30 sept 2012

Remate de Septembro coa colleita

Saída na bici á desesperada... por falta de lua colleiteira... fun polo sol. Collín 2 tractores e escapei de outros dous.

49 km en 1h 46' aproveitei para estrea-la entrada a Ponferrada... casi.

29 sept 2012

Buscando solucions tecnolóxicas na auga

Hoxe adiquei o adestramento a pensar cómo correxir a miña tendencia a non estirar ou estirar pouco... que é a causa dos meus problemas musculares.

Vai tempo que teño o libro "estirandose" de Bob Anderson un libro moi coñecido cunhas ilustracions moi características; o tema é que as indicacions dos exercicios, a súa orde e os seus tempos non son quen de memorizalos e pensei na axuda tecnolóxica.

Nun principio busquei baixa-lo libro en PDF ó iPhone e para ver os exercicios pode valer... pero esto ten que dar para mais... ten que valer para que o propio trebello vixie (se queres) que fas o exercicio correctamente e o tempo axeitado... deberías poder ver unha animación de cada exercicio si precisas aclarar como se fai... en fin... a cabeza non para.

150 + 2000 + 50 rec

Coido que fixen 42' os 2 km; non esta mal para ir "sen prisa".

26 sept 2012

Seguimos seriando

Outra de tentativa de series, desta longas...

150 + 500 + 50 rec + 2x400 + 50 forte

24 sept 2012

22 sept 2012

Estreando o Lalin Arena

Finde da festa da vila, tocaba nadar e recuperar das series de antonte... Boa instalación, outra cousa é respostar as cuestións que o troco de emprazamento e os seus argumentos nos plantexa


150+1600

20 sept 2012

Series ou bromas

Unhas poucas series para mante-la esperanza de mellorar

150 + 500 + 6x(100 rec 25)

19 sept 2012

De penuria

Hoxe non tocaba así, pero pasou.

Ata a ponte da barosa aínda fun tirando, pero logo deume un baixón e o aire de fronte rematou a faena.

59 km 1h 19'

18 sept 2012

Auga champions

Aproveitei a tontería xeral para ir chapotear en solitario... ou case.

150+1100

17 sept 2012

A ruta da revancha

Hoxe outra saída con mais ánimo do que me esperaba e mellor rendemento.

61 km 2h 16'

16 sept 2012

O temido

Hoxe arestora estase a disputar a milla de Valdeorras... E non voy ser da partida por mor desta lesión o que mais me preocupa é que ó ser na perna dereita semellame de mais difícil recuperación.

Non quería faltar a esta cita pois foi nela na que ideei o alcume de Kandpalleiro vía 8 anos pero é visto que non se escolle a data para os problemas.

14 sept 2012

Cicatrizando...

Hoxe collín a bici para tentar escomenzar a cicatrizar non con moita forza pero espero que con mellor sorte.

45 km 1h 38'

12 sept 2012

A recuperación mais curta da historia

tra-lo  do luns hoxe me decidín a probar e, ós 6 kilómetros... outra vaca no millo.

Non ia mal, e non tivera molestias...  simplemente rachou outra volta.

11 sept 2012

Tentando traballar

Hoxe unha sesión de "traballo" na piscina de 25 mts.

150 + 400 + 9 x (25+100)

10 sept 2012

Auga do norte e primeiro trote

Hoxe fixemos unha viaxe para unha pequena excursión habitual tódolos anos e aproveitei para facer unha pequena dobre sesión:

1500 mts de natación

1 km de trote pola praia

Mágoa que o acuatlon de Cedeira sexa o 29 porque disfrutei a natación... e o trote foi agradable e sen problemas.

9 sept 2012

Empeorando a media mellorando o esforzo

Outra volta coa subida a Ocero, desta vez tiven azos de entrar por Roldan... e claro, a media resentiuse, pero o corpo o aproveitou.

50.9 km 1H 55'

7 sept 2012

Duas tandas en duas augas

Aproveitar que pouca praia pode quedar

Este día puiden ir a San Amaro pola mañan e facer 4 voltas longas que calculadas no G Earth serán uns 800 mts

Pola tarde fumos a Orzán e a fixen dun lado a outro e metade e co mesmo sistema deume 1000 mts

Así que 1800 mts no día.

5 sept 2012

Herba fresca

Outra saída na bici tentando coller fondo e forza... pero vai ser que non.

50 km 1H 52'

Non sei si o afogamento que tiven ó principio foi de estar de baixa forma ou da cantidade de herba cortada que había na beira da estrada...

4 sept 2012

2 sept 2012

Acumulando kilómetros por adaptación

Hoxe tocaría nadar e plan tiñamos para elo mais.... a realidade manda e hai que saber sairlle ó paso.

Unha saída en Bici a menos de 12 horas da outra e buscando facer mais kilómetros para ver si as pernas se afán

60.5 km 2h 20' o tramo da N-VI foi verdadeiramente penoso, as pernas doíanme e o cú tamén... como contrapartida nas subidas tiven un mellor rendemento

1 sept 2012

Pedais de rabia

Hoxe o plano eravos ben diferente... pero hai que ter saídas... O tema era ir andar na bici pola mañan e ir ve-la etapa ó porto de Ancares pola tarde.

Pola mañan collín a bici, pero por ser curto de miras non tiña cambiado a cuberta de atrás que xa estaba nos fios e... no km 10 pinchei.

Á 1 collemos o coche para ir ata Ancares pensando en deixa-lo coche no alto porque a meta estaba un par de kilómetros mais abaixo, pero ó chegar a Tejedo xa nos facían parar e había 10 km ata a meta... así que demo-la volta.

Pero non me rindo... e con rabia pero sen fortuna saín facer unha volta pequena na bici

45 km 1h 37'