30 dic 2008

Despedida patagónica

Hoxe saín correr outra hora rodeando a bahía redonda do lago argentino pola costanera... foi unha gozada ver unha enorme bandada de cisnes de colo negro, cauquenes e outras aves erger o voo cando estiven perto deles no cabo final do paseo.

A actividade de 2008 remata cun balanzo moi satisfactorio pois puiden facer os Aquilianos e fixen unha Mellor Marca Persoal e, sobre todo, puiden adestrar sen grandes atrancos todo o tempo...

Agora escomenza 2009 co traballo de recuperarme desta viaxe que é un tipo de vida que non resulta moi propio para a actividade física e os meus pulmons estanno a notar.

28 dic 2008

El Calafate, Natureza a pé de pista.

Hoxe chegamos a El Calafate ó pé do Lago Argentino e aproveitei o prolongado do día para ir correr pola avenida costanera bordeando o lago; apenas 40' chegaron para ver unha chea de especies de aves; Flamencos patagonicos, Cisnes de pescozo negro, Cauquenes, "Patos" etc... eiquí tamén sopra o vento, pero é mais cálido que en Ushaia e tolérase ben.




Aínda penso botar outra antes de que o ano remate.

23 dic 2008

Correndo noutro cabo do mundo...



Bueno, non eran tan fieros os cans como os pintaban nen o vento foi tanto hoxe como para me quitar de ir correr; fixen 1 hora pola praia do hotel e a avenida que vai ó aeroporto.



Comentar que correndo me decatei de que o realmente extraordinario sería correr nesas dúas horas de lusquefusque a que queda reducida a noite nesta latitude austral por estas datas vite?.

Agora embarco para 4 días así que non creo que poda facer nada.

21 dic 2008

Mala fortuna e "as máquinas non son amigas"

Polo canto dun peso non vos estou a contar como participei nunha carreira na 'outra fin do mundo'... Tiven ben mala sorte pois chegamos a Ushuaia ás 6 da mañan e a proba foi ás 11 e vin o cartel ás 12:45 cando andabamos pola cidade percurando un lugar para xantar... levaronme os demos.



Mais o peor é que non podo sair correr, polo menos nos arredores do hotel... hai "perros bravos" e grandes e prefiro non correr a que me mordan, si vas andando aínda nin che ladran o cal non sei si é bó ou malo.

Así que pola tarde (moi longa tarde pois nesta latitude o sol está a sair antes das 5 e ponse dempois das 10) estiven no ximnasio na cinta , pero só 30' que collín un mareo tremendo e logo outros 10' na elíptica... pero o tema é que hai que relaxarse.

Sego teimar en sair correr... xa veremos.

16 dic 2008

Derradeira rodaxe?

Recuperando fixen 50' co pensamento posto en cousas como que menos mal que me pasou o principio de gripe que tiña onte, ou o Tsunami de mesta e fría néboa que se me botou en riba segundo arriquei e a estrana sensación de que podía ser a derradeira rodaxe de 2008... mais eu penso que non; que vou facer un 'stage' ó hemisferio sul. Mágoa que por 1 hora non puiden estrear as rodas de 2009...

15 dic 2008

Tentando recuperar

Natación 1100 + 4 x 25

Pasei con cefalea todo o día; non sei si do que sufrin correndo ou conducindo de volta.

14 dic 2008

Ventos de troco ó redor da ría



Pois fun ó final ata Neda con mais temor á viaxe de volta que ó tempo na propia carreira. Chegamos non sin dificulatades e vou polo dorsal estreando o chandal do meu novo clube (para 2009) o ADAS de O Barco.
Saudo alí a Pedro Nimo que me conta que correu o día anterior en Mos e que este 'sabor Neda' non lle parece o mais doado para facer marca na Adolfo Ros. Saúdo a outros foreiros de Correr en Galicia e vou coa tropa para que almorcen; logo xa voltamos ó coche e me decido a quencer non moi convencido de facer unha boa carreira. Hai un grande nivel: ó dito Pedro Nimo engadimos a Lolo Penas e Elías Dominguez por citar ós mais coñecidos así que a carreira ía sair 'lanzada'.

Fago o ritual quecer-estirar-vestirme e me vou para a saída; mais foreiros a saudar todos coa impresión de que o imos flipar un pouco co vento e a auga que se promete.

Saída; sin creermo moito vou a un ritmo forte as dúas voltas urbans, logo tento pillar un grupo cun ritmo soportable.



Descolgome do grupo de Chus que vai moi forte e me pego ó de Manuel Oliver (que pronto voltará ós seus postos habituais) e fago con eles o cruce da ponte das pías. Paguei o esforzo atravesando o barrio de Caranza mais como era sin vento non sufrin demasiado. Km.10 (40'03") alcanzanme uns compañeiros do foro e me alentan para que os siga mais non podo teño que adaptarme ó que dou. Do 10 ó 15 "perdo" 2' non conquiro mante-lo ritmo de ningúen que me adianta e me limito a beber e a agradecer os aplausos do valente público. Por alí coñezo a Yonatan26 e me pego a eles un tempo ata a cola da ría; mais a costa da entrada en Neda me deixa sen folgos e me plantexo que me sobra roupa...



km 20 (1h22') vexo que podo facer a marca prevista malía todo así que tento apretar porén que me adianten 7 ou 8 corredores mais.



Xusto á entrada da recta de meta me colle outro compañeiro do foro co que fago a chegada 1h26'38".



Non estivo mal porque era o previsto mais ¿que sería sen esa mala meteoroloxía e as malas sensacions que tiven dende o km. 6? bueno, só hai un xeito de respostar...Seguir correndo.

Agradecer as fotos á xente de Correr en Galicia.

13 dic 2008

Por si mañan non vou a Neda... Natación 1000 + 4 x25

11 dic 2008

Carreira contínua 50' sen apretar demasiado. O tempo non promete nada bó para o domingo mais o traballo xa está feito. Iso si; corrin con ledicia.

9 dic 2008

Carreira contínua 45' nun atardecer bermello... mágoa de día para o Domingo.

7 dic 2008

Corre que arroia

Fumos de finde a Valdeorras e só tiña que ir rodar mais como queira que encherme de lama me gusta moito estiven 45' dando voltas polo parque de A Raña.

6 dic 2008

Pasarse ou quedarse corto

Saín correr neste día de invernía como aquel de hai 3 anos coa mente posta no vindeiro domingo; fixen o circuito habitual con algunha prolongación para tentar chegar á hora e 10' mais nin por esas: 1h06' de porta a porta.

5 dic 2008

3 dic 2008

2 dic 2008

Decidindo rodeado dun manto branco

A neve rodeaba ó Bierzo, o aire frio sopraba con forza, Venus, Xúpiter e a Lúa observaban por riba do 100 da cidade... Saín rodar 1h e fixen trocos e comprobei que as camisetas de snowboard do lidl son moi, moi boas e que hai que intentar facer unha despedida como se merece ó ano 2008; así as cousas: Voltaremos a rodea-la ría si non pasa nada extrano.

