31 may. 2017

Maio perseguido polo raio

Bueno pois xa non hai opción para mais e non me queixo; este maio a cousa foi como quería que fora... salvo pola meteoroloxía que trouxo fortes tronas que a piques estiveron de pasarnos polo corpo.

Chapoteo: 25,4 Km
Pedaleo: 404,4 Km

30 abr. 2017

Abril de curvas e sol

O verán adiantado deste mes había que aproveitalo e polo tanto mais carreteira e menos chapoteo... a tristura polo tremendo lume na tebaida me trouxo lembrazas e gañas de correr mais os xeonllos non están nin para un trote...

Pedaleo: 352,7 Km
Chapoteo: 16,9 Km

1 abr. 2017

Marceando...

Resignado ó que podo facer e cando podo facelo non me debo queixar de intentalo sempre que podo.

Chapoteo: 24,9 Km
Pedaleo: 34,7 Km

28 feb. 2017

Febreiro non por corto non enteiro

Foi aló outro mes

Rematamos mancados no xeonllo dereito pero xa o sabíamos; o entroido é un "deporte extremo" si vas ó triángulo máxico e fas o que hai que facer.

Polo demais:

Chapoteo: 21,4 km
Pedaleo: 101 km


31 ene. 2017

Unha seca pasada pola auga

Xaneiro foi o primeiro mes do que me queda por diante... non sei si poderei soportar non poder correr, non sei si me adaptarei ás rutinas familiares e profesionales para poder andar na bici...

Chapoteo: 27 km
Pedaleo: 28,7 km