Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
30 ene 2006
Fado negro e novo plan
Dempois de pasar un mal rato para non correr o cross de Villadepalos, argallei de ir a Rábade (vila da que teño boa lembranza pois alí remataba o primeiro triatlon "A" que fixen) mais ese sábado en Ponferrada non había dios que parara coa friaxe e a néboa e "saimos por pés" do mercado para ires a toma-lo polvo, resultado: ás 14h. estabamos ainda na mesa coa botella de viño valeira. Ese mesmo Domingo correuse o anulado cross de VilladePalos; Chus Alonso (capo do atletismo berciano) encargouse de avisar... ós seus amigos. I eu en Valdeorras cun sol marabilloso correndo un 'larjo' en solitario.
Para esta finde decidira xogar con dobre baralla, sabendo que podíamos viaxar apunteime ás medias de Viana do Castelo e mais de Xetafe. Por motivos persoais a miña compañeira preferiu que fósemos a Madrid mais o venres todo se truncou e, avisados polos amigos de alá, decidimos non ir a ningures. O sábado pola mañan á vista do día despexado que había (frio; si, mais despexado) tentei de me apuntar a un "adestramento en grupo" da xente do temple e mais decidin ires a Lugo o Domingo para levar ó cativo a unha desas do "corre con nós", Saiamos ás 13:45' mais xusto ás 12:15 escomenzou a nevar... total que sain só á tarde pola pista de San Lorenzo e acabei cun inmenso paxarón pois fun moi abrigado e sudei moito nesa hora e 45'; Logo me chamaron os amigos cos que iamos ir a xantar en Lugo e dixeron que "nasty de plasty" e así me quedei.
Hoxe semella que a cousa escomenza a revirar. O mister envioume o plan novo para preparar... a VIG-BAY; dí que segundo a marca que alí conquira e como me vexa xa "axustaremos" para Toral de los Vados. Ahi vou de novo; dios, como me tardaba.
28 ene 2006
R.I.P. PIII 600
Dempois de anos de servizo abnegado e sumiso aturando dia e noite o vello trebello deixounos por mor dun múltiple infarto "placa-chip-transformador" que non tivo volta. Conquerín un PIII 900 con unha tarxetiña gráfica TNT 32mb (un luxazo para min, mendigo do Hardware) e eiquí estou de volta... cada vez custa mais por en marcha WinMe actualizado mais, sigome a negar a pasar a XP.
Pois eso, sego 'dando a vara'.
18 ene 2006
Vellas Glorias...

E tremin como cando de súpeto atopas unha pantasma ou un amor do pasado... Esta foi a primeira e sempre che queda unha gratísima lembranza; ¡¡¡quen me ia dicir daquela que acabaría morando nesta fermosa terra berciana!!! (ah? milo.)

; tamén atopei outra lembranza... mais esta non tan placenteira no deportivo pois foi a de peor marca e a de peores sensacions, ainda onte 'rodando' cain na conta que dende "o calderón" ate "Atocha" non me lembro de . Sorte que ia con Nieves e pasamos uns días moi ben aproveitados.
Da miña mellor marca (3:00:13) non atopei o diploma mais si teño a cerámica que daban foi o 21 de Marzo do 93 na Baixo Miño; teño eses 13" no corazón. Foi un día chuvioso mais non frío; lembro con especial dor que se desatou unha "zapa" ó sair de A Guarda (unha vez rodeado Santa Tegra Km.9 ) e sempre ando co "E si non?..."
15 ene 2006
Mala sorte... ou non.
Nevou, ¡¡vaia si nevou!!
Cheguei até Toral de los Vados e non quixen arriscarme a ires por esas pistas sen saber ben a onde ia e co risco de sairme da estrada ou quedares atrancado así que seguin ate Ponferrada e:
Non sei como describilo; foi diferente, moi diferente. Eu nunca fora corretear pola neve e, nos tramos nos que só había neve, me gustou bastánte...

Nos tramos con "neve pisada" a cousa foi algo menos placenteira pois tiven que andar con moito ollo para non esbarar...