30 nov 2008

Enfrontando ó Dragón nevado.



As vellas lendas chinesas imaxinaban que o desxeo da primaveira era provocado por un dragón que habitaba nas montañas... O mais poderoso dragón que derretía o xeo co seu alento. No Bierzo hay un dragón escondido nas montañas que dende vai 5 anos recibe o asalto de unha tropa cada vez mais abondosa de damas e cabaleiros que se enforntan a tódolos elementos habidos e por haber para chegar ó seu calor.



E nesta ocasión coubome a honra de estar entre el@s.

Moi bó ambiente na saída; xente de todas partes malia que se botou de menos algunha visita anunciada nunha mañan xélida malía ós tímidos raios de sol que se atreveron a mostrarse de cando en vez. Aparco tras ver un accidente na estrada e sentir eu mesmo patinar o meu coche por mor do xeo na entrada a Villafranca; nada mais baixar chega o amigo Capelo e xuntos imos a polos dorsais ata o pabellón o que xa fixo de pre-quencemmento. Moita xente coñecida de Ponferrada e O Barco e grande nivel atlético en xeral.

Quecemento suave e moitas dúbidas sobre que indumentaria levar... aproveito que subo ó pavillón a levar a bolsa de roupa e xa capto que mentras sexa costa arriba o frio non ia ser problema polo que me decido polo 'uniforme' normal reforzado pola camiseta do morredero e os manguitos.

A saída ía ser neutralizada para evitar incidentes no xeo da ponte... mais non houbo tranquilidade porque algún tiña "cara de xamón" e cáseque nos plantamos no tunel da N-VI sen tempo para cortar o tráfico.Ó pé da subida vou ben situado e con bó ritmo. Escomencei a miña loita tentando conservar pois coidaba que o mais duro estaba entre o km 2 e o 3.



De tódolos coñecidos que me foron pasando ou ós que pasei quedeime con FIUR(nas fotos xusto detrás miña) porque levaba un ritmo ó que me puiden acoplar malía non poder dar nin chio por ir xusto e cos cuadriceps requentandose por momentos; coidei estar algo mareado pois coidei ouvir gaitas...





Ata o km 3,7 só tiña que tentar mante-lo ritmo e respirar, cando semellaba que a parte mais dura estaba rematada chegamos ó xeo e trocaron algo as cousas; supoño que ós demais lles pasou o mesmo, mais a min a perda de tracción ó remate da zancada descolocoume e perdín ritmo e postos...



Alí voltei a escoitar o son das gaitas e identifiquei por fin á unha banda de mozos e mozas tocando para os corredores; un detallazo ó que respostei cun: "hei carballeira¡¡¡" que me saiu do corazón;



a partires do km 4 a estrada ou era neve ou xeo ou un charco frio, tiven que subir os manguitos (os baixara no km 2) porque o chan despedía frio e pasei a concentrarme en pisar mais 'en vertical' e con mais frecuencia. Así as cousas vin a furgoneta das bolsas que non puido pasar do km 5,3...

Pouco mais adiante estaba o cartel de entrada a Dragonte e alí levei a primeira sorpresa; a carreira non remataba nese punto, e non só iso, a estrada desaparecía entre neve (1 palmo) e xeo e a costa se voltou a incrementar. Ó pasar o km 6 xa me parecía que a friaxe do aire non me deixaba respirar concentreime en manter un ritmo e non caer e apareceu a monstruosa costa final... Dixéronme que xa remataba e saquei o que puiden, apretei os dentes e os pés contra o xeo nuns 70 mts con moi forte desnivel.

Rematei nuns 33' os 6,5 km. coa respiración cortada mais sen moita dor nas pernas porque o troco de pisada librou ós cuadriceps de levar todo o esforzo. Un vaso de consomé e trotando-patinando ata a furgoneta a poñer algo de abrigo.

De Dragonte 2008


Malía o esforzo e a dificultade tod@s cos que falei estabamos contentos de ter rematado semellante reto. Disfrutei das conversas na baixada mais o momento inesquecible foi cando a referida banda de gaiteiros lle botou unha peza ó paso de Don Julián Bernal un home que subiu non unha montaña senon 89.



Coido que é unha mágoa non ter participado antes nesta proba ben organizada e animada, cos ingredientes para ser unha festa popular do deporte.



Edición 1/12: Xa hai clasificacións; posto 28, tempo 33'19". E unha sección de crónicas de prensa, mágoa de fotos pois as que aparecen nas edicions impresas son épicas...

27 nov 2008

Series baixo os luceiros

Bueno; entre xúpiter e venus aparenta haber unha distancia de un kilómetro do horizonte así que lle adiquei o tema as series de 1000 cun resultado que en calquer outro intre valoraría coma interesante mais agora me deixa un pouco decepcionado.

15' de quencemento + 10 x 1000 rec 1'40"

3'50",3'53",3'47",3'50",3'50",3'54",3'50",3'51",3'49" e 3'52"

25 nov 2008

CC 40' + 4 x 500 (costas): 2'06", 2'10",2'12",2'08".

O inverno ameaza con porse duro.

23 nov 2008

O home que corría cos Rebecos...



Bueno; ó final eu si puiden aproveita-la fin de semana malía a meteoroloxía me atrevín e saiume ben, moi ben.



Fun correr no Parque Natural de Somiedo.

Dende a localidade de Valle del Lago ata o Lago del valle e volta.



Unha ruta dura, empinada, con moita lama e néboa que me fixo perder o rumbo nalgun intre ainda que iso foi o determinante para topar de fronte (No km. 8 e a menos de 10 mts de min) cun rebeco que se asustou tanto coma min e pegou un deses chimpos tan carateristicos.

Logo topei outros 2 mais novos que tamén fuxiron a grande velocidade. A baixada foi moi dura polo frío que metía o aire de fronte.


21 nov 2008

Pendente do tempo

Natación 1000 + 2 x 100.

Esta finde teño previsto 'adestrar en altura' jajaja... a ver si non neva e podo trotar un pouco polos montes astures.

20 nov 2008

Na brilante escuridade

Carreira Contínua 50'. Fun de noite ata o parque da torre; baixou a néboa e, de súpeto, a paisaxe pintouse dun brilo phantasmal; entre as ramas das árbores a luz era como cascadas douradas... O propio para non ir pensando no ritmo senon ollando cara ó interior.

19 nov 2008

Ximnasio 50'. As máquinas e mais eu non acabamos de nos entender e o sitio pechado segue sen me gustar...

17 nov 2008

Dous blogueiros na auga

Hoxe fun antes do habitual a nadar e topei alí ó Maky que ía coma un torpedo.

Natación: 1100 + 4 x 100.

