31 dic. 2012

Resumo 2012

Pois aló vai outro ano; este non foi nada bó nesto do deporte e ainda así fixen ben cousas...

Participei en 14 probas 5 delas medias maratons (ou case) pero non puiden nin sequera adestrar para tenta-lo reto da 10ª maraton...

Sumando o que fixen adestrando percorrín 1394 km correndo,  mais de 1022 na bici e 92 a nado (estes só contando dende maio) nas 242 sesions que teño rexistradas neste blogue... en fin, que o 13 me permita seguir con isto e mellorar o que se poda e vos que o vexades.

A de Silvestre...

Xa saberedes que non son de monarcas nin de santos así que hoxe corrín a de silvestre... que para mín ven sendo este:

Ainda que eu cando corro ou fago deporte me gusta sentirme mais así:


Total remato esta agrupación de días que viñemos chamando 2012 con outros 11 km en 52' para esta noite deixo programada outra entrada resumo...

30 dic. 2012

Amanecendo en Samil

Outro adestramento na lembranza ainda que a Samil si teño vido mais veces nestes anos... ó final ata corrín pola area que lle tiña gañas.

9.2 km en 47'

28 dic. 2012

Entre as lembranzas de Castrelos

Hoxe fun trotar por Castrelos... coido que había 20 anos que non o facía... nin qué decir ten que non coñecía o paseo do lagares; ten moito que mellorar en seguridade, hai un par de cruces que... bueno; o tema é que foi unha experiencia lembrar as voltas do circuito e unha alegría ver a tanta xente adestrando e ver os postes coas marcas cada 100 mts da volta de 1 km.... non me sentín nada só entre a moita xente que había estaba Carlos Adán co que xa coincidía daquela e tamén coa mesma diferencia de velocidade entre os dous....

Eu mirei cara atrás e pensei en todo o camiño percorrido e me sentín moi afortunado.

14.7 km en 1h 12'

27 dic. 2012

Entre enchentas

Hoxe saín xusto de tempo pero con forzas así que fixen 13.3 km en 1h 1' o que non está nada mal en vista dos tempos destes días. Agora a unha de rememorar... e xa rematamo-lo ano.

24 dic. 2012

A de facer sitio

Tocan dúas papatorias das que nos obriga o costume e que non se poden eludir... hai que facer sitio

15.2 Km 1h 12'

22 dic. 2012

Auga serea

E tocou agua que logo ata o 26 xa non se pode... así que me dediquei a disfrutala en compaña da miña serea...

200 + 1500

21 dic. 2012

Retomando camiños na noite

E por fin pensei que estaban tódolos percorridos abertos e me lancei a ir correndo ó choio... pero ainda tiven que dar para atrás unha vez.

9.22 km en 44'

18 dic. 2012

A de sentirse ben

Hoxe tocou... Fun doado, descansando señor me preocupar...

10 km 47'


17 dic. 2012

Soltando as pernas

Natación sen pretensión só solta-las pernas...

150 + 1250

16 dic. 2012

A media das congostras

Hoxe tocou unha PROBA ben distinta do que temos en mente cando falamos dunha media maratón i é que o de Caldas foi un loitar contra os elementos de tal xeito que o de menos foi cómo rematar senon rematar en sí mesmo...

O caso é que foron 19,5 km en 1h 29' e que xa estou para outra


13 dic. 2012

Metade da metade

Hoxe quería rodar menos... pero como a primeira volta me saiu fatal prolonguei e saiume mais da metade da metade do que quero facer en Maio...

12.3 km en 59'

12 dic. 2012

Auga mansa

Unha tanda suave como si auga amansase á fiera... 150 + 1100

11 dic. 2012

Buscando a cidade onde moro

Hoxe foi unha cousa surrealista... corrín non sei por donde e non sei con quen... había tanta néboa que a 50 mts non se veia nada...

12.63 km en 1h

9 dic. 2012

Trocos por medo

Foivos así; o sol estaba a porse e prometía unha xiada monumental... e decidinme a saír... e mentres me preparaba lembrei que no paseo desta mañan escoitei os disparos dos cazadores polo escaril... e veume a idea: Uns trocos.

foron 11 km en 50' e fixen 5 trocos de ritmo que non destacan no gráfico pero si as pausa... en fin é un xeito de ir pasando o tempo; si nada malo pasa estrearei a media de Caldas de reis o vindeiro domingo.

8 dic. 2012

Rodaxe mellorada

Estou voltando a collerlle gusto ó "camino del escaril" e desta foime mellor que antonte mais que nada porque mellorei na segunda parte, tiña mellores sensacions e non descarto quedar mañan na casa para non topar cos cazadores.

15.7 km 1h14'

6 dic. 2012

Rodaxe de inverno...

Bueno, seica un pouco peor que antonte, pero eu sentinme ben... que é o que conta de feito tiven calor porque calculei mal e puxen a roupa de frio intenso e non facía tanto.

15.5 km 1h 15'

5 dic. 2012

Desatascando a pintura

Tras 36 horas pintando pensei que tería as articulaciona afrouxadas... pero non.

150 + 50 + 1000 + 300 (alternando 50 lentos e rápidos)

3 dic. 2012

Non fun eu era o frío

Hoxe saída matutina para aproveita-la tarde de recados... mellores sensacions que onte e con mais percorrido

15.3 km 1h 13'

2 dic. 2012

A oportunidade perdida en Valdeorras

Foi cuestión de 3 horas pero por isa marxe non puiden participar no cross do salgueiral... mágoa porque mentres eu fixen un duro adestramento entre a xiada e a néboa eles tiveron un intre de sol moi chulo.

13.7 km en 1h 7'

30 nov. 2012

Retomando vellos camiños

A miña ruta da zona de los barrios estaba orfa... disfrutei dunha saída de outono con tódolos ingredientes.

15 km 1h 12' 

29 nov. 2012

27 nov. 2012

Volta ó rego...

A noite me devolveu á realidade... do ritmo lento e as sensacions estranas nas pernas...

11.5 km en 55'30"

26 nov. 2012

Seguindo a onda...

Hoxe tocaba auga... e tocou seguir disfrutando do "espá"* porque rematei con moita forza e boas sensacions...

150 + 1250

*espá = E(s) pa' repetilo...

25 nov. 2012

A sorpresa de Arousa

Hoxe participei na Media Maratón de Vilagarcía de Arousa coa intención de completa-lo percorrido nun limite de 1h 40' pero a cousa foime moi favorablemente e rematei en 1h 31' 57" (segundo Championchip) ritmo medio de 4'22"  Como SportyPal non mediu ben... vos poño un cálculo de ritmos segundo a cronometraxe...

ata o km 3.5 15' 55" (4'18")
no km 7 30'28" (4'09")
no km 10.5 46'23" (4'32")
no km 14 1h 1' 6" (4'12")
no km 17.5 1h 17' 22" (4'38")
ultimos 3.5 km a (4'10")

Dende logo non debo deixar pasa-la ocasión de agradecerlle a eskijama a labor e "metronomo" durante mais da metade da proba... a cousa houbera sido diferente si non teño esa referencia. Fixen o posto 190 dos 426 chegados á meta.

