30 nov 2008

Enfrontando ó Dragón nevado.



As vellas lendas chinesas imaxinaban que o desxeo da primaveira era provocado por un dragón que habitaba nas montañas... O mais poderoso dragón que derretía o xeo co seu alento. No Bierzo hay un dragón escondido nas montañas que dende vai 5 anos recibe o asalto de unha tropa cada vez mais abondosa de damas e cabaleiros que se enforntan a tódolos elementos habidos e por haber para chegar ó seu calor.



E nesta ocasión coubome a honra de estar entre el@s.

Moi bó ambiente na saída; xente de todas partes malia que se botou de menos algunha visita anunciada nunha mañan xélida malía ós tímidos raios de sol que se atreveron a mostrarse de cando en vez. Aparco tras ver un accidente na estrada e sentir eu mesmo patinar o meu coche por mor do xeo na entrada a Villafranca; nada mais baixar chega o amigo Capelo e xuntos imos a polos dorsais ata o pabellón o que xa fixo de pre-quencemmento. Moita xente coñecida de Ponferrada e O Barco e grande nivel atlético en xeral.

Quecemento suave e moitas dúbidas sobre que indumentaria levar... aproveito que subo ó pavillón a levar a bolsa de roupa e xa capto que mentras sexa costa arriba o frio non ia ser problema polo que me decido polo 'uniforme' normal reforzado pola camiseta do morredero e os manguitos.

A saída ía ser neutralizada para evitar incidentes no xeo da ponte... mais non houbo tranquilidade porque algún tiña "cara de xamón" e cáseque nos plantamos no tunel da N-VI sen tempo para cortar o tráfico.Ó pé da subida vou ben situado e con bó ritmo. Escomencei a miña loita tentando conservar pois coidaba que o mais duro estaba entre o km 2 e o 3.



De tódolos coñecidos que me foron pasando ou ós que pasei quedeime con FIUR(nas fotos xusto detrás miña) porque levaba un ritmo ó que me puiden acoplar malía non poder dar nin chio por ir xusto e cos cuadriceps requentandose por momentos; coidei estar algo mareado pois coidei ouvir gaitas...





Ata o km 3,7 só tiña que tentar mante-lo ritmo e respirar, cando semellaba que a parte mais dura estaba rematada chegamos ó xeo e trocaron algo as cousas; supoño que ós demais lles pasou o mesmo, mais a min a perda de tracción ó remate da zancada descolocoume e perdín ritmo e postos...



Alí voltei a escoitar o son das gaitas e identifiquei por fin á unha banda de mozos e mozas tocando para os corredores; un detallazo ó que respostei cun: "hei carballeira¡¡¡" que me saiu do corazón;



a partires do km 4 a estrada ou era neve ou xeo ou un charco frio, tiven que subir os manguitos (os baixara no km 2) porque o chan despedía frio e pasei a concentrarme en pisar mais 'en vertical' e con mais frecuencia. Así as cousas vin a furgoneta das bolsas que non puido pasar do km 5,3...

Pouco mais adiante estaba o cartel de entrada a Dragonte e alí levei a primeira sorpresa; a carreira non remataba nese punto, e non só iso, a estrada desaparecía entre neve (1 palmo) e xeo e a costa se voltou a incrementar. Ó pasar o km 6 xa me parecía que a friaxe do aire non me deixaba respirar concentreime en manter un ritmo e non caer e apareceu a monstruosa costa final... Dixéronme que xa remataba e saquei o que puiden, apretei os dentes e os pés contra o xeo nuns 70 mts con moi forte desnivel.

Rematei nuns 33' os 6,5 km. coa respiración cortada mais sen moita dor nas pernas porque o troco de pisada librou ós cuadriceps de levar todo o esforzo. Un vaso de consomé e trotando-patinando ata a furgoneta a poñer algo de abrigo.

De Dragonte 2008


Malía o esforzo e a dificultade tod@s cos que falei estabamos contentos de ter rematado semellante reto. Disfrutei das conversas na baixada mais o momento inesquecible foi cando a referida banda de gaiteiros lle botou unha peza ó paso de Don Julián Bernal un home que subiu non unha montaña senon 89.



Coido que é unha mágoa non ter participado antes nesta proba ben organizada e animada, cos ingredientes para ser unha festa popular do deporte.



Edición 1/12: Xa hai clasificacións; posto 28, tempo 33'19". E unha sección de crónicas de prensa, mágoa de fotos pois as que aparecen nas edicions impresas son épicas...

27 nov 2008

Series baixo os luceiros

Bueno; entre xúpiter e venus aparenta haber unha distancia de un kilómetro do horizonte así que lle adiquei o tema as series de 1000 cun resultado que en calquer outro intre valoraría coma interesante mais agora me deixa un pouco decepcionado.

15' de quencemento + 10 x 1000 rec 1'40"

3'50",3'53",3'47",3'50",3'50",3'54",3'50",3'51",3'49" e 3'52"

25 nov 2008

CC 40' + 4 x 500 (costas): 2'06", 2'10",2'12",2'08".

O inverno ameaza con porse duro.

23 nov 2008

O home que corría cos Rebecos...



Bueno; ó final eu si puiden aproveita-la fin de semana malía a meteoroloxía me atrevín e saiume ben, moi ben.



Fun correr no Parque Natural de Somiedo.

Dende a localidade de Valle del Lago ata o Lago del valle e volta.



Unha ruta dura, empinada, con moita lama e néboa que me fixo perder o rumbo nalgun intre ainda que iso foi o determinante para topar de fronte (No km. 8 e a menos de 10 mts de min) cun rebeco que se asustou tanto coma min e pegou un deses chimpos tan carateristicos.

Logo topei outros 2 mais novos que tamén fuxiron a grande velocidade. A baixada foi moi dura polo frío que metía o aire de fronte.


21 nov 2008

Pendente do tempo

Natación 1000 + 2 x 100.

Esta finde teño previsto 'adestrar en altura' jajaja... a ver si non neva e podo trotar un pouco polos montes astures.

20 nov 2008

Na brilante escuridade

Carreira Contínua 50'. Fun de noite ata o parque da torre; baixou a néboa e, de súpeto, a paisaxe pintouse dun brilo phantasmal; entre as ramas das árbores a luz era como cascadas douradas... O propio para non ir pensando no ritmo senon ollando cara ó interior.

19 nov 2008

Ximnasio 50'. As máquinas e mais eu non acabamos de nos entender e o sitio pechado segue sen me gustar...

17 nov 2008

Dous blogueiros na auga

Hoxe fun antes do habitual a nadar e topei alí ó Maky que ía coma un torpedo.

Natación: 1100 + 4 x 100.

16 nov 2008

Un inexplicable e dous extraordinarios

Bueno, eu ir fun a adestrar con xente, como fago sempre; as verbas de Chus Alonso dicindo que era un 'circuito para marca' despertaron a miña curiosidade...

A saída foi, coido, lenta; supoño que había ordes de non acelerar para que non arroiasemos ós andarines.


Eu atopei o ritmo con dous rapaces novos, un de eles coa camiseta do clube de Ponferrada e así fumos tirando que haber non había referencias. Xa en Cuatrovientos (km. 4 digo eu) me descolguei porque me deu por pensar no que quedaba, alcanzoume o pelotón de Tino e me acoplei; achegamonos ós rapaces novamente e, na marca do km.5 (19'10") se deberon decatar e largaron outro cambio, respostei como fun podendo e atopeime ben, só tiña medo de torcer os nocellos nos baches. Chegados a Compostilla xa estaba outra volta co grupo de Tino, aguantando outra vez e pensando en mante-la zancada ancha para non desgastarme... Chegou a baixada, quedei algo atrás co medo ese de que o xoenllo esquerdo pete, logo tentei apurar pois xa sabía que o Sprint non era o meu; non puido ser, apretei ata o final e me puxen moi, moi contento cando vin o crono: 37'37" NOVA MARCA PERSOAL (coido) si o circuito é homologado. Aínda así estivo ben, moi ben.

O inexplicable é estar así ben sin facer traballo específico, sen trocos, sen outra cousa que saidas a ritmo...

Os extraordinarios Fleky e Capelo que me aturaron dempois da chegada, e no quecemento dous señores.

A sorpresa foi quedar 3º de veterans... Con Igancio e Tino; dous artistas do deporte.

12 nov 2008

Carreira Continua 1h. A molestia da cresta ilíaca esquerda quere voltar; non lle penso facer nen caso...

9 nov 2008

8 nov 2008

Forma sen explicacion

Eu isto si que non o entendo... Si o dos santiños xa me sorprendeu o de hoxe sácame de quicio.

Fixen o circuito este...



Que me leva normalmente 1h10' en 1h05'...Debe ser polos 41 que chegan hoxe, digo eu.

5 nov 2008

CC 30' menos dá unha pedra e o estress da grande urbe é insoportable...

2 nov 2008

Santos que viñeron a empuxar...

Escribo isto a tempo pasado mais coa data trocada para non altera-lo blog.

Acudimos o chispa mais eu nunha mañan prestosa para correr a Calabagueiros con bó ánimo mais sen moitas pretensions deportivamente falando. Tiña eu mais medo que ansiedade e o rapaz mais nugalla que curiosidade así que estabamos un tanto parados.

Foi unha alegría atopar a xente coñecida que facía moito que non cadraba. Eiquí co Fleky...


A proba dos grandes foi puntual coma un reloxio suizo, eu saín mais preocupado por que o rapaz me vise para a foto que por coller bó ritmo ou boa referencia; aínda así fun demasiado rápido, 3'46" me indicou Rubmarc (gracias por todo) e tentei relaxar o xusto para ir o ritmo 'kantiano'. Nesta foto do albúm do ADAS -temporal- imos ahí mesmo.



Logo afrouxei un pouco mais mantendo a referencia e o ritmo...



Ó pasar pola metade do circuito xa fun quen de ir incrementando o ritmo novamente, collín confianza na perna e pensei:"ou rompe ou racha".

Na meta 26'51" (3'50"/km.) 25 dos 61 -escasos- participantes, moi satisfeito pola resposta ó esforzo.

Dani aínda fixo mais do que eu pensaba mais menos do que pode; saíu moi lanzado...


E, malia ós cosellos dende a banda, logo xa non foi quen de recuperar para os derradeiros 150 mts que lle viñeron algo longos. Aínda así quedou satisfeito