16 nov 2008

Un inexplicable e dous extraordinarios

Bueno, eu ir fun a adestrar con xente, como fago sempre; as verbas de Chus Alonso dicindo que era un 'circuito para marca' despertaron a miña curiosidade...

A saída foi, coido, lenta; supoño que había ordes de non acelerar para que non arroiasemos ós andarines.


Eu atopei o ritmo con dous rapaces novos, un de eles coa camiseta do clube de Ponferrada e así fumos tirando que haber non había referencias. Xa en Cuatrovientos (km. 4 digo eu) me descolguei porque me deu por pensar no que quedaba, alcanzoume o pelotón de Tino e me acoplei; achegamonos ós rapaces novamente e, na marca do km.5 (19'10") se deberon decatar e largaron outro cambio, respostei como fun podendo e atopeime ben, só tiña medo de torcer os nocellos nos baches. Chegados a Compostilla xa estaba outra volta co grupo de Tino, aguantando outra vez e pensando en mante-la zancada ancha para non desgastarme... Chegou a baixada, quedei algo atrás co medo ese de que o xoenllo esquerdo pete, logo tentei apurar pois xa sabía que o Sprint non era o meu; non puido ser, apretei ata o final e me puxen moi, moi contento cando vin o crono: 37'37" NOVA MARCA PERSOAL (coido) si o circuito é homologado. Aínda así estivo ben, moi ben.

O inexplicable é estar así ben sin facer traballo específico, sen trocos, sen outra cousa que saidas a ritmo...

Os extraordinarios Fleky e Capelo que me aturaron dempois da chegada, e no quecemento dous señores.

A sorpresa foi quedar 3º de veterans... Con Igancio e Tino; dous artistas do deporte.

12 nov 2008

Carreira Continua 1h. A molestia da cresta ilíaca esquerda quere voltar; non lle penso facer nen caso...

9 nov 2008

8 nov 2008

Forma sen explicacion

Eu isto si que non o entendo... Si o dos santiños xa me sorprendeu o de hoxe sácame de quicio.

Fixen o circuito este...



Que me leva normalmente 1h10' en 1h05'...Debe ser polos 41 que chegan hoxe, digo eu.

5 nov 2008

CC 30' menos dá unha pedra e o estress da grande urbe é insoportable...

2 nov 2008

Santos que viñeron a empuxar...

Escribo isto a tempo pasado mais coa data trocada para non altera-lo blog.

Acudimos o chispa mais eu nunha mañan prestosa para correr a Calabagueiros con bó ánimo mais sen moitas pretensions deportivamente falando. Tiña eu mais medo que ansiedade e o rapaz mais nugalla que curiosidade así que estabamos un tanto parados.

Foi unha alegría atopar a xente coñecida que facía moito que non cadraba. Eiquí co Fleky...


A proba dos grandes foi puntual coma un reloxio suizo, eu saín mais preocupado por que o rapaz me vise para a foto que por coller bó ritmo ou boa referencia; aínda así fun demasiado rápido, 3'46" me indicou Rubmarc (gracias por todo) e tentei relaxar o xusto para ir o ritmo 'kantiano'. Nesta foto do albúm do ADAS -temporal- imos ahí mesmo.



Logo afrouxei un pouco mais mantendo a referencia e o ritmo...



Ó pasar pola metade do circuito xa fun quen de ir incrementando o ritmo novamente, collín confianza na perna e pensei:"ou rompe ou racha".

Na meta 26'51" (3'50"/km.) 25 dos 61 -escasos- participantes, moi satisfeito pola resposta ó esforzo.

Dani aínda fixo mais do que eu pensaba mais menos do que pode; saíu moi lanzado...


E, malia ós cosellos dende a banda, logo xa non foi quen de recuperar para os derradeiros 150 mts que lle viñeron algo longos. Aínda así quedou satisfeito

31 oct 2008

Test: 8 Km. 32'. Así dito semella malo, sin quencer e só pois é o que hai.

30 oct 2008

Dores incognitos, dores de vello

Hoxe facía un deses días que apetece sair polo monte... choiva empapadora, frio, nubes baixas. Mais como Dani tiña entreno fun ata a pista a dar voltas por fora (terra/herba) durante 1 hora. A creta ilíaca non me mancou alí case nada mais sí que me doeron os cuadriceps, os xemelgos, a rótula esquerda... e logo, xa en frío, a cresta outra volta (sempre ó me incorporar de estar deitado ou sentado).

Bueno, quedan 3 días; logo xa se verá.

26 oct 2008

CC. 45'. De ritmo ben.

Esto é unha cuestión postural; puiden comprobalo hoxe... ten que ver coa pisada da esquerda, coa pronación... si fago o esforzo de "coller" co talón e supinar (pisar por fora) voluntariamente, non me molesta; agora, en canto me despistei... pinchoume e cando enfríe seguro que me doe.

Pero xa está. Nesta seman ven mal tempo e co troco de hora a bici queda cáseque descartada así que vou correr; si o trauma o cre convinte volto a infiltrame o venres, o sábado descanso e o domingo... A outra semana mais xa vou facer REPOSO congresual e así xa non hai lerias pero o do domingo faime ilusión porque xa tiña pensado que sería a derradeira antes de ir correr a outro continente.

25 oct 2008

Bicicleta: 45 km. 1h30'. A cousa esta nin arre nin xo. Pínchame algo, e está adormecido... eu mañá vou correr que é "O Dia" e xa tiña pensado 'celebralo' así.

23 oct 2008

Natación 1500

As pancadas son mínimas e a sensación de agarrotamento desapareceu...por agora.

20 oct 2008

mais brio menos calma igual.

Bici: Sain aínda mais rabioso que o venres, fixen 32 km. na primeira hora (que é moito para un matado coma min) e un total de 48 en 1h40'.

19 oct 2008

17 oct 2008

Cabreado polo que me dixo o traumatologo e cegado polo sol saín na bici sen moita roupa, coma de verán.

Ata o Km. 45 ben, ó ritmo habitual (30) logo o frio pasoume conta e tardei outra media hora para 10 km. O certo é que xa me dera este baixon facendo esta volta hai un tempo...

16 oct 2008

Tempos normais sensacions horrorsas

A verba fatídica achégase con velocidade...

Hoxe fixen 15' de quencemento e 6 x 1000

3'52",4'01",4'00",3'59",4'05",4'03".

O pulsi "pitando" dende os 400m de cada serie mais non cansanzo o que me fixo sentir mal, non me cansei moito; foi a cresta ilíaca esquerda que me doeu dende a 4ª serie... A cousa pinta mal.

15 oct 2008

A esperanza é como un atardecer de outono

Pola mañan o menisco non me molestou nas escaleiras e ver como a néboa deixaba paso a outro día de calor outonal e decidinme...

Bicicleta: 1h48' Roteiro de Ocero por Cacabelos. Ata San Juan de la mata levaba bó tempo, mais paseime co desenrolo e 'pinchei'; arriba fixen 1h12' e xa non puiden recuperar malia a rematar ben.