O que mais mágoa me dá é que Dani estaba totalmente decidido a participar no cross; eu coido que, como a min, lle facía ilusión "embarrarse" sen que lle rifasen.
Estéticamente correr pola neve ten duas cousas salientables: O silencio e As pegadas...
11 ene 2006
Vai de Video...
É do ano pasado; cando montaron pista en Ponfe (sniff) mais o interesante é que resulta moi doado 'colgar' videos na web. Segurei experimentando.
8 ene 2006
A primeira de 2006

O grupiño, que se negaban a que rematase o nadal, ainda recibiu agasallos neste día.
Fixeron un bó esforzo os tres; cadaun con cadanseu estilo:
Ela voltou a loitar, esforzarse, sufrir... e chegou sen parar nen unha vez.Esta vez el tivo mellor recompensa para un esforzo mais grande pois quedou segundo da súa categoría...

Para min o premio maior non foi non ter molestias no xoenllo (o cal non quere dicir que non pase nada mais si semella que non é grave) senon chegar á meta acompañado...

O circuito era chan salvo os pasos polas pontes cun tramo de terra e con paso polo centro da vila (mágoa de pouco público).

37'21" sobre os 9 Km. e algo; 42 na xeral duns 150 participantes: O de sempre e que siga así. Comentario aparte merecemo que por unha vez non gañase nengun dos meus "coñecidos" e sí un senior; a ver si a savia nova bota ós vellos dunha vez.
7 ene 2006
Medo.

Non sei exactamente o que pasaría o certo é que teño unha "sensación estrana" no xoenllo esquerdo; non me impide correr mais sí que me fai andar con medo. Se cadra por iso non participei onte no Duatlon, mágoa, coa de barro que había no parque debeu ser moi divertido.
2 ene 2006
San Silvestre Berciana, Intencions 2006

Quedei moi contento, por primeira vez vin moita participación en Ponferrada (si, xa sei que 500 son poucos participantes para esta bisbarra mais...) e moito ánimo lúdico sen mais pretensiosidades.
Os nenos disfrutaron correndo con cadanseu estilo
Él sempre "centella" tivo a mala pata de perder unha zapatilla na saida e sei que por iso non chegou mais adiante, pero non se queixou nen se decepcionou. Pasouno ben.


Ela, tenaz e loitadora, non parou de ir ó seu ritmiño no kilómetro e medio da proba e o remate esprintou con esas longas pernas que ten e chegou como campeona que é.

Na carreira popular houbo bó ambente, o que aconteceu é que alguns non saben participar nas "pachangas" e, agora que poden, dan toda a 'leña' que lles peta. Que lles aproveite. Eu fun coa xente na primeira volta, mais logo apretei un pouco porque sempre te deixas levar...

O día 31 tiven a satisfacción de ir rodar co meu amigo e 'mister'; sentoume moi ben e aclareime nalgunhas cousas.
Escomencei o ano correndo na compaña de XaviNer que xa mostrou as súas cartas no 2005 e, seguro, que dará que falar no 2006. Deume a nova de que a Xavier Gomez Noia lle van dar a licencia federativa (a española, a galega sempre a tivo) o cal me alegra moito pois é un magnífico atlete e mais magnífica persoa.
Intencions
- Seguires disfrutando e aprendendo facendo os deportes que me gustan
- Participar en tódalas probas que poda de tódolos tipos posibles
- Traballar o novo plan que me faga o mister sen agobiarme
- Facer unha maraton en menos de 3 horas
30 dic 2005
Xa foi...

Como unha relación de parella a distancia ou que non vai ou como a proto-democracia esta na que "a metemos" de lustro en lustro. Así vai ser a relación da selección galega de fuchibol e os seus siareiros...
Eu coido, xa o teño dito, que esto non acada os seus obxectivos "oficiais" como xa comentei en Xornal.com:
Politicamente: Contribue moi escasamente á 'consciencia nacional'. Coido que un xogo de pantomima cada ano fai pouco para crear ese sentimento e por riba fai "estranos compañeiros de cama"