As sensacions foron boas sobor de todo ó final e iso que facía meses que non pasaba dos 16km de adestramento.

23 nov. 2012

Rodaxe despedida

Bueno, marchar non marcho; pero Xa me despido da ilusión de mellora que puiden ter nalgún intre

11.65 km en 54' http://www.sportypal.com/Workouts/Details/2792452

22 nov. 2012

21 nov. 2012

Ensaio de derrumbe por troco de plans

Hoxe colleume a contrapé o tema e sentoume mal a sesión... pode que polo horario ou polo seguido das saídas...

13.5 km en 1h 6' Foi como corre-la segunda metade dunha media maratón cando che dá unha páxara.

20 nov. 2012

Arriscando a alongar

Hoxe tocaba facer algo mais... E se fixo

14.4 km en 1h 9'

Estreo a app de blogger para iPad... Non me gosta moito

19 nov. 2012

Recuperación en pé e na auga

Hoxe tocou unha boa mañan en pé alí; na coviña... xa pola noite un paseo e auga¡¡¡

150 + 1450

18 nov. 2012

A formiña de San Martiño

Uns din que un "veraniño" eu digo que é unha especie de estado de forma efímero que cadra coa popular carreira ourensana...

Foime moi ben, disfruteina moito e saiume ben e non me manquei

O Sportypal dí que fíxen 42'22" en 10.4 km ChampionChip dí que fixen 42'23" (42'09" neto) posto 769 dun total de 3768 chegados á meta

Como dato e aínda que o tempo e o posto foron peores este ano que o anterior eu coido que corrín mellor e o gráfico comparado do Sportypal o refrenda...

Comparación de ritmo de carreira San Martiño 2011 (verde) e 2012 (azul) 
Os tempos de paso polo km 5 (22'50") e 8 (33'42") veñen dicindo que:

Nos primeiros 5 km fixen unha media de 4'34"
do 5 ó 8 fixen 10'52" media de 3'37" (así cheguei alí reventadiño)
e do 8 á meta 8'41"  media de 4'20" pero o sportypal dí que os derradeiros 500 mts voei...

16 nov. 2012

15 nov. 2012

Restablecendo o nivel

Seica o espellismo rematou... hoxe tentei voltar a correr pero me saiu "eso" que non é o de antes, pero pode valer...

10.5 km en 50'

14 nov. 2012

13 nov. 2012

Auguiña costa abaixo

Hoxe a natación foi un paseo costa abaixo...

150 + 150 +1100

12 nov. 2012

Rodaxe mellorada

Pois o programa desta semana obrígoume a trocar a rutina e facer hoxe unha rodaxe... tiña eu algo de temor, pero saiume moi ben.

10.6 km en 45'56"

11 nov. 2012

Apoiando á familia do ADAS

Tocou ir ata O Barco para participar na festa da carreira dos santiños con esta gran familia á que penso que temos que apoiar agora mais que nunca...


Porque fan unha labor de apoio social por medio do deporte e porque aportan valor a tódolo que fan.

A min a proba foime moi ben, disfrutei, me esforcei e non me manquei.

6.9 km 28'35" 

10 nov. 2012

Lixeiro e prestoso

Un pouco de auga nun día de chuvia agardando mais chuvia para mañan...

150 + 1100

9 nov. 2012

Voltando á madrugada

Hoxe voltei a ir correndo ó choio como facía antes de, como fixen durante e como penso seguir facendo (agora cando me pete ou me veña ben para a 'axenda familiar')

9.2 km 44' Nin fun rápido nin tiña intención... ando a cubrir expediente iso si, co ollo posto na maraton de Coruña de maio... pero aínda é pronto para facer plans e está o entroido polo medio que xa se sabe, son vacacions, ou o que cadre.


8 nov. 2012

A dos 45

Hoxe sería un día especial se non fose porque teño a teima de facer de todos os días días especiais...

150 + 1400 Non forcei para poder ir mañan correndo... a ver qué pasa.

6 nov. 2012

Herba solitaria

Hoxe foi unha sesión ben curiosa, sensacions estranas pero mellor tempo que antonte.

11 km 51' 

5 nov. 2012

Afogando vencellos

Teño que me afacer a pensar en cousas diferentes cando fago deporte...

150 + 1350

4 nov. 2012

Longo de domingo

Bueno, por chamarlle algo; o caso é que fun adestrar... e non me manquei

10.9 km 53'

2 nov. 2012

Mais auga que espalda

Ando ahí ahí co tema do xemelgo esquerdo; hoxe deixoume facer unha camiñada e un pouco de natación...

150 + 1050

1 nov. 2012

Rodaxe con precaución

Hoxe no paseo matutino sentín certa pancada no xemelgo e non tiña claro si ir ou non trotar; ó final fun sen consecuencias aparentes.

8.2 km 38'20"

31 oct. 2012

Sentindo a auga pesada

Estaba ben... pero deixei unha semana de nadar e...

 100 + 150 + 1000 O rollo das gafas tamén me desconcentra pero a verdade é que se me fixo algo longo.

30 oct. 2012

A rodaxe tranquila

Hoxe tocaba rodaxe tranquila e puido ser... onte tocaba nadar e non se puido había unha "sesión non programada" de apoio moral.

10.8 km en 52'

28 oct. 2012

O lugar onde aplauden as pedras

Outra pedestre mais... e van... O certo é que ainda que sigo empeorando me sinto moi afortunado de poder participar e rematar esta querida carreira e mais con un día tan bó como o que disfrutamos e co ambiente de festa deportiva que reinaba. Foi tanto o que disfrutei que ata sentín que as pedras aplaudían.

51'36" para os 12.2 km da carreira (Posto 740 de 3000 e pico )


24 oct. 2012

Segunda rodaxe en Burgoslavia

Outra volta saín correr pola beira do Arlanzón... desta volta só

10.25 Km 49'30"

23 oct. 2012

Rodaxe polo Arlanzón

Aquí ando a formarme... que xa se sabe que estou mal feito...

Hoxe en compaña aproveitando a tarde 11.7 km en 57' 

20 oct. 2012

Voltando á ruta tráxica

E hoxe tocou voltar a face-la ruta do curro... Non pasou nada pero aínda estou moi verde

9.5 km  en 46'

19 oct. 2012

Augas intensas

Hoxe foi unha boas sesión...

150 + 1500 en 29'

16 oct. 2012

15 oct. 2012

Retomando contacto

Unhas voltas na auga... e na cachola...

100 + 1000

14 oct. 2012

As semanas do trote

Chegou a hora de trotar e o tempo semella alinearse para elo...

8.2 km en 40'  Molestanme as articulacions e o xemelgo tensouse, pero aguantou.

Arrepentido de non leva-los trastos de viaxe... en Bruxas tiña un sitio caralludo para correr...

6 oct. 2012

Derradeira auga antes do norte...

Hoxe un pouco de natación antes dunha pausa...

200 + 500 + 7 x (100+25 rec)

4 oct. 2012

Auga e reloxio

E hoxe me animei a ver si sacaba rendemento das series...

150 + 1500 (29') + 50

3 oct. 2012

Obras e serpe

O Bierzo é unha zona privilexiada... está pragada de obras... ó asfaltado da vella N.VI en Cacabelos xúntaselle o peche da N.120 na barosa... e eu empecinado en pasar por alí...

59.5 km 2h 15' Mellor que a outra vez e iso que ata o alto o vento de cara era molesto...xusto na subida pasoume algo curioso... había unha serpe na estrada no meu carril, sorte que a vin de lonxe e a esquivei, estaba feita un gurruño, pero debía medir 40 cm. Dende o alto fun aturandome o que non é pouco.

2 oct. 2012

Contra vento e pedras

Hoxe voltou a tocar a dos pedais... pero coa mala sorte de que están asfaltando e Cacabelos era como un campo minado de pedras... total que pinchei, pero fixen como antes; cambie a cámara e a seguir.

40.8 km en 1h 29'

30 sept. 2012

Remate de Septembro coa colleita

Saída na bici á desesperada... por falta de lua colleiteira... fun polo sol. Collín 2 tractores e escapei de outros dous.

49 km en 1h 46' aproveitei para estrea-la entrada a Ponferrada... casi.

29 sept. 2012

Buscando solucions tecnolóxicas na auga

Hoxe adiquei o adestramento a pensar cómo correxir a miña tendencia a non estirar ou estirar pouco... que é a causa dos meus problemas musculares.

Vai tempo que teño o libro "estirandose" de Bob Anderson un libro moi coñecido cunhas ilustracions moi características; o tema é que as indicacions dos exercicios, a súa orde e os seus tempos non son quen de memorizalos e pensei na axuda tecnolóxica.

Nun principio busquei baixa-lo libro en PDF ó iPhone e para ver os exercicios pode valer... pero esto ten que dar para mais... ten que valer para que o propio trebello vixie (se queres) que fas o exercicio correctamente e o tempo axeitado... deberías poder ver unha animación de cada exercicio si precisas aclarar como se fai... en fin... a cabeza non para.

150 + 2000 + 50 rec

Coido que fixen 42' os 2 km; non esta mal para ir "sen prisa".

26 sept. 2012

Seguimos seriando

Outra de tentativa de series, desta longas...

150 + 500 + 50 rec + 2x400 + 50 forte

24 sept. 2012

Condea a vento e auga

Outra tanda de piscina

150 + 1000 + 4x(100 rec 25)

22 sept. 2012

Estreando o Lalin Arena

Finde da festa da vila, tocaba nadar e recuperar das series de antonte... Boa instalación, outra cousa é respostar as cuestións que o troco de emprazamento e os seus argumentos nos plantexa


150+1600

20 sept. 2012

Series ou bromas

Unhas poucas series para mante-la esperanza de mellorar

150 + 500 + 6x(100 rec 25)

19 sept. 2012

De penuria

Hoxe non tocaba así, pero pasou.

Ata a ponte da barosa aínda fun tirando, pero logo deume un baixón e o aire de fronte rematou a faena.

59 km 1h 19'

18 sept. 2012

Auga champions

Aproveitei a tontería xeral para ir chapotear en solitario... ou case.

150+1100

17 sept. 2012

A ruta da revancha

Hoxe outra saída con mais ánimo do que me esperaba e mellor rendemento.

61 km 2h 16'

16 sept. 2012

O temido

Hoxe arestora estase a disputar a milla de Valdeorras... E non voy ser da partida por mor desta lesión o que mais me preocupa é que ó ser na perna dereita semellame de mais difícil recuperación.

Non quería faltar a esta cita pois foi nela na que ideei o alcume de Kandpalleiro vía 8 anos pero é visto que non se escolle a data para os problemas.

14 sept. 2012

Cicatrizando...

Hoxe collín a bici para tentar escomenzar a cicatrizar non con moita forza pero espero que con mellor sorte.

45 km 1h 38'

12 sept. 2012

A recuperación mais curta da historia

tra-lo  do luns hoxe me decidín a probar e, ós 6 kilómetros... outra vaca no millo.

Non ia mal, e non tivera molestias...  simplemente rachou outra volta.

11 sept. 2012

Tentando traballar

Hoxe unha sesión de "traballo" na piscina de 25 mts.

150 + 400 + 9 x (25+100)

10 sept. 2012

Auga do norte e primeiro trote

Hoxe fixemos unha viaxe para unha pequena excursión habitual tódolos anos e aproveitei para facer unha pequena dobre sesión:

1500 mts de natación

1 km de trote pola praia

Mágoa que o acuatlon de Cedeira sexa o 29 porque disfrutei a natación... e o trote foi agradable e sen problemas.

9 sept. 2012

Empeorando a media mellorando o esforzo

Outra volta coa subida a Ocero, desta vez tiven azos de entrar por Roldan... e claro, a media resentiuse, pero o corpo o aproveitou.

50.9 km 1H 55'

7 sept. 2012

Duas tandas en duas augas

Aproveitar que pouca praia pode quedar

Este día puiden ir a San Amaro pola mañan e facer 4 voltas longas que calculadas no G Earth serán uns 800 mts

Pola tarde fumos a Orzán e a fixen dun lado a outro e metade e co mesmo sistema deume 1000 mts

Así que 1800 mts no día.

5 sept. 2012

Herba fresca

Outra saída na bici tentando coller fondo e forza... pero vai ser que non.

50 km 1H 52'

Non sei si o afogamento que tiven ó principio foi de estar de baixa forma ou da cantidade de herba cortada que había na beira da estrada...

4 sept. 2012

Volta ó curto

Volta ó mareo da piscina de 25 mts.

150 + 1550

2 sept. 2012

Acumulando kilómetros por adaptación

Hoxe tocaría nadar e plan tiñamos para elo mais.... a realidade manda e hai que saber sairlle ó paso.

Unha saída en Bici a menos de 12 horas da outra e buscando facer mais kilómetros para ver si as pernas se afán

60.5 km 2h 20' o tramo da N-VI foi verdadeiramente penoso, as pernas doíanme e o cú tamén... como contrapartida nas subidas tiven un mellor rendemento

1 sept. 2012

Pedais de rabia

Hoxe o plano eravos ben diferente... pero hai que ter saídas... O tema era ir andar na bici pola mañan e ir ve-la etapa ó porto de Ancares pola tarde.

Pola mañan collín a bici, pero por ser curto de miras non tiña cambiado a cuberta de atrás que xa estaba nos fios e... no km 10 pinchei.

Á 1 collemos o coche para ir ata Ancares pensando en deixa-lo coche no alto porque a meta estaba un par de kilómetros mais abaixo, pero ó chegar a Tejedo xa nos facían parar e había 10 km ata a meta... así que demo-la volta.

Pero non me rindo... e con rabia pero sen fortuna saín facer unha volta pequena na bici

45 km 1h 37'

30 ago. 2012

A despedida

Natación de despedida da piscina de 50 mts

150 + 500 + 8 voltas (> 850 mts)

29 ago. 2012

Ismael, a recollida da froita e as causas

Hoxe tocaba bicicleta, estiven  esperando a ver si amainaba o vento pero está claro que si Isaac está en américa hoxe aquí saiu Ismael...

43,8 km 1h 33'

Estaba a xente de Carracedo colleitando as mazás, pero non tiven sorte pois os tractores non entran na N-VI e terei que esperar á vendima para "atacar".

Estiven fixándome en que o problema da perna dereita ven de malas posturas na bici... "tiro" para arriba da perna e foise cargando o xemelgo, seino porque agora estou cargando na esquerda que me deu un par de caramios no remate...

28 ago. 2012

Rodaxe natatoria

Tan só na auga que no canto de facer longos din voltas pola piscina...

50 + 500 + 10 voltas (>1100)

26 ago. 2012

Outra natación no deserto

e hoxe tampouco había ninguén na piscina... que grande é a tontería do futbol.

50 + 1600

25 ago. 2012

Homenaxe a un ciclista descoñecido

Non debera, pero saín na bici coa única intención de pasar polo sitio onde antonte un ciclista foi ASESINADO por un conductor temerario... un xeito de lembrar o expostos que estamos a estas cousas.

55 km 2h

24 ago. 2012

Remate antes do inicio

E tocaba ir cedo por aquelo que esta tarde imos de festival... pero torceuse... e ós 3 kilómetros escomencei a sentir unha mancadela no sóleo da perna dereita e non podía cáseque pisar... alterei a ruta para  tentar non subir costas e chegar a tempo ó traballo.

8 km 43' Sorprendenme os ritmos rexistrados....

Sei que non dixera nada pero xa estaba a especular coas probas de Septembro nas que participar escomenzando pola media de Petín na que faría un adestramento longo e sen presas... agora todo eso queda  para mais adiante... lonxe, lonxe.

23 ago. 2012

Auga en solitario e outras preocupacions

Hoxe malia que o día estaba nebuloso fun nadar e atopei que a piscina era toda para min...

50 + 1650

Estou preocupado porque non teño claro que esta tempada levemos adiante o circuito de carreiras populares malia a que hai unha chea de xente que si atopa nel o estímulo san que queremos que sexa... pero as pequenas trifulcas repetidas durante anos fan mella no ánimo e desgastan.

En fin, aínda falta unha semana para escomenzar, hai marxe.

22 ago. 2012

Casí tri no bierzo

Hoxe, paseo de 6 km pola mañan... e Natación 50 + 1200 antes de xantar.

Pola tarde bici 45 km  en 1h 37'

21 ago. 2012

Matutino con vigor agrio

Tocaba ir pola fresca... apreteime algo dende que crucei a autovia pero en xeral o tempo é pésimo.

9.5 km 46'

20 ago. 2012

Natación motivante

Envioume a miña serea a nadar co atardecer e agradezollo porque me sentín con folgos e disfrutei...

50 + 150 + 1400

19 ago. 2012

Doblete berciano

Pois hoxe a envexa de saber que había un Tri en Ferrol e marqueime un doblete.

Matutino:

Natación 50 + 1550

Vespertino:

Bicicleta 39.7 km en 1h 23'

18 ago. 2012

Maula arrastrando resaca

Pola fresca que era o que tocaba i é a única hora na que se pode correr neste días caniculares... o rendemento de hoxe demostra que tomar 2 botellas de viño entre 2 non é bó para o deporte.

9.5 km en 47'

17 ago. 2012

Outra volta na calor Con sorte

Ola de calor... e eu a dar pedais; a verdade é que o sentín mais cando me daba de lado o sol que en calquer outro momento e a comparación coa mesma ruta fai un ano non me deixa mal parado (apenas 2' mais).

45 km 1h 42'

Vexo que tiven sorte ó non insistir na ruta de onte... o incendio teríame pillado.

15 ago. 2012

GAC modo AMC

Non foi o vento racheado do oeste, nin a calor, nin a costa do paso de Carucedo á N-120... foi o cú que me doeu arreo cara ó final ou todo xunto.

Total que Gordo (h)Aciendo Ciclismo en modo Ante todo Mucha Calma

55 km 2h 9'

14 ago. 2012

A proba de arrastre

Hoxe o clima non permitía outra cousa e saín a arrastrarme si ben é certo que fun lento tamén o é que nin o xeonllos nin o nocello me mancaron.

8 km 39'

13 ago. 2012

Nivel 0

Pois tra-las sesións de "encallecimento do cú" hoxe decidín a facer desta saída algo mais que un paseo; as condicions meteorolóxicas acompañaban (30º pero sensación térmica de 25º e brisa suroeste) e a mente precisaba un escape para os problemas da trinidade...

Así pois esta saída consideroa o "nivel 0" de ciclismo e non o vexo mal para levar dende marzo sen saír...

39.8 km 1h 22'

12 ago. 2012

Volta ó fogar

Cada quen ten uns recunchos no que se se sinte "na casa"; eso me pasa coa praia do vilar e hoxe tiven ocasión de voltar a trotar pola súa area... os meus xeonllos e nocellos non estaban moito pola labor pero eu disfruteino.

6 km 29'

10 ago. 2012

Os misterios das sensacions

Si antonte non disfrutrara nada do baño e me sentira lento e pesado hoxe foi diferente...

50 + 1350

9 ago. 2012

Cabeza e corpo

Hoxe o corpo pedía mais, pero a cabeza templou... 38º C... con facer o destes días era dabondo.

39 km 1h 25' chámame a atención que facendo o mesmo percorrido haxa estas diferencias na distancia... de tódolos xeitos os tempos si que concordan e indican "progresa con normalidade"

8 ago. 2012

Auga fria

Tocaba piscina descuberta... coa auga como me gusta... aínda que... Quen non preferiría a auga de Zanzibar ou a de Venezuela?

50 + 1300

7 ago. 2012

Xustiza e precaución

Grande ledicia hoxe porque por fin se fixo algo de xustiza e o admirado Javier Gomez Noya acadou a medalla olímpica que xa merecía dende vai 8 anos.

Pola miña banda sego a "coida-las rodaduras" así que algo mais de bici con mellor rendemento pero sin me cebar en demasía que aínda teño o cú delicado e as pernas frouxas.

40 km 1h 25'

5 ago. 2012

Voltando ós pedais

Presionado pola molestia incipiente no xeonllo e os nocellos (puro desgaste de vello) me boto en brazos de "aqua" aínda que sexa para ir a ritmo de paseiño...

39km 1 h 31'

A ver mañan ese matutino... e a ver si podo darlle continuidade a isto que así non hai xeito de coller callo no cú.

3 ago. 2012

12º de diferenza

A verdade é que a de hoxe foi outra saída de vontade... aínda que destaco a calor como factor diferencial coa saída de vai 2 días o certo é que me afectou mais o problema do menisco do xeonllo esquerdo que me mancou bastante e os dous nocellos que están como inflamados...

11 km 53'

2 ago. 2012

Estatisticas circuiteiras 2011-2012

Teño intención de comenta-las estatísticas do circuito

No que respecta ó número de participantes chegados á meta eiquí tendes os datos.


