Levo alguns días podendo segui-la serpe multicor mais non me atrevía a comentar porque cada volta que escribo sobre ciclismo 'sobe o prezo do pan'.
Mais hoxe xa non podía aturar mais, na meta de Ponferrada gañou o marinense David García Dapena cun ataque a falla de menos de 5 Km. para meta tras mais de 150 km. de escapada e dunha chea de ataques nos derradeiros 30 km. dignos das mellores etapas do 'tour'.
Nós estivemos nos puntos clave da 'trampa' de Lombillo; xusto no lugar onde cazan a Arrieta (Minuto 1:12" do vídeo resumo da tele) e No ataque do belga (minuto 1:36"); Cando recoñecín o xersei berreille todo o alto que puiden "dalle rapaz" e abofé que o fixo.
Nesta foto vedes ós catro que disputarían a etapa, 1º o belga e logo os tres 'da casa'; David García é o da esquerda.
É o lado positivo de unha volta envolta en revoltas agridulces.
Para escomenza: ¿é bó facer unha etapa na que a abundancia de tarados, gordos, frustrados, fumadores, imbéciles, deficientes, incompetentes, indeseables, payasos, fantoches.... fan peligra-lo espectáculo deportivo e a integridade física dos que se gañan a vida cun esforzo brutal?.
A resposta é que o Anglirú NON DEBE SER MAIS FINAL DE ETAPA ata que se acade un sistema para impedir a vergoña que se viu pola televisión; xa non basta con empurrar ós ciclistas que van atrás, o "mais cafre aínda" esixe correr a carón deles poñendo en perigo ó ciclista ou empurralo desvirtuando a competición e expoñendo ó corredor a unha caída ou unha sanción. ¿que será o próximo?, ¿teremos que ver como algún energúmeno agarra algún ciclista 'extranxeiro' para que gañe un da cor que él queira?. Senon, ó tempo.
A etapa en sí foi unha demostración de unha equipa e dun home e puido ser, insisto, definitiva; de non ser polo extrano e antideportivo comportamento da maioría dos congregados alí.
Para rematar ven o tema de "Fuentes de Invierno"... eu que sei; ¿xenerosidade?: Mal cálculo e mala negociación. ¿falou Pino con Bruynell?, ¿falaron os corredores?... Contador aspira a emular a Hianult e coller fama de depredador é un dos requisitos. Ezequiel sacou rendemento en tempo ben é certo que puido ser mais si houbese entendemento. ¿A etapa?; nin eu nin Pino nin, coido, ningún afeccioado trocaría a de onte pola de hoxe pois un final en alto sempre encuimia a un corredor; mais, seguramente o triunfo de hoxe naceu das borrallas de onte e Pino ben tentado que estaría de 'rachar a carreira' cando Contador caeu, pero él é un deportista.
'Mundi' sinto entrar no teu terreo, mais tiña todo esto dando voltas polo caletre e precisaba "soltalo"; envíame a tódolos que argumenten algo lóxico para empurrar a un ciclista profesional nun porto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario