24 feb. 2010

ACABOUSE

Bueno, tras o adestramento do domingo e logo de ve-las fotos de Ordes...tiña gañas, moitas, demasiadas, de adestrar nun día como o de hoxe...o terreo empapado do parque da torre era ideal para a sensación de cross que buscaba, pero non contei coa mala calidade do meu material.

Tras 9,5 km e 41 PLAS outra vez un pinchazo no xemelgo esquerdo...e aló van as ilusions de ir á ALTO SIL este ano... haberá que centrar este tema, supoño que terei que adicar mais tempo ós estiramentos.

Pero vou seguir nadando

19 feb. 2010

A choiar... 9,5 km 41' suave que o xemelgo esquerdo non está para bromas.

18 feb. 2010

Natación: 100 + 900 + 5 x 100

Certa tensión no xemelgo esquerdo tenme preocupado...aínda non me inscribín para Alto Sil por elo; a ver si entre mañan e o Domingo 'rompe ou racha'.

17 feb. 2010

Mañiotazas

Bueno, a sarna con gusto non pica...

11 km en 49' nin ben nin mal, moitas pequenas molestias.

16 feb. 2010

13 feb. 2010

Antiresaka

40' 9,3 Km anti resaca en Laza...porque para botarme certos pulsos...

7 feb. 2010

Cocido: Antes de entrar deixen sair.

Unha volta mais a "cocernos" e claro, a noite do sábado aínda deu para uns cantos viños, pero había que sair pola mañan "facer sitio". Ida e volta ata o estanque do Pontiñas (9 km) en 40'.

1 feb. 2010

Lento pero contento

1h a 4':25" algo cargado do xemelgo esquerdo, pero contento porque a hora non se me fixo longo...