30 oct. 2006

Pedestre 2006

Bueno, mentres se fai o mantemento dos foros de correr en Galicia colgarei por eiquí as fotos e darei a miña visión da carreira.

Despertoume o mobil ás 7:30; vestínme entre contoneos e voltei a mirar o bolso. Marchei ás 7:45. Collo a autoestrada e avanzo pola cidade que se despereza ate aparcar na zona de Pelamios dentro do "anel" do circuito (erro que paguei logo á hora de marchar. Botei a andar tentando desfacerme do dobre síndrome de abastinencia que tiña: Mañotas do longo adestramento do día anterior e Resaca da voda de había unha horas.

Collo o dorsal (e o chip blanco por si acaso) e vou almorzar ó bar Dakar. Remato ás 9:00; de volta para o coche pegrúntolles ós de championchip si debo correr cos dous chips e dinme que me esqueza dos chips provisionais nas carreiras que cronometren eles. Vou até o tellado do parking de Xoan XXIII mais ainda é cedo.

Volto ó coche; ritual: vaselina, radiosalil, chave, ¿que fago coa cámara?: Corro con ela na mao. Fago o quencemento con Fernando e os outros da Escola Atletismo Deza polo parque do Auditorio de Galicia e cara ás 10 subo de novo ó parking; desta volta sí hai xa xente de correr en Galicia e me presento; hai de todo, dende xente que ven a por marca ate xente que ven de paseo mais todos con moi bó rollo. Ainda que todos tiñan algo pendente: quencer, estirar, ir ó WC, recolle-lo chip, ver a outra xente... conquerimos facer unha boa foto de grupo



Logo todos ás súas posicions de saida; eu escomenzo a senti-lo 'subidon'; canto, berro, saudo a un amigo (sorte o Domingo meu) e··· VEÑA QUE VAI¡¡¡
Escomenzo a facer fotos na saida; como ando ainda emocionado tiro para adiante sen pensar no que queda, fago mais fotos...



Sigo a bó ritmo; contento, feliz de estares alí coa xente do foro...



Xa na saida vella cara a Lugo teño que baixa-lo tren pero manteño as gañas e atopo a Jesus Bernal atleta veteran do Egovarros moi activo ós seus 65 anos e fillo de Julián Bernal; exemplo de lonxevidade atlética; como unha foto me semellou pouco pois lle fixen unha entrevista EN CARREIRA (pode que en breve a borre de eiquí)



Sego baixando o ritmo tentando recuperar... case alcanzo a Elena Naveiro só para preguntarlle polo seu compañeiro; mais ia xa 'oubeando' escuma.



Rúa de San Pedro, recuperando; na porta do camiño moita xente animando; un gustazo. Virxe da Cerca, son adiantado pola chea de xente que sabe compensa-los esforzos. Sego cámara en ristre disparando o que podo. Cara ó parlamento sigo arrastrado, pero con gañas de falar. Ata a praza de Vigo fun adiantado por moita xente, mais da que eu era capaz de adiantar; a partires de alí escomencei a respirar mellor, polo campus reflexionei sobre o tempo que ia facer... no control do estadio de atletismo 30'; 6 mais que o ano pasado. Tal como vou penso que farei 1 hora; precisaba auga e decateime de súpeto que sentía fresco de ires pola sombra co sudado que estaba, Costa do galo; alongo a zancada e me vou mentalizando para o que viña. Por diante do vello HXG atopome ben, a nostalxia non fai mais que darme ánimo e lembrar tantos adestramentos entre a ferradura e o burgo vello saca a forza que me resta.

Na costa arriba escomenzo a adiantar xente animando cara ó que ven, notei o punto de forza do "adestramento" da semana anterior; avituallamento. Teño unha sede desértica e pido unha botella pechada e outra aberta mais danme as dúas abertas, dúchome con unha e bebo a outra xusto antes de escomenza-la costa, berro: AGORA¡¡¡,AGORA¡¡¡ e boto para adiante cos folgos que me quedan, avanzo con confianza, adianto o tipo do carriño e chego arriba algo apurado mais forte. 2Km para meta 44', coido que é imposible chegar en menos de 50' mais decido chegar reventado e facendo fotos (xa as colgarei no foro de CenG) doulle leña todo o que podo pola algalia abaixo; respiro un pouco na praza da universidade.