Como se pode ver a maioría das probas incluídas no circuito tiveron entre100 e 500 participantes e a maioría dos resultados enviouse para as probas entre 250 e 500 particpantes ainda que o nº de participantes do circuito foi mais significativo canta menos participación había na proba; dende o meu punto de vista esto fala do potencial do circuito para levar a xente a participar en probas pequenas por todo o país.

No que respecta ó polémico aspecto da distancia das probas estes son os datos:






Como se pode ver unha clara maioría das probas se situou entre os 6 e os 11 kilómetros tramo no que se situa tamén o maior número de resultados enviados, sobor de todo no tramo de 9 a 11 kilómetros
Hai que destaca-lo 'pico' de envíos para as probas de distancias superiores á MediaMaraton que, ó meu entender, fala de que un deportista popular que adestra con continuidade sempre tenta facer unha proba destas distancias como reto ou obxectivo
Os datos tamén reflicten que a porcentaxe de "circuiteiros" respecto ó total de participantes ten o seu pico nas distancias de 16 a 21 kilómetros que pode ter que ver cunha menor participación xeral nesas distancias que xa requiren unha preparación, pero tamén pode ter parte de explicación na competitividade introducida polo circuito e o seu sistema de puntuación.

En canto ós meses nos que se correron as probas estes son os datos:



O efecto do inverno é ben claro e tamén o das "grandes" probas do calendario do país (por número de participantes) e vese que os "circuiteiros" somos mais de Septembro (por significación sobre o total de chegados) e de Outubro (por % de resultados enviados).

Outro aspecto polémico é o do número de probas puntuadas polos participantes; eiquí tendes os gráficos que son básicamente como os da pasada tempada; só 20 (2.55%)  circuiteiros chegaron ó límite das 40 probas sendo a representación gráfica unha declinación cáseque lineal.


1 ago. 2012

Mellor na volta que na ida

Fixen o mesmo adestramento que antes de marchar pero mellor; supoño que a boa temperatura de esta hora axudou.

11km 51'45"

31 jul. 2012

De volta nas vacacions dos outros

Voltei co tempo xusto para ir nadar antes de que pecharan a piscina cuberta ata septembro.

150 + 1000 + 9 x 50 rec 25 Total= 1800

29 jul. 2012

Despedida moluqueña

Derradeira carreiriña polas molucas...

Non moi ben, o de correr pola praia xa se sabe que require adaptación...

10km 50'

28 jul. 2012

O duatlón do índico

Hoxe animeime a correr pola praia malía que sabía que o pasaría mal...

10.6 km en 53' 

e a nadar pola tarde... nun auténtico orgasmo porque coa luz o fondo se revelou en tódolo seu esplendor e foi unha gozada

1400 mts.

26 jul. 2012

Zanzibar mar

Cheguei a este paraiso e boteime ó mar... a auga morna e o espectáculo que por debaixo de min desplegaban ourizos, estrelas, coral, esponxas, anémonas, peixes de diversas cores, cabaliños de mar.. me fixo moi levadeiro o traxecto (calculado a golpe de google)

800

23 jul. 2012

Pouco valor no Serengueti

Desta puiden cumplir e fixen 4 honrosos km no Serengueti; iso si, á beira do Lodge que sinto aprecio polaiña integridade física e os xabalis que por alí vira e os sons das hienas pola noite non aconsellaban coller esas tentadoras pistas chans de terra que seguian cara ó infinito

16 jul. 2012

Derradeira...

Por si acaso volto a estar 15 días "en branco"
150 + 1550

15 jul. 2012

A modiño se fai camiño

Só tiña este intre para ir e fun...

11 km 52' Lento, canso pero fun... que non sei si terei ocasión de ir ata Agosto.

14 jul. 2012

13 jul. 2012

Outra polo camiño

Hoxe había unha boa man de peregrinos na ruta, foi entretido... e non me saiu mal

9.5 km 44'

11 jul. 2012

Xullo como Abril

Outro día de Xullo no que a temperatura invita a ir á piscina... cuberta.

150 + 1500

10 jul. 2012

Sangue nova

Hoxe era o dia moi propio para adestrar, boa temperatura e brisiña Corrin con ánimo e saiume... 11km en 48'50"

9 jul. 2012

Auga recen nada

Onte foi un día moi especial para mín... coñecín á terceira xeración dos Silvos... e eso merecía quedar sen adestrar... malía que as emocions moven o corazón tanto como o exercicio. Hoxe un pouco de natación.

150 + 1550

7 jul. 2012

Outra pola freca

Hoxe primeiro día en "sólo alojamiento" pero correndo igual que xa antes viña...

9.5 km en 44'32" Nin ben nin mal; de feito, na recta de columbrianos apreteime un pouco e non houbo atrancos.

5 jul. 2012

Nadando corta distancia

Hoxe tocaba chapuzón... pero a radio púxome ó día sobre a proba "Batalla de Rande" na que se cruza DE VERDADE a ría de Vigo de Cies a San Simón co tremendo reto de 27 kilometros a nado, as correntes da ría e do estreito e a fría auga do mar vigués...

Eu coñezo a dous participantes, Basurco e Jecarqui (Jesus Carlos de Esprinters) espero que os dous acaden semellante proeza pola miña banda adícome á curta distancia diaria...

150 + 1250

4 jul. 2012

Rodaxe cara a ningures

Salvo que ocurra unha eventualidade e me desprace a Compostela á segunda do CorreSan (a do casco vello) semella que estou a adestrar para a galería... ou para rodar pola sabana... Quen sabe?

Hoxe o mesmo que antonte pero mellor, mellores sensacións e, sin facer un grande esforzo (a falta de motivación nótase) un mellor tempo e iso que por vez primeira o GPS do iPhone fallou e moito Igual tivo que ver ese segundo de mais que tuvo o día...

11km 46'26"

3 jul. 2012

Outra de auga ollando pola fiestra

Hoxe fun nadar á piscina pensando no bó día que facía para ter ido correr ou na bici ou sequera ir nadar "en aberto"...

150 + 1500

2 jul. 2012

Queimado e arrastrado

A torrada de onte na praia semella que a vou pagar unha boa tempada...

Hoxe, ademais estaba canso pola tensión pero tiven a vontade de sair que é o importante.

11km 52'
semella

1 jul. 2012

Unha de augas abertas

Cadrou así e aproveiteino. Sin telo pensado marchamos a Miño e hala alí me botei a nadar... a auga estaba superboa e dou gusto facer os 1000 metros.

3000 puntos, boas vibracions e algun atrancos

Un resumo do circuito "correr en Galicia" 2011 - 2012

Onte desenvolveronse as 3 derradeiras probas puntuables para esta edición do circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" e coido que por unha vez vou facer balanzo e a mollarme de xeito persoal neste espazo.

Foron 151 probas dispoñibles e ben puideron ser unhas cantas mais de non mediar malos entendidos ou simple descoñecemento e debo destacar que viñamos de 125 probas na edición 2010-2011 e das 79 de 2009 - 2010 (que empezou en Novembro) polo que a mellora é sustancial na cantidade.