Deportivamente: Ainda que as crónicas son boas e o xogo foi vistosiño coido que pouco ou nada fai pola difusión do deporte como hábito san e para tod@s.
Ó cabo, só serviu para teren fotos, cromos e comentários algo rancios...
27 dic 2005
Mais sorte que as ovellas.
Digo isto porque levo uns dias agardando a ver si nalgun sitio colgaban algunha foto mais VSQN.Dende logo que é unha mágoa; veredes, dende a saida até o Km 4 mais ou menos a carreira discurriu por un poligono industrial, mais, logo tómase por unha estrada comarcal i ahi escomenzaron a súa carreira as "outras" participantes. Eu corrin con elas algo mais de 5 Kilómetros incluindo o repeito do km 7 e si quería ter probas non é só por ter unha foto dunha chea de xente correndo acompañados dun montón de ovellas senon que, para mais cachondeo, as 4 ou 5 de que ian en cabeza eran .
As pobres non mereceron mais ca un escaso comentário na páxina oficial da proba...
, y como anécdota la visita de un rebaño de ovejas en un tramo del recorrido.Ainda que a cousa é bastante comentada pola xente que alí estivemos, como estes comentarios nos Foros de "El atleta".
Quizás, el único tirón de orejas que le hago es que no se hayan llevado premio las ovejas que nos han acompañado desde la salida hasta el km. 15 de la prueba, corriendo por el lado izquierdo de la carretera comarcal. Se han portado fenomenales las ovejas y algunas hasta nos han demostrado que están en mejor forma que muchos de nosotros. Así que me jode que no se hayan llevado figurita ni tampoco trofeo en categoría animal.
las ovejitas las pobres también merecen una distinción aparte, pues aunque resultaban ser un peligro, corrieron unos 12 kms.
nos encontramos con el ya famoso rebaño de ovejas que no nos abandonará hasta el km15, menudo ritmo llevaban, me dio en broma le digo a mis dos compis que las primeras tienen que ser negras jejeje.en km15 las ovejas se cruzan por toda la carretera para entrar en su 'corral', menos mal que no provocaron ningun incidente. Le comento a mi compi que las ovejas son tan 'tontas' que con el lote de correr que se estaban dando, mas de una la palmaba ya que no se pararian
18 dic 2005
Mellor Marca Pesoal

Hoxe conquerin mellorar a miña marca persoal na media marathon deixandoa en 1h.,21',34". Co que vexo culminados os esforzos destas 8 semans de 'plan' de adestramento confeccionado polo amigo Nercellas e testado ate a saciedade nas fines de seman...
A media Marathon Sevilla - Los Palacios é unha proba veterana (27 edicions) cunha organización ben engraxada e apoiada por moitos voluntários e as institucions. O percorrido non é chan mais concentra a maioría das subidas nos primeiros kilómetros (até o 13) en rampas longas e mais ben suaves con bastantes descansos salvo unha rampa un pouco forte no Km. 7. Os cruces están ben controlados e indicados, o firme en bó estado, está marcado cada Kilómetro (e ben medido) e os avituallamentos están cada 2,5 Km. con auga, esponxas e laranxas a ambolos lados da estrada. A chegada á vila de Los Palacios é apoteosica pois en tódalas rúas ahi xente animando e aplaudindo. A zona de meta está ben organizada con avituallamento sólido e líquido, agasallos, vestiarios-duchas e información do teu resultado ó pouco tempo de rematar. O tempo foi esplendoroso e a temperatura ideal.

Así as cousas non tiña escusa posibel e obrei con bastánte sentidiño dende a saida. Fixen os primeiros 5 Km. en 17'56" e pasei o 10 en 37'20"; sempre tiven xente ó meu redor o cal é reconfortante; souben que podia conquerilo cando me vin no 16 en 1h.01'. A partires de ahí e até o 19 aguantei 'pegado' a unhas pisadas e logo me deixei 'flotar' por entre a xente que animaba nas rúas; dende o 20,5 vin a liña de meta e voltei a apretar o que puiden.
16 dic 2005
ALEA JACTA EST.
13 dic 2005
Vai outra de Mascota.

