30 dic 2006

2006

Si hai un ano pedía eu:

# Seguires disfrutando e aprendendo facendo os deportes que me gustan

# Participar en tódalas probas que poda de tódolos tipos posibles

# Traballar o novo plan que me faga o mister sen agobiarme

# Facer unha maraton en menos de 3 horas
Este ano recibín este agasallo que espero que sexa o remedio que preciso para atallar este contínuo problema nos sóleos.

A ver si co ano novo reconduzo esto non tanto no físico senon no "mental"···

Estrei as 'zapas' na San Silvestre berciana (si, ó cabo fun...) e dende logo non lles notei nada o 25% de aforro de mercalas na rede a mercalas no comercio, o que SI notei é que ainda estou algo "verde" polo menos para 'apretar'.

A festa ben agás polo tempo e porque os cativos non quixeron vir comigo. Correu bastante xente e as rúas estaban moi animadas; gustoume moito voltar a sentir esa emoción que me embarga ó corretear; realmente importame moito isto.

Para este ano que escomenza pido moitos adestramentos de todo tipo e disciplina e poder participar con alegría e bó humor no que se poña por diante.

22 dic 2006

Ausencia

Desculpade a ausencia de tódolos medios mais o estancamento desta situacion descolocoume un chisco...
Non sei ben de que se trata; só que implica á zona do popliteo e ó corpo do sóleo que se "carga" cando poño todo o peso da perna enrriba dos metatarsos (xusto ó final do impluso correndo).
Ando ás voltas (na piscina e nos pedais) a ver si "mato o mono", mais este non é tal mono se non gorila e non branco precisamente.
tentarei aproveitar para patinar ainda que non sei donde porque aquelo da pista en Ponferrada foi flor dun día e a de León está ó aire libre co que... a ver si podo ir probar esa que puxeron no novo centro comercial de Vigo.

Hala; boa festa a tod@s.

16 dic 2006

Mal material

Coido que me vou ter que tomar en serio unha verba que sabe a "castigo divino" e que levo peor que unha perna rota: REPOSO.

Polo menos no que a correr respecta; porque semella que non teño rotura de fibras mais si que algo anda mal neses xemelgo que se "tensa" xa non só correndo senón tamén bailando como puiden comprobar onte na "noite mais ceada do ano".

A estas horas non sei si irei a Lugo ainda que sexa só a "pasear ó Kan" ou para trotar...

En fin; os vellos temos que nos coidar.

8 dic 2006

Donostia e III

Bueno, xa van cáseque dúas semanas; tempo dabondo para deixar "reposar" as sensacions físicas e mentais deste rencontro coa maratón.

O resumo é que o que verdadeiramente fallou no canto dos obxectivos foi terme lesioanado e que o verdadeiramente positivo é que disfrutamos dunha viaxe magnífica e que rematei a proba nun tempo axeitado ás miñas posibilidades.

O traballo reflexado neste calendario...




Foi o que me permitiu desenrolar unha carreira que, ata onde puiden, foi bastante regular e "controlada"; nesta foto de costas xa iniciada a segunda volta cando a perna me escomenzou a mancar e o grupeto no que ia se fraccionou. Ainda andaba por diante das 3 horas.

Todo ese esforzo e traballo tivo froito no intre de chegar á meta...


Supoño que a sensación de decepción inicial foi debida a que rematei bastante ben físicamente; lonxe daqueles agotamentos de hai anos, e sentín que perdera unha ocasión de darlle "matarile" ó tema das tres horas. Agora, coa perspectiva do tempo, vexo que o peor foi rematares mancado o que me impediu acudir á multimediatica media de Ferrol na que participaron moitos dos membros de Correr en Galicia e se apuntaron Oscar Pereiro, Xabier Gomez Noya, Abel Antón e Martin Fiz... Se chego a poder correr gástolle a memoria á cámara facendo "reporter insider". Outra vez será.

Quérolle agradecer a DJMARY do foro de runner's world ás fotos que ilustran este post.

Hoxe ou mañan botarei un trote a ver si esto foi só sobrecarga ou si voltei a romper. Polo demais vou 'tomando contacto' coa auga; que levaba 2 meses sen nadar e nótase moito.