Tamén nos inscritos medrou a participación pois dende os 473 da tempada 2009-2010, e os 619 da 2010-2011 saltamos ós 784 nesta xeira.

Pero para as estatísticas haberá o seu espazo e intre; eu agora quero agradecer tódalas boas vibracions que me trasmitiu tanta e tanta xente nas probas nas que participei... a retroalimentación positiva é o que anima a seguir pero as críticas constructivas son as que permiten mellorar e neste aspecto hai que destacar que algunhas medidas tomadas non acabaron de gustar porque as solucions propostas para evitar 'picardías' falseou en certa medida a visión certa da clasificación en cada intre.

Logo está o tema de sempre de si o fomento da participación en probas populares se convirte en "hiperparticipación" e si somos ou non responsables ou cómplices de conductas tan pouco sans como o sedentarismo que tratamos de remediar... e o tema de si "é ou non é" correr facer un trail... ou si unha proba de mais de 42 km é contraproducente... Tantas e tantas precisions como persoas pois todos vemos o mundo polos nosos ollos.

Pero mantemo-la esencia: Participación aberta tanto a todo tipo de proba como de corredor, Motivación para tod@s con clasificacions variadas, escoita activa dos usuarios e varios e variados canles de comunicación.

Agora uns días mais de recibir resultados (ata mediados de Agosto) e para as mesmas datas definición final da tempada que ven e apertura de inscripcions para escomenzar novamente en Septembro.

30 jun. 2012

Auga antes de chuvia

Amenazaba chover e fomos nadar...

150 + 50 + 1000 + 100 + (7x100 rec 25) Como sempre nas series funme atopando mellor cantas mais facía.

29 jun. 2012

A carreira do cangrexo

Esa foi a miña hoxe saín a facer trocos e tardei mais que si fixera o adestramento normal...

11 km 49'

Por problemas de axenda non puiden nin ir hoxe a Carracedelo á ruta de la fruta nin poderei ir mañan a compostela ó CorreSan para darlle unha despedida como se merece ó circuito.

27 jun. 2012

Contra a calor... madrugar

Hay que ir facendo ainda que sexa pola fresca.

9.5 km 45' Mirando a comparación co pasado venres a única explicación a atopo nun pequeno tramo en torno ós kms 3- 4 no que debín "ir pensando"... en fin, que aproveitei o día.

26 jun. 2012

Auga no deserto

Hoxe vese perfectamente no aire a mancha de terra do sahara... e a calor... fun nadar a cuberto.

50 (un erro) + 1450 (un exceso).

25 jun. 2012

Caldo ou auga?

A cousa da calor pinta mal para min... e escollín auga antes de rematar feito caldo.

150 + 1200

24 jun. 2012

Sendas do sil 2012

Derradeiro esforzo na pasarela do Sil
Foto cortesía de Xosé M Álvarez
Achegueime a Valdeorras a disfrutar dunha mañan fabulosa na compaña de un bó feixe de xente disposta a facer bó o esforzo dunha organización moi voluntariosa pero algo inexperta nunha proba cun percorrido ben imaxinado e moi fermoso.

A proba foi unha gozada para mín pois pensei estar moito peor pero non sei si sería pola compaña ou pola configuración do terreo sain ben contento de alí.

Foron 20.5 km en 1h 35' para o sporty pal (25 de 84 chegados segundo a clasificación oficial)

23 jun. 2012

Un cuarto de auga

Como mañan vou gozar das beiras do sil hoxe só fixen un pouco de auga...

150 + 1200

22 jun. 2012

A mañanciña mais curta

Hoxe tocaba ir cedo... foi moi agradable e por riba sin eu propormo saiu moito mellor do que esperaba.

9.5 km 43'57"

21 jun. 2012

Nadando no solpor

Non tiña claro canto debía nadar hoxe pero deixeime ir... e polo meno disfruteino.

150+1450

20 jun. 2012

Peor para mellorar

Hoxe saín tratar de facer uns trocos entre a choiva animicamente mellorei e as pernas non me mancaron, só molestaron mais fixen os peores tempos nesa ruta..

11 km 50'

19 jun. 2012

Aplacado por auga

Ás veces é moi doado ver que o deporte é un "remedio" para o stress da vida urbana común e para a acumulación de conflitos non resolubles doadamente.

150 + 1550

17 jun. 2012

Confiado recoñecendo o terreo entre a nostalxia e a envexa

Hoxe correse a MARATÓN así con maiúsculas para min: Toral de los vados. Pero non estou para tanto e menos dempois de sair (un pouco) onte. Conformome coa lembranza.

En troques de ir a amarrar uns puntiños a Lugo deume por sair a recoñece-lo terreo da Media do domingo que vén (Sendas do sil) que é moi chan e ten moita sombra pero que haberá que ter coidado co estreito do camiño.

15.6 km 1h 16' Hoxe o ritmo era o de menos o que me preocupa é a diferenza no track....

16 jun. 2012

Cando hai corrente...

Hoxe semellaba que nadaba a favor da corrente e aproveitei.

150 + 1600

14 jun. 2012

Pequeno charco cecais

Hoxe nadei pensando no verán; dadas as datas de viaxe e a meteoroloxía prevista non paga a pena ningún bono de natación... haberá que ir algún pequeno charco cercano si apreta a calor.

150 + 1100

13 jun. 2012

REinVENTAnDOme

Pois eso, cousas de axenda e reventado polo cansanzo e a calor...

13 km en 1h 3'

12 jun. 2012

11 jun. 2012

Boa onda

Hoxe tiña gañas e rabia que botar fora... E iso que me sei afortunado, pero non me gustan nada as desgracias alleas.

150 + 1500

10 jun. 2012

Trotada de domingo

Hoxe había que ir rodar un rato... disfruteino malia que un vello coñecido que me crucei me lembrou os kilos que levo gañados...

17,6 km 1h22'

8 jun. 2012

Cando o deporte cumpre

Facer deporte por rendemento económico é tremendamente duro e reservados xente con condicions e adestramento. Para o resto o deporte é unha vía de escape e de mellora ou mantemento do estado de saúde e si un pode Facenlo disfrutando mellor que mellor como foi o caso de hoxe... Natación 150+1250

7 jun. 2012

5 jun. 2012

Probando trocos

Semellaba que estaba mellor de ánimo e que non ia tanta calor así que tentei probar cuns trocos a ver si reventaba xa o xeonllo esquerdo ou qué...

11 km 49' Os trocos non me sairon moi aló... e vexo que os ritmos non foron sostidos Qué se pode esperar tras tanto tempo sen traballar ren?

4 jun. 2012

Refresco na auga

A calor esta é moi fastidiada polos tremendos trocos de temperatura... o sábado non pasamos de 23º e hoxe voltamos ós 30...

150 + 1250

3 jun. 2012

Recuperando o alento no ánimo

Tiña que sair a disfrutar porque o de onte non foi para nada o que eu quero cando vou correr... e conseguínno.