Logo da ruta voltei a nota-la molestia nas escaleiras...

14 oct 2008

Desatascando malia todo...

Natación: 1000 + 5x100.

Decidín nadar polos síntomas preocupantes de onte e de hoxe a mañan (nas escaleiras do curro o xoenllo esquerdo 'mordía' menisco en cada peldaño) e pola calor (26º son moitos para min). Desatasquei os pulmons da polvilleira do camiño e, de feito, fun de menos a mais o cal sempre anima.

13 oct 2008

Andar non é correr mais ten o seu aquel...

40' de rodaxe medorento e rabioso tras 4 días de camiño (porei un enlace si escribo algo).

O tornacelo dereito está algo hinchado e o xeonllo esquerdo redescubriu o seu problema de menisco... Os xemelgos e soleos sufriron non pola intensidade mais si pola continuidade do esforzo. Aínda bó que a meteoroloxía foi moi propícia, tanto que levamos o paraugas funcionando en "modo sombrilla" moitas horas.

Bueno, a ver que pasa.

9 oct 2008

Matutino: Ximnasio 1h. Táboa completa.

Vespertino: Bicicleta, o roteiro de Ocero por Cacabelos. 1h47' (no contador da bici dá 53 km) ata arriba 1h11'. Levei o pulsi; frecuencia media 153, nin un segundo por riba de 170, e 29' por baixo de 150. 95% de máx. Supoño que non estou 'sobreadestrado', son maula e punto.

Bueno, coido que agora toca "pausa-camiño" igual aínda rodo mañá cedo e pode que por alá faga algo (sempre levo a roupa de viaxe) mais nada serio que hai que disfrutar da ruta.

7 oct 2008

Matutino: Natación 1000 + 6 x 50. O gorro partiu e non puiden seguir ata as 10; mágoa estaba animado.

Nocturno: 15'+ 7 x 550 costas: 2'12",2'10",2'15",2'15",2'13",2'17",2'16".

É o que hai. Ben, é certo que estas as fixen tras "doble sesión" dous días e que os tempos son similares ás anteriores mais eu agardaba algo mellor. Sego sin poder concentrarme no traballo que estou a facer.

6 oct 2008

Ximnasio 1h; táboa completa.

Vespertino: Bicicleta; roteiro básico 1h33'-46 km.

5 oct 2008

Preparando?

Saida longa (1h50')polo circuito encostado que xa fixera o ano pasado para preparar... eu que sei.

Mantiven o ritmo (salvo nas baixadas de Lombillo) e non me deu baixon malía non levar auga nen nada, este ano non me molestaron os meniscos mais sí algo o nocello dereito.

3 oct 2008

Natación: 1000 + 6 x 100.

A dor na cresta ilíaca esquerda é como unha queimadura, semella osteite... veremos.

Desconcentración, medo ou falla de forma

O certo é que as series de hoxe non sairon ben e me deixan unha dor na cresta ilíaca esquerda (xa tiña hai tempo mais só cando facía longos).

15' de quencemento + 7x 1000:4'01",4'00",4'03",3'58",4'00",4'01",3'56".

1 oct 2008

Natación: 1000 + 3x200.

Curioso; hoxe non me molestou nada ata que xa levaba uns 400 mts. me sacudiu nunha viraxe, logo voltou desaparecer...

Os porqués

Son moitas as bromas que un 'matao' ten que aturar; moita a sorna da xente que, coñecendote ou non, fai gracietas dende 'correr é de cobardes' ata 'na leira queríate ver eu'...¿porqué lle adica un tempo e, sobor de todo, esforzo a facer peor o que outr@s fan tan ben?. Cada quen ten as súas respostas.

Eu voltei ó deporte dende un estado de falta de saude e de perigo para a miña calidade de vida no futuro; pesaba 35 kg mais e o asma alérxico me atacaba con moita frecuencia e virulencia facendo de actividades cotians unha molesta sucesión de estornudos e cansanzo.

Escomencei coa piscina porque tiña que ir aló cos cativos... no canto de permaneceren nas gradas molesto cos bafos do vapor, esbirrando ou estornudando pois boteime á auga. Logo veu a verdadeira recuperación e, de seguido, a lóxica de "participar como escusa para adestrar" porque ¿como mante-la motivación para o traballo sen obxectivos?.

Agora fago 3 actividades; cada unha por uns motivos e as tres porque forman parte do deporte que mais me gusta e no único que estiven federado (1992 e 1993).

Natación: O exercicio mais completo, o que mellor efecto ten no tema pulmonar. É o que peor se me dá, gozo del especialmente na praia. Sempre teño a esperanza de mellorar, non participo en travesías pola lonxanía da costa mais gostaría delo.

Carreira: O mais doado de facer, o mais doado de 'mellorar' o que mellores 'rendementos' me ofrece. Pódese facer cáseque en calquer sitio, inclusive de viaxe... é o que mais probas abertas ten e oferta variedade entre ruta e montaña, distancia curta ou longa... Gosto das saídas longas a ritmo (rodaxe), sobor de todo cando preciso pensar nos temas que me preocupan.

Ciclismo: O amor da miña vida... Aprendín tarde (cando viñemos de Venezuela con 13 anos); gosto da estrada, do aire na faciana, de berrar:"Tractor; a por él...". Gosto das subidas non moi abruptas e das baixadas 'a saco'. Levo coa mesma bici 18 anos... partiu a cadeira dúas veces, caemos unha chea delas... tremo só de pensar en ter que cambiala. Participo nalgún roteiro cicloturista aberto mais prefiro sair en solitario e así me vai.

TRIATLON: A miña teima, teño malos resultados en xeral mais sempre remato 'fresco' pois a carreira a pé me sae mellor que o resto. Non descarto voltar a federarme na categoría "maula vello"... tode será cuestión de sorte, ou non.

30 sept 2008

Alternando

Si onte pasei susto pola torcedura do tornacelo dereito (que quedou nunha pequena inflamación sen apenas dor) hoxe retornou a molestia que sentín na cara posterior da perna esquerda; no triceps crural. Malia todo collín a bici e voltei a facer o roteiro destes días... como me topaba ben, baixei 2' o tempo do domingo na cima e xa o deixei en 1h11' (o mellor que lembro é 1h10') con moi boas sensacions o que me fixo endurecer un pouco o remate da xeira e a alonguei outro pouco; 1h50'.

29 sept 2008

Susto

Matutino: facía eu os 40' matutinos de rigor e pisei sen decatarme nunha pedra; foi moi doloroso e, malía seguir correndo, o tornecelo mancábame na extensión. O chegar tomei un antinflamatorio (espedifen 600) e estiven poñendolle xeo toda a mañan, tomei outro antinflamatorio no xantar e seguin co xeo e cando saín ós recados ás 17:30 non mancaba mais que na hiperextensión.

Vespertino: Natación; ó principio con medo logo xa non mancaba. 800 + 3x200.

