Hoxe participei na Media Maratón de Vilagarcía de Arousa coa intención de completa-lo percorrido nun limite de 1h 40' pero a cousa foime moi favorablemente e rematei en 1h 31' 57" (segundo Championchip) ritmo medio de 4'22" Como SportyPal non mediu ben... vos poño un cálculo de ritmos segundo a cronometraxe...
ata o km 3.5 15' 55" (4'18")
no km 7 30'28" (4'09")
no km 10.5 46'23" (4'32")
no km 14 1h 1' 6" (4'12")
no km 17.5 1h 17' 22" (4'38")
ultimos 3.5 km a (4'10")
Dende logo non debo deixar pasa-la ocasión de agradecerlle a eskijama a labor e "metronomo" durante mais da metade da proba... a cousa houbera sido diferente si non teño esa referencia. Fixen o posto 190 dos 426 chegados á meta.
As sensacions foron boas sobor de todo ó final e iso que facía meses que non pasaba dos 16km de adestramento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario