30 sept. 2010

2 minutos

Esa é a diferencia entre o adestramento de hoxe e a madrugada do luar do luns...

9.3 Km en 44'

28 sept. 2010

Conxestión, Natación

E me veu visitar o catarro (ou a gripe A esa...) pero bueno, polo de agora moqueo e pouco mais.

Natación 50+1000+3x50

27 sept. 2010

Luar recuperador

E hala; tiña que facelo e o fixen... fun correndo ó choio que logo xa non sei en cantas horas poderei facer nada. Foi moi chulo o tramo de Columbrianos a Fuentesnuevas correndo baixo o luar (co foco apagado e sen luces na estrada) veia prefectamente; non estaba canso, só conservador e aínda así fixen tramos ben.

9.5km 46'

26 sept. 2010

Media Maraton Cidade de Vigo 2010

Bueno, acudín a esta media coa premisa de facer puntiños e quería facer un bó esforzo e aproveitar para saudar a tódolos coñecidos que participaron nesa proba... grande a familia do CARMA que estreaba uniforme.

Saín ben situado e con gañas de aguantarme adiante por aquelo de que eran tres voltas e non soporto ser dobrado... o ritmo que collín de saída me resultaba dabondo e soportable, pero pensaba que perdía demasiados postos así que tentei tirar algo mais enganchándome cunha xente no camiño de volta (co vento de frente), pero xa no paso pola perigosa curva de 180º me quedei atrás e fun allcanzado polos compañeiros do inicio; repetín a manobra nas tres voltas ia un rato coa xente que viña comigo e o chegar a Bouzas enganchaba con xente que nos adiantaba... Os tempos de paso non me preocuparon ata o km 15 no que vin que podía baixar da hora e media e me emocionei un tanto; logo fun aguantando como puiden, procurando beber e manter un ritmo dentro do soportable e cheguei ó derradeiro xiro e botei o resto... ata o km 20 logo funme indo, pero aínda así fixen 1h28'13" o que non está nada mal; malia a sensación de "oportunidade perdida" que deixa un día así.

Organización: Para o pagado, ben. Servizos (consigna, duchas, entretemento para os nenos...), Postos de auga e isotónica, boa bolsa de xantar, camiseta técnica...

24 sept. 2010

Baixo a lúa colleiteira

Outra de mañan o SportyPal toleou de todo... vouno desinstalar e voltar a poñer a versión anterior.. Fixen o traxecto (9,5 km) en 44'. Quixen aproveitar esta primeira lúa chea do outono (Harvest moon - lua colleiteira)e correr sen o foco, mais as nubes non estaban pola faena.

22 sept. 2010

Icongnito

Hoxe o SportyPal toleou de todo... e o malo é que fun sen crono así que sei que fixen mais de 1h correndo... pero nada mais.

21 sept. 2010

Re-aprendizaxe

"Auga" e mais eu temos moito que aprender e que amosarnos... hoxe leveina por outro dos meus roteiros preferidos no bierzo: O roteiro de Arganza-Sancedo.

O SportyPal voltou tolear (ou o GPS) menos mal que aprendin a edita-lo mapa.
52 km (o que non cadra co que medín co MapMyRun) en 1h50' (e daquela tardara 1h 56') eu sego a pensar que é por mor de que envolvo moito o mobil en plástico para non mollalo.

20 sept. 2010

Madrugar para gardar

Outra de nocturna...ou case. Boas sensacions malia a paupérrima media.

10.4 km en 50'

19 sept. 2010

Going home

Bueno onte noite de sábado nas festas dunha vila moi querida para min e cheguei hoxe ás 2 á cama así que unha rodaxe de recuperación 1h10' a 4':50" polo parque do pontiñas.

Dende hoxe só colgarei os gráficos de Sportypal das Kan-rreiras que senon o mister non pode segui-los adestramentos no blog.

17 sept. 2010

Rendemento contra o vento

Hoxe estaba posto o "ventilador do noroeste" e xa saben os bercianos versados que é fastidiado circular pola N-VI co aire pegando do lado polo que pasan os camions de xeito que cando un pasa te absorbe e te rexeita...

40.3 Km en 1h 21' (29,7 km/h de media) Non estivo mal para como pintou e, todo hai que decilo, eu non fixen ningún esforzo especial nin cando me pasou un tipo a toda velocidade detrás dun camión de cemento... menuda velocidade que levaba; eu iba (segundo sportypal) a 33 km/h, o tipo iria a 50 polo menos.

16 sept. 2010

Pensando na auga

Hoxe colleume do revés... non sei si sería a trona, pero andiven cabreado dende media mañan. O caso foi que fun nadar e dandolle voltas á vida nunha piscina de 25 metros afoguei ó mal rollo nos 1250 mts de longo e saín como un chaval alegre de topa-la moza na porta para irmos xuntos dar unha volta.

15 sept. 2010

Matinal 10 km

Rodando fun... ó traballo 10.5 km 48'

O pé volta a molestarme...

13 sept. 2010

O mellor percorrido o peor tempo

Animeime cos bó rendemento de onte é no canto de ir nadar quixen ir probar a bici no percorrido que sería o ideal a non ser pola subida entre Carucedo e A Barosa. Non me saiu moi ben, pero disfruteino.

53.5km 1h56'

12 sept. 2010

Duplicado mellorado

Bueno hoxe doble compromiso; pola mañan acudín a Coruña para facer puntiños na carreira de A Torre e abofé que me pagou a pena a viaxe: Por primeira vez dende vai 6 meses corrín por baixo de 4'15" (a min dame a 4'09" e a CHCH a 4'11") 7,040 km en 29'24" (29'23" para CHCH ¿¿?? ) 108 dun total de 687 chegados á meta.



