31 oct. 2012

Sentindo a auga pesada

Estaba ben... pero deixei unha semana de nadar e...

 100 + 150 + 1000 O rollo das gafas tamén me desconcentra pero a verdade é que se me fixo algo longo.

30 oct. 2012

A rodaxe tranquila

Hoxe tocaba rodaxe tranquila e puido ser... onte tocaba nadar e non se puido había unha "sesión non programada" de apoio moral.

10.8 km en 52'

28 oct. 2012

O lugar onde aplauden as pedras

Outra pedestre mais... e van... O certo é que ainda que sigo empeorando me sinto moi afortunado de poder participar e rematar esta querida carreira e mais con un día tan bó como o que disfrutamos e co ambiente de festa deportiva que reinaba. Foi tanto o que disfrutei que ata sentín que as pedras aplaudían.

51'36" para os 12.2 km da carreira (Posto 740 de 3000 e pico )


24 oct. 2012

Segunda rodaxe en Burgoslavia

Outra volta saín correr pola beira do Arlanzón... desta volta só

10.25 Km 49'30"

23 oct. 2012

Rodaxe polo Arlanzón

Aquí ando a formarme... que xa se sabe que estou mal feito...

Hoxe en compaña aproveitando a tarde 11.7 km en 57' 

20 oct. 2012

Voltando á ruta tráxica

E hoxe tocou voltar a face-la ruta do curro... Non pasou nada pero aínda estou moi verde

9.5 km  en 46'

19 oct. 2012

Augas intensas

Hoxe foi unha boas sesión...

150 + 1500 en 29'

16 oct. 2012

15 oct. 2012

Retomando contacto

Unhas voltas na auga... e na cachola...

100 + 1000

14 oct. 2012

As semanas do trote

Chegou a hora de trotar e o tempo semella alinearse para elo...

8.2 km en 40'  Molestanme as articulacions e o xemelgo tensouse, pero aguantou.

Arrepentido de non leva-los trastos de viaxe... en Bruxas tiña un sitio caralludo para correr...

6 oct. 2012

Derradeira auga antes do norte...

Hoxe un pouco de natación antes dunha pausa...

200 + 500 + 7 x (100+25 rec)

4 oct. 2012

Auga e reloxio

E hoxe me animei a ver si sacaba rendemento das series...

150 + 1500 (29') + 50

3 oct. 2012

Obras e serpe

O Bierzo é unha zona privilexiada... está pragada de obras... ó asfaltado da vella N.VI en Cacabelos xúntaselle o peche da N.120 na barosa... e eu empecinado en pasar por alí...

59.5 km 2h 15' Mellor que a outra vez e iso que ata o alto o vento de cara era molesto...xusto na subida pasoume algo curioso... había unha serpe na estrada no meu carril, sorte que a vin de lonxe e a esquivei, estaba feita un gurruño, pero debía medir 40 cm. Dende o alto fun aturandome o que non é pouco.

2 oct. 2012

Contra vento e pedras

Hoxe voltou a tocar a dos pedais... pero coa mala sorte de que están asfaltando e Cacabelos era como un campo minado de pedras... total que pinchei, pero fixen como antes; cambie a cámara e a seguir.

40.8 km en 1h 29'