Maña poreille unha venda ou unha tornecelera.

28 sept 2008

"Preparando" o mundial fixen o mesmo roteiro que os outros dous días mais nesta volta en 5' menos... De ilusions tamén se vive.

27 sept 2008

Tras dous días sen adestrar por motivos ben xustificados tiña un 'mono' tremendo...

CC. 1h30' cunha chea de sensacions estranas sobre todo no triceps crural esquerdo mais todo ficou ahí.

Mágoa das carreira de hoxe e da tolería de mañan, pero non me apetece mais coche e soidade... a vida hai que disfrutala sempre nos bocados pequenos.

24 sept 2008

22 sept 2008

O que algo quere algo lle...

Costa(s)

Bueno, eu ben sei que "rendabilidades pasadas non garanten rendabilidades futuras" mais non esperaba que a cousa fose tan mal...

20' de quecemento.
9 x 510mts de costa: 2'06",2'12",2'17",2'17",2'13",2'18",2'18",2'17",2'20". (rec. baixada)
10' de recuperación.

21 sept 2008

Carreira Contínua: 1h10' Un pouco por "integrar" e un pouco por "deixar sitio" corrín polo parque do Pontiñas coa mente na media de Valladolid... Non se pode estar en misa e ripicando.

19 sept 2008

Bicicleta; repetín o roteiro de antonte co mesmo resultado malia as peores sensacions nas pernas, supoño que por pasa-la mañan conducindo...

18 sept 2008

Matutino: Rodaxe 45' coa luz da lúa xa menguante

Vespertina: Natación 900 mts. a preocupación non me deixou facer mais.

17 sept 2008

Bici; fixen isto mais o meu contador dí que son 53 Km.



O caso e ir facendo.

15 sept 2008

Matutino: 50' baixo a lúa colleiteira...

Vespertino: Natación 500 + 5 x 100 + 4 x 100.

As voltas de "la vuelta"

Levo alguns días podendo segui-la serpe multicor mais non me atrevía a comentar porque cada volta que escribo sobre ciclismo 'sobe o prezo do pan'.
Mais hoxe xa non podía aturar mais, na meta de Ponferrada gañou o marinense David García Dapena cun ataque a falla de menos de 5 Km. para meta tras mais de 150 km. de escapada e dunha chea de ataques nos derradeiros 30 km. dignos das mellores etapas do 'tour'.
Nós estivemos nos puntos clave da 'trampa' de Lombillo; xusto no lugar onde cazan a Arrieta (Minuto 1:12" do vídeo resumo da tele) e No ataque do belga (minuto 1:36"); Cando recoñecín o xersei berreille todo o alto que puiden "dalle rapaz" e abofé que o fixo.
Nesta foto vedes ós catro que disputarían a etapa, 1º o belga e logo os tres 'da casa'; David García é o da esquerda.


É o lado positivo de unha volta envolta en revoltas agridulces.

Para escomenza: ¿é bó facer unha etapa na que a abundancia de tarados, gordos, frustrados, fumadores, imbéciles, deficientes, incompetentes, indeseables, payasos, fantoches.... fan peligra-lo espectáculo deportivo e a integridade física dos que se gañan a vida cun esforzo brutal?.
A resposta é que o Anglirú NON DEBE SER MAIS FINAL DE ETAPA ata que se acade un sistema para impedir a vergoña que se viu pola televisión; xa non basta con empurrar ós ciclistas que van atrás, o "mais cafre aínda" esixe correr a carón deles poñendo en perigo ó ciclista ou empurralo desvirtuando a competición e expoñendo ó corredor a unha caída ou unha sanción. ¿que será o próximo?, ¿teremos que ver como algún energúmeno agarra algún ciclista 'extranxeiro' para que gañe un da cor que él queira?. Senon, ó tempo.
A etapa en sí foi unha demostración de unha equipa e dun home e puido ser, insisto, definitiva; de non ser polo extrano e antideportivo comportamento da maioría dos congregados alí.

Para rematar ven o tema de "Fuentes de Invierno"... eu que sei; ¿xenerosidade?: Mal cálculo e mala negociación. ¿falou Pino con Bruynell?, ¿falaron os corredores?... Contador aspira a emular a Hianult e coller fama de depredador é un dos requisitos. Ezequiel sacou rendemento en tempo ben é certo que puido ser mais si houbese entendemento. ¿A etapa?; nin eu nin Pino nin, coido, ningún afeccioado trocaría a de onte pola de hoxe pois un final en alto sempre encuimia a un corredor; mais, seguramente o triunfo de hoxe naceu das borrallas de onte e Pino ben tentado que estaría de 'rachar a carreira' cando Contador caeu, pero él é un deportista.

'Mundi' sinto entrar no teu terreo, mais tiña todo esto dando voltas polo caletre e precisaba "soltalo"; envíame a tódolos que argumenten algo lóxico para empurrar a un ciclista profesional nun porto.

14 sept 2008

A milla mais grande

Hai competicions que desafían á física clásica e semellan "ensachar" a lonxitude das probas.

A milla de O Barco coas súas XXII edicions, a maior 'densidade' de público do noroeste e a coidada 'confección' do cartel engrandece unha lenda na que xa figura como parte do palmarés casi obrigatorio de aqueles que queiran brilar no medio fondo peninsular.

A de onte non foi unha edición mais e a elo contribuiron dende a meteoroloxía ata a ledicia do mais pequeno ou o maior dos participantes todo baixo a batuta dun director no papel de home-orquestra e unha enorme cantidade de entusiamo no corpo de un bó feixe de colaboradores.

Na columna do afeccioado só podo engadir un novo "gracias polo esforzo" tanto á organización como ós participantes nas probas que presenciei.
A revancha de Eva Arias foi emocionante pois ata ben perto da liña non estaba claro que o seu sprint fose dabondo tras conquerir que Irene non se lle escapara no tramo final da proba.
A carreira masculina desenrolouse dende o principio a un ritmo alto que soubo aproveitar moi ben Manuel Penas na recta final nun emocionante sprint no que non mostrou fatiga da carreira corrida esa mesma mañan en Meaño, Sergio Sánchez non puido vencer por terceira vez consecutiva e quedou segundo e Reyes Estevez malía o seu declarado estado de 'baixa forma' foi terceiro no podio e primeiro en espectación; como Higuero hai 7 días estivo atento co público e desbotou esa lenda de arisco que alguns lle asignan.

Na columna persoal só podo dicir que poucos son os que acadan obxectivos sen traballar neles só polo 'natural' da súa xenética así Daniel nesta ocasión quedou 9º non polo grande esforzo que fixo na carreira senon pola falta de adestramento concreto; malia todo está contento porque el mismo viu que puido controlar a súa carreira para non afogarse ó principio. A victoria de Nicolás Capelo, compañeiro de equipo e referencia para Dani, foi froito dese control de carreira.

Pola miña banda fixen bó o traballo destas semanas e realicei a miña carreira: Arrinquei con todo para evita-lo embudo do principio, mantiven un ritmo tomando como punto de referencia o grupo de cabeza tentando non deixalos ir moi lonxe e apretei todo o que puiden na derradeira volta e no Sprint.


O meu "Auto-crono" 5'30" (3'25") é moi satisfactorio pois mellora ó do ano anterior en 10" e ven sendo unha referencia absoluta, o premio acadado sorpresivamente, é unha alegría mais non deixa de ser un espellismo relativo; xa veremos cando esta milla sexa "campionato de España de milla urbana" si consigo tan sequera remata-la. Mágoa que os resultados da FEG só incluan as probas 'oficiais'.

Edición 23/9

Xa hai resultados na RFEA (.PDF): Dani 7º (2'28") i eu 9º (5'31")

Tamén hai fotos en Picasia por cortesía da xente do ADAS...
Entre elas esta...

12 sept 2008

Ximnasio: 1h táboa completa.

Non vou voltar a escribir o que proxecto facer porque semella que fai que se torza. Non poderei acudir á carreira "Ponferrada sin mi coche" xustamente porque este ano non cadra coa milla de O barco...

11 sept 2008

Matutino: Carreira progresiva 40'

Vespertino: Natación (p. 25 mts) 750 + 4x50 + 2x100.

Teño unha estrana sensación nas pernas; como de ir e non ir...pero non estou mancado así que a seguir.

10 sept 2008

¿E quen dis que fixo as series de hoxe?

Porque eu non debía ser... ou si?.

4x(4x400)

Rec. 45":1´20",1'20",¡¡¡1'17"!!! e 1'20".
Rec. 50":¡¡¡1'17"!!!,1'23",1'24" e 1'23".
Rec. 55":1'22",1'25",1'26" e 1'25".
Rec. 1min:1'24",1'28",1'27" e 1'29" + 3 rectas.

Encomendareime a "san usaín" a ver si non me manco.

9 sept 2008

Bicicleta: 1h 57'; 57 km. Cáseque igual ca o derradeiro día. Ata o cruce de A Barosa fixen 4' menos; logo perdín 1'30" ata o paso de "Las pallozas" e xa co vento de lado me arrastrei ata Ponferrada...

8 sept 2008

Carreira Contínua en Progresión 35'.

1609 emocions e unha pifia

Cando a xente non vai ó estadio hai que levar o estadio á xente... polo que non é de estranar que algunhas carreiras que merecerían un estadio cheo atopen acomodo nas rúas dunha localidade en festas.
Foi o caso da XXI milla da encina na que participaron o mais salientable do medio fondo da zona coa presencia estelar de J.C. Higuero que se mostrou accesible e alegre de botarlle unha mán ó seu amigo Sergio Gallardo.

Na carreira femenina non puidemos ver gañar a Eva Arias porque o tempo de recuperación non lle foi abondo logo do 3000 do pasado fin de seman e tivo que ser segunda tra-la atleta do RCD Espanyol Irene Alfonso que se destacou dende o derradeiro paso por contrameta.


A carreira masculina se mantivo perfectamente controlada ata o derradeiro paso por meta e abondaron os metros da recta final para ver a dous dos campeons de Birmingham

nun sprint moi chulo acompañados polo brasileiro-galego Joao Pablo Fernández.

Para min é un acerto facer este tipo de demostracions na rúa tendo en conta que, dende hai un ano, se puido participar en Ponferrada en: 2 medias maratons, 1 carreira popular, 2 carreiras ó redor do Pajariel, a subida ó morredero, as marchas-carreiras do programa 'engánchate a la vida', a San silvestre berciana, a carreira da tebaida berciana, a travesía dos aquilianos etc... o que non estaría ben é que se descoidase toda esta actividade deportiva para tod@s por investi-los cartos en traer deportistas de prestixio a probas non oficiais.
Polo demais é lamentable anunciar unha proba popular e non facela mais que nada pola xente que se puidera desprazar para tal efecto.

6 sept 2008

Natación (pisc. 25 mts). 1100 mts. Moi boas sensacions.

O Kan-landario de septembro está cheo de proxectos... dia 8 milla de Ponferrada, día 14 milla de O barco, día 21 carreira da movilidade, día 28 a tolemia... a ver si hai conxunción astral e podo ir.

5 sept 2008

Matutino: 40' Carreira progresiva

Vespertino: Ximnasio 1h táboa completa.

4 sept 2008

Natación (pisc 25 mts) 500 + 400 + 4 x 100

Entorchado centenario

Bueno; haberá quen pense que se trata dun "rollo relixioso", haberá quen o tilde de "propaganda politica" mais eu non gosto de mezclar o deporte con nada e coido que calquer actividade deportiva debe lerse só dende os parametros do deporte. Neste caso o deporte do bierzo quere participar das celebracions do centenario da cidade e as persoas responsables deseñaron este xeito especial e seguramente irrepetible de facelo i eu que son consecuente co lugar que acolle ó mais importante da miña vida non queria faltar.

300 metros son pouca cousa no plano deportivo, algo testimonial como a festa en sí mais a min serviume para me sacar, en parte, a espiña que, dende 1992, me quedou de ver pasa-la antorcha olímpica e non ter a oportunidade de participar no relevo.

De tódolos coñecidos que alí estiveron eu preferín pedirlle a Lidia Valentín que fixera unha foto conmigo e aproveitei para voltar a felicitala e a darlle pulos para seguir cara adiante.

3 sept 2008

O cangrexo na pista...

Hoxe tentei preparar "as millas" facendo uns trocos 400-200 na pista e a verdade é que estou un tanto confuso...

1'26",1'33",1'32",1'30" e 1'32"

1'28",1'32",1'35",1'32" e 1'32"

Como isto non me convencía fixen 3 series de 400 em 'parado'

1'22",1'24" e 1'25".

Así pois son bó galego que nin eu sei si vou ou veño...

2 sept 2008

Natación (pisc 50 mts) 750 mts. 15'

Bicicleta: 50 km. 1h 40' (total 57 km. 1h 57')

1 sept 2008

Tempada

Eu nesto do deporte vouvos algo á contra do calendario normal así que nestas datas sempre coido que estou a escomenza-la tempada aínda que este ano veño de rematar o anterior obxectivo no día precedente.

Matutino: CC 40'

Mediodía: Natación (pisc 50 mts) 500

Vespertino: Ximnasio 1h. Táboa completa.

O caso é que xa están ahí "As millas" e mais a popular 'Ponferrada sin mi coche' e antes tocarame, supoño, o relevo da antorcha do bierzo como a Maky mais eu só a pé.

Logo pois... a ver... Unha media nunha cidade moi coqueta no fondo dunha ría estragada polo fume dunha empresa... e mais aló ¿quen sabe?.

31 ago 2008

Triatlon 2008

Un ano mais acudín á miña cita coa proba combinada; nesta ocasión cadroume de ir ó triatlon que o concello de vilagarcía de arousa ó traveso da Fundación Deportes Vilagarcía fixo nos arredores do peirao de vilaxoán.

Unha proba popular e gratuita organizada só cos medios propios do concello arousán cun percorrido que, seica, foi parte do campionato galego o ano anterior.

A natación fíxose na pequena praia veciña ó porto; mais como queira que a data da proba se retrasou 20 días o que ia ser con 'chea' foi con 'seca' e así había puntos do percorrido da natación nos que houbo que erguerse e botar uns pasos porque nadar resultaba incomodo... Eu nesto, como de costume: Acelereime ó principio, perdín a respiración e logo me desorientei (ainda que moito menos que as outras veces) para acabar saindo da auga na cola do grupo tras 13' para algo que non debía pasar moito dos 600 mts.

Saida da auga










Na transición decidin non poñer os calcetins e saín ó tramo ciclista con ánimo pois puxera 'os cornos' e facía 16 anos que non os usaba nunha proba.



Bici

Non me saiu mal e, malía que fun dobrado polos 7 ou 8 primeiros conquerín adinatar a 2 ou 3 persoas nos 18,5 Km que me levaron uns 35'.
As catro voltas na bici me deixaron mais animado que de costume e fixen a segunda transición co ánimo de facer un tramo a pé "a tope".

Non sei cal era a distancia exacta do sector de carreira; ós 5 km. non chegaba porque aínda que tiven boa sensación correndo e incluso lle mantiven o ritmo algún dos primeiros que me doblara o certo é que 18'34" é un tempo demasiado bó para min.



















Total que fixen a proba en 1 hora e 5' e 34". Coido que foi a mellor desta nova xeira e quedei con gañas de participar en outra para o ano que ven tal é así que entrei na meta "de costas" para deixar claro quen son.

29 ago 2008

Matutino: Rodaxe forte 50'. Boa sensación

A sesión vespertina fastidiouma a trona... pensaba facer unhas series na piscina; é igual, xa non había moito que mellorar no aspecto natatorio.

A ver si non se torce nada e podo face-lo triatlon de vilaxoan

28 ago 2008

Natación (pisc 50 mts). 500 + 400 + 400 + 2 x 50

Tiven moi boa sensación nadando e coido que fixen uns 7' ou algo menos cada 400.

26 ago 2008

Outro coctel.

Calquer cousa en demasía nótase.

Natación(pisc 50 mts): 400 mts + 750 mts (15')

De seguido; Carreira contínua 15' + 5 trocos de 1 km: 4'10",4'11",4'02",4'12",4'10" recuperando ó trote.

Enrabieime polos tempos tan malos que fixen, mais coido que son os normais tendo en conta o de onte.

25 ago 2008

Triatlon peregrino

Hoxe doume por ahí. Tra-lo descanso por precaución de onte boteime a por todo.

Matutino: Carreira contínua 40' (uns 10 km. ata o traballo).

Vespertino: dende as 18:00 ás 20:25'

Bicicleta. Roteiro básico 45 km. 1h 27' sentinme moi ben, de feito fixen os primeiros 30 km. en 57' e os 40 Km. en 1h15'. De feito, a "serie" a fixen en 9'45" como si fose co manillar de tri...

Acto seguido bebín un trebello deses e me botei a nadar...

Natación (pisc. 50 mts): 1500 mts. 34'. Non estivo mal e alegroume moito rematar porque tiven calambres nas pernas dende os 900 mts. mais fun quen de facelo.

O de "peregrino" ven porque a orde das probas é como lle cadra e porque a carreira a pé e parte do roteiro da bici discurren polo camiño de sanitago.

23 ago 2008

Rodaxe 50'. Teño unha extrana sensación nas pernas, van e non molestan mais non é a sensación de comodidade que quería para rodar.

22 ago 2008

Confuso

Ó mediodía fixen 500 mts de natación con pull-boy.

Xa a tardiña fixen...

5 x 400 rec. 50". 1'21",1'22", ¡¡¡1'20" (42 cent)!!!, 1'24" e 1'24".

5 trocos 400-200: 1'25",1'30",1'28",1'32" e 1'32"

3x400 rec. 50". 1'26", 1'30", 1'33".

6 rectas na herba do campo de tiro con arco e 3 tandas de escaleiras.

Non sei si o evidente progreso na primeira tanda se debeu ás sesions de ximnasio ou qué e si a tremenda caida posterior se debeu a que levo moita carga nestes días...

21 ago 2008

Variado

Mediodía: fumos xantar á piscina e fixen 800 mts. antes.

Logo, como se cubriu, saín dar unha volta coa bici... 44 km. 1h 30'.

20 ago 2008

Caracol, col, col...

Series de "acoplamento" co manillar. 5,5 Km. x 6

9'59",9'42",9'55",9'44",10',9'47".

19 ago 2008

Natación (piscina 50 mts) 800 + 10 x 100

¿Tristura, Decepción?... Londres 2012

Ás 3:50' sonou o despertador, evacuei e puxen a tele...(55 pulsacions por minuto) Os chovinistas e triunfalistas comentarios do locutor non conquerían retirar a miña atención do que estaba a acontecer (90 pulsacions por minuto). Javier Gomez Noya e Ivan Raña cumplian as espectativas e ian no grupo de cabeza sen aparentes apuros. A bicicleta non foi o sector dos 'ataques tolos' e o control do grupo foi doado (100 pulsacions por minuto). Escomenza o sector de carreira; Javier sae en cabeza e pronto pon o ritmo do grupo mais iso, un grupo...(110 pulsacions por minuto). Na segunda volta Ivan Raña fai un ataque de longo e colle uns metros de distancia, semella 'táctica' para que logo Javier o enganche deixando ó resto atrás (125 pulsacions por minuto) mais é o grupo ó completo o que acaba por capturar a Iván e un mal presentimento me asalta...(120 pulsacions por minuto) Escomenza a derradeira volta, Javier leva a man ó constado; mantén a cabeza do grupo mais semella moi compacto, non unha ringleira como se formaría si houbera un ritmo 'de ataque' dos que Javier sabe por (130 pulsacions por minuto). A falla de un kilómetro ata o narrador se decata de que a cousa non vai ben... A falla de 400 metros hai un ataque que xa pon en claro que Javier non vai poder gañar, o seu rostro é un rictus de ¿molestia, rabia? (135 pulsacions por minuto)... hai un intre no que semella que pode quedar terceiro mais o sprint dos rivais é verdadeiramente poderoso e Javier acaba por ceder e, o nunca visto, nada mais pasar a liña (xusto cos dous pes diante dela) para e dóbrase colléndose as coxas e tentando tomar alento; aínda tarda un anaco en poder da-la noraboa ós rivais, está destrozado físicamente e vexo claro que algo pasou que mermou a súa capacidade. Iván conseguiu aguantar o quinto e, incluso, recurtou diferencia con Javier no tramo final co seu mellor sprint.