E volto a saca-la sacha no preguntoiro; o paso polo toural é emocionante con toda esa xente animando.



Rúa do vilar, unha longa ringleira de corredores me retaba a dar mais, chega a curva en platerías, vallas ós lados, un muro de xente, adianto a saltos i emprendo o sprint coa cámara na man...
Meta: 51'50".

Mais crónicas en Correr en Galicia.

26 oct. 2006

Pista

Dempois do feito e pasado o Domingo coidei que esta sería unha semana de "cicatrización" mais o luns seguín con gañas de adestrar e o martes...

Por primeira vez na miña vida adestrei en pista. Vinme un pouco obrigado pois era a única hora con luz na que tiña ós rapaces 'a cuberto' así que o levei a él a actividade de atletismo e fixen 30' de rodaxe progresivo de quecemento por fora da pista, logo estirei e entrei. Trátase dunha pista algo vella, xa con charcos polo desgaste nalguhas zonas e o paso dos futbolistas (a Ponferradina adestra ás veces alí) cos tacos. Estaba eu só e dábame un pouco de corte porque é visible dende moitas partes da cidade e mira que normalmente non lle dou importáncia mais nesto cortoume un pouco; bueno, que fixen 2 X 4X400 e non me manquei; os tempos non foron nin bós nen malos (entre 1'21" e 1'27") e ainda tiven tempo de facer outra tanda mais pois dende que rematei pasei 15' rodando ata que voltou o rapaz e liscamos.

Bueno, que é outra experiencia e outra opción para adestrar ainda que de noite non vale para moito pois hai moi pouca luz.

23 oct. 2006

Aprendendo a sufrir

Onte participei na II subida ó morredero e ainda que a media da proba sexa superultrapasteleira só podo dicir que estou moi contento de ter rematado e de facelo en 2H e 22'.

Para o día que estaba a cousa non saiu nada mal, non...

Pola mañan vencín o medo que me atenazaba e viñen ate Ponferrada a me cambiar, achegueime á saida andando molesto por me mollar;!!!mal sabía eu o que me agardaba¡¡¡.

Coñecín a JazzWilly.

Fixemos uns estiramentos...


E hala: !!!AL TURRÓN¡¡¡ (notase que gusto de "humor amarillo")

Recoñezo que saín con medo; non aproveitei os 3 primeiros Km. para correr se non para quentar e fun buscando "referencias humanas" que coñeceran o desafio e me axudaran con el...

Na primeira pendente brutal coidei que debía axeita-lo paso mais non parar de correr ainda que fose a "velocidade absurda"; fíxose duro, mais fíxose, na dobre curva ainda puiden ver a bastánte xente e as luces da cabeza da carreira.
Primeiro avituallamento, collo auga e como unha barriña das que levo no cinto; coido que foi a clave da carreira; beber en tódolos postos ainda que semellaba non ter sede e coa que estaba a caer tampouco deberia estar a suar excesivamente.

Chego ó chan-baixada de antes do Km. 10 (1h. 01') e estiro un pouco a zancada para descansar mais 'controlando' que ainda queda moito... Cando o aire escomenzou a soprar subín os manguitos un pouco; foi outro acerto levalos pois permitíronme mellora-la termoregulación. En San Cristobal novo avituallamento con auga e un gel deses calóricos que gardei para mais adiante; ó sairmos do pobo cambia a chuvia a modo "caldeiros" con refachos de vento modo "de carallo" que me impoñen correr encollido (si, ainda podo ser mais baixiño) o brutal repeito ate o cruce de Bouzas, a partires do cal o vento ia e viña segundo as voltas da estrada chegando ó punto de temer da-la volta da seguinte curva.

Troquei as miñas zapatillas por barcazas para navegar polo rio da estrada e acelerei na baixada cara ó mirador de Santiago de Peñalba (2h 00) mentras ollaba con temor ós tres terroríficos quilómetros de subida até a néboa na que se escondía o alto... Co vento ululando e a chuvia e o pedrisco dalle que te pego escomencei a subir pensando só que o tiña ó alcance da man e que podía seguir sen parar porque non tiña molestias importántes.

Ainda tiven forzas para apretar un pouco cara ó final... 2H.22' non é unha media espeluznante mais rematei este desafio e por elo estou contento, por elo e porque semella non terme perxudicado.

Seguinte obxectivo: A Boda e a Reboda.

15 oct. 2006

Alija del infantado - La Bañeza


Por fin puiden cumplir un paso da preparación que tiña deseñado...ainda non sei ben con que obxectivo.


Fun facer un adestramento "real" a La Bañeza mais coa esperanza de facer unha marca algo mellor que a acadada. Bueno, vai o resumo.

.

A meseta recibiunos cun amencer vermello, mais frio.

Fumos directamente até Alija ainda que a organización puña autobuses, recollimo-lo dorsal e pagamo-los 4 € da inscripción (con dereito ó xantar de paella). Había bastante mais xente da que eu agardaba pois tamén se celebraba unha andaina (ogalla que este modelo se extenda) popular.

No quencemento atopei á xente de Ponferrada e alguns amigos do clube Pato Blanco de Celanova que tamén interveñen en Correr en Galicia. O frio ia marchando segundo saía o sol...
Alija é unha vella vila do páramo leones que viviu días mellores dos que conserva pequenos tesouros que falan da dureza da vida neste ermo territorio e dos traballos agrícolas.

Saímos con 15' de retraso para darlle algo mais de marxe á xente da andaina; como me sinto ben e me quero probar vou tirando por baixo dos 4'/Km. até o 10 no que a lixeira mais contínua subida me pasa unha factura que non agardo e decido baixar un pouco o tren... Vou rosmando sobre a falla de forza, certas molestias das costas e os adiantamentos que imos facendo á xente da andaina que non para de animar e os coches que non paran de molestar (outra volta o tráfico non está totalmente cortado) e tentando beber nos avituallamentos (cada 4 km. iso si, só líquido)

No Km. 17 no que hai un autético repeito (curto); curiosamente con este troco de ritmo 'revivo' e volto a tomar tren; xusto ó cruzarmos ó lado do circuito de motocross arrinca unha baixada bastánte pronunciada que nos leva até a meta na moi tradicional praza maior de La Bañeza: 1h:27':27". Recollo os pintorescos agasallos (Camiseta de rigor mais unha bolsa de lentellas -típicas da zona-, unha cunca de barro e unha culler de madeira); saudo ós amigos que xa chegaron e lisco.

Coidaba poder facer 1:25' mais non tiven forzas ou mais ben non tiven ritmo porque ó chegar non me sentín canso e, de feito, seguin o plano para o día como se tal cousa. Iso si, dempois dunha estupenda DUCHA CONXELADA no pavillón de deportes.

6 oct. 2006

O que nunca saberei dunha boa semana

Pois si; eu, o eterno pesimista manifesto que levo unha boa semana, non é que os rexistros sexan mellores que outros días, é só que as sensación son boas... Semella que estou en progresión e só tento ter coidado de non romper e non caer no sobreadestramento.

Mais esta boa condición non fai mais que acrecenta-lo disgusto por non ter podido acudir a Pontevedra a participar na media maratón. Pode que resultase un adestramento "lixeiro" en comparación coa hora e media de monte que fixen o Domingo, mais o pracer de participar con tantos colegas e de comparar o rexistro co do ano pasado (1:23:26 un rexistro que non esperaba) houbese sido moi interesante. Non puido ser e xa non será.

Onte "o chispas" fixo o seu primeiro triatlón... Fomos na bici á actividade da escola municipal de atletismo e, ó rematar, subimos na bici ate a piscina á clase de natación. Rematou moi contento e ceou coma un campeón. Gustoulle e pasouno ben.