Ay, que 'juapiña' coa sua saia e a camisola de deseño... Isto viase vir dende que os de aduaneiros sen fronteiras lle fixeron o magosto a CASTANIÑO
12 dic 2005
Un ano de xoenllo novo.
O 14 de Xaneiro collín a alta; i escomenzei a trotar. Pasei o Entroido nadando e logo me lesionei nun sóleo, Peregrinei e por fin voltou o sol en Ferreirua (Media Marton 1h.,30',38"); logo voltei a Betanzos (Media Maraton 1h,24',48"). Logo me voltei a lesionar na Travesía dos montes aquilianos e marchei de vacacions que rematei participando na Marcha cicloturista curotiña. En Agosto participei no Triatlon de Allariz (1h,32,59").
Escomenzei a "tempada" cun doblete en Ponferrada (10Km? 37':18") e O barco (Milla non sei o tempo; mais polos 6' andaría). Continuei correndo "en casa" desta volta en Lalín e foi entón cando me pasou 'o de Pontevedra' (Media Maraton 1h,23',26") e 'o de carral' (9 Km. 34'42"; resultados sen publicar). Xa metidos "en fariña" chegou a pedestre (47'19"), San Martiño ( 10Km. 38'00") e participei de casualidade nunha proba de 10 Km. en Ponferrada (37'40"). Participei na carreira de San Fins de Vedra ( 7,5 Km. 28'35") e na Volta á ria de Ferrol (Media Maraton 1h,25'00") para rematares onte coa Lugo Monumental ( 10Km. 37'59" ).
Non me debería queixar pois non teño motivo; se hai un ano me din que vou facer todo iso... Un debe ter ansia por mellorar e traballar centrado nelo mais non obsesionarse e ser consciente como dí a miña compañeira que "as progresions rematan".
11 dic 2005
"Lujo" entre Bi-Néboas
Tan só 1000 valentes nos botamos á pescuda do camiño nos escasos 50 metros de visibiidade após de agardar baixo a pancanta a que a organización suplise con boa vontade a estreitez da zona de saida.
Ainda que fixera o firme propósito de non me aturullar na saida non o conquerin e voltei a facer unha carreira de mais a menos; o 1º Km. en 3'35" no Km. 5 fixen 18'32" (3'42") no 8 ia en 30'24" (3'48"); fixen a muralla en 9:07 e na meta 37'59" segundo a organización ainda que eu pasei o reloxio da meta en 55"... misterios do chip (3'49"). Para min o importánte é que non pasei malos momentos, fun o meu pasiño de Kan e disfrutando da carreira, xa sabedes, falando e animando. Hai 2 anos fixera 38'35" e sofrira moito na muralla. Ó cabo, de onde non hai pouco mais se pode sacar... supoño que a partires de certo punto si que conta a "calidade".
O único que me fastidia do resultado é que para unha vez que o sprint dos derradeiros 200 mts. me sirve para adiantar a alguén pois resulta que por ese adiantamento non me tocou o lacón pois cheguei de 149. Desta volta o dezan Alfonso T.C. fixo un mellor esforzo ca min (nótanse esas sesions no estadio eh?). Moita xente do Deza (alguns dezans 'de Teo') e do Bierzo con moi vistosos 'piques' incluidos. Mención á parte para o "Viti" que rematou a proba en 1h 20'; cando o adiantamos caseque na porta de Santiago houbo un compañeiro que coidou que lle pasaba algo e solicitou asistencia a un membro da organización... cada quen vai ó seu paso ou non vai como lle aconteceu a Lolo Penas que non puido rematar pois almorzou tarde (ás 10:50) e claro, o flato non respeta nin ó mais pintado. Espero con ansiedade as fotos de Nacho-r en Fotoatletismo.
Foi moi agradable compartir o xantar cos compañeiros do clube "Pato Blanco" de Celanova e con moita outra xente... mágoa de ires só e andar sempre con prisas.
Quedan me 5 'miles' e xa estarei para o que sexa.
10 dic 2005
NERCELLADA
Documento Inicial Circuito Correr en Galicia
Como son bastante inutil para os foros PhP e o BBcode e non son capaz de crear táboas nese formato elexin coma opción "colgar" o documento inicial en webcindario (formato .doc 99 Kb); para facer propostas ou comunicar dúbidas empregade este fio dos foros de correr en Galicia.
4 dic 2005
Invernia na ria
Mais; as malditas "sensacions" non me acompañaron mais aló do Km. 5 (18'30"), pódome excusar nas costas que houbo cruzando Ferrol mais o certo é que non ía ben e que cando me vin no Km. 10 en 38':55" me viñen bastante abaixo, tanto que fixen os seguintes 5 Km. en 21'; dende alí ate a meta conquerin manter un ritmiño algo mais xeitoso e rematei co derradeiro Km. a 3'55" mais xa estaba todo dito.
Apueri a marchar para chegar ás 3 e fixen ben pois xa durante a viaxe me foi molestando o abdome para logo convertirse en dor e, ó cabo, en diarrea... E sería o medo escénico?; e seria.
Da organización deixo dito en Correr en Galicia.
2 dic 2005
Morreu Alejandro López
Onte faleceu tras 8 meses de calvario o triatleta Alejandro Lopez que sufrira un embolismo durante a disputa da VIG-BAY 2005 que o mantivo en coma até antonte.Un grupo de amigos xa lle organizara unha homenaxe en Novembro e agora todos agardamos que se organice algun recoñecemento o día 11 na Lugo Monumental e tamén na VIG-BAY 2006.
