31 jul 2008

Natación: 1000 m. na praia do Toural en Ribeira. Definitivamente teño que aprender a me orientar nadando mais como me gusta nadar no mar.

29 jul 2008

Bicicleta: Queiruga, cruce do hospital, alto da Curotiña, cruce do Hospital, cruce da barca, estrada de Corrubedo, Espiñeirido, San Pedro de Muro, Xuño e Queiruga.

28 jul 2008

Saín a explorar o territorio mais que nada polos tempos dende Queiruga ata o cruce do hospital (punto de referencia), logo pasei a Poboa polo alto do cruce da Curtota e voltei cara a Ribeira, subín pola saída de Noia e volta a Queiruga.

Comprobei novamente o importante que é o vento no mar.

27 jul 2008

Un tour “DeSastre”

Terceiro peninsular que gaña o tour consecutivamente esta volta baseado na superación da dificultade en forma de inoportuna caída, nun traballo de desgaste prolongado rematado no soñado ataque na MONTAÑA. O mellor é que aínda hai mais ciclistas que semellan te-la capacidade de facer cousas interesantes na “grade boucle” é o caso de Samuel e Astarloza. O único malo deportivamente desta xeira foi a arrepiante caída de Óscar Pereiro.

O asunto é que neste tour voltamos a sufrir co espectáculo de rexistros, detencións e controis positivos que afectaron a ciclistas novos e cun futuro brillante: é o caso de Riccó. Eu xa comentei que tanta decepción me botou fora da sala, á estrada dando eu ós pedais.

26 jul 2008

Carreira Contínua: 1h.

Mais bici

Outra volta a mesma rodaxe que hai 2 días e o mesmo resultado: 46 Km. en 1h32' nin ben nin mal...

Coido que hai un "complot" para que non faga deporte combinado este ano; hoxe debería estar en Tui no Cuadriatlon ou en A toxa no cross mais VSQN e a vindeira fin de semana non poderei ir nin o triatlon de Vilagarcía nin o Biatlon do naútico en Ponferrada pois andaremos aproveitando un agasallo do ceo para pasar tan sequera unha seman na nosa querida Barbanza. Tentarei aproveitar para coller fondo ciclista e subir Iroite ou a Curota ainda que sexa só unha vez.

24 jul 2008

Recuperar...¿con series?

Aínda que teño moito traballo pendente coa bici o certo é que coa baixada de temperaturas de hoxe ocurriuseme facer unhas series para ver como recuperaba da media...

15' de quencemento; 6 x 1000

3'52"+ rec 1'45"+3'49"+rec 400 trote+3'52"+ rec 1'45"+3'48"+rec 400 trote+3'52"+rec 1 45"+3'46".

Volta ó trote con 6 rectas fortes.

23 jul 2008

Bicicleta 46 Km. 1h32' Non está mal para levar dende o 3 de Xullo sen sair coa 'loira'... i é que hoxe vendo ós ciclistas na "cruz de ferro" me voltei a decatar o que AMO ese deporte; debe ser o que mais boto en falla das vacacions.

22 jul 2008

Natación (pisc 50 mts) 2000 mt. Foi coma unha rodaxe na auga, levoume 43' o que tendo en conta que non fun 'a rachar', as paradas por 'obstáculos' e que son bastante maula nadando pois non está nada mal.

21 jul 2008

Matutino: Rodaxe 50'

Vespertino: Natación (pisc 50 mt) 1000 mt.

As mañiotas non son o peor; a dor na cresta iliaca esquerda é molesta pola mañan mais non entra na categoría de lesión pois non me impide correr...

20 jul 2008

Natación(pisc 50 mt) 1000 + 7x 50mt fortes rec 50mt a modo

Media deshidratación nocturna por Ponferrada...

Bueno, pois aló foi.

Vistas as circunstancias o resultado foi bó e posto a destacar pois que perder premio por un posto foi fastidiado aínda que me adiantase nos derradeiros 100 metros.