Foi unha boa experiencia tamén no aspecto humano porque cadramos alí moitos dos participantes no circuito i é que o feedback do twitter está ben, pero non hai como verse de cando en vez.

A MILLA DE O BARCO

Pola tarde acudín á milla de O Barco por aquelo de que é a vila da miña moza e do meu clube... foi unha boa tarde de Atletismo; Dani acadou o terceiro posto na súa carreira e disfrutou dela sen ter tanto nervio e eu aínda que empeorei a marca que tiña nesta proba ata os 5'56" pois me sinto contento porque voltei a correr por baixo dos 4'/km aínda que fose nunha milla.

Non me manquei e disfrutei. A carreira elite deu a sorpresa coa vitoria de Victor Arias tras unha emocionante recta de meta entre él, Jesus España e Lolo Penas.

10 sept. 2010

Lixeira melloría sen aspaventos

Outra saída na bici nun día perfecto; non acadei os 30 de media, pero as sensacions non foron malas...

40.5 km 1h21'

9 sept. 2010

Mellora matutina

De cara ó tema de menos a mais... as sensación foron boas e fixen algo de menos tempo que o martes. 9.5 km en 43'35".

8 sept. 2010

MillaEncina 2010 Eu un 0, a organizacion un 8 e o futuro un 10

Pois desta o fixen mal, moi mal e non calculei a volta a Ponferrada... ou sí a calculei ben, pero contando cun retraso que este ano non houbo. Total que cheguei ó sitio cando os galgos estaban correndo unha proba, a masculina cun altísimo nivel e unha disputada recta final que gañou con autoridade o campion Arturo Casado por diante de Pentinel e Lolo Penas.

Tra-la entrega de premios homenaxeouse a Sergio Gallardo (o programa dí que se retira, pero alí non se mencionou) e se fixo unha declaración moi interesante: "Lucharemos desde ya para organizar en Ponferrada un campeonato de España (de atletismo)".

Bueno, día en branco salvo pola andaina Cedeira-San Andrés... mañan matutino e "día a pensión completa" e xa ven o finde.

7 sept. 2010

Matutino

Hoxe o Sportypal toleou... aínda menos mal que funcionou o crono: 9,5 km en 44'20"

A verdade é que mellor que o que pensaba. Teño xa feita a inscripción para a carreira da Torre de Hércules, que a mini-trail de Lugo non puntúa e eu neste inicio de circuito só me preocupo de acumular puntos que logo non sei como voltarei da viaxe.

Xa terei tempo de me preparar para algunha xeira de monte...

6 sept. 2010

Relax at the swiming pool

Día tenso, tarde desaproveitada para ir pedalear antes da choiva e...

Natación (pisc 25 mts) 50b+100+50 pernas+10000+50b+50 pernas+50

5 sept. 2010

Media maraton de Petín 2010

Afundimento ia eu titular esta entrada... pero o cálculo que fixen se cumpriu e a segunda media ben requería unha "reserva extra" así que as pésimas sensacions do principio me axudaron a conserva-lo sentidiño e o amigo Beauvais me deu o punto de optimismo preciso para cumplir.




A clasificación oficial otorgame 1h37'25" e o posto 89 na xeral. Segundo sportypal 1h 37'30" (4'36").

Os tempos mostran que na segunda mitade malía a ser mais dura "corrin" mellor, insisto gracias a Beauvais que me animou e incluso me esperou nalgun tramo; de feito pasamos o control en 54' e chegamos á meta coa xente que pasara o control 3' antes.

Resto da crónica.

POR PARTES: A carreira: Eu persoalmente coido que é un percorrido moi fermoso sen perigo porque apenas circulas por estradas xerais, mais "DURO"; eu penso que mais duro que Betanzos porque as costas que ten as concentra mais na segunda mitade do percorrido e o final non é chan senon que é un contínuo sube-baixa.

A organización: Eu non botei nada en falta...cecais mais zona de aparcamento para os participantes e algo de sombra na meta.

Ambiente: Estupendo, xente coa que contacto de todas partes: Basurco veu na bici dende Villafranca, estaba tamén Capelo, 'Quini' e algun mais dos bercianos. Moita xente do clube ADAS (Bao, Manuel, Javier...) e moitísima xente do foro de Correr en Galicia que participa no circuito. Así que o quencer foi un saudar constante a xente o cal é agradable e a meta e un contínuo opinar entre coñecidos comparando esta proba con outras e falando das seguintes probas do mes.

3 sept. 2010

Arrinca o circuito 2010/2011 con forza i eu con estes....

Tempos.

Ando como unha alma en pena... e será estres? non vos sei, dende o venres non vou e punto; mais o domingo acudirei a polos primeiros puntiños do circuito que acaba de abri-la súa inscripción.

Hoxe 8 km 37'55" (4'44")

2 sept. 2010

Non ben, mais non tan mal como pensaba.

Hoxe tocaba correr; coa tardiña no roteiro básico



13.2 km en 1h2' (4'43")

A predicción para o domingo é: Moito sufrimento e poucos puntos... 1h 35' e gracias.

1 sept. 2010

Pagando a factura

Hoxe tocaba a de correr, mais cando vin que a tarde abría me animei e decidin sair na bici.

Non me saiu moi ben, supoño que por levar 4 sesions en 48 horas e por riba non calibrei ben a temperatura e tiña algo de frio. Sego a facer o mesmo roteiro porque quero ter as pernas ben afeitas antes de tentar facer outras rutas.