30 ago. 2012

A despedida

Natación de despedida da piscina de 50 mts

150 + 500 + 8 voltas (> 850 mts)

29 ago. 2012

Ismael, a recollida da froita e as causas

Hoxe tocaba bicicleta, estiven  esperando a ver si amainaba o vento pero está claro que si Isaac está en américa hoxe aquí saiu Ismael...

43,8 km 1h 33'

Estaba a xente de Carracedo colleitando as mazás, pero non tiven sorte pois os tractores non entran na N-VI e terei que esperar á vendima para "atacar".

Estiven fixándome en que o problema da perna dereita ven de malas posturas na bici... "tiro" para arriba da perna e foise cargando o xemelgo, seino porque agora estou cargando na esquerda que me deu un par de caramios no remate...

28 ago. 2012

Rodaxe natatoria

Tan só na auga que no canto de facer longos din voltas pola piscina...

50 + 500 + 10 voltas (>1100)

26 ago. 2012

Outra natación no deserto

e hoxe tampouco había ninguén na piscina... que grande é a tontería do futbol.

50 + 1600

25 ago. 2012

Homenaxe a un ciclista descoñecido

Non debera, pero saín na bici coa única intención de pasar polo sitio onde antonte un ciclista foi ASESINADO por un conductor temerario... un xeito de lembrar o expostos que estamos a estas cousas.

55 km 2h

24 ago. 2012

Remate antes do inicio

E tocaba ir cedo por aquelo que esta tarde imos de festival... pero torceuse... e ós 3 kilómetros escomencei a sentir unha mancadela no sóleo da perna dereita e non podía cáseque pisar... alterei a ruta para  tentar non subir costas e chegar a tempo ó traballo.

8 km 43' Sorprendenme os ritmos rexistrados....

Sei que non dixera nada pero xa estaba a especular coas probas de Septembro nas que participar escomenzando pola media de Petín na que faría un adestramento longo e sen presas... agora todo eso queda  para mais adiante... lonxe, lonxe.

23 ago. 2012

Auga en solitario e outras preocupacions

Hoxe malia que o día estaba nebuloso fun nadar e atopei que a piscina era toda para min...

50 + 1650

Estou preocupado porque non teño claro que esta tempada levemos adiante o circuito de carreiras populares malia a que hai unha chea de xente que si atopa nel o estímulo san que queremos que sexa... pero as pequenas trifulcas repetidas durante anos fan mella no ánimo e desgastan.

En fin, aínda falta unha semana para escomenzar, hai marxe.

22 ago. 2012

Casí tri no bierzo

Hoxe, paseo de 6 km pola mañan... e Natación 50 + 1200 antes de xantar.

Pola tarde bici 45 km  en 1h 37'

21 ago. 2012

Matutino con vigor agrio

Tocaba ir pola fresca... apreteime algo dende que crucei a autovia pero en xeral o tempo é pésimo.

9.5 km 46'

20 ago. 2012

Natación motivante

Envioume a miña serea a nadar co atardecer e agradezollo porque me sentín con folgos e disfrutei...

50 + 150 + 1400

19 ago. 2012

Doblete berciano

Pois hoxe a envexa de saber que había un Tri en Ferrol e marqueime un doblete.

Matutino:

Natación 50 + 1550

Vespertino:

Bicicleta 39.7 km en 1h 23'

18 ago. 2012

Maula arrastrando resaca

Pola fresca que era o que tocaba i é a única hora na que se pode correr neste días caniculares... o rendemento de hoxe demostra que tomar 2 botellas de viño entre 2 non é bó para o deporte.

9.5 km en 47'

17 ago. 2012

Outra volta na calor Con sorte

Ola de calor... e eu a dar pedais; a verdade é que o sentín mais cando me daba de lado o sol que en calquer outro momento e a comparación coa mesma ruta fai un ano non me deixa mal parado (apenas 2' mais).

45 km 1h 42'

Vexo que tiven sorte ó non insistir na ruta de onte... o incendio teríame pillado.

15 ago. 2012

GAC modo AMC

Non foi o vento racheado do oeste, nin a calor, nin a costa do paso de Carucedo á N-120... foi o cú que me doeu arreo cara ó final ou todo xunto.

Total que Gordo (h)Aciendo Ciclismo en modo Ante todo Mucha Calma

55 km 2h 9'

14 ago. 2012

A proba de arrastre

Hoxe o clima non permitía outra cousa e saín a arrastrarme si ben é certo que fun lento tamén o é que nin o xeonllos nin o nocello me mancaron.