13.5 km en 1h 3'

2 jun. 2012

Collendo páxaron en Ferreira de pantón

Pois como era a proba que mais perto tiña aló me fun a Ferreira de Pantón a ver si saia deste marasmo no que está o meu corpo...

Moi bó ambiente e boa organización. Carreira sube-baixa cun tramo de senda e outros superficie de empedrada. Saín demasiado apurado porque non conseguin arraca-lo crono no disparo... e logo xa non fun quen de tranquilizarme... e rebentei como unha castaña logo só fun pensando en rematar, respirando e tentando non estorbar.

Tal é así que debe se-la primeira proba na que acabo da mitade cara atrás.

93 de 163 chegados 6.2 km en 27'46" (4'29")

A ver mañan cómo me atopo para seguir adestrando...

31 may. 2012

Poñendome mal a base de ben

Pois non quedou mais remedio que sair hoxe ás 18:30 con 33º e así me foi... tiven que para ós 7,5 km (38') porque pensei que me daba unha lipotimia...

30 may. 2012

Efectos non desexados

A vacina de fiebre amarilla ten como efecto que a cadea linfática do brazo en cuestión está tensa... e non podo estirar ben o brazo.

150 + 1100

29 may. 2012

Diaforese retrasada

Tocou a de sufrir... a calor e o canzanzo acumulado pasaron a súa conta...

14 km en 1h 8' 

28 may. 2012

Reentrada... na primaveira

Voltamos á primaveira e os síntomas da alerxia se fan fortes...

Natación 150 + 1200

27 may. 2012

Media Maratón A Coruña 21

Pois aló fun coa boa compaña de Paco Bao a facer bulto nesta prova que semella consolidarse no calendario galego primaveiral.

Meteo estupenda 15º, nubrado, algún orballo. Organización ben pero con cousas a mellorar dada a taxa que cobran. Por exemplo os caixons de saída si non se ven é como si non os houbera... e menos si non se fan respetar (Tipo Lugo Monumental).
Non vou facer un descriptivo das miñas doenzas e deficiencias: é o que hai e vou seguir vivindo con elo e penso seguilo disfrutando. O meu corpo simplemente me dí "ou así ou nada" e eu acepto esa chantaxe.

Saín con pulos na primeira volta sen medo a pinchar e así fun ata casi o km 9 no que baixei o ritmo a algo mais levadeiro para as miñas articulacions; entre o km 11,5 e o 13,5 voltei a apretar para tentar non seren dobrado pola cabeza de carreira e conseguino. Logo xa tiven moitos altibaixos... e un pouco de pinchazo entre o 17,5 e o 18,5 para acabar apretandome outro pouco.

Ó final fixen 1h 34' 24" (1h33'59" neto) e o posto 267 dos 836 chegados. O meu Sportypal tamén me levou a conta.

26 may. 2012

Natación relax

150 + 1100 De suave... que mañan vou de media maratón si a vacina non ma xoga....

25 may. 2012

Problemas de axenda

Ás veces ó día semella acurtarse de tal xeito que non damos abasto a facer todo, e por riba ás veces hai que facer cousas que nos poden inutilizar para adestrar...

Arrisqueime hoxe a sair a correr a fume de carozo malía a estar baixo os influxos dunha vacina recén posta a ver si non pago fallando o domingo.

8.3 km en 37'

23 may. 2012

Ahí andamos

Hoxe non había mais alternativa e coido que tampouco mellor... pola calor.

9.5 km 43'55" Nin ben nin mal, non me concentrei en correr senon en non me mancar.

22 may. 2012

Auga preparatoria

Bueno un pouco de auga... pero sin se pasar.

150 + 100 + 1100

A verdade é que o corpo me pedía mais, pero mañan vai ser un día complicado hai que reservar.

21 may. 2012

Mais madeira para a caldeira

Así andamos, acumulando...

14 km 1h 4' Melloran as sensacions. Mágoa que o domingo en Coruña a cousa vai estar pasada por auga.

18 may. 2012

Auga entre as nubes...

foise o sol e a calor... pero hoxe tocaba xa nadar un pouco.

150 + 200 + 1150

17 may. 2012

Mellorando con ánimo

Hoxe matutino cicunstancial por mor da data...

9.5 43'50"

Agora estou animado para a media de A Coruña... pero agardarei ó luns para me inscribir. Mágoa de carreiras desta finde.. pero a familia merece un espazo.

15 may. 2012

Recuperan2

Recupera o corpo, pero tamén a mente.

Este debeu se-lo caso; porque entre este adestramento e o do xoves pasado non hai cáseque diferencias nas cifras, pero este de hoxe disfruteino moito mais... sería que ia menos calor, que levei unha camiseta mais cómoda ou simplemente que ter pasado Ferreirua me mixo mais levadeiro o esforzo.

13.8 km en 1h 6' 44"

14 may. 2012

¿Recuperando?

Non estou certo de que este sexa o mellor xeito de recuperarme do de onte... pero é a opción que teño.

9.5 km 45' Non viñen nada preocupado polo ritmo; só disfrutando da mañan (perfecta para rodar) e pensando en non fastidiarme as pernas.

13 may. 2012

Ferreirua 2012

Foi o que tiña que ser... disfrutei do ambiente e da acollida. Gustoume o troco do circuito metendo a volta curta ó principio faise mais levadeiro o final.

Sain conservador, confieime algo no primeiro paso por veiga e sufrin moito dende o 18 á meta... pero xa está,

21.097 km 1h 38' 33" (99 de 220)

Engadir que sego disfrutando do ambiente desta carreira "de aldea" mais que ningunha outra do mundo mundial; boa xente traballando con mellor espíritu e comprendendo cada necesidade dos participantes, superandose cada ano e buscando mellorar. Moitas grazas por seguir ahi.

12 may. 2012

Nadando polo camiño

Hoxe estreei o apartado de natación de "club del paseo" unha iniciativa de autoapoio ó exercicio físico na que participo dende vai pouco como usuario

150 + 1350 +5x100 (25)

Boas sensacions físicas pero o calor da tarde me fai teme-lo peor para mañan.

10 may. 2012

Ensaio dunha sudada

Veu o vran con mais velocidade que eu corro e colleume pola espalda...

13.6 km en 1h 6' e gracias porque o pasei verdadeiramente mal.

Iso si, levo 10 días seguidos adestrando e facía ben tempo que non encadeaba tal xeira de 'traballo'.

9 may. 2012

Coa serea i encantado, pero pensando en sufrir

Onte foi unha xornada estrana e... algo dura polo que tiven que facer mais paseiños dos habituais e pensei que hoxe estaría sen gañas, pero fora pola compaña da serea fora pola tensión acumulada foi ó contrario.

50+100+1200+4x100 e tiña gañas de mais.

O domingo fago a media maratón de Ferreirua sen case preparación e con unhas temperaturas ás que non tivemos tempo de nos habituar... vamos, que preveo sufrimento do bó... pero todo sexa pola permanencia.

8 may. 2012

A carreiriña da mañan

A choiva non é escusa; fixen mail tempo.

9.5 km 45' Xa estou inscrito para Ferreirua, pero a predicción me pon algo nervioso.

