30 may 2008

Doblete

Matutino: Rodaxe 45'

Vespertino: Natación 750 + 400 (7')

Series medias

5 x 2000; 7'54", 7'47" (3'47"+4'),7'48" (3'47" + 4'01"), 8' (3'57" + 4'03"), 8'05" (3'56" + 4'09")

Agora como a rancheira... Rodar y rodar, rodar y rodar...

27 may 2008

Trocos

Hoxe foron 3 trocos de 15', commo estou sen pulsometro pois foron "por sensacions" e como eran boas pois... Ataquerevente.

Ben; tendo en conta o de atrás, moi ben.

25 may 2008

Rodaxe 40'... Sen atrancos malia a dor que tiven no cuadriceps na subida ó castro de ventosa supoño que por tentar ir con quen non podía.

24 may 2008

Ruta da mencía 2008

Pois hoxe despertei cedo; e como mañan non teño apaño para os asuntos internos e face-la viaxe só non me cubre porque non sei si estarei de volta a tempo para facerme cargo da tropa pois collín o bolso e achegueime a Cacabelos para facer un intento sobre a IV cuarta ruta da mencía que organiza o concello de Cacabelos.

En primeiro lugar agradecer poder participar nunha competición(?) tan fermosa e tamén agradecer a meteoroloxía. Moita xente coñecida de Ponferrada con ánimo de disfrutar da fermosura da terra berciana.
Escomenzamos todos xuntiños...



Ata a primeira costa da subida ó Castro Ventosa

Entre viñedos...

Pola sombriña do río...

Con xente divertida... Mais esforzada

Entre as prantacions de frutais...

Foi unha experiencia magnífica.


28 Km. en 2h14'. Boa tirada longa para adestrar.

Vinculo ó album completo.

22 may 2008

1º contratempo

Hoxe seríes de (¿?) mts. a 1ª en 14'07" (derradeiros 1000 en 3'58") e a 2ª en 13'57" (derradeiros 1000 en 3'55"). Logo fixen 1000 en 3'55" e seguiría facendo algunha mais pero rompeume unha ampolla nunha deda do pé dereito.
A distancia das series non a sei porque a teñen marcada como 4000 mts - 7 voltas; pero non me cadra co tempo e mais mirando o derradeiro kilómetro que, ese si, está ben medido.

21 may 2008

Matutino: CC 45'

Logo viñeron os malditos "asuntos internos" e me deixaron preso na casa sen poderen ir nadar. Non hai cousa que mais fastidie que lle alteren a un a programación.

20 may 2008

"Pinchazo" Físico, Psiquico, Alérxico?

Hoxe sain na bici; uns 60 Km. por un roteiro xa coñecido. Os primieiros 50 foi todo ben, ó ritmo acostumado. Mais a partires de ahí sufrín unha páxara desas de campionato. Custoume manterme enriba da bici tal esforzo que cheguei a pensar que tiña unha crise de asma ou así.

16 may 2008

La Martina

O adestramento de hoxe foi moi pero que moi especial primeiro porque foi unha carreira mais non competitiva, segundo por celebrárense ó mais puro estilo praticipativo pois conxuntamente se celebrou unha andaina para paseantes e camiñantes e terceiro pola compaña: Chus Alonso, José Manuel Tómbrio, Jorge, Luis, a xente de Aros 5 e a de Ruta Sport... O percorrido e a meteoroloxía foron ideais; as pistas do barrio da Martina son chairas e anchas con pequenos repeiros duns 50 mts. e sen perigo coa circulación.

Saimos os corredores todos xuntos e así fumos ata ben pasados os 25' falando i escoitando leccions do 'mestre' Alonso, calibrando as vindeiras ocasions e proxectando ideas para o futuro. Logo viñeron 15' de "burro el último" que foron tamén divertidos. Boas sensacions e mellor lembranza. A ver como me senta.

15 may 2008

Ximnasio 50'; un pouco de todo (bici estática, 'escaleiras', biceps femoral, triceps, biceps e pectorais) non gosto deso e debe ser polos charcos que formo debaixo miña en cada aparello... pero é algo preciso e beneficioso si se fai con calma e ben orientado.

14 may 2008

Natación 1000 + 11 x 50

2ª dose

Sego coa "desmañotización"; desta volta carreira a pé progresiva 50' na herba do estadio. As derradeiras 3 voltas 'co gancho' tra-lo amigo Capelo. A cousa semella ir ben.

12 may 2008

Desmañotización

Entro agora no duro trance da desmañotización que non ten nada que ver cos aragoneses (maños) senon coas mañiotas (agujetas en castelán)....

Natación 1000 + bici estática 15' + "escaleras" 10'

Mañán é o día mais importánte para saber si o da tebaida vai ser beneficioso ou perxudicial para continuar adestrando...

11 may 2008

I Carreira de Montaña pola Tebaida Berciana

Pois aló fun; a afrontar o meu problema coas carreiras de montaña e disfrutar da paisaxe.

Peñalba


Trátase dun sitio moi interesante tanto pola natureza que o rodea como polo arte que esconde













O percorrido prometía moita esixencia i eu non as tiña todas conmigo na saida...


Decidín ir con moita precaución e non arriscar nas baixadas, apretar o que as subidas me deixaran e mirar a paisaxe en parado; isto é: Nen unha distracción mentras corría.
























Aínda así fixen algunhas fotos para que vos decatedes da dificultade e fermosura da proba.

Ista é a parte de baixada mais perigosa... Aló ó fondo apreciase un longo tramo de pista cáseque sen desnivel onde se puido 'correr' de verdade.



Esta outra é un exemplo dos sitios polos que había que pasar.... Nalgun tramo había algo de difucultade pois era dificil ir rápido malia que o terreo fora chan: a pendente lateral da senda, a lama, as follas etc. pedían moita atención.


















Ista que vos poño como derradeira é dende o alto unha vez pasado Manzanedo; ó fondo vese a "olla berciana" e o fume da central de compostilla.


Ah; eu moi ben: 1h 58', nin me caín nin me manquei. A ver como me senta.

EDICIÓN 18/05: Posto 20 de 121; tempo oficial 1h58'35"

8 may 2008

Recompoñendo

Matutino Carreira; 1h con 3 trocos de ritmo (10',6' e 6') boa sensacion e mellor paisaxe.

O duro de tentar levar unha programación é recompola cando se trastoca por calquer motivo; o bó é non ter un único obxectivo e poder reprogramar sen medo.

Vespertino: Natación 500 + 5 x 100