25 oct. 2009

Onde ata as pedras animan.

Tras o adestramento de onte acudín a participar na XXXII Carreira Pedestre Popular "Camiño de Santiago" empuxado polos recordos de tantas participacions anteriores e da ocasión de atopar a tantos amigos.

A tarde e a noite do sábado arroiou en Lalín e pensei en leva-la canoa para participar. Fumos cedo e aparquei perto do pavillón da Santa Isabel. Subimos, collín o dorsal e xa lle vimos a cara á magnífica mañan que se estaba a mostrar. Damos un paseo pola zona vella e vexo co cartel de 1 Km meta... voltamos ó Obradoiro, e xa escomenzo a atopar xente, imos cara ó sitio da kedada de CenG e a entrega dos premios do circuito.

O ambiente é magnífico e a xente está moi animada porque o día presenta boa cara. Quenzo de ida e volta ó coche polo chip e facemos as fotos de rigor, as conversas son interesantes e non sinto moitas gañas de estirar ou de quencer mais, troto outros 5' e vou para o mogollón. Atopar a unha persoa nun grupo de 5000 é sorte. Topei a Tombrio e a Jorge que estaban moi intrigados por como ia se-la proba. E Bubela (que non o vía dende 2007) estivo a platicar comigo sobre a próxima maraton que se van meter no corpo.

Saída, estou a uns 40 mts do arco e tardo 44" en pasar andando por alí. Arrinco suave, esquivando e sendo esquivado por xente e tomando con calma a costa de Xoan XXIII. Xa arriba podo comenzar a correr, iso sí, esquivando xente que había moita.
Avda de Lugo aínda non adianto tanto como me adiantan pero vou animado, sintome ben. Torcemos cara ó camiño francés e collo como referencia a uns triatletas que van falando e que levan un ritmo de 4', voume estirando; cando chego á prota do camiño coido que debo facer un esforzo e manter ese ritmo.

Na praza da Rosa xa vexo que vou de menos a mais e que podo ir apretando, paso medo na baixada pero de seguida comprobo que non hai danos e sigo con alegría. Entramos no campus e bebo e me boto algo de auga polos brazos, a noto fría e me decato da tremenda calor e da sudada que levo.
Paso de control, comenza a subida e vou ben, a 5 km de meta levo 28' mais queda o mais difícil: VITE.

Baixo a costa do galo outra vez con medo pero tamén con ánimo pois penso, por vez primeira que podo chegar en menos de 50'. Galeras, adianto xente e vou sen medo incluso chego a dicir "señoras e señores con vostedes: a costa de vite" e tento apretar, adianto a outros compañeiros do foro e sego con moito ánimo. Pasando por donde o Burgo das nacions a nostalxia me fai ter visións de tempos pretéritos.

Escomenza o duro, vou a tren; adiantando xente ata que me pasa Nela a da coleta e me pego os seus talons algo fora de punto pero animado. Chego arriba feliz, e vexo o cartel de 3 km meta fago as miñas contas e penso 'si apreto, chego'.

Alongo a zancada, ergo a vista e alí vexo a praza de San Roque e a entrada da zona vella. Decido bota-lo resto, vou a tope e animado. Vexo a Esther Pedrosa e penso en chegar á súa altua, por diante de Historia topo a mundi e lle animo para chegar antes de 50', sego apretando e avanzando. Toural, moita xente animando; decido non soltar, da-lo todo, rebentar. A rúa do vilar é como correr unha serie cáseque non alento. Chego ás vallas e ás curvas ergo a vista, Fonseca brila co sol sinto novos folgos e me boto cara adiante. Derradeira curva, só miro o cronómetro da meta, 49'.... e volto a apretarme... 28". Dou choutos, feliz por ter baixado dos 50' e polas sensacions.

Párame un periodista, seica me quere facer unha entrevista pero antes deben rematar de entrevistar a...Oscar Pereiro (que me adiantou a 3 km de meta). Falo sobre o tema do peche da alameda, collo aire e vou cara o tema dos agasallos.

En fin, 49'28" na pedestre. aínda teño oportunidade.
Publicar un comentario