O noso pésame á familia e amigos.
27 nov 2005
!!!Carallo que frio¡¡¡
Meses de esforzo e sacrificios se poden estragar por un tempo así. Frio e auga son mala combinación para correr unha proba tan esixente como unha maratón e xa deixan de contar as series, as progresións e as rodaxes. A alimentación, un grupo numeroso, bebidas quentes etc. pasan a ser puntales nos que se apoiar para rematar un desafio así.
Sorte a tod@s.
21 nov 2005
San Fins de Vedra
Sobor dun trazado típicamente galego se correron probas para tódolos grupos de idade con participación de moitos nenos (que gusto ver tantos da escola municipal de atletismo do Deza); na carreira de adultos participamos 150 persoas sobor dun percorrido, como non, mal medido mais ben indicado e protexido... Non quedei moi satisfeito polo resultado (28'37"; 48º) mais as sensacións foron moi boas no referente a manter un ritmo rápido pensando nunha distáncia mais longa... Tiven a fortuna de atopar a compañeiros ós que facía 14 anos que non via (e seguen a ter pelo...) e xente do deza da que non sospeitaba tal afección e que o fai moi ben.
En féminas gañou Noemí Villar Vargas do Gorras Bierzo que seméllame que está a obter unha boa progresión neste ano.
Edición 23 de Novembro
Onte colgaron en correr en Galiza os resultados (.PDF 63kb); (46º; 28'35") bó esforzo dos webmasters, menos bó o meu mais paseino ben.
14 nov 2005
Despiste
-"¿que, vas a la carrera eh?"
i eu digo
-"Si, voy a correr por el monte un poco"
-"como, ¿que no participas en la Media Maraton?"
-"¿que media maraton?"
-"la de Ponferrada..."
-"¿tu que dices?"
-"Que hoy hay una media maraton en Ponferrada; que está el tráfico cortado en el centro.. Lo lei en el diario de León."
Corrin ate o PC; carguei a páxina e eli estaba a nova... "Me cago en Poncio Piloto". Collin as 'rodas' de correr, o pantalon e a camiseta das ocasións e ala me fun (11:45).
Dentro das actividades do II Maraton Deportivo 'ciudad de Ponferrada' habia unha Media Maraton e carreira de 10 Km. Por sorte tiven a prudencia de me apuntar á carreira de 10 Km. (!!!e que gañas tiña eu da media¡¡¡) pois tomei a saida (12:00) sen quencer nada.
Foron mais de 10 Km.(o 10 paseino en 37':40") e me sentin ben; non me molestou a perna para nada. A organización pois; o percorrido estaba ben sinalizado i era bastante chan, habia auga e ate habia público animando. Mágoa outra volta da mala (pésima) promoción que se fai destes eventos; eu fun á piscina de arriba (universidade) 3 veces na seman, fun ós 2 estadios de atletismo, fun ós 2 parques polos que corre a xente en inverno e non vin cartel da carreira en ningún e o cartel do 'Maraton deportivo' só falaba do desfile dos clubes e da entrega de medallas a deportistas.
Eiqui tendes a proba gráfica por cortesía de Bierzo Deportes. Como facía algo de 'rasca' puxen unha camiseta por baixo e as luvas.
13 nov 2005
Paron...
Ainda por riba de tantas opcions que hai para ir a facer bulto esta fin de seman tanto en galicia coma en outras partes pois... ná de ná. Sairei polas pistas a rodar e mirár os cúmios nevados por riba das pinceladas ocres e roxas das viñas e os soutos.
7 nov 2005
Magosto, Matanza, Martiño...
Non me saiu mal (38'00" a 3'48" posto 181 da xeral e 28 da categoria) conquerin facer unha carreira mais regular tanto por postos (178 no 1º control e 182 no 2º) coma por tempos (fixen os 2 derradeiros Km a 3'45") mais quedei algo tocado nos sóleos da perna esquerda polo que nesta seman haberá que baixar un pouco o ritmo... A clasificación inclue a interesante opción de "tempo real" que axuda a valorarse a quenes non puideron/quixeron poñerse "no mogollón" durante a saida.
O meu querido mister "a frecha nercelleira" fixo un gran papel na sua reaparición (posto 50)... agardamos con interese a tempada de cross para velo repetir esto. Cristian Diaz tamén fixo unha carreira inmensa (2º Ourensan, posto 21 en 32'22") mais vai ter que tomar as cousas con algo de serenidade nesta seman pois tiña un hematoma importante nun xemelgo.Grande papel da abondosa delegación berciana; o Cacabelense Jonhatan Descosido Gonzalez entrou en 34'26" como segundo Junior masculino (só a 5" do 1º), Hugo Alvarez Alvarez do Gorras Bierzo de Bembibre foi 3º na dita categoria con 34'35" (xusto diante de Nercellas), Ricardo Gracia Sancedo quedou 7º na categoria M-40 (35'36"), Sergio Fernandez Macias quedou 7º na categoria Junior e Noemí Villar Vargas foi a 9ª fémina (6ª senior).
A próxima cita... ah? a ver: Temos Negreira , Lugo ou Quiroga. ¿Qué será? pois xa se verá.
Para rematar un chiste doado...
-¿logo quen gañou en Ourense?
- O Kamais
-¿Kamais?
-Si,
26 oct 2005
Resultados e mais fotos...

