Cando un practica deporte popular sabe que o principal reto é superarse a si mesmo... Así as cousas un vai conquerindo certos rexistros (No Km., nos 5 Km., nos 10 Km., na Media Marathon...) que van sendo os auténticas marcas a superar. Por iso sempre digo que o mellor que pode respostar un 'popular' cando fala dunha carreira na que participou é Mellor Marca Persoal.
Hoxe conquerin mellorar a miña marca persoal na media marathon deixandoa en 1h.,21',34". Co que vexo culminados os esforzos destas 8 semans de 'plan' de adestramento confeccionado polo amigo Nercellas e testado ate a saciedade nas fines de seman...
A media Marathon Sevilla - Los Palacios é unha proba veterana (27 edicions) cunha organización ben engraxada e apoiada por moitos voluntários e as institucions. O percorrido non é chan mais concentra a maioría das subidas nos primeiros kilómetros (até o 13) en rampas longas e mais ben suaves con bastantes descansos salvo unha rampa un pouco forte no Km. 7. Os cruces están ben controlados e indicados, o firme en bó estado, está marcado cada Kilómetro (e ben medido) e os avituallamentos están cada 2,5 Km. con auga, esponxas e laranxas a ambolos lados da estrada. A chegada á vila de Los Palacios é apoteosica pois en tódalas rúas ahi xente animando e aplaudindo. A zona de meta está ben organizada con avituallamento sólido e líquido, agasallos, vestiarios-duchas e información do teu resultado ó pouco tempo de rematar. O tempo foi esplendoroso e a temperatura ideal.
Así as cousas non tiña escusa posibel e obrei con bastánte sentidiño dende a saida. Fixen os primeiros 5 Km. en 17'56" e pasei o 10 en 37'20"; sempre tiven xente ó meu redor o cal é reconfortante; souben que podia conquerilo cando me vin no 16 en 1h.01'. A partires de ahí e até o 19 aguantei 'pegado' a unhas pisadas e logo me deixei 'flotar' por entre a xente que animaba nas rúas; dende o 20,5 vin a liña de meta e voltei a apretar o que puiden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario