
Bueno; ó final eu si puiden aproveita-la fin de semana malía a meteoroloxía me atrevín e saiume ben, moi ben.

Fun correr no Parque Natural de Somiedo.
Dende a localidade de Valle del Lago ata o Lago del valle e volta.

Unha ruta dura, empinada, con moita lama e néboa que me fixo perder o rumbo nalgun intre ainda que iso foi o determinante para topar de fronte (No km. 8 e a menos de 10 mts de min) cun rebeco que se asustou tanto coma min e pegou un deses chimpos tan carateristicos.Logo topei outros 2 mais novos que tamén fuxiron a grande velocidade. A baixada foi moi dura polo frío que metía o aire de fronte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario