31 jul 2014

O afundimento...

Rematou xullo, mal mes; o peor en todos estes anos...

O día 2 fun correndo a currar e ademais do problema do xeonllo escomencei a ter unha dor tremenda no pé esquerdo na inserción dos extensores dos dedos... rematei como puiden pero xa decidín non correr ata a volta das vacacions.

Nadando... pois fixen 15,8 km sen problemas en ... mágoa de interrupción vacacional porque andaba xa nos 2,5 km a bó ritmo...

O derradeiro día saín na bici... por completar 35 km a 27 km/h nin ben nin mal...

Agora a tratar de escomenzar de novo e si non hai sorte, poñer outras solucions.

1 jul 2014

O final do principio...

Vai medio ano, só medio ano pero xa rematan moitas cousas... o xeonllo esquerdo non me deixa correr mais e eso me ten bastante amargado e si á volta das vacacions segue molestandome e hinchando tras cada sesión terei que pensar en facer algo mais que reposar... non fun quen de coller a bici, demasiados asuntos de toda índole... tampouco collín azos para participar nunha postrera proba para o circuito correr en galicia e iso me pon algo nostálxico...

Natación: 21,7 km en 11 sesions
Carreira: 153,21 km  en 12 sesions