31 oct. 2011

Auga da terra nádase doutro xeito

Que fun á piscina de Lalín por aproveita-lo día. Ateigada de xente; pero cadrei nunha boa rúa e non estorbei (coido).

100 + 1100

30 oct. 2011

A Cita de todo popular

O certo é que o Domingo en Pontevedra rematei tan ben que xa me preguntei poqué no acuadía á pedestre si quería ir a Compostela o mesmo día... e vendo o martes que seguía todo enteiro no meu xeonllo esquerdo me decidín.

Hai rutinas que son moi boas e a min o de ir sempre a aparcar ó mesmo sitio me resulta e  moito. Collín o dorsal cedo e fun almorzar (de segundas) topei un grande correlega e alí estivemos platicando un bó rato; logo arrinquei para os preparativos e un lixeiro quencemento non sin antes departir no obradoiro co nutrido grupo de "marisqueiros" que acudiron á proba.

Tra-la foto de rigor para o foro (cada vez acude menos xente ás foto-kedadas) fun cara á saída onde puiden disfrutar da compaña de xente querida e coñecida e do inestimable consello do SEÑOR M. Rosales unha lenda do noso deporte.

Saín tentando evita-las aglomeracions e os grupos que, por riba de porse diante sabendo que van a ritmos mais suaves se poñen en fila ó ancho. Rematei a costa con boas sensacions e seguín apretando ata xa a avda de Lugo no que escomenzou o que dei en chamar "déficit de O2" ou sexa que non ia mais. Regulei un pouco e nese ritmo (moi alto ainda <4'10"/km) fun ata o km 3. Ainda voltei a tratar de forzar xa baixando a rúa da Rosa pero dende alí xa non volvín a baixar dos 4'20" ata vite. A costa esta vez non a subín a lume nin me saiu un berro para escomenzala pero dende arriba tentei non deixar nada dentro de min e fixen eses 2 derradeiros kilómetros <4'.  Rematei en 50'18" (50'02" netos e 50'24" polo SportyPal) o que dá 4'12" de media non é a peor marca que teño nesta carreira e só son 50" mais que a derradeira vez.

A verdade é que pensei que ia peor do que estaba facendo e non tiven ningunha molestia nos xeonllos (e mira que pasei medo nas rúas empedradas) así que haberá que valorar ir á San Martiño.

Historial nesta proba

49' 28" 2009
51' 50" 2006 (O día anterior fixera 2h de adestramento e fun de Voda ata as 4 da mañan)
47' 19" 2005
49' 16" 2003

28 oct. 2011

Outra hora menos...

...a por outra Pedestre mais.

Saída mais ben suave para facer reaccionar ó corpo de cara a participar o domingo na pedestre.

13.4 km en 1H 2' non estivo mal tendo en conta que ata atendín unha chamada telefónica.

26 oct. 2011

é mellor mollarse na piscina

Hoxe tocaba nadar... menos mal que na piscina non había risco de saír voando.

100 + 1250

25 oct. 2011

A sorpresa insolvente

Tiña que tomar unha decisión sobre si ir ou non a Compostela e saín de proba...

14.3 km 1h7' non estivo mal e aínda que non rematei coa forza do domingo si que me sentín con gañas... o do domingo foi sorprendente porque aínda hoxe non conseguín facer un kilometro a menos de 4'15" porque o meu xeonllo esquerdo manifestase insolvente... Pero é o que hai e mentras poda disfrutar.... vou indo.

23 oct. 2011

Pontis Veteris, pontis aquensis

Hoxe acudín á liña de saída de Pontevedra a participar no desafío dunha media maraton sen levar mais que un adestramento de "fondo" pero coa tranquilidade que dá non esperar ren.
Nada mais chegar ó estadio rematou a sequía e escomenzou a chover para acompañar ó vento que sopraba dende cedo a temperatura seguía sendo moi boa para correr, pero para a xente que lle tiña gañas á súa marca xa non ia se-lo mesmo.
Quecemento light como manda a lóxica do pouco preparado e saída na parte traseira do caixón para non estorbar. Primeiros kilómetros contemporizando e buscando referencias dun paso xeitoso pero non lento, nos intres de vento perseguindo unha espalda e nos momentos de calma falando coa xente ou bromeando... "pechade a porta" e cousas parecidas.
O circuito é moi chan salvo un par de costan non moi duras na propia cidade. Avituallamento só auga cada 5 km e o público malía á choiva animaba bastante, pero especialmente quero facer referencia ós voluntarios porque levaron unha boa molladura e aínda así non deixaron de animar nin de vixiar o punto que lles correspondese.
Os primerios 10km os fixen mellor que en Sada (44'10" segundo ChCh) pero sentín alí algo de cansanzo e afrouxei un chisco, xa no 12 me sentín mellor e voltei a apretarme para non perder á xente coa que ia cando me vin no 16 con gañas aínda de tirar  me alegrei moito e deixeime levar por esa sensación así que xa se ve no Sportypal como, salvo nas costas, os tempos desta parte compensan eses 2 km de respiro. Atravesando a parte vella polo camiño de santiago apreto ó 90% e paso o km 20 en 1h29'55" eso anímame e lanzo un último esforzo que me leva á meta en só 4' mais como tamén reflexa o gráfico... total 21,2 km en 1h34'



Coido que mais importante que non facer peor marca persoal (cousa que pouco me importaba) foi a boa sensación que tiven cáseque toda a proba e, sobor de todo, o forte ritmo do final e o ben que me atopei ó chegar á meta. ahh, esquecíao 436 de 1085 chegados á meta.

21 oct. 2011

Outra de carreiriña

Outra volta aproveitando o tempo...

12 km 58' Agora á espera do que pase o domingo en Pontevedra.

20 oct. 2011

El que madruga... algo hace

Sempre tentei non deixar de adestrar aínda que andivera de viaxe ou que tivese pouco tempo; nesta foi o caso coa agravante que malia coñecer ben o sitio (ou xusto por iso) non tiña localizado un circuito para correr sen luz natural... así que foi unha sesión curta, o xusto para desentumece-los músculos.

6.2 km 31'

18 oct. 2011

Recuperando

Malía unha pequena molestia no biceps crural dereito hoxe saín a recuperar e ir collendo fondo.

14 km 1h 08'

16 oct. 2011

Nova tempada

Estreeime hoxe en Sada na tempada 2011-12 por sorte sen problemas e con moi bó tempo. Era unha proba benéfica pero estaba moito do mellorciño do norte de Galicia e había un ambiente fenomenal. O terreo, pois o típico do país mitade para arriba e mitade para abaixo. Cheguei sen mancarme e con bó ritmo final.

10 km 45'

15 oct. 2011

Nova variante de orellán

Bueno, hoxe fixen o camiño á inversa e completei unha ruta ben chula; a media xa a mellorarei en canto coñeza as baixadas

59.5 km 2h 25'

12 oct. 2011

A ver que colleita saco esta tempada

 Hoxe corrín coa "lúa colleiteira"; vai un ano que o fixera e neste tempo conquerín os obxectivos marcados malía empeorar o meu rendemento e ter lesions inoportunas. Ogallá este ano conquira tamén manterme en 1ª división do circuito Correr en Galicia e face-la miña 10ª maratón aínda que o vexo moi compricado.

9.5 km 44'23" Segue sin ser bó tempo, pero é mellor que o da guardia do día 4 e non me esforcei especialmente para elo.

A ver si esta finde conquiro escomenzar xa a participar que a falta de obxectivos me está a facer moito mal.

10 oct. 2011

9 oct. 2011

Variante Borrenes

Hoxe deume por facer por fin algo que levaba tempo pergeñando; a variante de borrenes.

48.5 km 1h 57'

7 oct. 2011

A torta do 2011

Xa pensaba eu que "aqua" era invunerable, pero hoxe na rotonda de Parandones acabouse... Non iba moi ben que se diga polo airiño do norte que viña e baixando apreteime un pouco pero non foi a velociadade, foi o aceite que había na rotonda o que me fixo caer...

Só iba a 40 así que as raspaduras de rigor e o golpe na moral tradicional, erguínme e seguín... parei en Carracedelo a avisar á guardia civil do aceite na rotonda e cheguei a casa a tempo.

44 km 1h 40'

6 oct. 2011

55 relaxacions

55' de carreira contínua recuperando os circuitos do inverno que os "recurtes" chegan xa ata o sol e marcha antes... non levei o trebello así que non sei o ritmo pero me sentín ben.

4 oct. 2011

Pola noite tódolos baches son...

poucos.

A teima de "aproveitar" os días de guardia ten o seu aquel... cada vez o fago peor.

9.5 km 47'

3 oct. 2011

Aproveitando a derradeira calor...

Outra de pedais desesperados... un mes dempois 3' 30" mellor.

44,6 km 1 h 36' 25" E mañan a ver como se presenta.

2 oct. 2011

Recuperando dun erro

Trabuqueime ó face-la bolsa para a finde familiar e si ben xa sabía que o Venres non faría nada non contaba con pasa-lo sábado en branco... en fin, cheguei rabioso e saín corretar

11 km 49'53"