Xa se publicaron os resultados... Vaime pasando ese pesar que tiña por querer dar mais e non seren capaz. Vexo que xa estou nunha zona na que a diminución de 30" no total (de 3'48"/km a 3'45" )me houbese feito avanzar moito; de tódolos xeitos visto obxectivamente non está mal. Nunca correra por baixo de 3'50". O posto (268) tamén me deixa bastante contento. A seguir adestrando.




23 oct 2005
Pedestre 2005

Hai o vou.. xusto no medio. Cheguei en 47'19" segundo o meu crono. Ainda a restora non se publicaron mais ca os resultados dos 50 primeiros.
O resto dos (a frecha nercelleira)Foilles ainda mellor. Cristian Diaz quedou de 16 con 39'19" (en postos "de pasta"), e Martiño Nercellas fixo unha espectacular reaparición tra-lo retiro laboral...

A meteoroloxía foi boa para a carreira de adultos e magnífica para a dos rapaces, a organización estivo ben e, como queixa anecdótica dicir que o posto de auga podería estar 100 mts antes e que debería haber xente dando auga dende os dous lados da estrada para evitar que alguén se quede sen ela.
Ó remate alí na praza sempre hai moi bó ambiente entre a xente e repartense moitos tripticos de información de carreiras próximas. Mais, o mellor e atoparase cos amigos e ver o ben que lles vai.
I é que desta volta a miña compañeira fixo un sobresainte traballo como fotógrafa e conqueriu imaxes de grande beleza plástica tanto no paso pola rúa do vilar como na saida.
19 oct 2005
A miña versión e resarcimento.
Reafírmome no dito ós compañeiros que padeceron ese erro na liña de meta: "Non é xusto". non quedei a recolle-lo premio porque case nunca quedo ós protocolos de premiación e porque tiña que chegár ó Barco ás 3 e ia moi mal de tempo, mais podo afirmar que houbese renunciado o dito premio porque considero que non me corresponde. O tempo que fixen na proba ise sí que non ten enmenda e me deu moi boa sensación.
18 oct 2005
17 oct 2005
Carral, Un inferno.
Cheguei cedo e andiven mirando unhas fotos do circuito sacadas de googlemaps 3D e uns perfiles (logo vin que estimativos) do percorrido que xa me inquietaron bastante; mais o esquema da proba era "Sube e Baixa" así que decidin quencer ben (que non moito) e sair forte. Até o 3º tobogán non apreciei o dura que era a proba; tras 2,5 Km. cando un xa coida que escomenza a baixada chega "o muro de Cabrois" i é que atravesar esta aldea foi unha experiencia traumática porque non podías apreciar canta costa (¡¡e que costa!!) quedaba polas curvas que se daba entre as casas. Así, entre bufidos de desesperación e as risas dos lugareños por fin se relaxou a costa y escomenzou a baixada... con tobogans. A tirons e algo desmoralizado cheguei ó avituallamento sabendo que quedaba outra "subida de algo máis de 1/2 km cunhas ptes fortes no inicio" e alí casi morro; mais fixen ben non me cebar pois puiden rematar con forza e facer un bó tempo (polo meu crono 34'42" a 3'58").
Ó cabo, unha mañan fermosa, unha paisaxe fermosa, xente moi voluntariosa facendo unha boa organización (algun fallo nos cruces e na carreira infantil) e que se repita moitas veces.
11 oct 2005
Nercellas Power

Na páxina da Federación Española de triatlon tedes a crónica oficial e a clasificación. Hai o está 9º do campionato estatal cun tempo de 6 horas e 51" IM-PRE-SIO-NAN-TE. O que non conta esta crónica é que a Xabi o penalizaron con 30" (seica por ir a roda) e que por iso non foi 8º.

