29 abr. 2008

8 que foron 6

Hai veces que é mellor quencer mais ou esperar para escomenza-la sesión... A min pasoume. Comin tarde e claro, ás 5 aínda estaba co café na man.

8 x 1000 4'00",4'03",3'55",3'53",3'57",3'55",3'56",3'53".

28 abr. 2008

Matutino 55' CC

Vespertino Natación 1000 + 4 x 100

26 abr. 2008

1ª Competición

Todo remata por chegar... Dani gosta de ir correr e cando lle dixeron que fora co clube para o relevo 4x60 non o pensou malia ter que pasar dende as 10 da mañan ata as 12 da noite fora da casa... para él todo foi un xogo.

Tras 3 horas e media no coche non houbo xeito de que parase na sombra ata que chegara o grupo; os nervios non lle deixaban descansar. Coa camiseta e os seus primeiros clavos (prestados) se enterou que tamén correría nos 60 mts lisos individual. Tomouno xa con calma, a él o que lle preocupaba era o do relevo polo de pasar ben o testigo.

Eiqui tendes o vídeo da súa carreira individual.


E unha foto da súa chegada á meta.


Fixo 9,6" e quedou (por tempos) de 12 dos 44 participantes e de 5 dos do seu ano.


O relevo era unha das derradeiras probas e tiveron tempo de practicar empregando unha botella de auga como testigo. A Dani correspondeulle a saida así que só se tería que preocupar de pasalo e non de recibilo. Eu coido que o relevo todo foi moi bonito


Fixeron menos de 10" cada un e gañaron (tamén por tempos) así que lles tocou recibir "chapa" no alto do podio.

23 abr. 2008

Outra volta a emoción da bicicleta polo bierzo... 1h30' e pensei que ia baixa-la media ata "calcetín" porque cara a Villafranca puxeronme o ventilador de fronte.

22 abr. 2008

Series de primaveira

A min o que me vai ven é o intermedio: nen frio, nen calor, nen auga, nen sol...

8 x 1000: 3'48",3'52",3'53",3'55",3'55",4'00",3'53",3'54". O mellor a sensación e a convocatoria do cativo para a súa primeira competición.

21 abr. 2008

20 abr. 2008

Rodaxe 1h 40'.
Fixen o mesmo roteiro que no "longo de primaveira" de hai 1 mes mais con mellores sensacions.

19 abr. 2008

18 abr. 2008

17 abr. 2008

Fartlek e outras herbas

Trocos de ritmo:
15' quencemento + 15'+4'+15'+4'+15'

Que mal fai non poderen realizar o traballo planificado; onte tiña pensada unha sesión dobre e non puiden e hoxe estaba moi irritado por elo.

Chámame poderosamente a atención a enquisa do CSD sobre o deporte e olimpismo no que a maioría da xente se declarou amante do atletismo... non entendo porque cun mercado potencial tan amplo custa tanto atopar espónsores para clubes de atletismo.

15 abr. 2008

Natación: 1000 + 5x50 + 2x100.

A crise escomenza a alonxarse, cando menos na esfera importante das 'sensacions'.

14 abr. 2008

Coa loira por fin

Sain na bici tras 4 meses e foi estupendo... A paisaxe cos cimeiros nevados e as cerdeiras en flor, o día radiante foi tan emocionante que, en Vilafranca cando virei de volta e vin os Aquilianos me sairon 2 bágoas. Xa pensei que todo ia ir mal e na bici me voltei a atopar con ánimo. Atopeime tan ben que me atrevin a voltar pola parte alta e fixen case 30 á hora.

8 abr. 2008

Rodando, Recuperando

45' de rodaxe... Fora complexos, un fallo non é unha debacle. O camiño sigue e eu sigo con ganas de facer de todo.

A primaveira trae mil probas, mil oportunidades de mellorar.

7 abr. 2008

Natación 300 + 1000

Quita mañiotas e outros defectos. Xa me vou normalizando, podo comer e reter o comido e non me tremen as pernas.
A ver si así aprendo a que o 'relax' da derradeira semana hai que respetalo no deportivo mais non no ascetico.

6 abr. 2008

Non se gañou Zamora nunha hora

A min levoume 1h29'...

Bueno, non sei qué dicir. Non sei exactamente que pasou, xa o que fixen na semana non me convenceu, coido que foi un erro facer 7 series o Martes e as Rectas do Xoves, foi un erro ir nadar o sábado e foi un erro cear fora (co que implica) o sábado. Así e todo non era para que me fora deste xeito, dentro do marxe "normal" para min mais con demasiado sufrimento sobor de todo tendo en conta "o de Cacabelos".

Xa dende o quencemento tiña mala sensación e non fun capaz a quedar coa dona para que me recollera a camiseta dempois de sair. Saín mal colocado e apenas andivemos uns 3km. eu xa souben que non ia a baixar do 1º24'; a recta da autovía confirmoume que algo non ia ben, non era quen de manter un 4' que me ofrecían uns compañeiros e xa tiña unha sede tremenda cando chegou o primeiro avituallamento. Así as cousas bebín e me empapei e tomei algo de alento, conseguin pasar os 11 en 45' e apretei na costa para ver se 'despertaba' as pernas mais non puiden tiña mais sede e tiña que regularme... Colleume un grupo de rapazas xusto ó final da autovía e na costa da saida unha delas atacou e xa non vín mais a carreira, limiteime a beber e a seguir o meu paso ata o km. 20 que vin que ainda podía entrar <1º30' e botei o resto... Coido que o conquerín por pouco e xa non hai mais.

A organización semelloume correcta e non sei si un fallo dunha persoa de seguridade que deixou que o atleta que ia primeiro se colase na pista no sentido contrario e perdese a proba xustifica a rabia da xente que logo se adicou a atrampullar os arredores da proba e a entrega de premios.

3 abr. 2008

Ke Kalor!!!!

O troco climático vai rematar co tema de adestrar a correr pola tarde... A partires do Luns sacarei á loira polas estradas do bierzo.

10' de quencemento e 12'+5'+12' Farletk a primeira fatal; pasado de pulso e con mala sensación, a segunda xa non tan pasado de pulso e con mellor sensación.

Logo, na pista 5 rectas co amigo José Antonio C. que me deu un bó repaso mais agradecinllelo que as rectas non as fago se non é con compaña.

1 abr. 2008

Malas, malas, malas series

Non todo pode ir ben coa primaveira...

7x 1000 3'46",3'50",3'55",3'57",3'58",4'00",4'03"