2 abr 2006

Flores

Kenenisa Bekele
Neste día en que todo o bierzo é unha flor estares pechado ten dobre peso; interno i externo.

Tamén están floridas as cerdeiras de Fukuoka que foron testemuñas de outra dobre victoria mais (e van 5)nos campionatos do mundo de cross do mais grande. I é que non teño adxectivos para o que fai este home nas competicions.

Onte i hoxe fixo, outra volta, o que quixo cos seus rivais...

J.C. de la Ossa fixo unha moi digna actuación; apenas perdeu 1 minuto con este mosntro i eu pregunto ¿U-lo Alberto? ah?.

GZ Power no Duatlón español

Por si nos preguntabamos onde andaba Javier Gomez Noya pois eiquí o tendes gañando tamén desta volta o compionato de españa sub-23, mais non quedou ahí a cousa porque Aida Valiño gañou tamén na categoría Xúnior femenina onde as catro primeiras foron do seu clube (o Cidade de Lugo - Fluvial)que gañou en ámblas categorías.

29 mar 2006

Tocando Fondo

Agora que ven ó bó tempo (e a alerxia) é cando mais preciso de facer 'algo' por fora da casa pois compreme estares ó sol mais...

Teño unha tendinite (e van 4) mais desta volta pola súa localización e gravidade non me permite nen andar en bicicleta. Padezo dun problema na implantación do tendon peroneo na base do metatarso posiblemente por unha pronación esaxerada (pisar por fora). Eu sempre fun algo pronador pois sempre desgastei o calzado mais por fora (sobor de todo o dereito) o que non me explico é porqué se manifesta agora e non cando facía adestramentos de 2h e media...

Teño que arexuntar toda a paciencia que poda ter comigo mesmo pois non só non debo correr ou andar na bici; mesmo facer eses longos paseos coa familia non me está moi recomendado para recuperarme deste problema.

Ó cabo, toca "mirar dende toriles". E traballar cos números.

25 mar 2006

Rumor con Fundamento

Marathon de Galiza

Curta é a sequía cando a choiva chega...
Por fin se está a organizar unha maratón en Galiza; será para o outono (barallase o 22/10) na xa tradicional zona do baixo miño ainda que cun percorrido 'mais suave'.

Eu téñolle especiales gañas a esta proba por seren a "Nai de tódalas carreiras" e por tratarse da marca que levo clavada... nas pernas.

Espero que para esas alturas do ano xa estarei ben recuperado.

Unha certa discreción me impide enlazares a fonte orixinal da nova xustamente porque é de confianza e da confianza non se debe abusar.

24 mar 2006

Segue a mala racha

Este non vai se-lo ano de ires eu á VIG-BAY... teño que ir pensando en me encomendar a un santiño ou unha meiga poi sempre 'pincho' para esta proba i este ano apetecíame especialmente por diversos motivos.

GZpower


No campionato de españa de duatlon por autonomías a selección galega deu un altísimo rendimento (agás na categoria absoluta) e se proclamou campiona.

Xabi i Emilio estiveron discretos; se cadra algo conservadores no 1º tramo de carreira?, non sei. É tan doado falar e tan dificil facelo ben.

16 mar 2006

Finde de viaxe e Selección Galega.

Namentres moitos aproveitarán estes días de fin de semana para participares até en 4 probas nós imos de 'tourneé' por terras manchegas e valencianas.

Cecais é o que preciso para deixar atrás esta 'seca' de corretear. Cecais é este forte adianto da primaveira para os alérxicos o que me tiña nun 'bioritmo baixo' xa o verei á volta.

Esta fin de seman dispútase o campionato de España de duatlón por autonomías e na selección galega hai 2 dezans; os amigos Emilio Montilla e Xavier Nercellas tra-la boa actuación no IV duatlon de Santiago o pasado día 4 (Emilio 2º e Xavi 4º)



Desexolle moita sorte a tod@s.

11 mar 2006

Galiza Potencia Mundial de Triatlón

A volta de Xabier Gomez Noya á competición e as súas actuacions tanto a nivel local como internacional son a mellor resposta ás dúbidas sobor da súa saude.

No triatlon de Xordania celebrado en Aquaba o Ferrolán quedou segundo (por só 3 segundos) e Ivan Raña quedou sexto poñendo o nome de Galiza no mais alto desta disciplina deportiva.

Desmostrada queda a miña curteza de visión ó pensares que Xabier competiría esta fin de seman no IV duatlon de Santiago ou no autonómico.

foto vieiros foto e artigo vieiros.

Os que non estiveron curtos de miras desta volta foron as autoridades deportivas do pais que dende hai unhas semans anunciaron que o incluiran no programa Galiza - Pekin. E de esperar que non se poñan a face-las estupidas contas das medallas a conquerir...

Edición 11/03/2006

O mais bó do asunto é que na entrevista (en directo) que ofreceu hoxe na TVG -progrma 'en xogo'- Xabier dixo "ainda non estou ó cento por cento"... Ahi lles doe.

9 mar 2006

Lama e auga...

Non cesa esta molestia e xa teño mais que claro que a VIG-BAY vai ser un paseo... Na mentres fago o que non me molesta: Bici de Montaña (se mellorase o tempo collería a de carreiras) e 'chapotear'.

Por riba semella que hai unha alianza para por carreiras ás que non podo acudires: así o fin de seman das fallas pois hai 4 probas (mais o Duatlon de Allaríz) mentres que este 1: O cross de San Miguel de Oia (Vigo). Xa se ve que é o outono o meu tempo para correr.

Xavier Gomez Noya voltou á competición arrasando en Meira e agora tócalle unha dupla en Compostela co IV duatlon cidade de santiago e o campionato de españa por autonomías... Espero que Xabi Ner e Emilio Montilla tamén estén presentes.

Cando correra en Ferreirua xa vos Falara das boas formas que apuntaba Xulio Canda; agora estase confirmando nos duatlhons coido que vai se-lo primeiro deportista da recen estreada sección de triatlon do C.N. Olimpia Lalín que conquira cousas importántes. Ánimo.

3 mar 2006

Mais Paciencia

Dempois de pasar un Entroidazo de medo non era de agardar outra cousa... Sego coa sobrecarga (estiven unha semana sen correr pero NON de reposo); polo menos fun nadar en boa compaña. E, o que é peor, noteime moi lento... Agardar para sufrir.

Campionato Galego de Corta Mato

Reapareceu (para min) Pedro Nimo cunha espectacular actuación no impracticabel circuito de Narón (segundo quen estivo alí). Sego a pensar que a presenza de "vellas glorias" no escalafón non é bon síntoma da forza dunha estructura atlética.

Resumo de prensa.

24 feb 2006

Entroido... e van 20.

Nesto si que caseque teño o "mellor tempo" ou o historial mais longo...

20 veces que corro diante dos peliqueiros... Mi madriña¡¡¡ toda unha vida entroidando. Este ano "os 'dansantes' do Bolshoi" serán a sensación.

Peliqueiro

Buscadeo por baixo da roupa... si o atopades 'sejuro' que son Eu... dádeme un pouco de licor café, un pouco de bica (ou un bico si eres muller), e veredes como me recupero.

A ver si ó voltares se me pasou a sobrecarga dos xemelgos (os externos, ámbolos dous) e podo voltar a "traballar".

Xa porei algunha foto.

17 feb 2006

Outros camiños

É o que hai. Agora tocan "vacas fracas" e a hai que se resignar... Ando cunha sobrecarga na inserción poplìtea do paquete externo do xemelgo da perna boa (a dereita); non me impedía adestrar mais sí que me daba algo de molestia no 'dia dempois' polo que, en vista da "parada programada" que teño nunha semana o mellor vai ser baixa-lo ritmo, facer a parada e logo xa se verá.

Espero que o que estexa en plena forma sexa Javier Gomez Noya a que o CSD ven de lle admitir novamente a licencia para competir (licencia FET que a galega sempre a tivo) en vista do cal espero que se agasalle no cumpreanos gañando o campionato galego de duatlon.

É curiosa esta nova... saiu en varias radios mais non son capaz de atopar un medio ó que enlazar e na web do CSD non dí ren.(?).

14 feb 2006

Aló imos de novo

Veu o "virobús" e me levou por diante...

Xa o xoves o 'farktlek' se me fixo moi, pero que moi duro e a duras penas mantiven un 3':55" nos rápidos... Pasei o sábado a siestas desexando ires a Padrón a coñece-la grande familia do Foro de Correr en Galicia e ires ó Duatlon de Ames para face-la foto cos da sección de triatlon do CN Olimpia e ires ó campionato galego de cross corto en Pontevedra... Niente.

O Domingo acordei rabioso e collin o xersei mais gordo que teño e o pantalón de chandal mais pesado e alá me fun hora e media a troto-correr... xa onte vin que a cousa ia a mellor e hoxe traballei caseque con normalidade. De tòdolos xeitos a "paradiña" entroideira está ó caer.

Quería enlazares as fotos de Correr en Galicia mais ainda non as colgaron.

8 feb 2006

Agardando unha decisión

Esta fin de seman hai ocasión para facer de todo e para facelo todo: como queira que sexa que os organizadores da carreira de Padrón a puxeron para o sábado pola tarde e os do duatlon de Ames o traballaron para o Domingo pola mañan (algo cedo para os rapaces) pois ainda cabería acudires ó cross de Pontevedra o domingo pola tarde; mais haberá que seren comedidos e ir a unha única ocasión. E ainda a estas alturas non sei a cal irei.

O que si xa sei é: Que do "Fartlek Xtra" hai moito que recuperar e que tiña as medidas algo curtas (25 metros ós 1000). Xa o teño amañado e, a partires de onte, as referéncias son de fiar.

Vémonos por ahí.

30 ene 2006

Fado negro e novo plan

Levo tres semans sen participar en ninguha "movida" e non por falta de gañas que parao non estiven...

Dempois de pasar un mal rato para non correr o cross de Villadepalos, argallei de ir a Rábade (vila da que teño boa lembranza pois alí remataba o primeiro triatlon "A" que fixen) mais ese sábado en Ponferrada non había dios que parara coa friaxe e a néboa e "saimos por pés" do mercado para ires a toma-lo polvo, resultado: ás 14h. estabamos ainda na mesa coa botella de viño valeira. Ese mesmo Domingo correuse o anulado cross de VilladePalos; Chus Alonso (capo do atletismo berciano) encargouse de avisar... ós seus amigos. I eu en Valdeorras cun sol marabilloso correndo un 'larjo' en solitario.

Para esta finde decidira xogar con dobre baralla, sabendo que podíamos viaxar apunteime ás medias de Viana do Castelo e mais de Xetafe. Por motivos persoais a miña compañeira preferiu que fósemos a Madrid mais o venres todo se truncou e, avisados polos amigos de alá, decidimos non ir a ningures. O sábado pola mañan á vista do día despexado que había (frio; si, mais despexado) tentei de me apuntar a un "adestramento en grupo" da xente do temple e mais decidin ires a Lugo o Domingo para levar ó cativo a unha desas do "corre con nós", Saiamos ás 13:45' mais xusto ás 12:15 escomenzou a nevar... total que sain só á tarde pola pista de San Lorenzo e acabei cun inmenso paxarón pois fun moi abrigado e sudei moito nesa hora e 45'; Logo me chamaron os amigos cos que iamos ir a xantar en Lugo e dixeron que "nasty de plasty" e así me quedei.

