20 dic. 2009

Correndo por riba da historia a menos de 4'

Por fin voltei correr a Lugo Monumental que xa ian 4 anos sen ter este privilexio.

Pasei mais medo que frio no camiño; -9º marcaba o termómetro do coche no brilante asfalto subindo a Piedrafita, logo desapareceu a neve e xa non tiven mais atrancos.
A cousa foi diferente en Lugo, tras atopar un aparcamento moi bó me fun polo dorsal. O paseo pola cidade foi o peor no que a frio se refire. Recollo o dorsal, e volto ó lugar de aparcamento directo a unha cafetería para non fenecer co frio.

Tras 1 hora decídome a chamar ós colegas e quedo con eles no centro, os acompaño ó coche e de alí a quencer na compaña de mundi. Ás 11:30 quedo no sitio da foto do foro; por sorte é ó sol, malía que apareceu algunha xente por alí non houbo 'cuorum' e faltando 15' me fun cara ó coche para remata-los preparativos. O quencemento fixome efecto e decidín correr en sisas cos manguitos. Volto á saida e me coloco no caixón que me indican... alí espero ata que toca sair.

Saímos con velocidade pero teño mala sorte e non podo avanzar (e mira que había caixon de saída), saio do atasco e avanzo... 1º km a 3'40"...sooo me digo, "que reventas" pero sigo coa xente que topei ata o 2; logo baixo o pistón porque o terreo era en costa. Teño frío nas mans e as tapo cos manguitos, quedo sin referencias e só podo seguir ós que me adiantan. Paso o 5 en 19'20" o que é un bó tempo para min e tento manter ese ritmo por baixo de 4' que xa me chega dabondo.

Na baixada cara á entrada da muralla relaxo porque quero facer esa volta 'a fume de carozo'... iniciase a costa, paso a porta de Santiago, curvo cara a rampa, pita a alfombra... "corredores¡¡¡ 2000 anos de historia vos contemplan¡¡¡" e saco o que me queda. Vou moi ben, paso o 8 en 29'50" e me poño a botar contas "podo baixarlle á marca do 2005" e me valeiro pola terra da muralla... saimo, baixando levo medo de esbarar e hai unha fila de xente que non podo pasar... xa na porta lateral da catedral paso e apreto, hai xeo pero non me estorba, entro na praza a tope, derradeira curva, acelero e miro o crono...37'...38'...!!!por qué pouco¡¡¡ 38'11" (38'04" real) 3'54" de media.

Paso como unha chispa pola recollida de agasallos, saudo a varios coñecidos e vou pitando para o coche a estirar, cambiar de kamiseta, taparme e hala, ó coche cun sorriso na mente.

Para min, para o meu nivel, foi unha boa carreira...facía 1 ano que non corria unha proba por baixo de 4'/km así que Que mais podo pedir?
Publicar un comentario