1 sept. 2018

Agosto de satisfacción no rostro

Foi un mes ben aproveitado malia que estiven algún día en branco... o mellor foi que en xeral me sentía ben en tódalas actividades. O de superar marcas persoais supoño que é circunstancial e que en videiros meses e anos será mais complicado.

Con todo moi satisfeito.

Chapoteo 27 km
Pedaleo 602,53 km

1 ago. 2018

Xullo e as vacacions que non son o que eran

Outro ano mais as vacacions non significan xa un incremento na actividade deportiva, mais ben ó contrario... pero hai que se adaptar. A sorte de nadar en Bretaña (só unha vez) e pouco mais neste aspecto...

Na bici seguimos explorando novos roteiros e tratando de ser mellores. Non foi mala cifra tendo en conta o parón, a sorte foi que o verán non chegou ata ben entrado o mes e así foi mais doado facer kilómetros.

Chapotear: 17,6 km
Pedalear: 526,89 Km

1 jul. 2018

Estirando a auga de San Xoan

O mes de San Xoan veu pasado por auga este ano e nos debemos facer un esforzo para estirar as saídas e acada-los obxectivos porque ademais voltaron a pechar a piscina de arriba.

Malía todo fixen un par de cousas das que si ben non é para sentirse orgulloso cando menos si contento. Subín ata El Acebo e Fixen a volta do Alto dos galegos.

Pedaleando: 457,42 km
Chapotenando: 20,1 km

31 may. 2018

Maio exaltado

Non foi un mal mes malía a sensación final de non acadar de todo o posible hai que ter en conta o complicado da axenda profesional e familiar.

Chapoteo 23.1 Km
Pedaleo 327,3 Km


1 may. 2018

O Abril das mil augas.

Pensei que os compromisos desde mes serían o problema mais o foi a meteoroloxía; malía todo puiden acada-los obxectivos e disfrutar de percorrer roteiros que tiña esquecidos.

Chapotear: 21,7 km
Pedaleo: 287,39 km

31 mar. 2018

Contra vento e marzadas

Anda o tempo moi revolto, o inverno se nega a se retirar e a verdade e non foi doado face-las 3 saídas na bici así que apuramos na auga o que puidemos.

Chapoteo 29,9 km
Pedaleo 128,1 km

28 feb. 2018

O mes do entroido enteiro

A verdade é que dado o calendario de "festa e feiras" non estivo mal... gañas non faltaron.

Chapoteo: 23,2 km
Pedaleo: 126,1 km.

31 ene. 2018

Arrancando con gañas

Pois non foi cuestión dunha especial motivación senon de que cadrasen ben calendario e meteoroloxía o caso é que arranco 2018 con bastantes km do que podo facer mais o xeonllo esquerdo cada vez ten mais facilidade para trabarse en momentos imprevistos.

Chapoteo: 25,1 km
Pedaleo: 166,24 km