Hoxe semella que a cousa escomenza a revirar. O mister envioume o plan novo para preparar... a VIG-BAY; dí que segundo a marca que alí conquira e como me vexa xa "axustaremos" para Toral de los Vados. Ahi vou de novo; dios, como me tardaba.

28 ene 2006

R.I.P. PIII 600

OUUUUuuuu

Dempois de anos de servizo abnegado e sumiso aturando dia e noite o vello trebello deixounos por mor dun múltiple infarto "placa-chip-transformador" que non tivo volta. Conquerín un PIII 900 con unha tarxetiña gráfica TNT 32mb (un luxazo para min, mendigo do Hardware) e eiquí estou de volta... cada vez custa mais por en marcha WinMe actualizado mais, sigome a negar a pasar a XP.

Pois eso, sego 'dando a vara'.

18 ene 2006

Vellas Glorias...

Como xa só fallan 15 dias para escomenzar a 'traballar' de novo vou collendo algo de 'nervio' e debe de ser por iso que á hora de sair como que non me apetece moito mais logo... Estou a disfrutar unha chea. Non sei se irei a algunha "pachanga" de fin de seman pois a que ahi cadrame un pouco lonxe. O que si sei é que o Domingo non houbo cross ( co cal non perdin ren, gañei ) e que "buscando en el baúl de los recuerdos" atopei...

diploma Toral 1991
E tremin como cando de súpeto atopas unha pantasma ou un amor do pasado... Esta foi a primeira e sempre che queda unha gratísima lembranza; ¡¡¡quen me ia dicir daquela que acabaría morando nesta fermosa terra berciana!!! (ah? milo.)Diploma MAPOMA 1992
; tamén atopei outra lembranza... mais esta non tan placenteira no deportivo pois foi a de peor marca e a de peores sensacions, ainda onte 'rodando' cain na conta que dende "o calderón" ate "Atocha" non me lembro de NADA. Sorte que ia con Nieves e pasamos uns días moi ben aproveitados.

Da miña mellor marca (3:00:13) non atopei o diploma mais si teño a cerámica que daban foi o 21 de Marzo do 93 na Baixo Miño; teño eses 13" no corazón. Foi un día chuvioso mais non frío; lembro con especial dor que se desatou unha "zapa" ó sair de A Guarda (unha vez rodeado Santa Tegra Km.9 ) e sempre ando co "E si non?..."

15 ene 2006

Mala sorte... ou non.

Tiña eu intención de ires hoxe ó cross de Villadepalos tal e como deixei caer no foro de Correr en Galicia mais...


Nevou, ¡¡vaia si nevou!!

Cheguei até Toral de los Vados e non quixen arriscarme a ires por esas pistas sen saber ben a onde ia e co risco de sairme da estrada ou quedares atrancado así que seguin ate Ponferrada e:



Non sei como describilo; foi diferente, moi diferente. Eu nunca fora corretear pola neve e, nos tramos nos que só había neve, me gustou bastánte...

Nos tramos con "neve pisada" a cousa foi algo menos placenteira pois tiven que andar con moito ollo para non esbarar...
O que mais mágoa me dá é que Dani estaba totalmente decidido a participar no cross; eu coido que, como a min, lle facía ilusión "embarrarse" sen que lle rifasen.

Estéticamente correr pola neve ten duas cousas salientables: O silencio e As pegadas...

11 ene 2006

Vai de Video...

Levava tempo desexando facer isto...



É do ano pasado; cando montaron pista en Ponfe (sniff) mais o interesante é que resulta moi doado 'colgar' videos na web. Segurei experimentando.

8 ene 2006

A primeira de 2006

Fumos á chaira limiá para pasar unha mañan de deporte popular cos amigos e abofé que así foi...A primeira hora ia unha friaxe importante e a neboa semellaba que nos habia estragar a xornada mais levandou e, pola mañan, estivo un tempo marabilloso para facer deporte.Grupo de nadal
O grupiño, que se negaban a que rematase o nadal, ainda recibiu agasallos neste día.

