27 jun 2011

A satisfacción de facer

Matutino guardián...9.5 km 44' A verdade é que non tiña gañas ningunha pasara mala noite e temía peor día así que quedo coa satisfacción de seguir saíndo aínda que non me apetecera moito.

26 jun 2011

Pffff arrastro

saida matutina para evita-la calor e a axenda das estrelas

11km 50' Mais que un monótono fungar é un patético andar.

24 jun 2011

Hai que estar tooooolo

20 h. 30º alá que vou a correr...

8 km en 37'

Unha sudada de campionato.

23 jun 2011

Natación 100 + 1000

Non me sentín moi ben hoxe tiña os xemelgos algo cargados e querían acalambrase.

22 jun 2011

Calor? ningunha.

Pois hoxe collín a bici e saín dar unha volta clásica... 44 km en 1h 35' o vento do Oeste fixo que a frase da portada fose realidade, porque calor non pasei ningunha.

Pensei que para o ano vou facer etiquetas por disciplina deportiva (nadar, correr e bici) para contabiliza-las sesions porque hoxe o Sportypal se puxo de folga ó pouco tempo e así non hai forma.

21 jun 2011

Dobrando entre estacions

Outra carreiriña matutina: 9.5km en 43' o SportyPal non quixo furrular desta vez supoño que por ser o derradeiro entreno da primaveira

Pola tarde animeime a ir á piscina: 100 + 500 + 5x100

19 jun 2011

Volta á calor

Pois iso, fumos de finde a un sitio ben freco e ó voltar ós 29º de Ponferrada ocurriuseme sair correr... 1h 3' 13 km

16 jun 2011

Mais esforzo mesmo resultado

Hoxe outra volta de mañanciña... ou iba a esa hora ou "perdía" o día.

Tentei esforzarme mais pois non tiña guardia, pero o resultado foi exactamente o mesmo que o día 14

9.5 km en 43'45" Pero ahí estamos, insistindo.

15 jun 2011

O patetico pedalear

Bueno, que sí que estaba canso da guardia e que facía aire pero 26.8 de media non é nada bo

43.5 km en 1h 36' Así foi a cousa e aínda menos mal.

14 jun 2011

Cedo que non pronto

Outra de trote matutino moi agradecido aínda que por calor non é si por non ter que pasa-lo día en branco. Non me saiu ahi de tirar cohetes pero...

9.5 km 43'44"

12 jun 2011

Tocando Fondo e deixando o trancazo atrás.

Hoxe saída de 1h e 2' sobre un roteiro de 1 hora... aínda que me custou poñerme a sensanción ó respirar era mellor o trancazo vai quedando atrás.

10 jun 2011

Desatrancando

Estou algo atrancado de mocos pero non podo deixar de correr. Hoxe sufrín moito para facer os 8km en 37' pero os fixen.

8 jun 2011

Expulsando

Si os mocos fose enerxía eu sería unha fonte inesgotable.

Pero sigo teimando en facer execicio pois me axuda... onte pola noite tiven febrícula e sudei como si fixera a maratón, pero me atopo menos cargado así que hoxe a correr a carreiriña dun kan.

8 km en aprox. 37' é doado saber por onde fun; só hai que segui-la pista dos mocos.

7 jun 2011

Afogando entre os mocos

Onte atacoume un catarro bastante importante e non fixen ren; así e todo hoxe fun nadar a ver si era quen e si sabía "respirar por branquias" a cousa non me saiu mal. 100 + 1000

5 jun 2011

Acompañando ós peregrinos

Saída sinxela con algo de brisa de fronte ó final... 43.2Km en 1h 31' pensando que a trona ven pola tarde non me vai pillar.

4 jun 2011

Sudada aquiliana

Pois hoxe non podía ser menos e tras ter atopado a Oscar onte á noite ceando hoxe saín a corretear cos aquilianos en mente 8.2 km / 37'. Hoxe esta xentiña ten algo de sorte pois a esta hora había un "gorro" de nubes sobre a cordada, pero tería igual unha vista magnifica do val que está despexado; calor vai algo, pero non moita.

2 jun 2011

A metade dun séptimo

Hoxe fixen outra rodaxe-manifestación en compaña de Basurco e mais xente como Che e Tino dende Villaverde de la abadía ata Ponferrada. Fíxo moita calor e aínda menos mal que había algo de aire de fronte e se tolerou ben.

Como sempre a compaña moi agradable fixo que os kilómetros pasasen sen me decatar.