 15,9 km.

Tedes os perfis de ruta no Strava que agora se pode ver no lateral do blog.



1 ago 2020

Xullo mixto

En xullo por fin puiden nadar e tivo que ser no mar en Mera pois aquí o tema das piscinas cubertas segue fora de uso... abriron as descubertas gratis e con un sistema de reservas online que me fai ocupar todo un turno (de 11 a 15 ou de 15 a 20) para ir unha hora e media a nadar. 22,5 km


Pedaleando seguimos ahí aproveitando a fresca da mañan... pero non me atrevín a levar á fraca a Artrabia. 618,3 km


1 jul 2020

Xuño seco

E non pode ser; neste mes non conquerín facer vale-lo meu dereito e facer uso das piscinas cubertas pois non se acadou un protocolo de uso seguro ou non se quixo facer.

Pedaleei 728,2 km

31 may 2020

Maio desconfinado

O 8 de maio din negativo na PCR xusto a tempo para coller a fraca... sen sair dos límites do concello de Ponferrada.

Conquerin pedalear 403 km no mes.

Malía que non ten ningunha importancia estou contento de ter mellorado o tempo dalgun tramo dos que fago mais habitualmente como a subida da N-VI cara a ponte "do xofre"... certo é que tiven duas "lebres" mais ninguén da pedales por min.


1 may 2020

Abril roubado.

O SARS-CoV-2 roubounos Abril e ainda menos mal... a vida ten trocado moito mais seguimos.

Non hai pois actividade física que engadir ó que viñamos facendo mais facemos outras cousas; por exemplo fago o "método Tabata" unha vez ó día e 2 ou 3 tablas de 5' de "rutina express".

Ogalla nos vexamos ó "outro lado" pronto...  e que non nos rouben mais Abril...


14 abr 2020

Coroando marzo

Un resumo confinado.

Rematei Marzo no plano deportivo o día 12 co peche da piscina e o medo a caer na bici e ir a estorbar nun hospital.

Chapoteo: 10,3
Pedaleo: 89,6

29 feb 2020

Longo febreiro

Non foi un febreiro moi bó; cadraron cousas persoais e profesionais cunha meteoroloxía non moi boa e non acadei mais que os niveis mínimos.

Chapotear 20,6 km
Pedalear 175,9 km

1 feb 2020

Vinte en xaneiro

Escomenzamos o ano mais visto (vinte vinte) constantando o troco do clima pois xa levamos dúas saídas "de corto" en xaneiro; polo demais nin tan mal.

Chapoteo 25,2 km
Pedaleo: 255,2 km