8 km 39'

13 ago. 2012

Nivel 0

Pois tra-las sesións de "encallecimento do cú" hoxe decidín a facer desta saída algo mais que un paseo; as condicions meteorolóxicas acompañaban (30º pero sensación térmica de 25º e brisa suroeste) e a mente precisaba un escape para os problemas da trinidade...

Así pois esta saída consideroa o "nivel 0" de ciclismo e non o vexo mal para levar dende marzo sen saír...

39.8 km 1h 22'

12 ago. 2012

Volta ó fogar

Cada quen ten uns recunchos no que se se sinte "na casa"; eso me pasa coa praia do vilar e hoxe tiven ocasión de voltar a trotar pola súa area... os meus xeonllos e nocellos non estaban moito pola labor pero eu disfruteino.

6 km 29'

10 ago. 2012

Os misterios das sensacions

Si antonte non disfrutrara nada do baño e me sentira lento e pesado hoxe foi diferente...

50 + 1350

9 ago. 2012

Cabeza e corpo

Hoxe o corpo pedía mais, pero a cabeza templou... 38º C... con facer o destes días era dabondo.

39 km 1h 25' chámame a atención que facendo o mesmo percorrido haxa estas diferencias na distancia... de tódolos xeitos os tempos si que concordan e indican "progresa con normalidade"

8 ago. 2012

Auga fria

Tocaba piscina descuberta... coa auga como me gusta... aínda que... Quen non preferiría a auga de Zanzibar ou a de Venezuela?

50 + 1300

7 ago. 2012

Xustiza e precaución

Grande ledicia hoxe porque por fin se fixo algo de xustiza e o admirado Javier Gomez Noya acadou a medalla olímpica que xa merecía dende vai 8 anos.

Pola miña banda sego a "coida-las rodaduras" así que algo mais de bici con mellor rendemento pero sin me cebar en demasía que aínda teño o cú delicado e as pernas frouxas.

40 km 1h 25'

5 ago. 2012

Voltando ós pedais

Presionado pola molestia incipiente no xeonllo e os nocellos (puro desgaste de vello) me boto en brazos de "aqua" aínda que sexa para ir a ritmo de paseiño...

39km 1 h 31'

A ver mañan ese matutino... e a ver si podo darlle continuidade a isto que así non hai xeito de coller callo no cú.

3 ago. 2012

12º de diferenza

A verdade é que a de hoxe foi outra saída de vontade... aínda que destaco a calor como factor diferencial coa saída de vai 2 días o certo é que me afectou mais o problema do menisco do xeonllo esquerdo que me mancou bastante e os dous nocellos que están como inflamados...

11 km 53'

2 ago. 2012

Estatisticas circuiteiras 2011-2012

Teño intención de comenta-las estatísticas do circuito

No que respecta ó número de participantes chegados á meta eiquí tendes os datos.


Como se pode ver a maioría das probas incluídas no circuito tiveron entre100 e 500 participantes e a maioría dos resultados enviouse para as probas entre 250 e 500 particpantes ainda que o nº de participantes do circuito foi mais significativo canta menos participación había na proba; dende o meu punto de vista esto fala do potencial do circuito para levar a xente a participar en probas pequenas por todo o país.

No que respecta ó polémico aspecto da distancia das probas estes son os datos:






Como se pode ver unha clara maioría das probas se situou entre os 6 e os 11 kilómetros tramo no que se situa tamén o maior número de resultados enviados, sobor de todo no tramo de 9 a 11 kilómetros
Hai que destaca-lo 'pico' de envíos para as probas de distancias superiores á MediaMaraton que, ó meu entender, fala de que un deportista popular que adestra con continuidade sempre tenta facer unha proba destas distancias como reto ou obxectivo
Os datos tamén reflicten que a porcentaxe de "circuiteiros" respecto ó total de participantes ten o seu pico nas distancias de 16 a 21 kilómetros que pode ter que ver cunha menor participación xeral nesas distancias que xa requiren unha preparación, pero tamén pode ter parte de explicación na competitividade introducida polo circuito e o seu sistema de puntuación.

En canto ós meses nos que se correron as probas estes son os datos:



O efecto do inverno é ben claro e tamén o das "grandes" probas do calendario do país (por número de participantes) e vese que os "circuiteiros" somos mais de Septembro (por significación sobre o total de chegados) e de Outubro (por % de resultados enviados).

Outro aspecto polémico é o do número de probas puntuadas polos participantes; eiquí tendes os gráficos que son básicamente como os da pasada tempada; só 20 (2.55%)  circuiteiros chegaron ó límite das 40 probas sendo a representación gráfica unha declinación cáseque lineal.


1 ago. 2012

Mellor na volta que na ida

Fixen o mesmo adestramento que antes de marchar pero mellor; supoño que a boa temperatura de esta hora axudou.

11km 51'45"