Bueno, hoxe foi un día importánte. Acabei de tomar unha serie de decisions en conxunto que me alegran moito. "Participar como escusa para adestrar" é a miña sinatura e non por casualidade; non me gusta ter a vida absolutamente programada mais si que recoñezo que hai que ter unha meta por acadar para que o traballo cobre senso.
Así que a conxunción de casualiades deu como resultado que o día do meu 42 cumpreanos se celebra a Maraton de Porto e qué mellor celebración para 42 anos que 42 kilometros?
Por outra banda seica teño plano... leendo as notas dun vello coñecido atopei o método Yasso e coido que é moi interesante e nada estresante: 1 día de series de 800 semanal, 1 día de longo semanal e o resto (2 ou 3) 8 ou 9 kilómetros a un ritmo 15" superior ó que se acada para un 10000.
Así que voume deixar de laiarme pola mala sorte que teño co das carreiras e centrarme nas ocasions que cristalizan.
1 comentario:
Sí señor, un bonito obxectivo. Espero que acades as túas expectativas e que incluso as superes. Un saúdo.
Publicar un comentario