30 sept 2009

Stress onde estés ti non hai nada bó.

Estes días vou comprobar canto impacta o stress no rendemento deportivo.

Polo de agora só me quita tempo de adestrar.

Natación: 100 + 800

Ximnasio: 30' tren inferior e superior

29 sept 2009

Deixando as mañiotas atrás

Outra rodaxe matutina; de menos a mais tentado acabar coas mañiotas... está claro que hai certas probas incompatibles coa preparación dun maratón.

28 sept 2009

Reconciliación con sabor a vendima e pementos

Doíanme as pernas malía ó trote de onte e de manterme activo todo o día no choio. Sobre carga de xemelgos e algunhas mañiotas dicíanme que non debía ir ó ximnasio... e vin un tractor da vendima.

Collín a miña loira e aló nos fumos, Camponaraya, Cacabelos, Sorribas, Villaverde... todo cheiraba a vendima e a pementos a asarse... 37 km. 1h 20' foi bó para estar verde e mellor para reatoparme con ela.

27 sept 2009

Rodaxe descompresiva cara ó choio...43' tiven algún momento de flaqueza mais coido que non hai 'danos colaterais' así que: A seguir.

26 sept 2009

A Pardamaza non vai calquera.

Pois aló me fun a facer o longo desta semana así de monte con xente varia e amigos.

Moi bó ambiente na saída, só faltaba FIUR que nos ten preocupados a todos... Bueno, uns 50 corredores saímos con 26º de temperatura a facer este percurso...



Así que saimos suaves; cáse semellaba que sen gañas. Eu quería facer unha rodaxe longa e con algo de ritmo así que me puxen ó meu paso dende o principio e iso que o "xefe" Chus daba ordes dende atrás; Tombrio arrincou xa no km 1 pero ata a chegada a Librán a carreira era algo 'Viscontiniana; Tombrio adiante (como a 800 mts) logo un grupeto de 4 e por atrás os 'galgos'. De seguida saltaron Chus e Gus e logo o resto, foronme pasando na tremenda costa que hai nada mais sair de Limbrán; eu tamén fun incrementando o ritmo un pouco para non perder comba e sacarlle rendemento ó adestramento, o sol mancaba e facía de agradecer o gorro e as sombras de carballos e castiñeiros. Coa costa algo mais suavizada me integro con alguns coñecidos e imos ahí a 50 mts de Maky e Capelo que voltou a facer unha magnífica carreira.



Na derradeira rampa chegan por detrás 'Romario' e Rober que traian gañas de xogar e viñan facendo trocos, paran onde nós, ofrecenos auga e imos xuntos ata o mirador. Alí me pasa factura a costa e non podo seguir ó resto que xa se lanza 'a tumba aberta' na primeira baixada...e menos mal que non o fixen, fun ó meu paso (coido que bó) e pasei a Maky que tivo un problema gástrico que lle fixo pasar un mal trago. Chegando a Pardamaza crúzome con Gus que xa vai diante e logo con Chus -abafado de calor- e vexo o que quería dicir co de 'un pequeño paseo por el pueblo' (de ahí a diferencia entre o meu perfil e os 22 km oficiais da proba) unha tremenda rampa me levou entre uns castiñeiros preciosos ata o extremo do pobo; logo baixada PELIGROSISIMA polas pistas de terra ata voltar a enlazar coa carretera. O tramo ate o mirador aínda fun aturando cun compañeiro pois era un falso chan...



Dende alí toda a baixada fun como puden co meu medo e o meu paso curto e me foron adiantando alguns entre eles Jorge que se ve que por fin está en forma. Xa en Librán de volta tentei retoma-lo ritmo mais tremíanme as pernas... A calor fíxoseme algo forte e vinme medio apaxarado; chego ó rio, cruzo a ponte e vexo a tremenda costa final... tomo ritmo (menos mal que era á sombra) e vou respirando, síntome mellor e miro o crono, ollo cara atrás; aló ó fondo ven un cunha camiseta laranxa... apreto o que podo. Meta: 1h 40'.



Non estivo mal, como 'longo' semanal mais terei que esperar a ver como me senta.

Resultados colgados en TriBeerzo (posto 15 de 53) e

24 sept 2009

A esperaza é verde como a herba...

Tiña medo das series de hoxe; moita calor e moita actividade previa; sorte que me acompañou a miña lebre particular que sufriu mais voltou contento a casa.

Quecemento 20'
6 x 800 rec 2'45". 2'48", 2'51",2'54",3'00",3'02",2'56".
6 rectas sobre herba 80 mts.
Rodaxe de volta 30'

Mira que si Yasso ten razón... ando ahi, ahi...

23 sept 2009

Natación: 100 + 550 + 4 x 100 + 125

Ximnasio: 45' Tren superior e inferior; lumbares e abdominais.

21 sept 2009

20 sept 2009

Rodaxe de..."descompresión" 37' a 4'03"...Definitivamente o do Strands non me cadra.

19 sept 2009

Longo; 3 voltas no parque do pontiñas en Lalín. O ritmo que me calcula o Strands non me cadra coa sensación... se cadra sumei mal; 25'23", 25'20" e 26'23". E 20' de ida e de volta.

17 sept 2009

Rodaxe matutina 41' cara ó choio. Mais sube e baixa de escadas; rematei a mañan algo canso... Polo menos teño algunha boa nova. O 26 correrei 22 Km Toreno-Pardamaza-Toreno.

16 sept 2009

Mellor temperatura, peor tempo

E dixen "Ala, a por outras series de 800s"

Quecemento: 12'

5 x 800: 2'59",3'00",3'04",2'59" e 3'05". Rec de 2'50".

6 x 90mts rectas progresivas.

21' de rodaxe de volta. Cheguei valeiro...a mañan tivera moitas 'series'...

15 sept 2009

13 sept 2009

1609 emocions...

Bueno; chegou o día de correr a carreira con mais espectadores por metro de percorrido de Galicia carreira que conxuga perfectamente promoción e espectáculo, participación popular e de elite a Milla Urbana de O Barco.

Incluida no calendario da federación española de atletismo e co mellor cartel que unha proba deste tipo tivo en Galicia nestes anos malía a recoñecidas ausencias xa sómentes contempla-la proba absoluta merecía o desprazamento ate Valdeorras mais para vos informar de todo o bó e malo ó redor desto tendes a prensa e o foro polo que eu voume a centrar na miña participación.

Tras tentar non encherme moito no xantar familiar e descansar sen apoltronarme me presentei ás 18:20 na zona de saida coa decepción de non levar comigo ó cativo que non quixo participar. Inscribinme e coloquei o dorsal na kanmiseta e xa andiven a falar con uns e con outros sobre o día perfecto que tiñamos para correr e a cantidade de xente que participaba na carreira de veterans e populares femeninos...
Fago o quecemento polo novo paseo do río que é unha gozada vou só pensando en demasiadas cousas e tentando esquecer a carreira en sí. Estiramentos e uns progresivos xa na zona de saída mentras corren os populares masculinos e entramos na cámara de chamadas... saúdo a unha chea de xente entre eles a moitos compañeiros do clube e da zona do bierzo; camiño da saída saudo a Reyes Estevez que xa está co traxe de batalla...

Cólocome ben na saida...miro cara adiante ó punto no que o circuito 'desaparece' nun zig-zag e véxome metido alí... saimos, tropezan brazos e corpos, deixo que o amigo Capelo vaia adiante mais apurándolle para chegar ben postos o dito zig-zag; pasamos sen mais atrancos; bou ben situado no 4º lugar e nos achegamos á primeira curva pechada, neso un home grande como un armario me adianta por dentro e teño que da-la curva algo escorado empuxado polos seus 'remos'. Arrincada 2 volto a colocarme en cabeza cos dous de A Gandara (Monforte) e Capelo; vou cómodo respirando ben e sen tropezos. Contra curva, facémola en ringleira o ritmo podía ser maior, mais faltan aínda dúas voltas e media así que manteñome tranquilo detrás deles pensando xa '¿que fago eu aqui?'.2º Paso por meta e nova viraxe pechada, esta volta coloqueime ben e arrinco no mesmo sitio; os compañeiros de A Gandara non fan mais que ollar cara a nós e cara atrás; xa pasada a costa da casa da cultura lles digo "Estamos de broma?" O ritmo segue a ser soportable mais xa sudo e neso caio en conta de que "Tombrio" aínda non me pasara. 2º contra curva; Xa vexo a Tombrio vir como unha exhalación, tropezamos e ponse ó meu lado buscando un paso entre Capelo e os de Monforte; dígolle "déixate de bromas e dalle caña" e volta a arrincar, pola dereita pásame o home grande...3º paso e 3º curva pechada, agarrome a barandilla e arrinco; xa non son quen de coller ós de cabeza e alcánzanme 2 mais de A gandara; decido apretar o que dou a ver si os despego algo. Derredeira contra curva; vou pasado de voltas e sei que xa non teño cambio, pásame como unha ráfaga de vento un home vestido de verde (logo souben que gañou a carreira) ó que nin tento seguir... aguanto un pouco, os dobrados estorban ó home grande que semella algo parado mais menos que eu... os dous de A Gándara voltan a collerme e me pasan, fago un derreiro esforzo mais non consigo velocidade e voume quedando deles...meta; crono meu 5'31" (a organización colgou 5'30") bó para o traballo feito nestas semanas. Posto 9º na carreira e 5º da categoría.

1" non é unha diferencia significativa e mais tratándose de cronometraxe manual, pero si me fixo ilusión que corrin a carreira en cabeza e coa pouca cabeza que son capaz de ter; mágoa de capacidade de troco na derradeira recta...é o que hai e ben contento que estou: non estou mancado e vai "otra pal zurrón".

Logo fixen 30' de rodaxe por aquelo de compensar pois tocaba un día de longo pero os compromisos son os compromisos...

11 sept 2009

800

15' de quecemento

4 x 800: 2'58", 3'01", 2'59" e 3'04" rec de aprox 3'

5 rectas de 90mts

20' de recuperación.

Bueno, segundo o método de Bart Yasso aínda tería posibilidades de atacar a "maldición das 3h". Xa tería coña...

Propoñendome obxetivos

Bueno, hoxe foi un día importánte. Acabei de tomar unha serie de decisions en conxunto que me alegran moito. "Participar como escusa para adestrar" é a miña sinatura e non por casualidade; non me gusta ter a vida absolutamente programada mais si que recoñezo que hai que ter unha meta por acadar para que o traballo cobre senso.

Así que a conxunción de casualiades deu como resultado que o día do meu 42 cumpreanos se celebra a Maraton de Porto e qué mellor celebración para 42 anos que 42 kilometros?

Por outra banda seica teño plano... leendo as notas dun vello coñecido atopei o método Yasso e coido que é moi interesante e nada estresante: 1 día de series de 800 semanal, 1 día de longo semanal e o resto (2 ou 3) 8 ou 9 kilómetros a un ritmo 15" superior ó que se acada para un 10000.

Así que voume deixar de laiarme pola mala sorte que teño co das carreiras e centrarme nas ocasions que cristalizan.

9 sept 2009

INDECISION

Saín sen saber que ia facer quería rodar 40', mais así a semana quedaba en pouco, quería facer trocos de 1000, mais pensei que estaba 'tierno' para ese esforzo; ó final Rodaxe fago unha rodaxe que vou alongando e incrementando o ritmo.

Roteiro das viñas 1h06'.

8 sept 2009

Millaencina 2009


Bueno, ó final cheguei con tempo mais que de sobra... ata de quencer e enfriar 3 veces.



Participei na proba popular xunto cunha boa cantidade de xente; os compañeiros do ADAS e...Sergio Gallardo que non está completamente recuperado da súa mancadela; algún día vos escribirei algunha das conversas que teño a sorte de compartir con esta grandísima fortuna do atletismo do bierzo.



A milla?; home, o circuito é moi vistoso e a data escollida, un luxo... que hai que pagar... corremos con 30º e con 1 hora de retraso. Tiven algún problema na saída porque como non coñecía a xente e colequeime en 3ª fila e xusto ata a contra recta non puiden adiantar ós da segunda fila, logo fun ó meu ritmo tentando incrementa-lo paso e flipando cos ánimos d@s compañeir@s do choio (é a primeira vez que me animan polo nome sin ser os fillos) na derradeira recta me adianta un rapaz e incremento o ritmo ata pasalo e a falta de 150 metros sacouse un cambio maxistral e deixoume clavadiño... 5'22" polo meu crono, eu non penso que fosen os 1609mts dunha milla nin os 1600mts que nos dixeron na saída... o que me importa; participei, non estou mancado e rendín todo o que puiden así que: A seguir.

Ah, esquecía comentar: ¿Porque non poñe-la carreira DIRECTAMENTE para despois do desfile?...

FOTOS DE BIERZO DIGITAL.

7 sept 2009

Rodaxe matutina habitual cara ó choio... 41' baixo a lúa.

6 sept 2009

Unha volta mais a "ruta das viñas"... 1h 10'

QUE NOS PASA AMOR?

Non vos decatariades, mais vai xa para dous meses e medio que non saio coa miña loira....


19 anos vai que a merquei e tanto tempo pasado con ela; os disgustos que levei pensando que se partía e non voltaríamos a rodar xuntos... non sei si ten que ver con este baixo rendimento que arrastro dende hai 6 meses e ó que xa me vou adaptando como prezo do novo nivel de actividade e stress mais é que nin vexo a ocasión nin me apetece sair... e iso é moi, moi grave. Gústame sair na bici e NUNCA me escondera dela deste xeito, non me importaba ir derradeiro ou primeiro eu sempre disfrutaba de cada pedalada e cada curva... nin siquera miro con envexa ós outros ciclistas, non xiro para ollar que cuadro ou que troco monta unha bici que pasa...

Seica tódalas parellas pasan crises mais non pensei que neste tipo de parella se dera esa circunstancia.

5 sept 2009

Ximnasio

1 hora variada... nada que o de Strands tampouco sirve moi ben para reflectir o que se fai.

2 sept 2009

Adaptación.

Si teño algunha cualidade é a adaptación. Hoxe tiñamos varios recados e non puiden ir ó ximnasio e a nadar como tocaba así que saín co 'traxe de luces' posto e, nada mais rematar o derradeiro asunto, me botei a unha rodaxe de recuperación de 42' pola herba do parque da Rosaleda.

1 sept 2009

Outra de trocos

Quecemento; 15'

Trocos de 400/200

1'17" ,1'29",1'27",1'30",1'32";1'24",1'30",1'29" e 1'31"

Rodaxe de volta 15'.

Quedo mosqueado... o primeiro troco foi unha pasada; os outros foron paupérrimos ben é certo que non os fixen como si fosen series senon coma trocos de ritmo.