29 dic. 2009

15,5 km en 1h09'

Boas sensacions malia a meteoroloxía.

Os medios e o atletismo

Vaites¡¡¡ a verdade é que esta afección nosa sae pouco nos medios vese que é un "recurso" para cando os peidos dos futbolistas cheiran mal.

Hoxe mentras voltaba do traballo escoitei nunha emisora local un...debate?,disputa?,dialectica? non sei como cualificalo todo por mor de terse cobrado na San Silvestre Berciana...
Seica houbo algunhas voces que protestaron por ese cobro e ata houbo chamamentos á non participación...eu non os lin e non lle houbera feito caso pois quería ir co meu amigo pequeno. Si é certo que houbo menos participación e que houbo xente coñecida da "movida atletica" local que pasou por alí mais non participou pero de ahí a falar de boicot e telo moi creido.
O que vexo esaxerado é adicar 20' de programa de radio a esta carallada e logo NON FALAR DO ATLETISMO EN TODO O ANO e ternos aturando peidos atravesados de futbolistas profesionais.

No que respecta ó cobro de taxas... dicir que se trata dunha arma disuasoria contra o insano costume de botarse coma lobos a todo o que é gratis (propio da xente que pasou necesidade e non ten nada mellor que rascar) pois pode ser, porque aproveitados os hai en todas partes. Comparar este pago para esta proba co que se paga para outras...terreo peligroso; habería que comparar tamén as probas en si e o que se ofrece por elas a quen paga; por exemplo: Había algunha istalación deportiva da cidade na que os foraneos se puidesen duchar? eu non o sei (non o precisaba) pero si sei que cando vas correr fora e pagas esa é unha cousa que das por suposta.

O concello colaborou no que era principal i é que a policia municipal estivo atenta á nosa seguridade como corredores ata o punto de ter incidentes con conductores que non querían respecta-la limitación de circular. Outra cousa é que os cartos asingados ós clubes polas escolas deportivas non dean para moito e que a obrigatoria organización de probas sexa unha "sangría" para os clubes...

Bueno, que non me gustou que se falara tanto desta nimiedade e que cando hai outros eventos nin se mencionen porque hai 22 tios que cobran por elo dandolle patadas a un balón.

Eu prefiro a Pepa Fernandez de "No es un día cualquiera" que se lembra da xente que vai correr os domingos pola mañan (polo menos o día da media Adolfo Ros se lembrou de 4 carreiras na peninsula).

27 dic. 2009

San Silvestre Sprint

Facía mooooito frio de dios para correr unha carreira longa...

Fumos o amigo pequeno e mais eu a participar na San Silvestre de Ponferrada porque na casa sempre presta ir cos amigos.

Foi unha proba agradable malía a neve,auganeve augaxiada que nos caiu. A carreira pequena a fixen 3 veces... e logo fixen os 3,6 km da proba grande en 13'30" o cal non está mal para levar 'todo eso' no bandullo.

25 dic. 2009

Para "facer sitio" saín trotar...emocioneime e fixen os 11km en 45' de menos a mais.

Antes de meter deixen sair...

Saín a rodar suave; estaba algo mareado non sei si de sono ou qué. 11 Km. 50' mais que nada por "facer sitio" á cea.

23 dic. 2009

Roteiro cara ó choio 40' cara a outra xornada de 'encerro'.

22 dic. 2009

Natación 100 + 1500

Pausa e resumo 2009

Vai un ano tiven que facer unha 'pausa' de Nadal por mor dunha fermosa viaxe... Nos 20 días aqueles fixen 3 sesions.

Desta vez xa levo 1 semana co pistón baixado... que si as aceras están impracticables polo xeo e de noite non podo ir por outra parte, que si vou ó Cinema a ver como comenza unha nova època na arte cinematográfica, que si recados...vamos, o normal.

De agora a fin de ano só teño en vista a San Silvestre 'movil' do bierzo... e para Xaneiro pois non sei.

2009 Deixame un sabor agridoce neste plano a verdade é que hasta a semana da Pedestre non tiven gratas sensacions correndo, logo viñeron os 10X800 por baixo de 3' e a mala sorte da lesión a 3 días da Maratón...penso que fixen ben parando porque non houbera podido face-la subida a Dragonte, a media da volta á ría en  menos de 1:30 ou correr en Lugo a menos de 4'/km si teimo en rematar...

Quédome co adestramento en Taüll, A miña estrea na Lauro Olmo, A nocturna de reis en Lugo con todos aqueles rapaciños correndo e o día do corzo.

Do malo... nin lembrase, dos erros... correxilos, do futuro...traballalo.

20 dic. 2009

Correndo por riba da historia a menos de 4'

Por fin voltei correr a Lugo Monumental que xa ian 4 anos sen ter este privilexio.

Pasei mais medo que frio no camiño; -9º marcaba o termómetro do coche no brilante asfalto subindo a Piedrafita, logo desapareceu a neve e xa non tiven mais atrancos.
A cousa foi diferente en Lugo, tras atopar un aparcamento moi bó me fun polo dorsal. O paseo pola cidade foi o peor no que a frio se refire. Recollo o dorsal, e volto ó lugar de aparcamento directo a unha cafetería para non fenecer co frio.

Tras 1 hora decídome a chamar ós colegas e quedo con eles no centro, os acompaño ó coche e de alí a quencer na compaña de mundi. Ás 11:30 quedo no sitio da foto do foro; por sorte é ó sol, malía que apareceu algunha xente por alí non houbo 'cuorum' e faltando 15' me fun cara ó coche para remata-los preparativos. O quencemento fixome efecto e decidín correr en sisas cos manguitos. Volto á saida e me coloco no caixón que me indican... alí espero ata que toca sair.

Saímos con velocidade pero teño mala sorte e non podo avanzar (e mira que había caixon de saída), saio do atasco e avanzo... 1º km a 3'40"...sooo me digo, "que reventas" pero sigo coa xente que topei ata o 2; logo baixo o pistón porque o terreo era en costa. Teño frío nas mans e as tapo cos manguitos, quedo sin referencias e só podo seguir ós que me adiantan. Paso o 5 en 19'20" o que é un bó tempo para min e tento manter ese ritmo por baixo de 4' que xa me chega dabondo.

Na baixada cara á entrada da muralla relaxo porque quero facer esa volta 'a fume de carozo'... iniciase a costa, paso a porta de Santiago, curvo cara a rampa, pita a alfombra... "corredores¡¡¡ 2000 anos de historia vos contemplan¡¡¡" e saco o que me queda. Vou moi ben, paso o 8 en 29'50" e me poño a botar contas "podo baixarlle á marca do 2005" e me valeiro pola terra da muralla... saimo, baixando levo medo de esbarar e hai unha fila de xente que non podo pasar... xa na porta lateral da catedral paso e apreto, hai xeo pero non me estorba, entro na praza a tope, derradeira curva, acelero e miro o crono...37'...38'...!!!por qué pouco¡¡¡ 38'11" (38'04" real) 3'54" de media.

Paso como unha chispa pola recollida de agasallos, saudo a varios coñecidos e vou pitando para o coche a estirar, cambiar de kamiseta, taparme e hala, ó coche cun sorriso na mente.

Para min, para o meu nivel, foi unha boa carreira...facía 1 ano que non corria unha proba por baixo de 4'/km así que Que mais podo pedir?

18 dic. 2009

Solpor rosa, roteiro xeado.

Comíanme as gañas e tiña moito que deixar atrás así que saín...45' nalguns tramos xogandoma co xeo, noutros cos coches...pero disfrutei do solpor,

16 dic. 2009

Natación 100 + 1500 mentras fora nevaba e nevaba...e logo ese estruendoso silencio da neve.

15 dic. 2009

Me cisco no menisco

Bueno, onte debín ir nadar mais non o fixen porque o mediodía compricouse e xa tiña eu medo porque pola mañan o menisco da esquerda quería molestrarme ó subir as escadas e decidín adicarlle a tarde a remata-lo arranque dun proxecto.

Hoxe pola mañan seguía 'mordendo' menisco pero menos e boteime a correr... 11km a 4:05, non estivo mal porque o atardecer estivo precioso e as pernas non me molestaron.

13 dic. 2009

Volta á ría de Ferrol 2009

Había que ir e fun. Un pouco porque tocaba sair de finde e outro porque hai que ir metendo puntiños e kilómetros nas pernas me decidin a ir a esta media á que tanto cariño lle teño malia que cada vez me sae peor...

Chego cedo e aparco, recollo o dorsal e tomo un café; ó sair xa hai ambiente e escomenzo a saudar a moitísiomos foreiros de CenG. Vou ó coche a poñer o dorsal na Kanminseta e deixa-las cousas preparadas e volto cara ó pavillón para ver o tema da foto. No inicio do quecemento un pequeno chuvasco desata os peores augurios pois o frio incrementado co vento do nordeste podería ser 'mortal' si lle engadimos auga. Deixo ós colegas do quencemento e volto ó coche para remata-la preparación. Como xa estaba quentiño non tiven problema por quita-la roupa; se cadra debín deixarme unha camiseta 'de tirar' ata a saída pois era visto que teríamos retraso: a falta de 10' estaban entregando dorsais... Na espera mais colegas e prediccions; eu, que apostara a 1:36 mantiña esa intención porque o que quería era proba-la perna e adestrar con calma.

Saimos, nas voltas polo barrio de San Vicente me deixo ir moi tranquilo, busco unha posición cómoda nun grupo no que poda cruza-la ponte sen sufrir moito co vento. Alí vou con varios compañeiros sen agobiarme polos ritmos, só 'taparme' e respirar. Xa en Ferrol deixome cair pois non quero apretar estando tan lonxe da meta, un ritmo suave e ver pasar km era o que precisaba; na costa do centro de Ferrol vexo un par de caras coñecidas e tento non despegarme sen que elo signifique un esforzo. Fixen ben, nada mais virar cara a carretera de castilla a cousa púxose rexa, subín os manguitos e apreteime detrás da xente que me adiantara. Km 10 o crono marca !!!40'10"¡¡¡ eu sei que non vou a ese ritmo nin de broma, pero faime ilusión e non me corto en colle-la espalda de outra xente que me adianta...así vou saltando de grupo en grupo ata que no km 15 (1h02') xa estou cos que serían os compañeiros definitivos.

Vistos os tempos de paso esfórzome en non perder comba coa xente coa que vou, as costas de Neda non por coñecidas teñen menos pendente, mais como viramos e temos o vento na espalda lévanse mellor. Vou xa contento, a perna resposta e..... !pandada na perna dereita¡¡ cousa rara, porque sentínna claramente pero non me afectou nada mais correndo (nin en frio) eso me 'tranquilizou' e me mantiven cos compañeiros, tirando para sequir avanzando. Tra-lo paso pola autoestrada xa esquecín o incidente e sigo apretandome, non teño referencias mais penso que vou ben e seguimos adiantando xente. Chegamos á marca do km 20 (1h23') penso que podo mellora-la marca de MM deste ano e apreto con todo o que teño porque sei que xa só queda costa abaixo... vexo o cruce do centro de Fene e sigo apretando... non acabamos de torcer cara a dereita mais teimo en seguir apretando... enfilamos cara ás Pias outra vez, e alí está o cruce... que longo este derradeiro Km... vou sufrindo, mais disfrutando, a zancada estirada e a vista posta na xente que vai diante; derradeira curva, xa non poderei adiantar mais... miro o crono de meta 1h29'... apreto todo o que podo para baixar da hora e media, miro de esguello atrás porque a xente anima moito... ven a moza do grupo co que corrín dende o 12... volto a vista cara o crono e.... 1h 29' 47" (CCN dí que 1h29'50") quedo moi contento mais por como foron as cousas que polo tempo acadado.

RESUMEN: Hai que seguir con coidado pero xa se pode ergue-la vista.

10 dic. 2009

Rodaxe; 1h03' (14 km segundo o Strands). Algo canso nalguns intres, a perna ben.

9 dic. 2009

Natación 100 + 1200. Non sei si pola xente que había ou por min, pero non o disfrutei como estoutros días.

8 dic. 2009

Tremendo

Tra-lo adestramento de antonte e a viaxe 'flash' a terras do Deza o xemelgo voltou a porse tenso... paseando hoxe nin fú nin fá e, xa na casa dixen "ou rompe ou racha" e para alá que me fun. 35' de carreira contínua a ritmo normal... sen problemas, que *****llo pasará nesa perna?

6 dic. 2009

Coa mente en Lisboa...

Fixen a ruta habitual das viñas 1h6' entre o orballo e a lama coa mente na maraton de Lisboa, menuda torrada si tiveron este tempo.
Natación 100 + 1000 + 4 x 100 + 125. Boas sensacions.

1 dic. 2009

Rodaxe cara ó choio...9,4 km. todo en orde.