Fixeron un bó esforzo os tres; cadaun con cadanseu estilo:

Tata a toda velocidade Ela voltou a loitar, esforzarse, sufrir... e chegou sen parar nen unha vez.

Esta vez el tivo mellor recompensa para un esforzo mais grande pois quedou segundo da súa categoría... Dani Medalla de Prata

Para min o premio maior non foi non ter molestias no xoenllo (o cal non quere dicir que non pase nada mais si semella que non é grave) senon chegar á meta acompañado...


O circuito era chan salvo os pasos polas pontes cun tramo de terra e con paso polo centro da vila (mágoa de pouco público).


37'21" sobre os 9 Km. e algo; 42 na xeral duns 150 participantes: O de sempre e que siga así. Comentario aparte merecemo que por unha vez non gañase nengun dos meus "coñecidos" e sí un senior; a ver si a savia nova bota ós vellos dunha vez.

7 ene 2006

Medo.

Nestes primeiros días de 2006 estaba eu moi relaxado facendo o que me apetecía e nesas fun patinar...


Non sei exactamente o que pasaría o certo é que teño unha "sensación estrana" no xoenllo esquerdo; non me impide correr mais sí que me fai andar con medo. Se cadra por iso non participei onte no Duatlon, mágoa, coa de barro que había no parque debeu ser moi divertido.

2 ene 2006

San Silvestre Berciana, Intencions 2006

E alí fomos os meus "amijiños" mais eu a pasa-la tarde-noite do Venres xogando a correr polo centro da cidade.

Quedei moi contento, por primeira vez vin moita participación en Ponferrada (si, xa sei que 500 son poucos participantes para esta bisbarra mais...) e moito ánimo lúdico sen mais pretensiosidades.

Os nenos disfrutaron correndo con cadanseu estilo

Él sempre "centella" tivo a mala pata de perder unha zapatilla na saida e sei que por iso non chegou mais adiante, pero non se queixou nen se decepcionou. Pasouno ben.



Ela, tenaz e loitadora, non parou de ir ó seu ritmiño no kilómetro e medio da proba e o remate esprintou con esas longas pernas que ten e chegou como campeona que é.












Na carreira popular houbo bó ambente, o que aconteceu é que alguns non saben participar nas "pachangas" e, agora que poden, dan toda a 'leña' que lles peta. Que lles aproveite. Eu fun coa xente na primeira volta, mais logo apretei un pouco porque sempre te deixas levar...


O día 31 tiven a satisfacción de ir rodar co meu amigo e 'mister'; sentoume moi ben e aclareime nalgunhas cousas.

Escomencei o ano correndo na compaña de XaviNer que xa mostrou as súas cartas no 2005 e, seguro, que dará que falar no 2006. Deume a nova de que a Xavier Gomez Noia lle van dar a licencia federativa (a española, a galega sempre a tivo) o cal me alegra moito pois é un magnífico atlete e mais magnífica persoa.

Intencions


  • Seguires disfrutando e aprendendo facendo os deportes que me gustan

  • Participar en tódalas probas que poda de tódolos tipos posibles

  • Traballar o novo plan que me faga o mister sen agobiarme

  • Facer unha maraton en menos de 3 horas

30 dic 2005

Xa foi...



Como unha relación de parella a distancia ou que non vai ou como a proto-democracia esta na que "a metemos" de lustro en lustro. Así vai ser a relación da selección galega de fuchibol e os seus siareiros...

Eu coido, xa o teño dito, que esto non acada os seus obxectivos "oficiais" como xa comentei en Xornal.com:

Politicamente: Contribue moi escasamente á 'consciencia nacional'. Coido que un xogo de pantomima cada ano fai pouco para crear ese sentimento e por riba fai "estranos compañeiros de cama" fillisimo no partido dos separatistas
Deportivamente: Ainda que as crónicas son boas e o xogo foi vistosiño coido que pouco ou nada fai pola difusión do deporte como hábito san e para tod@s.

Ó cabo, só serviu para teren fotos, cromos e comentários algo rancios...
Nachonalista

27 dic 2005

Mais sorte que as ovellas.

Digo isto porque levo uns dias agardando a ver si nalgun sitio colgaban algunha foto mais VSQN.

Dende logo que é unha mágoa; veredes, dende a saida até o Km 4 mais ou menos a carreira discurriu por un poligono industrial, mais, logo tómase por unha estrada comarcal i ahi escomenzaron a súa carreira as "outras" participantes. Eu corrin con elas algo mais de 5 Kilómetros incluindo o repeito do km 7 e si quería ter probas non é só por ter unha foto dunha chea de xente correndo acompañados dun montón de ovellas senon que, para mais cachondeo, as 4 ou 5 de que ian en cabeza eran NEGRAS.

As pobres non mereceron mais ca un escaso comentário na páxina oficial da proba...
, y como anécdota la visita de un rebaño de ovejas en un tramo del recorrido.
Ainda que a cousa é bastante comentada pola xente que alí estivemos, como estes comentarios nos Foros de "El atleta".
Quizás, el único tirón de orejas que le hago es que no se hayan llevado premio las ovejas que nos han acompañado desde la salida hasta el km. 15 de la prueba, corriendo por el lado izquierdo de la carretera comarcal. Se han portado fenomenales las ovejas y algunas hasta nos han demostrado que están en mejor forma que muchos de nosotros. Así que me jode que no se hayan llevado figurita ni tampoco trofeo en categoría animal.

las ovejitas las pobres también merecen una distinción aparte, pues aunque resultaban ser un peligro, corrieron unos 12 kms.

nos encontramos con el ya famoso rebaño de ovejas que no nos abandonará hasta el km15, menudo ritmo llevaban, me dio en broma le digo a mis dos compis que las primeras tienen que ser negras jejeje.en km15 las ovejas se cruzan por toda la carretera para entrar en su 'corral', menos mal que no provocaron ningun incidente. Le comento a mi compi que las ovejas son tan 'tontas' que con el lote de correr que se estaban dando, mas de una la palmaba ya que no se pararian

18 dic 2005

Mellor Marca Pesoal

Cando un practica deporte popular sabe que o principal reto é superarse a si mesmo... Así as cousas un vai conquerindo certos rexistros (No Km., nos 5 Km., nos 10 Km., na Media Marathon...) que van sendo os auténticas marcas a superar. Por iso sempre digo que o mellor que pode respostar un 'popular' cando fala dunha carreira na que participou é Mellor Marca Persoal.


Hoxe conquerin mellorar a miña marca persoal na media marathon deixandoa en 1h.,21',34". Co que vexo culminados os esforzos destas 8 semans de 'plan' de adestramento confeccionado polo amigo Nercellas e testado ate a saciedade nas fines de seman...

A media Marathon Sevilla - Los Palacios é unha proba veterana (27 edicions) cunha organización ben engraxada e apoiada por moitos voluntários e as institucions. O percorrido non é chan mais concentra a maioría das subidas nos primeiros kilómetros (até o 13) en rampas longas e mais ben suaves con bastantes descansos salvo unha rampa un pouco forte no Km. 7. Os cruces están ben controlados e indicados, o firme en bó estado, está marcado cada Kilómetro (e ben medido) e os avituallamentos están cada 2,5 Km. con auga, esponxas e laranxas a ambolos lados da estrada. A chegada á vila de Los Palacios é apoteosica pois en tódalas rúas ahi xente animando e aplaudindo. A zona de meta está ben organizada con avituallamento sólido e líquido, agasallos, vestiarios-duchas e información do teu resultado ó pouco tempo de rematar. O tempo foi esplendoroso e a temperatura ideal.



Así as cousas non tiña escusa posibel e obrei con bastánte sentidiño dende a saida. Fixen os primeiros 5 Km. en 17'56" e pasei o 10 en 37'20"; sempre tiven xente ó meu redor o cal é reconfortante; souben que podia conquerilo cando me vin no 16 en 1h.01'. A partires de ahí e até o 19 aguantei 'pegado' a unhas pisadas e logo me deixei 'flotar' por entre a xente que animaba nas rúas; dende o 20,5 vin a liña de meta e voltei a apretar o que puiden.

16 dic 2005

ALEA JACTA EST.

Ben, eiqui un "flandul" que quere deixar constáncia.

Tras 8 semans de "plan" dentro de unhas horas collemos o coche cara a sevilla. Xa mandarei un Post-SMS co resultado mais tamén o poderedes consultar en:



Gracias a tódolos amigos polos consellos e os ánimos...

13 dic 2005

Vai outra de Mascota.

A 15 días para a estrea da nova selección galega de fuchibol os da VA-CA fixeron realidade o anunciado en "orsai, nunca mais" e apresentaron a CUJA

Ay, que 'juapiña' coa sua saia e a camisola de deseño... Isto viase vir dende que os de aduaneiros sen fronteiras lle fixeron o magosto a CASTANIÑO

12 dic 2005

Un ano de xoenllo novo.

Vai un ano que 'pasei polo coitelo' e vou adianta-lo post que tradicionalmente se fai como remate do ano natural e vou recontar as actividades deportivas deste ano (que para iso é este blog).

O 14 de Xaneiro collín a alta; i escomenzei a trotar. Pasei o Entroido nadando e logo me lesionei nun sóleo, Peregrinei e por fin voltou o sol en Ferreirua (Media Marton 1h.,30',38"); logo voltei a Betanzos (Media Maraton 1h,24',48"). Logo me voltei a lesionar na Travesía dos montes aquilianos e marchei de vacacions que rematei participando na Marcha cicloturista curotiña. En Agosto participei no Triatlon de Allariz (1h,32,59").
Escomenzei a "tempada" cun doblete en Ponferrada (10Km? 37':18") e O barco (Milla non sei o tempo; mais polos 6' andaría). Continuei correndo "en casa" desta volta en Lalín e foi entón cando me pasou 'o de Pontevedra' (Media Maraton 1h,23',26") e 'o de carral' (9 Km. 34'42"; resultados sen publicar). Xa metidos "en fariña" chegou a pedestre (47'19"), San Martiño ( 10Km. 38'00") e participei de casualidade nunha proba de 10 Km. en Ponferrada (37'40"). Participei na carreira de San Fins de Vedra ( 7,5 Km. 28'35") e na Volta á ria de Ferrol (Media Maraton 1h,25'00") para rematares onte coa Lugo Monumental ( 10Km. 37'59" ).

Non me debería queixar pois non teño motivo; se hai un ano me din que vou facer todo iso... Un debe ter ansia por mellorar e traballar centrado nelo mais non obsesionarse e ser consciente como dí a miña compañeira que "as progresions rematan".

11 dic 2005

"Lujo" entre Bi-Néboas

Hoxe ¿Pola mañan? corremos os 10 Km. Lugo Monumental 2005, cunha destacada ausencia de temperatura e de luz mais cun ambiente excelente.

Tan só 1000 valentes nos botamos á pescuda do camiño nos escasos 50 metros de visibiidade após de agardar baixo a pancanta a que a organización suplise con boa vontade a estreitez da zona de saida.

Ainda que fixera o firme propósito de non me aturullar na saida non o conquerin e voltei a facer unha carreira de mais a menos; o 1º Km. en 3'35" no Km. 5 fixen 18'32" (3'42") no 8 ia en 30'24" (3'48"); fixen a muralla en 9:07 e na meta 37'59" segundo a organización ainda que eu pasei o reloxio da meta en 55"... misterios do chip (3'49"). Para min o importánte é que non pasei malos momentos, fun o meu pasiño de Kan e disfrutando da carreira, xa sabedes, falando e animando. Hai 2 anos fixera 38'35" e sofrira moito na muralla. Ó cabo, de onde non hai pouco mais se pode sacar... supoño que a partires de certo punto si que conta a "calidade".

O único que me fastidia do resultado é que para unha vez que o sprint dos derradeiros 200 mts. me sirve para adiantar a alguén pois resulta que por ese adiantamento non me tocou o lacón pois cheguei de 149. Desta volta o dezan Alfonso T.C. fixo un mellor esforzo ca min (nótanse esas sesions no estadio eh?). Moita xente do Deza (alguns dezans 'de Teo') e do Bierzo con moi vistosos 'piques' incluidos. Mención á parte para o "Viti" que rematou a proba en 1h 20'; cando o adiantamos caseque na porta de Santiago houbo un compañeiro que coidou que lle pasaba algo e solicitou asistencia a un membro da organización... cada quen vai ó seu paso ou non vai como lle aconteceu a Lolo Penas que non puido rematar pois almorzou tarde (ás 10:50) e claro, o flato non respeta nin ó mais pintado. Espero con ansiedade as fotos de Nacho-r en Fotoatletismo.

Foi moi agradable compartir o xantar cos compañeiros do clube "Pato Blanco" de Celanova e con moita outra xente... mágoa de ires só e andar sempre con prisas.

Quedan me 5 'miles' e xa estarei para o que sexa.

10 dic 2005

NERCELLADA

Mentras uns cantos nos xuntabamos para tentar de por en marcha un clube/sección de triatlon en Lalín os Nercellas fixeron a convocatoria dunha nova edición da "NERCELLADA" un formato de adestramento lúdico-competiconmemorativo que nesta edición terá lugar ás 18:30 horas do 31 de Decembro con saida na cabeceira do parque do pontiñas (Lalin) xusto por detras do "Barriga verde".

Documento Inicial Circuito Correr en Galicia



Como son bastante inutil para os foros PhP e o BBcode e non son capaz de crear táboas nese formato elexin coma opción "colgar" o documento inicial en webcindario (formato .doc 99 Kb); para facer propostas ou comunicar dúbidas empregade este fio dos foros de correr en Galicia.

4 dic 2005

Invernia na ria

Hoxe fun facer un test na XX volta á ría de Ferrol-Memorial Adolfo Ros. Visto o resultado semellaría que non me foi mal: 1:25':00" e 49 dos 269 que chegamos á meta polo tanto cumprin tres dos catro obxectivos que tiña para esta proba: 1- Rematar, 2- Mellora-la marca de hai 2 anos, 3- Mellora-la marca que fixera con 25 anos (1:25':50") 4- Facer un test nos 10 primeiros Kilómetros (menos de 38').

Mais; as malditas "sensacions" non me acompañaron mais aló do Km. 5 (18'30"), pódome excusar nas costas que houbo cruzando Ferrol mais o certo é que non ía ben e que cando me vin no Km. 10 en 38':55" me viñen bastante abaixo, tanto que fixen os seguintes 5 Km. en 21'; dende alí ate a meta conquerin manter un ritmiño algo mais xeitoso e rematei co derradeiro Km. a 3'55" mais xa estaba todo dito.
Apueri a marchar para chegar ás 3 e fixen ben pois xa durante a viaxe me foi molestando o abdome para logo convertirse en dor e, ó cabo, en diarrea... E sería o medo escénico?; e seria.

Da organización deixo dito en Correr en Galicia.

2 dic 2005

Morreu Alejandro López

Onte faleceu tras 8 meses de calvario o triatleta Alejandro Lopez que sufrira un embolismo durante a disputa da VIG-BAY 2005 que o mantivo en coma até antonte.

Un grupo de amigos xa lle organizara unha homenaxe en Novembro e agora todos agardamos que se organice algun recoñecemento o día 11 na Lugo Monumental e tamén na VIG-BAY 2006.

O noso pésame á familia e amigos.