O día foi aplastante; 37º son moitos todos xuntos e mais pensando en correr así que pasei a tarde na herba da piscina, bebendo e bañandome sen mais. Ás 20h tomei un gazpacho de sandía como cea e marchei para o sitio.

Collín o dorsal (corrin co meu chip) e andiven por alí falando con uns e con outros; semellaba que ia a haber moita xente, a de mais participación dende que vivo nesta cidade. Dos habituais bercianos só faltaron 2 lesionados.

Marchei ó coche a poñe-lo dorsal e os ugüentos e logo fixen 15' de quecemento suave polo parque. Acabei xa sudando e os esparadrapos dos pezons despegáronseme ó por a Kanmiseta. Voltei á saida; xa había tensión e os galgos andaban serios, malia todo puiden saudar a Alex Martinez que participou na proba de 10 Km. xa na liña de saida Maky , Fiur e mais eu concidimos baixo o arco. O comentario xeral: Aqui venimos, a sudar un poco...

Saimos puntualmente, como xa decidira sain rápido porque prevín que se faría tapón no paso pola Avenida de España e xa tería tempo dabondo de quedar para atrás. 1º Km. 3'36" dí un compañeiro do foro e digo: "pois xa valeu" e volto ó meu ritmiño. A policia municipal conqueriu despexa-la praza Lazurtegui xusto antes do paso dos primeiros, pola zona había bastante xente animando malia ós 30º que marcaban os termómetros. Km 2, fonte do bispo e o rei, 7'35"; "vou demasiado de prisa" pero me sinto cómodo pois aínda non sufrín o 'efecto catarata' alcánzame Ruben do ADAS e imos xuntos falando do percorrido e dos respectivos blogues. Ata a baixada pola rúa das hortas do sacramento non tiven sensación de agobio alí escomencei a suar como no kilometro 30 da maraton de toral e pensei 'non chego nin de broma'; costa da rúa rio Selmo, as pernas ben pero a min a sudor trouleame, collo auga e boto a metade por riba sen contemplacions, non é sede 'de beber' o que teño. Voltamos á avenida da liberdade, e decido saca-la kan-miseta e metela no pantalón; vaime dando a impresión de que cae, mais o alivio que sinto é espectacular e sei que ou corro así ou non remato.

Pola zona do Toralín Rubén marcha con dous rapaces de Ponferrada que veñen nun ritmo de 3'50", eu sigo co meu pasiño e mantéñome por baixo dos 4' km. de media; ata me semella que corre o aire cando pasamos polas rúas do barrio da rosaleda; na costa da avenida dos escritores vexo o límite do meu esforzo e penso no 2º paso pola zoa así que toca afrouxar outro pouco. No Km. 10 vou en 39'50" e manteño a pisada de 'pausa' para non me abafar, tiro a Kan-miseta no avituallamento e collo auga. A auga reanímame e volto a estirarme de gaña pola zona de animación ata a avenida da puebla me sinto moderadamente ben; logo, outra 'sensación catarata' me fai pensar no que queda e reduzo; non sinto brisa ningúnha e vou moi agobiado pola suor. Na ponte do centenario vexo unha botella de auga grande no chan con bastante contido; non o penso, paro e bótoma toda por riba, estaba quente; pero, curiosamente, como a brisa voltou a correr sentinme mellor.
No segundo paso pola costa de rio Selmo me vexo mellor, collo duas botellas de auga e me boto a metade dunha entre exclamacions, logo vou bebendo a pequenos grolos. Xa na avenida da liberdade retomo un paso 'decente' e, pola zona deportiva escomenzo a ver que me aproximo ós de adiante o que me anima. Apreto sen afogar e no Km. 17 calculo que podo chegar en 1h28' o que me anima a seguir con ese paso. Alcánzame Tino ó pé da torre da Rosaleda, sego detrás del con calma. Na costa da avenida dos escritores me sinto moi ben e cando vexo o cartel do Km. 19 decido que hai que facer un remate bó pois o terreo é chan (de feito fixen 8'40" eses derradeiros 2 Km.) a xente da andaina anima moito o que é de agradecer. na Praza da rep. Arxentina alcánzame ó que, na meta, me deixaría de posto 51... vai algo perdido así que teño que indicarlle os cruces ata a meta. Entro mirando o crono e paso xusto cando troca de 1h28'59" a 1h29' mais na lista oficial aparezo con 1h29'02".

Agora a toma-las infusions e pensar na seguinte...

18 jul 2008

Prognostico

Matutino: 40'

Vespertino: Natación (pisc 50 mts) 350mt

Ás 22:30 había 30º de temperatura e non corria aire ningún polo que pronostico que conquerir 1h30' xa vai ser unha machada. O certo é que se trata da temperatura normal para a época mais tendo o tempo que tivemos ata hai 3 días... A ver si a proba se consolida que é o mais importante e si o concello ve que paga a pena o esforzo para facela mais anos.

17 jul 2008

Natación (pisc 50 mts) outros 1500 'obstáculos' malia todo ben de ritmo; 30'.

16 jul 2008

15 jul 2008

15' de quencemento

Series de 1000

3'49", rec 400 mt ó trote, 3'51", rec 1'50", 3'52", rec 400 mt ó trote, 3'58", rec 1'50", 3'51"

Volta ó trote con 6 rectas en progresión.

Quixen ir pola tarde para irme afacendo á hora da carreira mais case me custa un disgusto porque facía moita calor; só ó voltar para casa notei algo de alívio así e todo ainda estiven sudando 20' mais.

13 jul 2008

Carreira Continua 50' malia que o crono non mo dicía eu tiven boas sensacions...

12 jul 2008

Natación pisc. 25mt.
800 + 5x100 + 5x50 fortes.

¿Mais ou menos?

15' de quencemento e Series de 400 en pista

5 rec 35": 1'24",1'26",1'25",1'29" e 1'30"
5 rec 40": 1'28",1'28",1'29",1'30" e 1'29"
5 rec 45": 1'31",1'31",1'32",1'33" e 1'35"

e 10' de descompresión. Non son quen de dicir si fixen mellor que o outro día ou peor; as sensacións foron de ir con mais marxe, pero iso non dí nada, ¿ou non?.

10 jul 2008

Carreira contínua 1h. con dous trocos de 10'. A sensación de mellora continúa.

8 jul 2008

Matutino: CC 60' mellores sensacions, o frio da mañan axudoume a centrarme no que podo e non podo facer.

Vespertino non previsto: Natación 550 mts en piscina de 50.

6 jul 2008

Rodaxe: 1h 20' polo parque do Pontiñas... segundo fun rodando me fun atopando mellor. A ver como vai a semana mais coido que a media do 19 vai ser "a rematar" e gracias.

5 jul 2008

Natación 1000 mts. Para recuperar o que se pudera da deshidratación do Venres e a mala hidratación a base de viño "medieval".

Pola tarde remateina sulfatando as patacas; tiven unha pequena crise asmatica que me deixou mais canso que a maraton.

4 jul 2008

"Bad sensation day"

Debeu ser pola data...

20' de quencemento
2 x 2 "voltas de campo" (5400 mts) 21'55" e 21'57" rec 5'.
Volta ó trote...

Facía un bochorno terrible e tiven moi malas sensacions.

3 jul 2008

Matutino: 45' de rodaxe en progresión

Vespertino: Bici 1h e 20'

2 jul 2008

pISTa QUE VAI...

15' de quencemento

5x400 rec 35": 1'27",1'30",1'31",1'30",1'31"
rec 1'30"
5x400 rec 40": 1'31",1'30",1'37",1'30",1'29"
rec 1'30"
5x400 rec 45": 1'30",1'32",1'30",1'31",1'30"

1 jul 2008

Matutino: 1h. CC. a ritmo forte

Vespertino: Natación (pisc 25 mts) 750. + Sesión ximnasio 50'.