Pode que o resultado decepcione á xente do COE, ou á casa real, que seica mide moito os "seus esforzos". A min pareceume óptimo; vin a dous deportistas que xa teñen demostrado dabondo a súa valía participar coa máxima concentración i esforzo nunha proba única, unha ocasión cuatrienal que se brinda de entrar por unha porta dourada nos renglons dunha historia, a deportiva, que se escribe coas victorias e os sinsabores mais tamén coa entrega total e o compromiso.

Lamento mais o resultado de Ivan pois presupoño que será a derradeira ocasión para el nuns xogos de olimpiada ainda que no circuito profesional aínda ten moito, moitísimo que dicir.
A Javier augúrolle mais oportunidades para que o seu nome entre nese libro das victorias olímpicas como xa está no do circuito profesional onde ten certificado con sobresainte a súa valía como atleta; a súa valía como persona a coñecemos, por fortuna tódoslos días e sabemos que sairá desta como saiu de complots e outras herbas que se puxeron no seu camiño.

18 ago 2008

Aproveitando ó limite

Mediodía: Insolación Famenta a pé. 40' A costa da ponte nova é dura, mais con 30º e 35' de carreira faise aínda mais.

Tarde: Derradeira sesión no ximnasio 50'.

17 ago 2008

Logo de sufrir coas semis do milqui e a final de 3000 obstáculos fun nadar...

Natación: (pisc 50 mts) 800 + 3 x 400 (rec 50 a braza)

16 ago 2008

Rodaxe 1h 05'

Logo vin co cativo a flipante final dos 100 mts. un intre para a historia (desexo que non se arruine como o de seul).

Os chorons

Son unha equipa de atletismo popular que participan en moitas carreiras e agora teñen un competidor: O COE que se adica a iren "chorando" protestas por tal ou cal 'chapa' que non se acada... A este paso escomenzarase a falar co 'complot chinés' para que "HESPAÑA" non acade nos Xogos da XXIX Olimpiada o éxito que 'lle corresponde'.

A min onte emocionoume Lidia a de Camponaraya lembrándose da súa xente tras faceren un gran levantamento que non foi válido...¿complot?, non; dous pasos co peso sin erguer de todo... pero ela fixo unha competición ó tope das súas posibilidades e non mira cara atrás, mira cara adiante.

15 ago 2008

14 ago 2008

Matutino: Volta ó curro correndo 40' progresivo; ben.

Vespertino: Ximnasio 50'

13 ago 2008

Remate das vacacions

Matutino: Ximnasio 1 h. Teño mañiotas que non me deixan estirarme mais coido que lle vou botar proveito.

Vespertino: Intervalos 400 mts - 200mts en pista

1'27",1'33",1'34",1'35" e 1'34"
Rec. 2'
1'29",1'31",1'33",1'34" e 1'32"
Rec. 3'
1'26",1'33", e 1'31".

6 rectas na herba da zona de tiro con arco (90 mts).

As series non foron tan boas como as de Xullo (1 e 2) mais aquelas eran "en parado" e istas foron 'seguidas'

12 ago 2008

Sacando os cornos

Matutino: Ximnasio 1h. Sego aprendendo para o inverno...

Vespertino: Saquei os cornos mais non ó sol. Facía 15 anos que non lle puña o manillar de triatlón á bici. Fixen 4 series de 5,5 km. entre a rotonda de Camponaraya e a saída de Carracedelo da vella nacional VI; logo pinchei e xa voltei para a casa.

Rexistroas por si acaso volto a esta clase de traballo

11':20", 10'10", 10'49", 9':50". A diferencia entre as de ida e as de volta debeuse ó vento.

11 ago 2008

Matutino: Decidín facer uso do vale de ximnasio que deron na martón de Toral i estiven alí unha hora facendo tonificación xeral; mañan doeranme zonas do corpo que xa tiña esquecidas...

Vespertino: Natación (pisc 50 mts) é unha sorte que o día estivera nublado; a piscina valeira só para min. 800 mts seguidos + 10 x 50 mts.

10 ago 2008

Volta de Camba

Outra volta aproveitei a fermosa mañan para facer unha 'etapa'. Lalín, A Golada, Rodeiro, Lalín. 1h45'.

Destacar que a estrada de A Golada a Rodeiro está reformada i é unha gozada para andar na bici.

8 ago 2008

Volta do Candán

Bicicleta; aproveitando esta visita ó Deza fixen un 'remake' dunha desas etapas que tan pouca cousa poden semellar agora mais, !!!como prestaban¡¡¡. Lalín, Botos, Vilatuxe, Laro, Alto do Candán, Acibeiro, Filloi, Silleda, Lalín. Levoume 2h8'

No mapa vos indico un punto peligroso sobre o Km. 25 pois un can grande está ceibo e bótase ós vehículos.

7 ago 2008

Carreira Continua 1h03’. Aproveitei certas marcas no parque do Pontiñas para faceren uns discretos trocos de ritmo curtos dende os 40’

6 ago 2008

Carreira Continua con pulsímetro 1h08’. Estivo moi ben porque fun quen de manter un bo ritmo a partires dos 40’.

5 ago 2008

Natación (pisc. 50 mt.) 1000 "natación obstáculos" + 500 contínuos + 6 x 50 (rec 50).

4 ago 2008

Reencontro co inferno

Matutino: Carreira contínua 13 Km. dempois dunha semana non sabía como me iría e quedei ben contento.

Vespertino: Pensaba ir nadar, mais un compromiso da rapaza nos levava a un 'charco' non apto para nadar e decidín botarme á estrada. 39º e vento do oeste; o bierzo era como un forno i eu fíxenme lentamente... ó final unha hora e cuarto a unha media de 29 km/h e gracias.

3 ago 2008

Despedida

Non foi esta semán un "stage" como outros anos e a proba é que hoxe non fixen un TRI como tiña que ser.

Bicicleta: Queiruga, Xuño, San Pedro de Muro, Espiñeirido, Cruce da barca, Cruce do hospital, Mirador de valle inclan (a metade de camiño do alto da curota), cruce do hospital, Queiruga.

Non fun correr na praia porque non quería ir a outra que non fose O Vilar e coller o coche e buscar aparcadoiro (domingo de Agosto con bó tempo) amoloume...

A natación á tarde estaba imposible pois o Norte descargou na praia de Queiruga con forza.

Foi, malia todo, unha semana moi boa.

2 ago 2008

Hoxe abusei un pouco de confianza e o meu corpo fíxomo pagar.

Bicicleta: Queiruga, cruce do hospital, cruce da curota, Poboa, Boiro, Alto de Iroite, Moimenta, Noia, Queiruga. Á metade da subida a Iroíte me deu unha paxara impoñente que xa me acompañou ata a casa. Levoume 3h.



Natación: 2000m. Praias de cabío e lombiña ida e volta.