7 may. 2012

Auga antes da auga

Coido que mañan toca mollarse... pero hoxe o fago voluntariamente.

150 + 1500

6 may. 2012

Recuperación suave

Pois foi un risco que asumin con gusto...

11 km en 50' non é moi bó tempo pero espero que teña boa repercusión nos meus músculos...

5 may. 2012

Vilalba 2012

Pois aló fun entre chubascos e sol

Non me foi mal na estrea das Mizuno novas 5.53 km en 22' quedando no 30% dos participantes (34 de 115 mais participación que o ano pasado) o que me permite seguir sumando a ver si acado a permanencia.

Si antes o digo antes pasa... o GPS do iPhone non debía andar moi ben que na traza me mete por sitios... e ese tramo a 2'09"/km... non sei eu. Pero o tempo total coincide co de ChampionChip.

As sensacións non foron malas no muscular así que podo ir pensando en ir a mais cousiñas neste mes.

4 may. 2012

Auga e baile... e logo Vilalba

Para facer sitio á cea de festexo fun nadar un anaco...

150 + 1000

Logo virá o bailoteo e tal... e mañan tocará arrastrarse por Vilalba... pero é o que hai.

3 may. 2012

A melloría está na mente

Bueno, esto da choiva a min préstame; será porque ó non haber polen no aire vou mellor da respiración, pero xa me plantexo facer algo mais intenso... logo está a vida diaria que che dispón do calendario e tes que te adaptar.

11 km 49'

O que me semella destacable é a exactitude do GPS do iPhone4S... si entrades no enlace e mirades a traza non se notan os camiños de ida e volta.. vaia diferencia co HTC... por suposto, dende que ando con él non teño que estar atento a ver qué distancia me puxo; simplemente é paralo e xa sube o resultado.

2 may. 2012

Puxando á chica

Mais agua, pero menos.

150 + 1250.

Neste Maio teño demasiados desafios como para sair "ileso" del.

1 may. 2012

Tomando decisions

Bueno, veume ben o pique ese... sei que non vou facer semellante tolemia porque non penso que me beneficie no físico, pero verme tan lonxa axúdame a pensar en mellorar.

Hoxe 13 km en 59' sen esforzarme moito, a verdade e pensando... a donde ir para manterme en primeira que só teño 600 puntos sobre o descenso e nestes 2 meses hai mais carreiras que en cáseque todo o ano.

30 abr. 2012

A proba imposible

Bueno; pois o que tantas veces comentei se vai facer... pero non como eu pensara.

Un IronMan no bierzo.

Eu non me vexo (nunca me vin) en tales distancias así que sigo facendo as miñas rutinas... eso sí, como collín envexa pois algo mais longas.

Natación: 150 + 1700

27 abr. 2012

Chapuzón para o camiño

Esta finde tocaba camiñar así que o venres tocou auga...

150 + 1250 sen alardes.

25 abr. 2012

24 abr. 2012

Auga cronometrada

Hoxe tocaba nadar e co saínte de guardia aproveitei que cadrou ben cronometrei o adestramento...

150 de quencemento e 1500 en 30' non está nada mal para levar tanto tempo sen traballar en serio a auga.

23 abr. 2012

Matutineando

Volta ó choio polo camiño das estrelas

9.5 km en 44'24" O importante, semella que non perdín moito fondo e sego enteiro.

22 abr. 2012

Empapandome de Compostela

Voltei a aproveitar a ocasión de darlle un repaso ás lembranzas da ferradura, desta en solitario fixen o "dobre lazo" pola ferradura.

9.2 km 45'10"

21 abr. 2012

Chuvia e auga

Hoxe tiña moitas gañas de nadar e tentei aproveitalo.

150 + 1400

19 abr. 2012

Facendo tempo para todo

Outro viaxe profesional, outra oportunidade de correr polo mundo adiante.

Desta volta non tiven tanta sorte coa localización do aloxamento nin coa selección do percorrido, pero xa chegou para activarme e seguir traballando.

6 km 28'

17 abr. 2012

Superando outro bache

A fiebre do sábado quedou atrás... ou semella hoxe fun coas mallas que pillei onte (xunto cunhas Mizuno) na liquidación de Ferrari e non fixen moito esforzo e aínda así foime moito mellor que o Domingo.

11 km en 50'

Agora xa teño a mala feita para ir a Córdoba e segui-lo Tour deste mes.

16 abr. 2012

Sanación por auga

O chapuzón do sábado foi providencial pois si é certo que tiven que sair da auga por esgotamento tamén é que eso evitou males maiores...

Hoxe disfruteino con tempo...

150 + 1250

15 abr. 2012

Loitando contra?..

Contra o iPad,contra o vento xiado, contra os xermes e a nai que os pariu O caso foi que a envexa de querer TER estado en calquera das 3 maratons que hoxe había (Coruña, París e Roterdam) ou cando menos nalgunha das carreiras que se celebraban no pais e o descomunal disgusto do minuto 93 me deron fotos para sair a suar... 8,2 km en 38'13"

14 abr. 2012

Voltando a pinchar

Hoxe fun nadar pero xa me sentín raro pola mañan e á noitiña xa teño fiebre... o camión está de volta como o inverno...

150 + 1150

13 abr. 2012

Derradeira andanada.

Como era a derradeira dinme presa: 8.5 km en 38' o mellor son a falla de molestias; o peor.... esperar.

11 abr. 2012

Alongando na despedida...

Cecais o derradeiro adestramento en Barcelona desta volta alongueino o que puiden e o GPS dí que o fixen mellor; eu disfruteino que é do que se trata.

11.5 km 54'

9 abr. 2012

Mais praia menos velocidade

Non vou a mellor, pero sigo saindo e iso é o que conta ¿non si?

9 km 45'

7 abr. 2012

Probando Barcelona

A verdade é que este aloxamento da Barceloneta está ben situado para esto pero do turismo vos é un deporte moi duro.

8 km 39'

5 abr. 2012

Procesionando...

Hoxe non tan cedo pero sí de mañan... facía un fresco que agradecín e xa gocei co adiantamento de peregrinos... sin moito esforzo (mais ben con pouco) fixen unha media razoable 4':36"

9.5 km 43'30"

4 abr. 2012

Ansiando o mar

Pois fun nadar con gusto e forza supoño que o feito de "verme" nadando nas praias de Barcelona me animou...

100 + 1200

3 abr. 2012

Dando o que podo

11 km 49'28" a mesma ruta que o día 30 mellores sensacions malia ó cansanzo nas pernas.

2 abr. 2012

Refrescandme....

150 + 1000 Non me foi mal onte, o corpo atopse ben a ver si me apunto para correr o 15 coa camiseta do celta en Coruña... 10 km.

1 abr. 2012

Pozo do demo 2012

Voltar a correr por onde se adestrou e viviu sempre deixa un sabor agridoce... pero hoxe todo foron boas sensacións malía a que a media foi alta non penso que fora mala dada a dureza do percorrido e o escaso adestramento que levo.

11.5 km 56' Seica quedei 62 de 218 que chegamos á meta o que corrobora a boa sensación que tiven durante a proba.