31 oct 2009

Gracias polas sensacions...

Derradeiro longo: 1h 37' boas sensacions e moitos nervios...queda nadamais que a costa abaixo...

29 oct 2009

PODO

Ou eso dí Yasso...

Series "valdeorresas"; por mor dun problema mecánico fun adestrar ata as instalacions da 'simbiose' entre un concello que sabe o que quere e un clube que sabe o que precisa...

Sería a lonxanía dos problemas do traballo, sería ver a rapazallada adestrando, sería o tartán que ten o mesmo tempo que o do estadio "Colomán Trabado" mais non semellan nin parecidos, sería o día magnífico...o que fora. Saironme as series que quería e sin matarme.

Rodaxe 10'
Series (0,8 km, 00:02:50, 03:32 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:51, 03:33 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:49, 03:31 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:53, 03:36 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:54, 03:37 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Rodaxe 15'

Agora a "carga da proba" recae sobor de min...xa a sentín denantes de arrincar na derradeira serie e iso que, como dixen, fun 'sobrado' en todas; mais me puxen nervioso só de pensar 'si esta sae, PODO'...e saiu.

I CAN...de palleiro.

Quedan rodaxes medias, un longo e 4 miles que farei, coido, o martes...

27 oct 2009

SENSACIONS, benditos os que corren no teu nome...

Esta foi unha boa sesión, non polos ritmos (coido, que non calculei a distancia) pero si pola impresión que me causou a rodaxe...1h 18' e como unha rosa... subín a costa da Avda do Bierzo con 'gañas de mais'...houbera seguido mais rato e iso sin avituallamento, sen xente animando, sen compañeir@s de rodaxe...

Teño medo de estar así de ben a falta de menos de 15 días, normamente os 'puntos de forma' non se manteñen tanto tempo... pero é o que hai.

Seguramente non acade as 3 horas, pero si corro coa sensación desta sesión chegarei á meta co 1º obxectivo cuberto: DISFRUTAR.

25 oct 2009

Onde ata as pedras animan.

Tras o adestramento de onte acudín a participar na XXXII Carreira Pedestre Popular "Camiño de Santiago" empuxado polos recordos de tantas participacions anteriores e da ocasión de atopar a tantos amigos.

A tarde e a noite do sábado arroiou en Lalín e pensei en leva-la canoa para participar. Fumos cedo e aparquei perto do pavillón da Santa Isabel. Subimos, collín o dorsal e xa lle vimos a cara á magnífica mañan que se estaba a mostrar. Damos un paseo pola zona vella e vexo co cartel de 1 Km meta... voltamos ó Obradoiro, e xa escomenzo a atopar xente, imos cara ó sitio da kedada de CenG e a entrega dos premios do circuito.

O ambiente é magnífico e a xente está moi animada porque o día presenta boa cara. Quenzo de ida e volta ó coche polo chip e facemos as fotos de rigor, as conversas son interesantes e non sinto moitas gañas de estirar ou de quencer mais, troto outros 5' e vou para o mogollón. Atopar a unha persoa nun grupo de 5000 é sorte. Topei a Tombrio e a Jorge que estaban moi intrigados por como ia se-la proba. E Bubela (que non o vía dende 2007) estivo a platicar comigo sobre a próxima maraton que se van meter no corpo.

Saída, estou a uns 40 mts do arco e tardo 44" en pasar andando por alí. Arrinco suave, esquivando e sendo esquivado por xente e tomando con calma a costa de Xoan XXIII. Xa arriba podo comenzar a correr, iso sí, esquivando xente que había moita.
Avda de Lugo aínda non adianto tanto como me adiantan pero vou animado, sintome ben. Torcemos cara ó camiño francés e collo como referencia a uns triatletas que van falando e que levan un ritmo de 4', voume estirando; cando chego á prota do camiño coido que debo facer un esforzo e manter ese ritmo.

Na praza da Rosa xa vexo que vou de menos a mais e que podo ir apretando, paso medo na baixada pero de seguida comprobo que non hai danos e sigo con alegría. Entramos no campus e bebo e me boto algo de auga polos brazos, a noto fría e me decato da tremenda calor e da sudada que levo.
Paso de control, comenza a subida e vou ben, a 5 km de meta levo 28' mais queda o mais difícil: VITE.

Baixo a costa do galo outra vez con medo pero tamén con ánimo pois penso, por vez primeira que podo chegar en menos de 50'. Galeras, adianto xente e vou sen medo incluso chego a dicir "señoras e señores con vostedes: a costa de vite" e tento apretar, adianto a outros compañeiros do foro e sego con moito ánimo. Pasando por donde o Burgo das nacions a nostalxia me fai ter visións de tempos pretéritos.

Escomenza o duro, vou a tren; adiantando xente ata que me pasa Nela a da coleta e me pego os seus talons algo fora de punto pero animado. Chego arriba feliz, e vexo o cartel de 3 km meta fago as miñas contas e penso 'si apreto, chego'.

Alongo a zancada, ergo a vista e alí vexo a praza de San Roque e a entrada da zona vella. Decido bota-lo resto, vou a tope e animado. Vexo a Esther Pedrosa e penso en chegar á súa altua, por diante de Historia topo a mundi e lle animo para chegar antes de 50', sego apretando e avanzando. Toural, moita xente animando; decido non soltar, da-lo todo, rebentar. A rúa do vilar é como correr unha serie cáseque non alento. Chego ás vallas e ás curvas ergo a vista, Fonseca brila co sol sinto novos folgos e me boto cara adiante. Derradeira curva, só miro o cronómetro da meta, 49'.... e volto a apretarme... 28". Dou choutos, feliz por ter baixado dos 50' e polas sensacions.

Párame un periodista, seica me quere facer unha entrevista pero antes deben rematar de entrevistar a...Oscar Pereiro (que me adiantou a 3 km de meta). Falo sobre o tema do peche da alameda, collo aire e vou cara o tema dos agasallos.

En fin, 49'28" na pedestre. aínda teño oportunidade.

23 oct 2009

REMATANDO

Bueno, a cousa está a rematar. O resultado con non ser óptimo é esperanzador e anima pois se cumpren algunhas das previsions 'internas' que tiñamos.

O Circuito galego de carreiras populares "Correr en Galicia" aportoulle ás persoas que fan deporte de xeito moderado e por diversión unha escusa para participar en probas por tódala xeografía do pais galego fomentando tamén o contacto social das persoas enroladas na iniciativa e o coñecemetno de novos lugares.

Felicitar ás persoas que van ser premiadas o Domingo no incomparable marco da saída da Pedestre compostelán (a proba senlleira do atletismo popular galego) tanto as persoas que gañan o trimestre como as que triunfan na clasificación absoluta, ás parellas e ás equipas.

Pola miña banda só dicir que seguirei adicandolle unha parte do meu tempo porque cada vez que me poño nunha liña de saída (sempre menos veces das que desexo) atopo que o esforciño que fago ten a enorme recompensa de darlle a moita xente a ocasión de facer unha actividade lúdica, sana e barata.

SEGUIMOS.

22 oct 2009

Rodaxe curta; os compromisos mandan, cáseque afogan. 8 Km. 34'40". Sen atrancos

21 oct 2009

A "tarde de ouro"

Fun facer o 1º Yasso de 10.

Tiña medo e a meteo non acompañaba. E cheguei ó estadio...a primeira serie non foi boa e xa pensei que todo se iría ó garete...e apareceu José Manuel Calvo; TOMBRIO para os que o coñecemos e me dixo "te voy a acompañar" e me foi moi ben, sin tirar de min, só con telo ó lado xa me valeu...mágoa de dúas derradeiras en solitario.

Quecemento 12'

Series (0,8 km, 00:03:01, 03:46 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:59, 03:43 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:57, 03:41 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:04, 03:50 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)

Volta a casa 15' calado até os osos e con sangue nos pezons mais moi contento.

18 oct 2009

Test en La Bañeza, resultado incognito

Bueno; pois fun á capital das legumes a correr a media maraton-test que mandan 'as escrituras'.

Mañan fria e eu con medo... quecemento light pensando mais no frio que no corpo. Xusto ata 5' antes da saída non me 'entono'...poño a kanmiseta e para alá vou.

Selanme o dorsal na zona de saída, saúdo a uns e outros e arricamos; vou con algo de prisa e buscando o sol, medindo o esforzo e as sensacions.
O circuito é moi bó, está ben sinalizado e ben avituallado; como é polo campo pois os ánimos se reducen ó paso polas poboacions porén son de agradecer. Como sempre nestas últimas probas arrinquei con moito brio e o paguei, no km 4 aínda ia por baixo de 4'/km mais, pasei o km 10 en 40'43" e dende alí ata o 15 debin estar sobre 4'20" ou así. Logo pasoume como tantas veces, que decidin correr o meu ritmo sen preocuparme de grupos ou de costas e conquerín mellores sensacions non só nos pulmons senon tamén nas pernas e, singularmente, no xeonllo esquerdo que deixou de xogar comigo.
Pasei o 15 en 1h 02' 40" e a meta cheguei en 1h 28' 40" o que dá unha media pauperrima de 4'15" e unha media total de 4'13".

Así as cousas quedan 3 semanas para 'cargar' kilómetros e 2 sesions Yasso de 10 series... vexo ben o de rematar mais o da marca coido que é complicado.

EDICIÓN 19/10/2009

A verdade é que son unha persoa positiva... non me rindo malia as probas... o "predictor de carreira" de Strands dí que debera ter feito 1:26 na media e mira ti... pero tamén é certo que o plano de adestramento para maraton < 3h de runners dí que si pasas a media entre 1:28 e 1:29 podes facer 3h e eu pasaría nese tempo e con brios, isto é atopeime animado.

A seguir.

16 oct 2009

Con sentidiño baixo as estrelas

Bueno, hoxe tocaba rodaxe nocturna cara ó choio... saín con medo e fun collendo valor co paso dos kilómetros; de feito, pasei o 5 en 22' mais cheguei ó 9,5 nos 40' as estrelas iluminaronme o camiño e cheguei sin mais percances.

15 oct 2009

14 oct 2009

Alarma e patetismo

Só faltan 3 semanas e media para a cita...e onte no ximnasio escomencei a ter unha molestia no menisco do xeonllo esquerdo...

Malía todo hoxe fun facer o 'plan Yasso' en malas condicions por varios motivos que coñezo como me afectan mais que non me escusan.

quencemento 15'
9 x 800: 2'54",3'00",3'05",3'04",3'01",3'02",3'02",3'05" e 3'09"...patético.
estiramentos e volta para a casa.

O único positivo é que, porén o que digan os tempos, as 4 derradeiras series deixoume de molesta-lo xeonllo. Logo, de paseo coa moza, algo me quixo amolar. Nin caso lle fixen.

13 oct 2009

mix day

Natación 1200 mts 30'

Ximnasio 40'

Seica levo poucos kilómetros semanais de carga... o caso é que así aseguro o meu obxectivo que non é só rematar o día 8 senon que o 9 vou sair trotar ó "parque da cidade" e logo vou seguir facendo cousas...

12 oct 2009

Resarcimento

Bueno, hoxe a mañan pintaba marabillosa no Bierzo e topeime con ánimos e saín face-lo longo que non fixen onte.




Topeime ben; 1 h 40'. Pola tarde roteiro de sendeirismo O Barco-Entoma-O Barco.

11 oct 2009

Onde foron as boas sensacions?

A de hoxe en Coruña foi a historia do doado que é que estraga-lo traballo dunha semana.
Pero non vou escusarme; non me saiu a carreira e punto.

Tampouco me importa moito; a verdade é que o que me ten fastidiado é que non fixen a prolongación que quería facer (30' trotando) por causas profesionais e bueno; haberá que face-la sesión longa o luns.

Moi bó ambiente na saída; cheguei coa xente do clube e xa empecei a saudar a xente do foro encabazados polo CAR Santiago. Acudo con Baoes á foto do foro e alí volta a saudarnos e tal. 18º de temperatura e cunha altísima humidade.

Tras facer 20' de quecemento co Cecebre e con outra xente fago unhas rectas e vou cambiarme ó coche. A saída xa ten o seu aquel; algo estreita para tanta xente e non consigo colocarme no lugar desexado. Paso o 1º kilómetro esquivando xente sen pensar en ritmos ou gaitas. Cando podo mirar ó meu redor vexo a Rubén e vou con él un anaco; no km 3 vou en ritmos de 3'50" pero as pernas non queren, subo a costa aínda adiantando xente e tal pero xa arriba penso 'este non é o día; onde foron as boas sensacions?' e sinto o peso da Kan-miseta. Na baixada deixome ir porque non vou nada ben e non quero ter problemas. No km 5 xa vou en ritmos de 4'05" e medio abafado... decido quita-la kanmiseta; sinto que respiro mellor e tento coller algo mais de ritmo. Á altura de Riazor unha pequena costa me permite remontar un pouco e volto a ergue-la cabeza, pero as pernas non van e debo serenarme a seguir o paso que me deixan sen facer caso dos compañeiros que me adiantan.
Control, baixadiña e xa o derradeiro tramo. Tento estirarme e correr mais erguido, quita-la kammiseta foi boa decisión, polo menos sudo só cara fora... xa nos cantons tento aturalle o paso a Nacho e recupero algo de ritmo, incluso consigo facer un cambio... meta 40'49".

329 de 1649. Fago a cola pola bebida, a camiseta (moi chula) e os agasallos e decido sair trotar. Pero cada oficio ten as súas débedas e este meu tamén así que ata ahi cheguei.

Para o ano habera que voltar a resarcirse.

10 oct 2009

O ascenso mais longo...

CHEGOU O MOMENTO.

Tras 19 anos (20 en Maio) o Obra conquire o que unha estafa lle impediu... lembro ben aquelo, tanto como que eu; breoganista sempre, tiña ansias porque ascenderan para ter outra escusa para ir a compostela.

Cantas outras inxustizas da burocracia deportiva quedarán no camiño; eis o mérito deste ascenso diferido... a perserverancia na percura da xustiza.

A disfrutar.

9 oct 2009

Sigo rodando

Bueno; ainda que Strands diga o contrario hoxe foi unha 'rodaxe rápida' de verdade; termos contradictorios entre sí malía que a media fose algo mediocre. O tema é que tras o de onte non saín a apretar ó principio pero funme animando e fixen unha progresión. ah, 33' (8 km)

8 oct 2009

Cando as sensacions acompañan....

Hoxe tiña medo antes de saír a adestrar, mais en canto me puxen a quencer todo pasou...

Series (0,8 km, 00:02:52, 03:35 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:54, 03:37 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:56, 03:40 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)
Series (0,8 km, 00:02:58, 03:42 min/km)

Foi unha xornada curiosa; e productiva e leveime a alegría de ver a FIUR correndo outra vez; seguro que pronto volta a dalo todo no asfalto.

7 oct 2009

6 oct 2009

Renovando alegrías

Rodaxe Feliz.

42' con sensacions positivas tanto nas pernas como no ritmo e na resistencia; esto é outra cousa.

5 oct 2009

Seguimos inasequibles ó desalento

Natación: 100 de quencemento + 1000 (+/- 20') + 2 x 100

Ximnasio 45' completo.

4 oct 2009

Pero que verde estou...

Bueno, hoxe tocou longo semanal. Para min a rodaxe longa é un adestramento a ritmo aproximado de competición de entre 1h30' e 2h; saín a face-lo percorrido que fixera hai 3 anos como derradeiro longo antes de Donosti.

O caso é que saín suave e logo de 5' notaba moitos pinchazos nos xemelgos mais fun incrementando algo o ritmo ata o final da pista das viñas costoume avanzar, logo collín confianza e xusto alí atopei a Jorge, Rober e Quini que viñan de San Lorenzo...pregunteilles se ian para longo e o ritmo que levaban e si farían trocos; acopleime e fumos falando cara a Villar de los Barrios, cando chegamos alí paran a beber e logo seguimos pola estrada, Quini fai unha aceleración que chega xa ata o cruce da iglesia de Campo e alí para...eu que seguin o ritmo como puiden e logo afroxei decidín seguir con paso forte e voltar para casa dando a volta polo aerodromo...bueno, que 1h32' pero con sensacions estranas nos xemelgos e con sensación de pouco ritmo. Non sei, Yasso dirá o que queira pero a min non me saen as contas.

2 oct 2009

Rodaxe pre-guardia...50'; paseino mal por primeira vez, non me topaba con forza e as pernas non iban. Recupereime ó final e cheguei xa con algo de ritmo, o resto do día ben; subindo e baixando escadas como se nada.

1 oct 2009

Es3ado e Pardamazado mais ahi ahí

O de Yasso está a resultar ser divertido; un xeito de me forzar nas series... hoxe cheguei moi canso tras un día moito es3 e 30' de rodaxe dende o choio... e me puxen a elo: A ver si notades en cuales series tiven a sorte de contar con 'sparring'...

  • Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:03, 03:48 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:08, 03:55 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:55, 03:38 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:50, 03:32 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:02:53, 03:36 min/km)
  • Series (0,8 km, 00:03:01, 03:46 min/km)
Voltando xa para casa noteime mellor...